Carlos Fernández: Touriño cumpliu con Ames. O seu compromiso foi constante
Patricia Conde: Touriño é , sen dúbida, o mellor candidato para liderar a continuación do cambio en Galicia
BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN LOCAL DO PSdeG-PSOE DE AMES
1º Trimestre 2009
Presentamos un equipo de homes e mulleres capaces e eficaces Touriño: “A mellor plantilla dun equipo non se cambia, se reforza”
2
Confianza e determinación para saír da crise Touriño presentou en Santiago o Programa de Goberno co que aspira a renovar o seu mandato na Presidencia da Xunta; un programa deseñado para unha ampla maioría social
Emilio Pérez Touriño, presentou o Programa de Goberno co que aspira a revalidar o seu mandato, do que dixo estar deseñado “para unha maioría social, para unha Galicia que confía, para unha Galicia que
10.000 plazas de educación infantil. Implantación do transporte metropolitano sabe que todos xuntos imos construír o futuro”. No seu discurso Touriño fixo referencia aos momentos de dificultade que estamos vivindo, e dixo que “Galicia só volverá crecer con intensidade cando o consiga España. Saíremos xuntos da crise, saíremos en rede da crise“. Afirmou que esta gran crise global, nacida do egoísmo e da codicia, só pode superarse dende a unión. Neste sentido apuntou medidas que foron postas en marcha desde o primero día polo Goberno galego para a protección das empresas, para axudar ás familias a pagar as súas hipotecas, para protexer ao máis débil ou a quen pode estar en risco de perder o seu traballo. En canto ás axudas as empresas, Touriño anunciou
que triplicarán as axudas financeiras, para que non haxa problemas de liquidez ou circulante; unha medida que suporá 2.000 millóns de euros. Asimesmo compromete un programa extraordinario de licitación pública: “habilitaremos 30 millóns de metros cadrados de solo industrial e 9 millóns de metros cadrados para vivenda protexida para os nosos mozos“, dixo. Touriño reiterou a “necesidade de confianza, unión e determinación para saír desta crise“, pero avisou de que non renuncia “a converxer con Europa en
Os próximos catro anos serán decisivos para o noso avance. Imos poñer rumbo cara a recuperación da economía e continuar co cambio político benestar, e comprométome a que Galicia acade no 2013 a renda media da Unión Europea“. O Secretario Xeral dos socialistas galegos lembrou
que “antes de que chegara o cambio e cando os demais pedían dereitos, aquí os gobernos do PP pediron faavores e subsidios para esta comunidade”. O cambio é a igualdade sen discriminación, engadiu. No ámbito da igualdade, Touriño insistiu en que “traballaremos para conquerir a igualdade real, traballaremos sen desmaio pola máxima de a igual traballo igual salario“. Nos grandes servizos públicos, Touriño salientou medidas para mellorar a sanidade e a educación, e nesa liña de compromiso prometeu ampliar ata os 18 anos a gratuidade dos empastes e endodoncias, a gratidade das próteses para as persoas maiores e a gratuidade de anticonceptivos. Ademais, anunciou a creación de 10.000 plazas de educación infantil “para superar ampliamente a recomendación da UE e acadar o obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral, e reducir a ratio de profesores alumnos“. Touriño se comprometeu a “implantar o transporte publico metropolitanos en todas as áreas urbanas do noso país: un Transporte Público de calidade que será utilizado por máis dun
millón e medio de galegos e galegas“. Pediu o apoio dos galegos “para que este cambio poida ccontinuar, para que non pare”, e recordó que onde antes había recomendacións e favores agora hai transparencia e equidade.
Cumprimos co programa e volveremos cumplir coa palabra dada hoxe Ademais falou da importancia de “coidar a nosa cultura, xa que a nosa identidade e a nosa lingua dannos forza“, e trasladou o seu desexo dunha sociedade integradora e integrada. A galeguidade é de todos. Quero unha Galicia aberta, orgullosa da súa identidade, volcada na preparación dos seus cidadáns e integradora. Esa é a Galicia que eu quero. Con respecto ás infraestructuras puxo o 2012 como horizonte para o AVE e anunciou 395 novos quilómetros en vías de alta capacidade, dos que 184 serán libres de peaxe. Ademais, comprometeuse a eliminar das estradas galegas todos os puntos negros da nosa comunidade na próxima lexislatura.
O cambio tamén é preservar os dereitos das xeracións futuras. A este respecto dixo que debemos “deixarlles unha Galicia polo menos tan fermosa como a que recibimos nós, polo que ampliaremos nun 75% a Rede Natura“. Touriño avanzou que quere “unha Galicia integrada na sociedade do coñecemento. Non quero fendas dixitais, por iso imos universalizar o acceso á banda ancha en toda Galicia, en todos os concellos“. Sobre a reforma do Esatuto de Autonomía, dixo que “somos un pobo sensato e solidario que non quere exlusións nin illamentos, pero que defende con toda a intensidade o seu autogoberno: por iso que na próxima lexislatura vou traballar intensamente para a reforma do noso Estatuto de Autonomía. Un Estatuto que nos dote do máximo nivel de autogoberno, un estatuto de todas e todos”. Por último, no día da presentación do Programa, Touriño dixo: “cumprimos coa programa dada e volveremos a cumplir coa palabra dada hoxe”.
3 Estimados veciños: O vindeiro 1 de marzo, os galegos elixiremos ao noso propio goberno, o goberno da Xunta de Galicia. Hoxe, o teu voto é decisivo, como xa fora nas eleccións para o Goberno de España e nos comicios municipais. Nestas eleccións xogámonos moito: O emprego, a Educación, a Saúde de todos e a atención dos nosos maiores, as comunicacións entre os nosos pobos e cidades e o coidado e fomento da nosa cultura e da nosa identidade. Todo depende do sinxelo pero importante acto de votar. De cada voto depende que Galicia continúe camiñando ou retrocedamos ao pasado. Agora non é momento de regresar a tempos pasados senón de construir unha Galicia moderna, aberta, segura de si mesma. Ames tamén medrou. O compromiso de Touriño co noso concello púxose de manifesto en numerosas ocasións ao longo destes case catro anos. Quero recordar o impulso das comunicacións e a calidade de vida que trouxo a Autovía Santiago-Ames-Brión, a reforma do Pazo da Peregrina, as melloras nos colexios e a nova galescola, ou o selado do vertedoiro, ao que habería que sumar a súa receptividade á proposta do Milladoiro como sede do Parque de Bombeiros Comarcal. Cando comezou o Goberno de Touriño a situación económica era mellor, e supemos aproveitala para medrar e facer prosperar Galicia, crear emprego e aumentar o benestar. Hoxe a situación é diferente. Sufrimos unha grave crise económica. Agora toca facerlle fronte: axudar ás familias, aos traballadores, ás empresas. O mellor preparado para conducir a nave nesta situación é o presidente Touriño. Desde este fondo convencemento pídovos o voto para a o PSdeG-PSOE, para Emilio Pérez Touriño. Un saúdo,
Carlos Fernández
4
Touriño: Este cambio debe continuar Galicia ten grandes posibilidades de compartir, de exportar, de avanzar, de estar no mundo, nas universidades, ... Esta é a idea que teño e nesta liña temos que seguir, non nos podemos deter. Este cambio debe continuar ¿Cal foi o máis duro desta lexislatura, o máis complicado? Sempre son os que teñen que ver coas persoas. Non me sairá nunca da cabeza aquel día de agosto de 2006, cando comezan os incendios de maneira tan intensa e inesperada, e me chaman para avisar de que dúas persoas quedaran atrapadas nunha estrada e acabaron falecendo.
