Propostas didcticas para ou uso d pizarra dixital

Page 1

Propostas didácticas para ou uso do encerado dixital

1

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


As posibilidades de utilización e de aproveitamento didáctico do encerado dixital interactivo na aula son moitas, a continuación preséntanse algunhas propostas. 1.- Apoio ás explicacións do profesorado. O profesorado pode apoiar as súas explicacións proxectando páxinas web e outros materiais dixitais que ofrezan: imaxes, esquemas, simulacións virtuais, vídeos, puntos de vista, noticias da prensa dixital, presentacións de institucións e empresas, contos, xogos... E por suposto tamén poden proxectar vídeos, materiais en soporte CD-ROM, DVD ou ata programas de televisión. A medida que cada profesor vaia descubrindo novas páxinas web de interese para a súa materia, poderaas utilizar conxuntamente cos seus apuntamentos e recursos tradicionais ao presentarlles os temas ao seu alumnado a través do encerado dixital con profusión de exemplos e referencias á actualidade. Esta gran variedade de recursos multimedia, ademais de espertar a motivación dos estudantes e manter a súa atención, aumentará as posibilidades de conectar cos seus intereses, facilitando o tratamento da diversidade. . Un exemplo deste uso do encerado dixital descríbeo Ferran Ruíz (1999) na Revista de Física: "neste escenario, Internet pode converterse no instrumento preferido para as explicacións aos estudantes. Miniaplicacións de Java poden facer gráficos cos datos experimentais obtidos no laboratorio ou axudar a demostrar as propiedades dinámicas dos corpos en movemento mediante a introdución interactiva dos parámetros nas simulacións. Un clip de vídeo, descargado baixo demanda desde un banco de medias pode ilustrar o comportamento dunha partícula nun campo magnético. Páxinas web poden resumir os conceptos que se están explicando. Pódense imprimir exercicios e propostas para o traballo dos alumnos. A rede tamén pode dispoñer de material complementario e unidades de traballo para estudantes máis avanzados... Estamos ante unha nova realidade para o profesor e para o alumno: o acceso a un universo de recursos ilimitados mediante unha canle única constituído pola combinación do ordenador e Internet. Internet constituirá o ficheiro educativo global".

2

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


2.- Presentación de actividades e recursos para o tratamento da diversidade. Ao dispoñer de máis recursos para presentar colectivamente na aula, o profesorado nas súas explicacións pode dar unha mellor resposta ás diferenzas individuais dos estudantes (uns máis

visuais,

outros

máis

abstractos,

con

diversos

estilos

cognitivos...)

Por outra banda, os profesores tamén poden presentar páxinas web e outros materiais en soporte multimedia (CD/DVD) ou audiovisual (vídeos) sobre os cales orientar aos estudantes para a realización de determinadas actividades preceptivas ou voluntarias, individuais ou de grupo. Nalgúns casos suxerirán a algún alumno a realización de exercicios autocorrectivos específicos on-line de reforzo ou ampliación de coñecementos. 3.- Exposicións públicas de estudantes. Os estudantes, informados polo profesor dos próximos temas que se van tratar na clase, poden buscar pola súa conta material (información, programas, xogos...) en Internet e outros recursos relacionados con estas temáticas (programas ofimáticos, CD-ROM, DVD...), e presentarllos aos seus compañeiros e compañeiras, cando o profesor/a o indique. Con iso, ademais de realizar un traballo de procura de información en Internet e de ler, comprender,

valorar

e

seleccionar

estas

informacións,

os

estudantes

terán

unha

oportunidade de presentar e explicarlles aos seus compañeiros o contido destas páxinas web e demais materiais que atoparon relacionados cos temas que se tratan (actividades de procura e selección de información, elaboración de coñecemento, presentación de resultados, avaliación). O papel do profesor será escoitar, colaborar e no seu caso corrixir ou completar as explicacións dos alumnos. 4.- Presentación pública de traballos realizados en grupo. O profesorado pode encargarlles aos estudantes a realización de traballos colaborativos en formato páxina web ou presentación multimedia, e posteriormente dedicar unha sesión de clase a que cada grupo lles presente aos demais o traballo realizado. Deste xeito, tras a realización dun traballo de grupo por parte dos estudantes (que permitiría investigar, compartir ideas, negociar significados, desenvolver habilidades sociais, elaborar coñecemento, deseñar unha presentación, etc.), desenvolven unha actividade expositiva, que permitirá poñer en práctica habilidades expresivas e comunicativas. Ademais, o que presenta cada grupo serve de repaso para todos os demais e facilita a participación dos alumnos que queiran corrixir ou engadir algo. O profesor tamén ampliará os aspectos que considere oportunos, e fará unha corrección e unha valoración pública do que se expón.

