XINZO EN FOTOGRAFÍAS
U
nha tarde de novembro decidín facer algo distinto… Puxen as zapatillas deportivas, collín a miña cámara e percorrín Xinzo enteiro para fotografar todo lugar que significa algo para a xente desta vila, mais atopeime cun problema: había lugares que eran significativos só para a xente adulta e maior, outros só para os xoves e algúns para todos. Polo que logo de cavilar moito no asunto, decidín facer unha mestura de todos.
“O Parque do Pombal”, nela atopamos a estatua da pantalla, símbolo do noso famoso Entroido.
A nosa Igrexa “Vella”, de estilo románico, que data do século XII.
O pequeno cine onde a vila pode ver as estreas do momento.
O “Parque do Toural”, o máis coñecido non por ser o máis grande senón por ser o lugar preferido dos adolescentes para facer o coñecido “botellón”.
O centro social da 3ª idade, onde os nosos maiores viven a súa 3ª xuventude.
As piscinas de Xinzo, nelas intentamos combater a sufocante calor do verán.
A “Praza Maior”, lugar de xogo dos máis pequenos, de entretemento para os que se sentan no espolón e de gozo no verán coas terrazas das numerosas cafeterías que nela podemos atopar.
A praza dedicada ó escritor limiao Carlos Casares onde hai un conservatorio , polo de agora, unha biblioteca…
E por último, unha fermosa imaxe con fotos da nosa chaira e montes de arredor (tomadas dende a Torre da Pena)
Podería citar outros lugares como: a rúa “dos viños” (lugar onde a nosa xente vai de tapas pola semana, e de festa pola fin de semana), a escola de gaitas onde se imparten clase de tódolos instrumentos típicamente galegos, lugar dos ensaios da nosa banda…, a praza de abastos (lugar de compra dos vilegos..) entre outros moitos, xa que tódolos lugares da nosa vila teñen algo que forma parte de nós, algo especial que nos distingue do resto.
Antía Pousa Bello 2ºA BAC