Nestes catro anos fortalecemos os servizos públicos básicos que fan un país máis moderno e máis iguais
Ou cando me chega a noticia de que soldados da Brilat de Figueirido acaban de caer en Afganistán. Son os momentos difíciles que quedan no recordo con esa dureza de que, séxalo ou non, te sentes responsable do que lle poida pasar a un galego ou galega na súa vida, como sociedade, como colectivo. ¿E que bos recordos se leva da lexislatura? Moitos, a maioría. Se tivera que escoller un, probablemente sería a sinatura do acordo social polo emprego, polo que tiña de transcendencia e de capacidade de unir, que é o máis importante en política, a capacidade de integrar, de unir. Sabía que esta lexislatura era complicada co tema do emprego e buscaba ese acordo con todos os empresarios e sindicatos para,
xuntos, poder crear actividade e emprego. O día que o conseguimos, foi un deses días felices, era consciente de que estabamos dando un paso importante. Como Emilio Pérez Touriño, ¿que balance fai desta lexislatura, destes catro anos? Eu fago un balance razoablemente positivo. Un sempre aspira a máis, pero nestes catro anos fortalecemos os servizos públicos básicos que fan un país máis moderno e máis igual. Refírome á Educación, onde fixemos unha aposta moi importante para mellorar a Educación, os recursos educativos; en Sanidade, para reducir as listas de espera; estender as escolas infantís, empezar a desenvolver os Servizos Sociais. Probablemente, isto é o primeiro do que me
sinta máis satisfeito. Estamos tamén apostando por cambiar o modelo económico de país, deixar atrás un modelo de subvencións e de ladrillo para apostar polo territorio: a lei do litoral, de protección dos 500 metros; o saneamento integral das rías. Creo que a defensa do ecosistema, dos valores patrimoniais, dos recursos naturais, da paisaxe do país, son as cousas que valen a pena. Lanzar un modelo de desenvolvemento onde ninguén quede atrás e que se apoie na protección dos nosos mellores recursos, dos nosos mellores valores. Iso é o segundo acento. Logo, recuperar a autoestima, o orgullo de país, de Comunidade, un valor intanxible, pero que vale moito. Na próxima lexislatura, ¿será posible resolver este problema?
Creo que é importante ser conscientes, porque é un gran esforzo de todos os galegos e as galegas, que temos unha sanidade pública que é un ben colectivo, un ben de país, un sistema de protección pública da saúde, universal, gratuíto e de calidade. Creo que iso é unha gran conquista social. O que fixen dende o primeiro día, dende a responsabilidade de Goberno, foi tratar de mellorala e renovala profundamente. Tiñamos unha profunda asfixia financeira, debiamos máis de 400 millóns de euros. Saneámola. Había un déficit de persoal sanitario e aumentamos en máis de 3.200 profesionais sanitarios en xeral. E lanzamos un plan de infraestruturas hospitalarias para construír os grandes novos hospitais, Lugo, agora virán Pontevedra, Vigo e melloras en todas as áreas urbanas. Xunto a iso, existía unha profunda precariedade no persoal que tratamos de mellorar, e de reducir as listas de espera como consecuencia de facer da Atención Primaria. A verdade é que as listas de espera estaban en 137 días, como promedio de espera, fai catro anos e o deixamos hoxe en 70. Iso quere dicir que practicamente reducimos á metade a lista de espera. É un sistema que temos que traballar, que mellorar e perfeccionar e seguiremos facendo este esforzo de gañar recursos, de informatizar, dixitalizar o sistema e ampliar a carteira de servizos aos cidadáns na próxima lexislatura.
“
Se está desenvolvendo a orde que regula este plan de axudas e seguiremos apoiando todo o necesario para que poidamos saír razoablemente cara o futuro do sector da automoción
“
5 Eu creo que o camiño o temos tomado dende o inicio mesmo do ano pasado, do ano 2008: apoiar ás familias, apoiar aos traballadores, apoiar ás empresas e salvagardar o futuro
“Rematamos o 2008 co volume máis importante da historia de Galicia en licitación e contratación das infraesturturas, das grandes obras públicas” Moitos cidadáns, e dende logo case todos os empresarios, cren que a solución da crise pasa por conseguir créditos máis baratos, quéixanse da falta de financiamento a un prezo razoable. ¿Como se poden conseguir recursos para que as empresas e as economías familiares non se afoguen?
Estamos vivindo unha crise económica que nace como un auténtico terremoto financeiro con epicentro en Estados Unidos, pero inmediatamente os custes nos veñen a todas as economías centrais, comezando pola europea, a española e a galega. E hoxe o que temos é unha retracción no consumo e e no investimento privado e, como consecuencia, unha afectación moi directa sobre o emprego. Isto estámolo planeando dende tres grandes grupos de medidas. O primeiro é licitar, bombear e contratar investimento público que serve para capitalizar o país, para manter a actividade de riqueza e compensar a caída do investimento privado e do sector privado. Rematamos o ano 2008 co volume máis importante da historia de Galicia, da súa autonomía, na licitación e contratación das grandes infraestruturas, das grandes obras públicas. Cito de memoria: 1.600 millóns de euros, un 35 ou 36 por cento máis que o ano pasado. Outros grupo de medidas: a licitación de vivenda, de vivenda protexida, de rehabilitación de vivenda, etc. O segundo bloque de medidas ten que ver con conseguir apoio económico ás empresas, ser capaces de trasladar crédito da banca que chegue á pequena e mediana empresa, ao tecido produtivo do país. Por iso, Galicia foi a primeira comunidade de España, sen distincións de cor nin ideoloxía, que recorreu ao BEI,
ao Banco Europeo de Investimentos, que recorreu ao Instituto de Crédito Oficial, de xeito que acabamos o ano con algo máis de 750 millóns de euros que, en avais, en préstamos, en subvencións e en operacións de capital risco, traspasamos dende as entidades financeiras ao tecido produtivo do país. O obxectivo é que ningún proxecto empresarial viable poida quedar truncado por falta de liquidez. O terceiro grupo de medidas é o que ten que ver co emprego, políticas activas de emprego. Estamos mobilizando uns 100 millóns de euros destinados a políticas de formación e a seguir aos sectores en crise: a construción, a automoción, o sector da lousa, o téxtil... Estamos moi cerca de cada sector e en canto hai problemas tratamos
A Xunta pon enriba de mesa un complemento de 200 euros para as pensións mais baixas e outras medidas encamiñadas a apoiar ás familias de acudir con programas de formación tratando de que, cando hai problemas nun sector, se lle poida dar formación e recualificación a eses recursos humanos, traballadores e traballadoras, para que poidan dirixirse a
O sector da automoción conta coas axudas necesarias para superar a crise O 2009 arranca co anuncio da factoría de Citroën dunha drástica redución de produción de coches en Vigo. ¿Como valora vostede esta situación e que medidas urxentes ten previsto aplicar para facerlle fronte? Eu estiven entrevistándome estes días co propio director xeral para que isto se realice utilizando ao máximo a flexibilidade e os axustes que permite o marxe de manobra da propia empresa, que se faga sen extinción definitiva de emprego por parte de ninguén. E estamos traballando co sector auxiliar, que é o que pode padecer máis, para que iso non sexa traumático.
