Cóntame contos, cóntame moitos literatura de tradición oral

Page 1


PRESENTACION “Cóntame contos, cóntame moitos” é un repertorio de sesións de narración oral e creatividade que busca fomentar o uso do galego entre o público infantil e familiar. É unha proposta escénica, creativa e participativa baseada na narración oral de base tradicional que divulga e revaloriza o patrimonio oral galego, fomenta o hábito lector e potencia a creatividade a través das actividades complementarias e obradoiros que se desenvolven en cada unha das sesións para que a experiencia sexa enteiramente significativa e construtiva. Compóñeno unha serie de sesións de contos e creatividade con temáticas ben diversas, nutridas por lecturas coidadosamente seleccionadas pertencentes á tradición oral e a libros editados en lingua galega. Este material recolle unha breve base teórica sobre a literatura oral, en especial os contos, e unha selección das lecturas e dos recursos dispoñibles que pretende converterse nunha ferramenta para orientar e fomentar a continuidade da iniciativa ben no contexto escolar, ben no contexto familiar.


literatura oral A literatura oral é a que chegou a nós a través da transmisión oral de xeración en xeración, manifestada ben mediante a fala, ben a través da música. Está composta por un variado repertorio de formas, temas e xéneros, que son de grande interese artístico, histórico e, por suposto, etnolóxico, posto que amosa compoñentes culturais e sociais da comunidade onde se crea e desenvolve. Unha característica moi importante é que se fundamenta na aceptación colectiva do grupo social e cultural onde se desenvolve: por unha banda, porque representa a realidade cotiá das persoas, consolidando unha identificación cos temas e formas e, consecuentemente, creando unha identidade sociocultural e un sentimento de pertenza a unha comunidade (lingua, costumes, feitos históricos...); e por outra banda, polo seu carácter funcional, xa que este tipo de literatura cumpre determinadas funcións dentro do grupo social (divertirse, ensinar, levar mellor o traballo...). Hai que reflexionar tamén sobre o inmenso valor que reside na longa cadea de transmisións orais ininterrompidas que, xeración tras xeración, foi traspasando esta literatura popular de xeito non planificado, conservando e mantendo vivo este rico patrimonio: se pasou a criba do tempo e da memoria é porque as persoas consideran a literatura oral como parte importante das súas vidas. En Galicia contamos cun grande patrimonio e repertorio de literatura oral e popular: • Xénero semiliterarios: ditos, refráns, adiviñas, conxuros, oracións, trabalinguas, xogos... • As cantigas, caracterizadas por ser composicións en verso con diferentes temáticas e formas: coplas, panxoliñas, muiñeiras, romances... • Os relatos curtos, como as lendas e os contos.


A literatura oral ten un grande valor educativo e didáctico, e esta pequena guía pretende achegar recursos e recomendacións para traballar no ámbito escolar e familiar e conseguir que a literatura oral siga viva entre as xeracións máis novas. Nos nosos días temos a sorte de contar con numerosos recursos, en forma de publicacións, libros, antoloxías, páxinas web, que poñen a nosa disposición grande parte do repertorio da literatura oral galega e mundial xa de maneira escrita e mesmo recreada artisticamente, polo que gran parte da tarefa está feita, grazas ao inmenso traballo de persoas, institucións, editoriais... que afrontaron a loable misión de recoller, arquivar e publicar este rico patrimonio. Presentamos, polo tanto, unha selección de recursos existentes e doadamente accesibles, centrándonos principalmente nos contos de tradición oral.


selecCION de recursos CONTOS EDITADOS Colección 'Contos do Trasno' da editorial Kalandraka:

http://www.kalandraka.com/ga/nc/coleccions/nome­coleccion/ir/os­contos­do­trasno/? series_details[series_details_books_list][page]=1&no_cache=1


OQO editora:

Tres han de ser: http://www.oqo.es/editora/gl/content/tres­han­de­ser Galiño pelado: http://www.oqo.es/editora/gl/content/gali%C3%B1o­pelado A voda dos ratos: http://www.oqo.es/editora/gl/content/voda­dos­ratos Loboferoz: http://www.oqo.es/editora/gl/content/loboferoz O galo traganoces: http://www.oqo.es/editora/gl/content/o­galo­traganoces A Bruxa regañadentes: http://www.oqo.es/editora/gl/content/bruxa­rega%C3%B1adentes Sopa de nada: http://www.oqo.es/editora/gl/content/sopa­de­nada O Papón: http://www.oqo.es/editora/gl/content/o­pap%C3%B3n Corre corre, cabaciña: http://www.oqo.es/editora/gl/content/corre­corre­cabaci%C3%B1 Bóla de manteiga: http://www.oqo.es/editora/gl/content/b%C3%B3la­de­manteiga Pedra, Pau e Palla: http://www.oqo.es/editora/gl/content/pedra­pau­e­palla O segredo do rei Curro: http://www.oqo.es/editora/gl/content/o­segredo­do­rei­curro Míster Corvo: http://www.oqo.es/editora/gl/content/mister­corvo O sultán e os ratos: http://www.oqo.es/editora/gl/content/o­sult%C3%A1n­e­os­ratos Verlioka: http://www.oqo.es/editora/gl/content/verlioka Palabra de crocodilo: http://www.oqo.es/editora/gl/content/palabra­de­crocodilo Rato Tom e rata Tomasa: http://www.oqo.es/editora/gl/content/rato­tom­e­rata­tomasa



Colección 'Contos Marabillosos' de Edicións do Cumio: http://www.cumio.com/coleccion/contos­marabillosos/


NA REDE • Recompilación na web 'Galicia Encantada. Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia'. Libros, artigos, estudos e investigacións de interese sobre aspectos da fantasía popular de Galicia: http://www.galiciaencantada.com/categoria.asp?cat=10 •

Contos de vellos para nenos, do portal de Galicia 'Galicia dixital': http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/home_contos_v ellos.html

'Orella pendella', portal de literatura popular infantil de Galicia: ◦ Acumulativos: http://orellapendella.gal/category/acumulativos/ ◦ Fórmulas para comezar historias: http://orellapendella.gal/para­comezar­historias/ ◦ Fórmulas para rematar historias: http://orellapendella.gal/para­rematar­historias/


RECOMENDACIONS DIDACTICAS • Incorporar a narración de contos tradicionais nas programacións didácticas e no tempo libre dos nenos/as de xeito regular. É importante manter o carácter oral na transmisión deste tipo de literatura, polo que a narración, contar contos en definitiva, é a recomendación didáctica máis irrenunciable. • Programar actividades complementarias para gañar a motivación e a aprendizaxe significativa dos nenos/as: obradoiros plásticos pertinentes, creación literaria, visitas e excursións, xogos, teatro... • Incorporar a música e os xogos populares galegos nas aulas e no seu tempo libre de xeito regular. • Incorporar nas programacións didácticas e no seu tempo libre obradoiros de construción de xoguetes e enredos tradicionais: zoadeiras, boliches, instrumentos musicais con material da natureza... • Atender aos ciclos festivos do ano para darlle protagonismo e pertinencia á literatura de tradición oral correspondente a cada celebración: Magosto, Entroido, Maios, Nadal... • Fomentar o diálogo interxeracional animando aos nenos/as a preguntar na casa por xogos, adiviñas, recitados, contos, lendas... que usasen os avós e avoas na súa infancia. • Evitar relacionar o traballo coa literatura de tradición oral coa administración de castigos ou premios.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.