3

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


5.-

Apoios nos debates. Uso conxunto polo profesor/a e polos estudantes. O encerado

dixital pode utilizarse para presentar e comentar información e para levar a cabo tarefas colectivas e colaborativas; por exemplo, no marco dun debate que foi previamente preparado e para o que profesores e estudantes buscaron datos en Internet cos que xustificaren as súas argumentacións. Deste xeito, o uso do encerado dixital facilitará a interacción e a discusión de grupo na aula. Ademais, as achegas dos estudantes pódense ir recollendo cun editor de textos por un "relator", de maneira que o encerado dixital, ao proxectar estas anotacións, facilitará a negociación do redactado entre todos. 6.- O recuncho do ordenador. O sistema informático (ordenador, impresora, escáner...) situado nun punto concreto da aula tamén contribuirá a atender á diversidade e á multiculturalidade dos nosos alumnos. Será como unha fiestra aberta ao mundo que os estudantes e o profesor, individualmente ou en pequeno grupo, poderán utilizar como fonte de información e canle de comunicación cando o precisen. Tamén servirá para elaborar algún documento, dixitalizar imaxes, imprimir, etc. E, puntualmente, grupos de alumnos poderano utilizar para traballar con programas didácticos. 7.- O xornal na aula e a diversidade multilingüe. Un bo xeito de empezar a clase cada día (especialmente en ensino primario e ESO) pode ser revisar cos estudantes as noticias que ofrece a prensa electrónica e comentar con eles os temas de actualidade, contestar preguntas, consultar o que din outros xornais e ampliar a información en Internet, buscar as orixes dos conflitos e debater, xulgar e facer explícito o sistema de valores de referencia... Ademais, tamén podemos consultar a prensa estranxeira, con todo o que pode achegar á práctica de idiomas e ao tratamento da diversidade multicultural e multilingüe das nosas aulas. Pero aínda podemos aproveitar máis esta tecnoloxía cada vez máis presente en todas partes. Podemos convir cos estudantes que cada día presentarán as noticias eles, un grupo distinto cada día, a partir das informacións dos telexornais vespertinos e dos titulares de prensa en Internet. O papel do profesor agora será supervisar, promover o debate, orientar... e ao final completar a revisión das noticias que crea que convén destacar. Que lonxe queda aquela escola en que o alumno era un receptor pasivo das leccións maxistrais de sempre, sobre os temas de sempre!

4

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


8.- Videoconferencias e comunicacións colectivas on-line na aula. Cando sexa oportuno facelo, é posible a comunicación por correo electrónico, chat ou videoconferencia con estudantes, profesores ou expertos de calquera lugar do mundo. E toda a clase poderá ver e oír o que nos comuniquemos. 9.-

Realización de exercicios e outros traballos colaborativos na clase. O profesor

pode proxectar actividades multimedia interactivas desde soportes on-line ou disco, e organizar a súa realización colectiva. Por exemplo, pode dirixirlle preguntas sobre o exercicio a un estudante concreto ou a un grupo deles e promover discusións sobre os puntos de vista diverxentes de varios alumnos. Tamén pode dividir a clase en grupos e pedirlle a cada un que busque unha solución, que se verificará logo cando se introduzan as respostas no ordenador. Pódense facer lecturas colectivas interactivas... Hai que organizar as actividades de maneira que non se produzan tempos de espera demasiado longos nos que algúns alumnos/as teñan que estar inactivos esperando a súa quenda ou que outros/as terminen o seu traballo. Isto aburriríaos e perderían a concentración no tema. Os máis pequenos tamén poden realizar moitos traballos colaborativos. Dispoñendo de encerado dixital na clase pódense converter moitas actividades individuais (por exemplo un conto interactivo ou actividades JClic) nun xogo colectivo. 10.- Corrección colectiva de exercicios na clase. Co apoio do encerado dixital resulta moi áxil a corrección colectiva de exercicios (inglés, matemáticas...) na clase. O profesor/a (ou os propios estudantes por indicación do profesor) poden ir comentando os exercicios, e todos poden intervir coas súas dúbidas, ideas e obxeccións. 11.- Preguntas non previstas. Cando en calquera momento xorden preguntas de calquera tipo que lles interesen aos alumnos, pódese buscar información sobre elas en Internet (os propios alumnos co apoio do profesor no encerado dixital)

e comentala conxuntamente.

Aínda que a utilización do encerado dixital xeralmente estará programada con antelación polo

profesorado,

se

se

dispón

desta

infraestrutura

na

aula,

moitas

veces

no

desenvolvemento das clases produciranse situacións que aconsellarán a súa utilización improvisada. 12.- O encerado "recuperable". Coa axuda dun editor de textos e do encerado dixital, o profesor pode proxectarlle a toda a clase calquera información que escriba co teclado (definicións, esquemas, operacións...) coma se escribise nun encerado convencional. Ademais das vantaxes hixiénicas que comporta non ter que utilizar o xiz (escríbese