maior grao posible de axudas que se poidan dar dende a Xunta de Galicia e dende o plan do automóbil. Logo está todo o Plan de Axuda do Automóbil a nivel do Estado, que son 800 millóns de euros. E por último, para min o obxectivo é nuclear entorno a Citroën todo o sector da automoción; que o clúster do automóbil non se rompa, non diminúa, non quede mutilado durante o paso por este túnel da crise. Creo que é fundamental que o Foro Social que temos organizado funcione.
Dende a Xunta de Galicia, seguiremos apoiando todo o necesario para que poidamos Claro que hai dificultades, saír razoablemente cara o fupero deben afrontarse bus- turo do sector da automoción cando o pacto e o acordo e co en Vigo.
outro sector que aínda non ten problemas. Por exemplo, falabamos do sector da automoción, onde puxemos 10 millóns de euros para que 10.000 traballadores en vez de ir ao paro, aínda que fose temporal, puidesen estar formándose e recibindo o seu salario en condicións normais durante os meses de decembro e xaneiro. Isto son basicamente as medidas que estamos a tomar, ademais de desenvolver medidas de protección social. Por exemplo, a xente que máis padece, que ten unha pensión moi baixa, non contributiva, desenvolvemos o complemento de pensión, 200 euros de dotación complementaria que a Xunta pon enriba da mesa para aquelas pensións máis baixas. Medidas que van na dirección de apoiar ás familias o máis posible nesta situación de crise. ¿Cales serían as accións de discriminación positiva para as comarcas ou as provincias interiores con relación á Galicia máis desenvolvida da zona costeira?
Eu creo que os cidadáns de Lugo, de Ourense, das zonas interiores de Galicia, saben que se hai algo que me apaixona, co que soño, que ambiciono, é que podemos superar a Galicia das dúas velocidades. E iso conséguese, basicamente, cunha rede potente de servizos públicos, educativos, sanitarios, distribuída equitativamente en todo o territorio e garantindo que un neno de Burela ou da Costa da Monte, de Lalín ou Silleda poida ter o mesmo nivel de prestación de servizos que un de Santiago, Vigo ou Pontevedra. Durante esta lexislatura, e queremos continuar na próxima, puxemos en marcha un Plan de Reequilibrio Territorial que é a primeira vez que existe. Un plan destinado a unha discriminación positiva para levar máis servizos, máis infraestruturas, máis medios e recursos xustamente ás zonas máis periféricas, máis atrasadas, máis débiles. Este é o obxectivo do plan que estamos desenvolvendo, que conta cunha dotación xi-
6
foi decisivo nin decidiu unhas eleccións en Galicia e, en todo caso, é o voto dos cidadáns que teñen dereito a votar e deben exercelo. Que o voto manda en democracia e será o seu voto o que decida e que non lle podemos negar o dereito ao voto a quen o ten. Me parece que non é bo descualificar así á emigración e aos emigrantes, a quen tanto lles debemos.
Espero que os cidadáns decidan darnos esa forza para renovar o Estatuto que debe ser un lugar de encontro e un Estatuto de primeira para Galicia gantesca de 3.600 millóns de euros, dos que a Xunta pon de aquí a 2010 máis de 2.700 e o Estado o resto, para tratar de vertebrar e nuclear o país con servizos e equipamentos. E teño a convicción de que imos conseguir ese soño de que en Galicia non haxa cidadáns de primeira e de segunda e territorios mellor situados. ¿Qué medida ou acción lle gustaría tomar ou acometer nos próximos catro anos que non puido facer nesta primeira lexislatura? Se falamos das que quedaron no tinteiro, hai unha gran medida ou, máis ben, un gran obxectivo nacional de todos que Galicia debe poñer ao día o Estatuto de Autonomía, a nosa Carta Magna. Todos sabemos que non puido ser nesta lexislatura. Non vou entrar en por que non foi posible, porque ao final o Partido Popular non deixou marxe de manobra para ese gran acordo. Espero que os cidadáns nes-
tas eleccións decidan darnos esa forza para renovar o Estatuto, que debe ser un lugar de encontro de todos e de todas e un Estatuto de primeira para que Galicia teña o maior nivel posible de autogoberno dentro da Constitución e a capacidade financeira que nos permita prestar a mellor educación, a mellor sanidade, os mellores servizos sociais e ter unhas infraestruturas competitivas. Este é un obxectivo importante e espero que despois do 1 de marzo teñamos a forza necesaria para poder conseguir esa reforma. ¿Cre que é posible que o voto do censo de residentes ausentes sexa transcendental nas vindeiras eleccións autonómicas? E, de ser así, ¿teme que se poida cuestionar a lexitimidade do próximo goberno que saia das urnas?” A verdade é que non me gustaría que as posicións partidarias levaran a cuestionar os resultados dunhas eleccións. O voto da emigración nunca
Como Presidente da Xunta, tiven a oportunidade e o gusto de estar en Bos Aires, en Montevideo, en México, en Brasil e o Presidente de Galicia foi recibido polos Presidentes destes países, non por ser Emilio Pérez Touriño, senón por ser o Presidente dunha Comunidade,
Nunca vou renunciar a que Galicia teña AVE, a que o teña nese horizonte de 2012 que é a galega, que ten os seus mellores embaixadores na xente que máis defende a Galicia, que son os descendentes dos nosos avós que
un día emigraron. Por tanto, creo que debemos ir con sumo coidado. Dito isto, eu fun o primeiro en poñerme ao fronte de que no Parlamento de Galicia se aprobara por unanimidade a modificación da Lei Electoral, e se acordara poñer en marcha os mecanismos para que os emigrantes, como eles queren e declaran, poidan votar en urna. O que pasa é que ese tema é complicado e require modificar a Lei Electoral, e esa é unha lei orgánica que require dun acordo político das forzas democráticas no ámbito do Estado e ata agora desgraciadamente non foi posible. Así que, polo momento, hai que seguir traballando para depurar os censos o máximo posible, modificar a Lei Electoral e seguir debatendo sobre onde e como deben votar. Pero mentres o dereito exista, debe ser protexido e garantido. Unha mala interpretación é empezar a adiantar que pode haber un resultado que se vexa trucado ou modificado. Van ser os cidadáns, sen adxectivos, os que decidan o Goberno do país. Os acordos tomados ao principio desta lexislatura co Bloque Nacionalista Galego ¿foron para esta lexislatura ou para dúas? Ou, dito doutra forma, ¿os acordos vanse renovar ou son os que están agora vixentes?” Acáboo de dicir e reitéroo:
Un Estatuto que nos permita prestar a mellor educación, a mellor sanidade, os mellores servizos sociais e ter unhas infraestruturas competitivas os cidadáns deciden en democracia cada catro anos que Presidente queren, que Parlamento queren e, en consecuencia, que Goberno se debe formar. Non é un tópico, é a realidade, é o voto dos cidadáns o que nos dá a forza a cada candidato que pode formar Goberno, a que vai decidir se hai ou non coalicións. Tamén hai que dicir que me sinto razoablemente satisfeito do Goberno compartido, da coalición, que liderei entre socialistas e nacionalistas. Creo que foi unha experiencia positiva dun Goberno que se mantivo estable, que aprobou os catro orzamentos, que non tivo que facer ningunha crise, que aprobou o maior número de leis de ningunha lexislatura, 53 proxectos de lei, e que non perdeu ningunha votación en sede parlamentaria, o que revela unha fortaleza en beneficio sempre do país, porque é bo ter un Goberno con capacidade de liderar e de resolver.
