contos de medo premiados 2014

Page 1

A cova dos Mouros Todos os anos pola noite de San Xoán escoitaban as mesmas lendas que contaban seus avós sobre a cova dos Mouros, que cando as mozas da aldea ían lavar a roupa ó río que está o pé do monte, ó vir a noite algunhas delas non regresaban a casa. Dicían que era cousa dos Mouros, que as raptaban. Pero os rapaces pensaban que máis ben eran as mozas que se fugaban cos Mouros. Mentres foron pequenos, non lle deron importancia, pero agora xa tiñan 15 anos e non estaban dispostos a deixar rematar as vacacións sen descubrir a verdade. Eran 7 rapaces e rapazas que non vivían na aldea, pero que se xuntaban no verán. Todos sabían que o que os vellos contaban eran fantasías deles. Nos de tempos de hoxe, con todas as tecnoloxías que hai, semellantes historias non tiñan credibilidade algunha, e eles querían demostrarlles a todos que no Penedo da Man non existira tal cova. Decidiron ir explorar ó día seguinte da festa e comezaron a preparar todo o necesario. Equipáronse con lanternas, paus, cámaras de fotos e móbiles. Xuntáronse á mañá cedo coas súas bicicletas na praza da aldea e emprenderon a súa viaxe cara ó monte. Con toda a información que lles tiñan dado seus avós non lles foi difícil encontrar o camiño que os levaría á entrada da “cova”. Cando chegaron alí quedaron un pouco abraiados ó ver que si que había unha abertura nas rochas do monte. Sen moito problema, entraron a través dela. Cando acenderon as lanternas saíron voando uns morcegos. Das dúas gorxas saíron gritos de terror, que xa non contaban con eses pequenos voadores. Pero para iso había unha unha explicación natural: era de día e os morcegos buscaban a escuridade para dormir, e eles interrompéranlles os seus soños. Despois de calmarse un pouco, continuaron avanzando. Todo estaba moi escuro. Non se escoitaba nin voar unha mosca. Só eran unha fenda no


monte. Avanzaron uns metros e as súas lanternas descubriron unha morea de ósos, entre eles, cráneos humanos. Agora si que lle empezaron a latexar os dentes co medo. As cousas comezaban a cambiar. Tal vez si que estiveran aí os Mouros, quizás todo era certo. Canto estabana comentar o achado, escoitaron un berro que viña do fondo da cova. Non sabían se retroceder ou se seguir adiante para descubrir que fora iso. Tiñan medo polas 3 rapazas do grupo, se a lenda realmente era certa, poderían estar en perigo. O sentido común facíalles pensar que tería que haber outra explicación, polo que decidiron avanzar. Camiñaban con moito sixilo e revisaban todos os ocos da cova coa luz das súas lanternas. Non se apreciaban signos de ter estado alí ninguén. Xa podían apreciar a claridade da saída, e respiraron aliviados, só lles faltaba averiguar de quen eran os ósos e aquel berro escalofriante que escoitaron. Camiñaron con paso apresurado para saír daquel lugar. Nas súas cámaras tiñan fotografiados os ósos para que alguén lles puidera dar unha explicación coherente. Por fin estaban fóra. Un, dous, tres, catro, cinco, seis... Faltaba un membro do grupo, Alicia.

