SIMBOLOXÍA E MITOLOXÍA CELTA A ESPIRAL: representa a vida eterna, non ten principio nin fin.
O ELVEN: estrela de fadas, simboliza os sete días da semana, os sete planetas e os sete metais da alquimia.
O AWEN: en gaélico significa inspiración. Representa a harmonía entre os opostos. Nel móstrase ao home nun extremo e á muller ao outro, e o raio que se atopa no medio simboliza a harmonía entre eles.
O TRISCELE: son tres espirais que entran e saen no círculo representando con estes dous sentidos de xiro a dualidade das forzas que están en permanente interacción na natureza e polo seu número (o tres), o equilibrio. O número de elementos que o conforman é de de nove (dúas veces tres espirais e tres círculos interiores) que sumado ao círculo exterior conforman o dez, o número perfecto. O círculo exterior ten a dobre calidade de representar a totalidade e ao ter inicio e fin é equivalente ao uroboro, a serpe que se morde a cola e que está en renovación permanente.
OS ANEIS DE CLADDAGH: son un símbolo tradicional da lealdade e amizade así como amor romántico. Débenlle o seu nome á cidade irlandesa de Claddagh. As mans no deseño representan amizade, o corazón, o amor, e a coroa, lealdade. Tradicionalmente é levado na man dereita co corazón virado cara a fóra para mostrar que un é libre. Na man dereita co corazón virado cara a dentro para mostrar que estás comprometido. Se un está casado, o anel leva na man esquerda, co corazón virado cara a dentro.
O NÓ CELTA: é o nó perenne do amor, que non se pode desfacer. Este símbolo era intercambiado polos amantes en sinal de que a súa relación era para sempre. Representa o complemento, o apoio e a fusión da parella.
Á ÁRBORE DA VIDA: as árbores teñen unha gran importancia na cultura celta. As árbores proporciónanlles protección, acubillo, a leña que alimenta as fogueiras e neles abastécense de caza e froitos necesarios para a súa alimentación. Algunhas árbores como o carballo son elementos sacros aos que os celtas gardaban un profundo respecto.
WUIVRE: é un símbolo representado por dúas serpes entrelazadas entre si, que simbolizan a forza da terra.
A PEDRA: Representa o vínculo coa terra. Considérana unha posesión transitoria, a orixe da vida. Foi obxecto de culto, de aí que erixiran moitos monumentos megalíticos funerarios. Tamén a pedra foi o material empregado na construcción de ciudades fortificadas: os castros.
AS ÁRBORES: Para os celtas a árbore é unha fonte de sostemento: abastecedora de alimento, abrigo e combustible. Tamén estaba asociada ao mundo sobrenatural, xa que facía de conexión co mundo dos espíritos e os devanceiros. Bidueiro: o principio das cousas. Utilizábase para purificar. Estripeiro: protección. Afasta as influencias malignas. Freixo: a árbore da vida. Ten poderes máxicos. Amieiro: a forza emocional e a perseveranza. Salgueiro: o equilibrio emocional e a rexeneración. Carballo: árbore sacra. Señor do bosque. O poder e a forza. Acivro: símbolo de loita e protección. Abeleira: símbolo de sabedoría e coñecemento. Sabugueiro: árbore máxica relacionada coas fadas. As súas flores combaten os feitizos. Teixo: renacemento. Árbore sacra asociado á morte e a outra vida. Maceira: o amor, o poder e a mocidade. A árbore do máis alá. Faia: símbolo de poder. Homólogo feminino do carballo. Raíña dos bosques. Nogueira: sabedoría e ciencia. Figueira: abundancia e fertilidade.
TORRE .DE HÉRCULES: Foi construída no s. I polos romanos. Unha das lendas que explica a súa orixe foi tomada do Leabhar Ghabhála Érenn, Libro das invasións. Neste cóntase que o rei Breogán ergueu unha torre na cidade de Brigantia desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda e morreu no intento de conquistar a illa pero os fillos de seu irmán Mil si tiveron éxito. LIBRO DAS INVASIÓNS: LIBRO 2: Da Historia dos Celtas dende a Diáspora das Nacións ata a Chegada a Irlanda: Neste libro sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod (Torre de Babel). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo coa caída da torre. Este únese a Scotta, filla do Faraón de Exipto , e comezan un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, chegando ó final deles a Hispania. Un dos seus descendentes, Breogán, funda alí a cidade de Brigantium e nela constrúe unha torre dende a que o seu fillo Ith podía ver Irlanda. Trátase da Torre de Hércules. Este mito permanece na cultura galega, formando parte da identidade galega, estando presente no Himno nacional, onde se lle chama a Galicia Nazón de Breogán.
LIBRO 8: A Invasión dos Milesios: Retómase aquí a historia dos gaélicos, interrompida no libro 2. Íth, fillo de Breogán, que avistaba Irlanda desde unha torre en Hispania, viaxa a Irlanda para coñecer o seu descubrimento. É benvido polos reis, pero nobres envexosos asasínano e o seu cadáver chega a Hispania. Os Milesianos, fillos do seu tío Míl Espáne, planean a súa vinganza e conquistan a illa. Ao chegar a Irlanda, encamíñanse a Tara, onde está a Corte, a reclamar a coroa. No camiño atópanse con Banba, Fodla e Ériu, tres mulleres que eran as tres raíñas co-rexentes daquelas terras. Cada unha das mulleres dá a benvida aos milesianos, e dinlles que o seu nome é aquel polo cal se coñece aquela terra, e preguntan se sairán vitoriosos da batalla. Un deles, o poeta Amergin, promételles que así será. En Tara son benvidos polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, quen defenden a súa vontade de manter unido o reino. Decídese que os milesianos deben volver ás súas naves e distanciárense a nove ondas da costa, de maneira que os Tuatha Dé Danann poidan mobilizar o seu exército. Pero cando os Milesianos están a nove ondas de distancia, os druidas dos Tuatha Dé Danann conxuran unha feroz tormenta. A frota milesiana é afastada, mais Amergin consegue dispersar os ventos coa súa poesía. Das naves sobreviventes, as de Éber atracan en Inber Scéine (Kenmare River) no sudoeste de Irlanda, mentres que as de Éremón atracan en Inber Colptha. En dúas batallas en Sliabh Mis e Tailtiu, os Tuatha Dé Danann son derrotados. Son expulsados e o señorío de Irlanda é divido entre Éber e Éremón.