“
Eu teño o soño de que en 2012 Galicia abandone a periferia, a través da rede de banda ancha e a través dos AVE
Evidentemente, o acordo foi explícito, escrito e transparente, para catro anos. Agora, este contrato de confianza que nos deron os cidadáns remata o 1 de marzo e ese día hai que volver escribir, e o escribirán os galegos e as galegas: que Presidente queren, que maioría queren e como queren que funcione o país. O tren de alta velocidade é unha das infraestruturas máis agardadas polos galegos e as galegas. ¿Segue vostede apostando pola data de 2012 e, de ser así, en que se basea para apostar por esta data? Incuestionablemente, e o quero dicir con claridade, nunca vou renunciar a que Galicia teña AVE, a que o teña nese horizonte de 2012, e a mover todos os recursos que ten este país, políticos, institucionais e de forza de país, para conseguilo. Porque sabemos ben que o AVE significa un cambio no mapa do país: significa ter un transporte cómodo, fiable e o mellor ambientalmente e dende o punto de vista da
seguridade. Por tanto, un gran benestar colectivo é que Galicia supere ese illamento secular do que vimos. Eu teño o soño de que en 2012 Galicia abandone a periferia, a través da Rede, da banda ancha, e a través dos grandes medios de comunicación como o AVE. Está en marcha todo, como poden ver os cidadáns, e nos quedan 9 tramos na parte central, entre Ourense e Zamora, e para eses tramos hai orzamentos do Estado neste 2009 e hai o compromiso do presidente do Goberno de que eses 9 tramos se contraten este ano. Se conseguimos iso, e o imos conseguir, teremos neste ano todo en execución. O 2012 é un obxectivo irrenunciable e non vou dar un paso atrás. Entre tres obras doutros tantos sobranceiros escritores galegos gustaríame que contestase con cal quedaría e por que. As obras que lle presentaría son Merlín e familia de Cunqueiro, A esmorga de Eduardo Blanco Amor e La familia de Pascual Duarte, de Camilo José Cela.”
“
7 Imos conseguir que en Galicia non haxa cidadáns de primeira e de segunda ou territorios mellor situados.
Vaia problema máis fermoso no que me mete, porque son tres obras moi fermosas que demostran que a nosa literatura, tanto expresada en galego como en castelán, tivo, e ten, grandes autores. Dende Cela ou Torrente en castelán a Ferrín, Cunqueiro, Blanco Amor e tantos outros en galego, agora Manolo Rivas ou Suso de Toro.. A verdade é que sinala tres obras que son do mellor que podemos ler e recomendar á xente nova, porque son unha marabilla. Se tivera que escoller, probablemente acabaría escollendo A Esmorga. Sempre lle tiven un gran cariño. Lina de moi novo, ao pouco de chegar á universidade. Eu agardaba que escollera Merlín e familia, pero non está mal a súa elección. A obra de Cunqueiro é unha marabilla, cun mundo fantástico e máxico incrible. Ten cousas escritas que levadas á música é do que máis me ten gustado. De aí saiu a nosa música para esta campaña, interpretado por Batallán.
Un galego, profesor de universidade, con unha familia á que lle debo todo Non está vostede moi afeito a falar de Emilio. ¿Que hai detrás dese traxe de presidente da Xunta? Hai un home como calquera galego ou calquera cidadán, que naceu nunha familia normal, nunha cidade como é Pontevedra. Un fillo da emigración, coma tantas familias de Galicia. Un profesor de universidade, de Economía, que cre en Galicia, cre no país e ama ao seu país por enriba de todo. Unha persoa que ten unha familia á que lle debe todo, que está casado e que ten dous fillos e dous netos marabillosos e que aspira a renovar a confianza de todos os galegos e as galegas, dos cidadáns que me deron o maior privilexio ao que pode aspirar un que é presidir o Goberno de Galicia. ¿E cando empeza a súa relación coa política, en que momento? É difícil situar un momento. Eu creo que a miña xeración case se cría coa política. Con 14 ou 15 anos xa organizábamos en Pontevedra un cineclube, presentando Los olvidados de Buñuel e explicándolle á xente que significaba aquela película. Logo cheguei á Universidade e me metín no Sindicato Democrático de Estudantes. Queriamos cambiar o mundo, pero empezabamos pen-
sando en temas de liberdade. Para Galicia, o fundamental era ter liberdade e poder organizarnos, poder votar, poder decidir... E a partir de aí a miña vida foi transcorrendo case sen interrupción entorno a ese compromiso permanente. ¿Pensou algunha vez en ser Presidente da Xunta de Galicia? A verdade é que non. Ata que xa directamente me asomo á responsabilidade de dirixir o Partido Socialista de Galicia nun momento moi complicado. Aí si que me formulo xa o compromiso da responsabilidade de cambiar o país, pero durante a miña vida non. Eu creo que te van encamiñando os pasos pequenos que vas dando na vida. Son pasos que vas dando na vida que nunca pensas no seguinte, que non ves moi trascendentes e a vida vaite levando. Hoxe en día dise que é difícil conciliar vida laboral e familiar. ¿Como o fai o Presidente da Xunta? Fágoo mal. A verdade é que non mo piden, e nunca llo poderei agradecer, á miña muller, Esther, nin a Daniel e a Andrea, os meus fillos. A miña muller é un baluarte que me ten acompañado en cada paso. Ela é o meu principal soporte en momentos de dificultade.