Érika Atanes 3ºA


Vida miña,adeus Hoxe é a noite de Samaín, a mellor noite do ano para os mortos. Eu son un deles, chámome Uxía e morrín unha noite coma esta. Vouvos contar como falecín tan pronto, aos catorce anos. Todo empezou un día, para estar en outono, bastante frío. Mais en Galicia é algo ao que xa estamos acostumados. Eran as sete e media e a miña nai non me chamaba para ir ao instituto, pensei que se quedara durmida pero non me lembraba que hoxe era 31 de outubro, o día de Samaín. Que ansias tiña de que chegara! Non sei porque pero é a miña festa preferida de todo o ano, aínda máis que o entroido. Será porque son unha afeccionada aos temas de medo. Aínda hai pouco vira unha película de medo na casa dunha amiga, de aí saíu a idea do meu disfrace. Iría de bruxa, pero non como as meniñas pequenas, que sempre van con vestidos e todas pintadas, senón que me pintaría para dar medo como ten que ser, ata poñería pintura nos dentes para que parecese que estaban podres. Xa eran as oito menos dez, tiña dez minutos xa que quedaramos as oito na Praza Maior, tiña tempo de sobra, só tiña que calzarme e esperar por Alexandra, a miña mellor amiga. Chegou moi puntual, aínda que a miña casa estaba algo lonxe da praza e chegamos uns cinco minutos tarde. Xa estaban todos cansos de esperar, pero se case non tardaramos nada...Saímos cara o barrio vello, íamos timbrando en todas as casas e diciamos truco ou trato para que nos deran doces,unha tradición inglesa que non ven ao conto. Fomos parar á casa das bonecas, chamabámola así porque ten un pozo cheo de bonecas desfeitas. Nunca me gustou ese sitio, sempre me entraban calafríos cando pasaba por alí. Os meus amigos decidiron entrar alí, querían contar contos de medo. A min dábame mala espiña, e por se non fora pouco, xa era noite. Menos mal que estaba o meu namorado, Xabier, co que xa levaba un ano. Dábao todo por el, sei que só era unha rapaciña para dicir iso, pero o amor non che sabe de idades. Comezou Alexandra a contar contos, tiña unha voz moi misteriosa e non tiña vergoña a hora de narrar en público.


Levabamos só unha lanterna, unhas cantas lambetadas e algún que outro refrixerio. Eu só bebía auga, non me gustaban esas porquerías coma a Cocacola nin a Fanta. Alexandra xa estaba acabando o relato cando a lanterna, á que lle cambiaramos as pilas antes de saír da casa, apagouse. Decidimos irnos e ver unha peli na casa de Alexandra. De medo, claramente. Gustoume moito a verdade, pero non puidemos ver o final,xa que se baixaron os automáticos da luz. A casa enteira quedou somerxida na escuridade da noite. Rapidamente marcharon todo para as súas casas, menos Alexandra, Xabier e eu. Coa axuda dunha lanterna que atopou Alexandra por alí, puxemos candeas por toda a casa. Estábase moi ben, con música de fondo e uns aperitivos ben ricos, pero pasaba algo raro. A chama das candeas tremía como se alguén estivese respirando ao seu carón. Por detrás da música podíase aprezar a forte respiración dunha persoa. As luces acenderon de novo, Xabier estaba sangrando nun brazo. Algo o mordera, os seus ollos estaban vermellos, a súa mirada perdida e suaba, suaba moito. Non sei que estaba pasando, Alexandra saíu correndo da casa, eu non ía a deixar a Xabier só, era o meu todo. Non estaba disposta a que aquilo lle fixera dano, as bebidas estaban cheas de sangue e a comida igual. Xabier seguía igual, escoitaba unha voz que me dicía repetidamente que un dos dous ía morrer, que tiña sede de sangue e que non tiñamos outra solución. Un dos dous tiña que irse deste mundo. Con todas as miñas forzas púxenme en pé e berrando díxenlle a ese ser que se quería a alguén que me levara a min. Xabier era a mellor persoa que coñecía, estaba namorada dos seus ollos azuis como a cor dun ceo despexado de verán. Non podía vivir sen el. Se el morría eu tamén, pero para que morrer os dous podendo deixar este mundo eu soa. Deille un último bico e despedinme del. Vida miña, adeus. Unha sombra acercábase a min lentamente, era unha muller de ollos negros, co cabelo longo ata cintura e negro, estaba esquelética, o seu rostro mostraba o cansazo e tristeza que tiña. Agarroume da man e non recordo nada máis. Non quero lembrar ese momento, só quero esquecerme diso... Agora adícome a observar a Xabier, noite e día, dende o mundo dos mortos. Xa é un ancián,


refixo a súa vida con outra, pero eu só podo aceptalo e pensar que é feliz. Iso é o que máis me importa,o seu sorriso é o que me mantén viva por moi morta que estea...

Sofía García León, 2º C


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.