5

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


directamente sobre o encerado ou co teclado do ordenador), da posibilidade de utilizar máis letras e cores, das facilidades para retocar e mover textos... o contido deste encerado (en definitiva un ficheiro do editor de textos que se utilice) pode almacenarse no disco e utilizarse nunha sesión posterior (por exemplo para recordar o que se fixo o día anterior, ou para utilizalo en futuras clases). Tamén pode enviarse por correo electrónico a algún alumno/a que non puido asistir, ou a toda a clase. Por suposto, pode imprimirse e repartirse en papel entre os estudantes. 13.- Sínteses conxuntas. Sobre calquera temática, pode aproveitarse o encerado dixital para facer sínteses conxuntas na aula. Invítase aos estudantes a achegar as súas ideas sobre o tema de que se trate, mentres un "relator" as vai anotando cun editor de textos. A súa proxección no encerado dixital facilita completar entre todos a síntese e negociar a redacción final. 14.-

Multiculturalidade na aula. Pódese encargar aos estudantes estranxeiros que

busquen en Internet información, especialmente gráfica, sobre os seus países e preparen unha presentación multimedia que lle irán expoñendo en días sucesivos ao resto da clase. A preparación da presentación multimedia convén que a realicen en grupo; por exemplo, cada alumno estranxeiro pode ter un "axudante" local. 15.-

Aprendizaxes sobre o manexo de programas informáticos. Se se dispón dun

encerado dixital na aula de informática, facilítanse moito os procesos de ensino e aprendizaxe sobre o manexo dos programas informáticos. O formador pode ir mostrando, a través do encerado dixital, o resultado da súa interacción co programa obxecto de aprendizaxe, mentres invita os estudantes a que repitan estas accións ante o seu ordenador e comproben que obteñen os mesmos resultados. Para os estudantes resulta máis fácil "ver" o que teñen que facer que "oír" as instrucións verbais do profesor. 16.- O encerado dixital e a intranet do centro (achega de Ramón Sala). Cando o centro dispón dunha intranet (que ademais estará conectada a Internet) o encerado dixital convértese nunha fiestra desta rede que actúa a modo de "repositorio" da información dixital que xeran os profesores (materiais didácticos) e os estudantes (traballos), dos recursos que atopan en Internet de interese para a materia, dos materiais que proveñen das editoriais... Ademais a intranet do centro permite explotar o encerado dixital de forma asíncrona: mentres un profesor a utiliza cos alumnos na clase, outro pode estar elaborando materiais na sala de profesores e algúns alumnos poden preparar unha presentación na aula de informática...

materiais

que

no

seu

momento

se

mostrarán

co

encerado

dixital.

6

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


Neste marco, o uso do encerado dixital reformula, non só o acto didáctico en si, senón tamén a forma en que o profesor/a "prepara a clase". Agora moitas veces farao "co ordenador", e o material que xere depositarao na intranet do centro desde onde llo mostrará ao alumnado. Ademais, a existencia da rede propicia o traballo cooperativo entre profesores; imaxinemos por exemplo ao profesor de física utilizando, para repasar unha cuestión de cálculo, un material que elaborou o profesor de matemáticas... Este feito, á parte do seu significado como fenómeno cooperativo, comporta un tratamento unificado dos contidos que favorecerá a aprendizaxe dos alumnos. 17.-

A webcam e o escáner. Coa axuda dunha cámara web ou dun escáner, calquera

documento pode presentarse a través do encerado dixital. Isto pode resultar especialmente útil para comentar conxuntamente os traballos dos máis pequenos (educación infantil).

Achegas do encerado dixital interactivo aos procesos de ensino e aprendizaxe. •

Aumenta a participación dos alumnos. Adóitalles gustar saír a presentar materiais e

traballos. Permite compartir imaxes e textos. Facilita o debate.

7

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


Aumenta a atención e retentiva dos estudantes ao participaren máis.

Motiva e aumenta o desexo de aprender dos estudantes.

Aumenta a comprensión: multimedialidade, máis recursos dispoñibles para mostrar e

comentar, maior interacción. Permite visualizar conceptos e procesos difíciles e complexos. •

Facilita o tratamento da diversidade de estilos de aprendizaxe: potencia as aprendizaxes

dos alumnos de aprendizaxe visual, do alumnado de aprendizaxe cinestética ou táctil (poden facer exercicios onde se utilice o tacto e o movemento na pantalla). •

Axuda en Educación Especial. Poden axudar a compensar problemas de visión (na EDI

pódese traballar con caracteres grandes), audición (a EDI potencia unha aprendizaxe visual), coordinación psicomotriz (coa EDI pódese interactuar sen rato nin teclado)... •

O profesor pódese concentrar máis en observar os seus alumnos e atender ás súas

preguntas (non está mirando a pantalla do ordenador). •

Aumenta a motivación do profesorado: dispón de máis recursos, obtén unha resposta

positiva dos estudantes... •

O profesor/a pode preparar clases moito máis atractivas e documentadas. Os materiais

que vaia creando pódeos ir adaptando e reutilizalos cada ano .

8

Este documentos foi traducido e adaptado da páxina do profesor Pére Marqués http://dewey.uab.es/pmarques/pizarra.htm, pólo equipo de Contidos Educativos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Todas as fotografías e imaxes que aparecen neste documento pertencen á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.