8 Patricia Conde Lois, concelleira de Ames e candidata socialista ao Parlamento de Galicia
Touriño é o primeiro presidente que aposta pola mocidade Esta moza, de 25 anos, é a primeira representación amiense nunhas listas do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia coa mesma decisión e valentía con que acomete o Plan de Harmonización Económica ou a concellería de Mociadade. Esta é a primeira vez que atopamos na lista dos Socialistas de Galicia ao Parlamento Autonómico a unha representante de Ames, ¿Como valoras o feito de que a representación do concello e da comarca compostelá recaera na túa candidatura? Sen dúbida, para un concello emerxente como é o concello de Ames é moi importante o feito de que, por primeira vez, temos representación nas listas ao parlamento autonómico. En Ames, ao igual que no resto dos concellos galegos, queda moito por facer, e, polo tanto, moito que aportar para mellorar a calidade de vida dos amienses. Como muller e xoven candidata que son, ao tempo que desempeño a labor diaria de goberno municipal, represento dous colectivos fundamentais deste concello, os xóvenes e as mulleres. Resido na zona norte e rural do concello, e coñezo de primeira man cales son os principais problemas e preocupacións que teñen os habitantes que viven no rural. Formas parte dunha candidatura renovada, na que se combina mocidade e experiencia. Fálanos algo dos teus compañeiros. ¿Mantés relación, por exemplo, cos candidatos de Compostela, ou do Barbanza? Efectivamente a candidatura a conformamos candidatos e candidatas que por unha banda, foron xa protagonistas e impulsores do cambio que comezou en Galicia no 2005, e que garanten unha estabilidade no cambio. Por outra banda, hai candidatos e candidatas xóvenes e con experiencia,
Patricia Conde, de Agrón, reune en si mesma as condicións de muller, xoven e do rural, colectivos que representa en todas as ordes da vida política e persoal. Está convencida que o cambio iniciado por Touriño terá continuidade logo do 1 de marzo
que obedecen a un relevo xeracional.
te capaz de continuar co cambio iniciado.
Todos eles son compañeiros e compañeiras solventes e capaces, comprometidos coa responsabilidade que nos toca como equipo, e cos que manteño unha boa relación.
Non insistiremos en repasar toda a lista. Coñezamos algo máis sobre Patricia Conde. Por exemplo, a última película que fuches ver ao cine e o libro que estás a ler.
Ademais están os cabezas de cartel. ¿Como definirías a Mar Barcón?
El niño con el pijama de rayas logo de ler o libro de John Boyne. Neste intre, e como ven de publicarse recentemente Conversas con Emilio Pérez Touriño. Soños, proyecto, compromiso, estou a lelo nos momentos libres.
É unha muller que conta con moita experiencia política. Unha muller intelixente, dinámica e con unha capacidade de traballo impresionante, que pon ilusión en todo o que fai e que transmite enerxía positiva aos que se atopan ao seu arredor. Unha muller que loita diariamente por mellorar a calidade de vida de todos os galegos e galegas. Sen dúbida, é unha magnífica aposta de Emilio Perez Touriño para representar ao Parlamento Galego pola provincia da Coruña.
As medidas que se están establecendo intentan frear a crise para que os mozos poidan volver traballar e independizarse ¿E a Méndez Romeu? Méndez Romeu encabezou o cambio de Galicia no 2005 xunto con Emilio P. Touriño, deixando claro que existe unha nova forma de facer política dirixida dende a transparencia. É unha persoa solvente, con experiencia e, sobradamen-
¿Como levas a responsabilidade de Economía e Facenda no concello? O gran crecemento que nos últimos anos está a experimentar Ames ten o seu reflexo directo na estabilidade da área económica e, polo tanto, no continuo incremento da carga de traballo dos servizos económicos. Ao tempo de dar resposta a este crecemento a través da xestión ordinaria do día a día, estanse a dirixir esforzos de cara a conseguir o principal obxectivo que é a harmonización económica e financeira municipal que permita crear unha estructura económica sostible a longo prazo. E ademais mocidade. Un reto nun concello onde medra notablemente a poboación moza e por riba existen dous núcleos urbanos en plena expansión. Efectivamente, a mocidade representa máis dun 20% do total da poboación de Ames, polo que dende o goberno municipal é prioritario establecer políticas activas que redunden na
mellora da calidade de vida dos nosos xóvenes e, polo tanto do seu futuro. Por este motivo se están a levar a cabo iniciativas, programas de información e de dinamización xuvenil, programas de sáude, programas lúdicos e formativos... Afronto a responsabilidade desta área con moita ilusión e gañas, co obxetivo de fomentar a súa participación social en todos os ámbitos, de fomentar o asociacionis-
mo xuvenil, e de que teñan posibilidade de acceder a un asesoramento específico ou a información do seu interese, estean onde estean. Por certo, ti que cres, ¿A crise é máis crise para a mocidade?, o traballo e a independencia da familia parecen agora interrogantes máis difíciles de resolver. En xeral, a crise está a afectar a xóvenes e tamén a homes e mulleres de todas
9 Touriño é , sen dúbida, o mellor candidato para liderar a continuación do cambio as idades. Estamos a vivir unha etapa moi difícil, mais non cabe dúbida que sairemos adiante, xóvenes e non tan xóvenes. As medidas que se están a establecer dende os gobernos autonómico e central intentan frear as consecuencias desta crise para que o antes posible os xóvenes poidan volver a traballar e independizarse. ¿Que che parecen as medidas de Zapatero e Touriño? Os populares critican moito o Fondo de Inversión Local porque din que non creará emprego. Tendo en conta que estamos ante unha crise que está pasando factura a moitos países a nivel mundial, todas as iniciativas e medidas que traten de reducir os efectos deste ciclo económico son benvidas.
Touriño demostrou que existe outra forma de gobernar a través do diálogo e a transparencia
Respecto das medidas de Touriño, dicir que o goberno galego foi o primeiro en poñer en marcha medidas contra a crise, anticipándose e actuando na movilización de recursos. Foron medidas implantadas con rigor e profesionalidade, acertadas no sentido de que, a través da súa aplicación pretenden reducir o desemprego, apoiar aos sectores que máis sofren os efectos da crise, a atender aos colectivos sociais máis afectados, e, fundamentalmente transmitir confianza. A recuperación da economía será difícil , e por iso, é moi importante que todos vaiamos na mesma dirección, en lugar de sembrar división e desconfianza en todos os galegos e galegas. Estamos en campaña. E Patricia Conde é a nosa candidata. Antes de pedir o voto toca facer balance. Que cuestións destacarías das accións políticas do Goberno do Presidente Touriño que marcan a diferencia cun goberno de dereitas.
