Noticias do Rexistro Civil

Page 1

federación de servizos e administracións públicas sector da administración de xustiza Número 3

Noticias do Rexistro Civil

Abril 2008

¿Está garantida a seguridade dos libros dos Rexistros Civís? O día 24 de marzo pasado tivo lugar un incendio no edificio "novo" dos xulgados de Ferrol, que afectou aos arquivos dos xulgados do social e que converteu en cinzas algúns arquivadores. A coincidencia de diversos factores -ese día era festivo en Ferrolevitou que se produciran danos maiores. Con motivo destes feitos, CCOO de Xustiza presentou un escrito perante a Dirección Xeral de Xustiza no que denuncia numerosos incumprimentos en materia de saúde laboral e prevención de riscos:

Incendio nos xulgados de Ferrol Foto: José Pardo –La Voz de Galicia

"Novamente, e como xa vimos denunciando reiteradamente, non funcionaron os sistema de extinción de incendios, non existían plans de evacuación para imprevistos desde tipo, non estaban debidamente sinalizadas as saídas de emerxencia, non se fixeran ensaios de evacuación. Dende logo, con sucesos deste tipo queda totalmente en evidencia a desidia desa administración á hora de acatar a normativa vixente e de obrigado cumprimento en materia de prevención e saúde laboral." ¿E se o incendio se producise nas oficinas do Rexistro Civil?" As veces esquecemos que os libros do Rexistro Civil -que comezou a funcionar en 1871- son tamén unha parte do noso patrimonio histórico pola gran cantidade de información que recollen. Sen embargo, están, en moitos casos, nunhas condicións de conservación lamentables, mesmo con risco de que se perdan algunhas das súas follas, e, por suposto, expostos a desaparecer en canto se produza un incendio nas oficinas. ¿Ninguén pensou en dotar os Rexistros Civís duns estantes deseñados para conter os libros e dotados cunhas portas que os preservasen de incendios ou inundacións? Será que non interesa... Más información en: http://rexistrocivil.blogspot.com/2008/04/seguridade-dos-libros-dos-rexistros.html

xustiza-fsap-sn@galicia.ccoo.es

1

http://ccooxustiza.blogspot.com/


NOTICIAS DO REXISTRO CIVIL

Resolucións da DXRN

O artigo 360 do Regulamento do Rexistro Civil establece que se publicarán no Boletín de información do Ministerio de Justicia (BIMJ), e cando sexa conveniente no Boletín Oficial do Estado (BOE), as resolucións da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado que resolven os recursos interpostos contra as decisións dos encargados dos Rexistros Civís. Non obstante, as ditas resolucións viñan publicándose cun grande atraso polo que no mes de marzo se editou un suplemento do BIMJ no que se recollen todas as resolucións ditadas dende o 29 de novembro de 2006 ao 8 de febreiro de 2007. O suplemento, que se remite a todos os Rexistros Civís Principais, pode tamén descargarse, en formato PDF, dende a páxina web do Ministerio de Xustiza (Inicio > Servicios > Publicaciones > Suplementos del Boletín). Ligazón: http://www.mjusticia.es/cs/Satellite?blobcol=urldescarga1&blobheader=application%2Fpdf&blobke y=id&blobtable=SuplementoInformativo&blobwhere=1161678442632&ssbinary=true

Informatización dos xulgados de paz Segundo informa a Dirección Xeral de Xustiza, o xulgado de paz de Ames é o primeiro xulgado de paz que, no marco do Programa Rexistro Civil en Liña, se incorpora á rede de xustiza, polo que os funcionarios do xulgado xa teñen acceso á intranet dos órganos xudiciais de Galicia e a todos os servizos asociados. Continúase coa instalación do “cableado” en varios xulgados de paz ou coa súa conexión á rede corporativa.

Cursos de formación: Suspensión do curso de Rexistro Civil A pesar de que no Diario Oficial de Galicia do 7 de abril se convocou pola Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza, un curso, entre outros, de Rexistro Civil, o dito curso queda, polo de agora, en suspenso, polo que no Portal do empregado público xa non aparecía a opción de inscribirse nel.

xustiza-fsap-sn@galicia.ccoo.es

2

http://ccooxustiza.blogspot.com/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.