O fondo de inversión estatal dotado de 8.000 millóns de euros tivo unha resposta masiva favorable por parte de todos os concellos de España para financiar proxectos e obras que, de non ser así, non poderían ser levados a cabo polos municipios.
O goberno do noso presidente Touriño, foi e será o primeiro goberno de esquerdas na historia de Galicia que levou a cabo a transformación nos servizos sociais, na educación, na cultura, na igualdade, na dotación de infraestruturas, nas accións medioambientais, e que demostrou que existe outra forma de gobernar a través do diálogo e a transparencia.
Estas obras fomentarán a contratación de traballadores desempregados, obxectivo principal para o que foi creado o fondo e, condición primordial, tamén, para que os concellos executen os proxectos.
Destacaría o Plan estratéxico para a sociedade da información, para fomentar a igualdade na información de todos os galegos e galegas, no que xa se deron os primeiros pasos para a implantación da TDT, da
administración electrónica e do acceso á banda ancha a xóvenes -vivan no rural ou non-, a homes e mulleres e a persoas da terceira idade.
Apostouse pola mocidade, pola investigación, a innovación, por incorporar a Galicia na sociedade do coñecemento Destacaría a Lei contra a violencia de xénero, a Lei de traballo pola igualdade de homes e mulleres, así como a aposta decidida pola educación e a conciliación da vida laboral e familiar coa gratuidade dos libros de texto, coa ampliación da rede de comedores e coa concesión de máis becas a xóvenes para estudiar idiomas no estranxeiro. Apostouse decididamente polos xóvenes, pola investigación, pola innovación e o desenvolvemento de Galicia, por incorporarnos á sociedade do coñecemento, pola mellora do transporte público. O PP e Feijoo centran a súa campaña na desconfianza no bipartito.
Promete recargar Galicia. Como valoras ao candidato do PP. Como un candidato que aporta pouca credibilidade para estar ao frente dun goberno que marcará o futuro dos galegos e galegas, e que, ante a crise, xera desconfianza nos galegos no canto de aunar esforzos co goberno na loita contra a crise. Asimesmo, o actual goberno galego, dou sobradas mostras da súa estabilidade e confianza na súa capacidade de xestión. Chegou o momento da verdade. ¿Por que vas votar ti a Touriño? E, por suposto ¿Por que cres que o deberíamos votar os demais?. En primeiro lugar, porque é o “presidente de todos e contra ningúen”, como dí a campaña. Touriño iniciou o cambio pacífico de Galicia. É solvente, e aporta credibilidade na súa xestión. Sen dúbida, é o mellor candidato para liderar a continuación do cambio. Dou sobradas mostras da súa capacidade de xestión e do seu compromiso por mellorar a situación dos galegos e galegas. É o Presidente dos mozos e mozas que apostou pola mellora na educación e na calidade de vida; e é o Presidente das mulleres, que loita
pola igualdade dos homes e das mulleres. Queremos continuar a labor iniciada igualmente polo noso presidente na investigación, na educación ( con máis becas e máis formación aos xóvenes...), na sáude, en definitiva, na consecución dunha Galicia moderna e sostible. A cousa parece clara. Tanto que algúns ao mellor non van votar porque cren que está todo feito. ¿Que lles dirías? Nunca está todo feito. En Galicia empezouse a percorrer un camiño hai 4 anos gracias ao apoio de moitos galegos e galegas. O 1 de marzo toca de novo decidir se se continua este camiño, pero só se decide se exercemos o noso dereito, pois ninguén pode decidir por nós nin polo que queremos. Aínda queda moito por andar, e por avanzar. Hai que recuperar o tempo perdido, e situar a Galicia no lugar que lle corresponde, moderna e democrática. Só poderemos mellorar a calidade de vidas de todos e todas, mozos e mozas, homes e mulleres se cremos no cambio habido e na continuación do mesmo, que só será realidade, e só seremos protagonistas do mesmo acudindo o día 1 de marzo ás urnas, e votando progreso.
10 Emilio Pérez Touriño significa a recuperación da confianza e representa a segunda modernización de Galicia Mar Barcón é a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE e ocupa o primeiro posto da candidatura socialista ao Parlamento de Galicia pola provincia de A Coruña ¿Cando decide a Doutora Barcón dedicarse á política? No ano 99. Eu afilieime en 1985, pero foi en 1999 cando Paco Vázquez e Javier Losada me tiveron en conta para ir na candidatura municipal no posto número 15, sen ser un posto honorífico, xa que unha vez fora de última suplente nunhas autonómicas. Desde ese momento, desde o 99, prácticamente me dediquei en exclusiva á política. Despois de moitos anos como edíl no concello da Coruña, agora deixará a concellería de Urbanismo ¿dalle pena deixar a política municipal? Si. Porque a política municipal é onde aprendes no día a día, no que che din os veciños. É unha escola especial para a política, onde moitas veces te decatas de que cuestións que nos medios de comunicación teñen moita relevancia, non están entre as prioridades dos cidadáns. En calquera caso vouna botar moito de menos. ¿Cales son as luces e as sombras do seu tempo ao mando do urbanismo coruñés? Luces son ter conseguido na Coruña unha cidade cohesionada e compacta nos seus barrios; unha cidade cunha densidade de poboación moi alta, porque ten moi poucos quilómetros cadrados, pero que conseguiu espazos verdes, equipamentos sociais, culturais, unha rede deportiva, unha rede de museos; unha cidade que fixo un esforzo para adaptarse a pesar do elevado prezo da vivenda, froito das leis do solo do PP e da gran especulación que se viviu nas cidades españolas. Como Deputada no Parlamento Galego, ¿a aprobación de que leis che producen maior satisfación? Algunhas leis son moi simbólicas, como a de Igualdade no Traballo e a Lei contra a Violencia de Xénero, que reflicten o compromiso do Partido Socialista coa muller. Outras como a Lei de Transparencia, din moito do tipo de goberno que Emilio Pérez Touriño lidera, socialmente comprometido. Esta é unha lei que achega a administración á cidadanía e favorece a lealdade das institucións cos cidadáns. Outra lei que fala do compromiso de Emilio Pérez Touriño con Galicia é a Lei de Medidas Urxentes; unha lei que toma decisións valientes, vinculadas á protección do noso patrimonio natural, á cohesión terrirorial e que pretende que a economía non dependa exclusivamente do sector da construcción, senón que busca a diversificación. Protexemos e potenciamos o noso litoral. Cabeza de lista pola provincia da Coruña, ¿que significa para ti? É unha honra e unha responsabilidade enorme. Sempre o é; o mesmo ca a primeira vez que fun candidata. Cando un militante vai nunha lista porque os compañeiros a avalan e a dirección do partido cre que é acertado, entón é unha honra e unha responsabilidade. A partir dese momento, os cidadáns van poñer a vista nesa persoa. E neste caso, represento –xunto cos meus compañeiros- o compromiso de Emilio Pérez Touriño coa provincia da Coruña. E significa tamén moita ilusión. Aos Socialistas sempre nos gusta ir ás urnas a votar, para renovar o compromiso co benestar social e desenvolvemento do país.
¿Que significa o Goberno de Emilio Pérez Touriño para Galicia? O Goberno de Emilio Pérez Touriño significa sobretodo a recuperación da autoestima. Galicia estaba resignada a viaxar no furgón de cola de todo, de todas as ratios económicas; sempre tiña que recibir a solidariedade dos demáis. Emilio Pérez Touriño devolveu a confianza e demostrou que Galicia pode estar na vangarda, e así se viu nas infraestruturas viarias, na alta velocidade, nas infraestruturas portuarias, na sanidade, na atención social e sobre todo, nos investimentos no futuro de Galicia: investimentos para innovación, en educación, na investigación, para que Galicia sexa cada vez máis moderna. Emilio Pérez Touriño significa a recuperación da confianza e representa a segunda modernización de Galicia. ¿Cales son as maiores apostas do programa electoral do PSdeG? Estes días estánse desgranando moitas propostas, grandes liñas de actuación que se iniciaron nesta lexislatura e que este programa de goberno que presentamos ha de consolidar, continuar e profundizar. É un programa comprometido socialmente para axudar as familias, protexer as empresas, xerar emprego e completar a rede de infraestruturas de Galicia. Un programa que representa a segunda fase do cambio iniciado hai catro anos, e que terá a igualdade de todos os cidadáns e cidadás, vivan onde vivan como eixo vertebrador. Muller traballadora e nai… Mar Barcón é exemplo da aposta do Partido Socialista pola igualdade entre homes e mulleres e a conciliación da vida laboral e familiar, ¿enorgulléceche? Si. É un orgullo pertencer a un partido que leva máis de 30 anos protagonizando os avances en igualdade entre homes e mulleres. Recordo cando outros criticaban a presenza de mulleres con cotas. Con aquel 10 %, despois o 40 %, a paridade. Críticas que foron mudando de opinión e acabaron aceptando a aposta do PSOE de dar visibilidade á muller na política. Para min é unha honra pertencer ao PSdeG, o partido que formou o primeiro Goberno paritario da Xunta, e que nomeou a primeira Presidenta do Parlamento de Galicia.
11
Pérez Touriño: A mellor plantilla dun equipo non se cambia, se reforza Se presenta‘’xente nova, pero mantendo no fundamental e sustancial o equipo que deu estabilidade Touriño é un presidente prudente mesurado e capaz de tomar decisiones difíciles con firmeza después de escoitar ás distintas partes implicadas. Merece repetir como presidente porque a pasada lexislatura foi o período de maior prosperidade na historia de Galicia. Una lexislatura fructífera e plagada de éxito é o mellor aval para continuar JOSÉ LUÍS MÉNDEZ ROMEU Naceu o 24/07/1951 na Coruña. Pedagogo. Foi presidente da Orquestra Sinfónica de Galicia (1994-2004), concelleiro de Educación e Cultura (1987-2003) e de Urbanismo e Vivenda no concello da Coruña (2003-2004), secretario de Estado de Cooperación Territorial (2004-2005) e conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia dende 2005. Hai que consolidar os cambios dos últimos años e seguir avanzando. Temos aprobado cousas importantes: a ley de transparencia, a ley de protección do litoral, a da paisaxe, a de igualdade no traballo ...hay moitísimas. Agora necesitamos instrumentos e tempo para desenvolvelas BEATRIZ SESTAYO DOCE Naceu o 18/08/1969 en Ferrol. Licenciada en Dereito pola USC. Doutoramento na UDC. Secretaria da área de Liberdades Públicas da CENG do PSdeG-PSOE e membro da executiva comarcal dos socialistas de Ferrol. Deputada autonómica na VII lexislatura.
O PP desexaría que o Goberno se cruzara de brazos contra a crise, únicamente para cobrar réditos políticos; pero non é así, xa que tanto os gobernos de Touriño como Zapatero están tomando constantemente decisións contra a crise XAQUÍN FERNÁNDEZ LEICEAGA Naceu o 6/01/1961 en Noia. Doutor en CC. Económicas. Profesor Tit. do Departamento de Economía Aplicada da USC. Concelleiro en Santiago de Compostela desde 1999 a 2007. Deputado autonómico na VII Lexislatura e secretario de Política Municipal do PSdeG-PSOE.
Non debemos esquecer que antes non existía a Consellería de Traballo, da que podo dar un dato: reduciuse o paro xuvenil nun 33 por cento. Aínda que agora, aparentemente as cousas vaian moi mal, e eu non digo o contrario, este dato é importante SILVIA BELÉN FRAGA SANTOS Naceu o 21/11/1977 en Suíza. Estudante de Dereito. Concelleira en Cerceda desde 2003. Foi tenente de alcalde entre os anos 2005 e 2007. Sª de Política Institucional da CENG de Xuventudes Socialistas. Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Cerceda.
Ricardo Varela, por Lugo, Manuel Vázquez, por Ourense e o propio Emilio Pérez Touriño por Pontevedra completan os números un das candidaturas do PSdeG-PSOE. Si o cambio se interrompe Galicia perdería a oportunidade de recuperara a confianza e o futuro do pais
12 O número dous do PSOE ofreceu un mitin en Ames
BLANCO AFIRMA QUE UN VENDAVAL DE ESPÍAS SACODE AO PP Preto do medio millar de persoas, abarrotaron a montaxe que os socialistas de Ames prepararon no pabillón de Bertamiráns para recibir ao vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco. O alcalde de Ames e secretario xeral dos socialistas amienses foi o encargado de dar a benvida ao número dous socialista, que acudía acompañado de Mar Barcón, secretaria xeral do PSdeG-PSOE e cabeza de lista pola Coruña, José Luis Méndez Romeu, conselleiro da Presidencia e número dous e os candidatos Joaquín Fernádez Leiceaga, Luis Toxo e Patricia Conde, concelleira, e primeira amiense nas litas socialistas ao Parlamento de Galicia.
O que ten que saber Rajoy é que este vendaval o vai levar a el e ao Partido Popular por diante Aproveitando a presencia de membros da Xunta, Carlos Fernández repasou de xeito moi abreviado os investimentos que se teñen levado a cabo durante a lexislatura no concello que teñen influído de xeito importante na calidadade de vida da cidadanía. Así, comezou por lembrar a posta en funcionamento da Autovía Santiago- AmesBrión, o selado do vertedoiro, as infraestruturas sanitarias e educativas de nova creación, salientando o futuro instituto do Milladoiro. O vicesecretario Xeral do PSOE, José Blanco, saudou a Carlos Fernández como ao seu “vello amigo” e recordou os tempos de militancia compartida en Compostela. Blanco de
contado pasou a referirse á situación na que se atopa o Partido Popular despois da suposta trama de espionaxe na que está envolto o partido liderado por Mariano Rajoy en Madrid ou a detención de cinco persoas relacionadas co PP por supostos delitos, entre outros, de prevaricación e tráfico de influencias. Blanco concluíu que “hai un vendaval que percorre ao Partido Popular de norte a sur e de este a oeste, un vendaval de espías, de mangoneo, de paraísos fiscais, e Rajoy fuxido”. Pero, engadiu, “o que ten que saber Rajoy é que este vendaval o vai levar a el e ao Partido Popular por diante” Blanco referiuse a outro dos problemas que esta sacudindo aos populares, en concreto, ao PP de Galicia. O seu candidato á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, viuse obrigado a retirar a candidatura do seu número un por Ourense, Luis Carrera, “por non estar plenamente ao corrente coa facenda Pública”. Era unha das “fichaxes estrela” de Feijóo para a campaña electoral galega, lembrou Blanco.
Os socialistas traballamos pola igualdade, a xustiza e a solidariedade porque forma parte da nosa identidade “Fejióo ten que dar a cara e non comportarse como un caimán” Blanco expresou ao respecto que “descubrimos cal era a receita de Núñez Feijóo para saír da crise”. A receita “era poñer á fronte da economía de Galicia a unha persoa que serviría
de exemplo para todos”, ironizou. A súa receita era “sacar o diñeiro de Galicia e envialo a paraísos fiscais”, en alusión a que o problema con Facenda de Carreira está relacionado cun banco localizado nun “galiñeiro fiscal”.
Feijóo ten que dar a cara e non comportarse como un caimán, ten que dar explicacións Entre os detidos referidos o venres atópase Pablo Crespo, quen foi secretario de Organización no PP galego. Crespo, sinalou Blanco, “era colaborador de Feijóo cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial e agora Feijóo di que non o coñece”, denunciou o dirixente socialista. “Era o seu colaborador ao tempo que facía negocios”, apuntou. Xa que logo, Feijóo ten que “dar a cara e non comportarse como un caimán, ten que dar explicacións”. Para Blanco, se Crespo era colaborador seu e fixo “moitos negocios con administracións do PP en Galicia”, os galegos merécense todas as explicacións necesarias para que non faia dúbidas sobre o candidato do PP á Presidencia da Xunta.
Fernández e Blanco recordaron vellos tempos
Alcaldes socialistas da comarca de Compostela no mitin
No seu discurso, comentou que os socialistas “traballamos pola igualdade, a xustiza e a solidariedade porque forma parte da nosa identidade”. O vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, puxo como exemplo medidas do Goberno de Emilio Pérez Touriño como a gratuidade dos libros de texto ou a exención de taxas de matrícula na universidade para os fillos de desempregados.
Blanco, flanqueado polos candidatos Barcón e Leiceaga
13 Vamos a cumplir con nuestros compromisos para que a esta tierra llegue la alta velocidad
Zapatero: Galicia está en buenas manos: las de Emilio Pérez Touriño O secretario xeral do PSOE e Presidente do Go- “Cuanto ha mejorado Galicia: ya no hay caciques, berno dixo que “Touriño es el presidente que hay políticos elegidos por los ciudadanos, necesita Galicia” reponsables”
O Secretario Xeral do PSOE e Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, participou esta mañá nun mitin de precampaña electoral no Pavillón dos Deportes de Lugo ante un auditorio de máis de 5.000 persoas.
Volverás ter o apoio de todos os galegos e as galegas, Emilio , porque o fixeches ben O líder dos socialistas comezou a súa intervención afirmando que “siempre vengo contento a Lugo, tengo aquí buenos amigos, muy buenos amigos, grandes compañeros como Pepe Blanco y además me siento muy orgulloso de estar en la ciudad cuyo ayuntamiento dedica más recursos a la política social”. Zapatero apuntou que Galicia é unha terra “entrañable, viva” e que está en “buenas manos: las de Emilio Pérez Touriño”. De quen dixo “ha demostrado una vez más su estilo de concordia y su preocupación por los temas sociales y por el empleo de Galicia”. Referíndose a súa intervención no mitin comentou “no ha subido a dividir sino
a unir y ese es el Presidente que necesita Galicia”. Zapatero referiuse tamén a outro cambio, o da educación. Considerou que “ahora nuestros jóvenes van a aprender lo que es de todos lo que representa la democracia, el respeto a los valores humanos y la tolerancia gracias a la Educación por la Ciudadanía. E lamentou que Rajoy “sea el único dirigente de un partido en la Unión Europea” que se opone a que se imparta esta asignatura. Lembrou que “se han opuesto a todas la leyes de avance democrático y de igualdad”. E fixo fincapé na Ley de Igualdade entre Homes e Mulleres e en medidas como a ampliación do permiso de paternidade ou a loita pola igualdade de salario entre homes e mulleres. Zapatero amosou o seu desexo de que os populares “se atrevan” a dar as súas receitas contra a crise económica, que aclarou pasarían por “recortar salarios, recortar pensiones, hacer el despido más fácil y recortar becas y servicios públicos”. Pola contra, anunciou que o seu goberno fortalecerá o gasto por desemprego, incrementará un 30% as pensións mínimas e aumentarán as becas para os universitarios. Preguntouse se cando a dereita quere reducir gastos
fala da alta velocidade. E explicou “nosotros hemos triplicado la inversión en alta velocidad a Galicia en relación con el PP y no la vamos a reducir, vamos a cumplir con nuestros compromisos para que a esta tierra llegue la alta velocidad”. Sinalou que a súa axenda política consiste en “mejorar los servicios sociales, ayudar a las familias con más dificultades, hacer que exista cada vez más bienestar y apoyar a los que no tienen empleo o lo pueden perder”.
Touriño demostrou unha vez mais o seu estilo de concordia e a súa preocupación polos temas sociais e o emprego en Galicia Para elo expresou que o Goberno traballa “moi duro” e pediu a colaboración de traballadores e empresarios, das comunidades autónomas e dos concellos, e tamén dos bancos: “este no es un momento de grandes beneficios sino de respaldar a las familias”.Segundo Zapatero “sería bueno que el PP dedicara otro tiempo
para sus luchas internas y ahora se esforzara en ayudar a España a salir de esta crisis económica”.Con sus lecciones de pesismismo, continuou “olvidan las fortalezas que tiene España, como que vamos a ser en 2010 el país del mundo con más quilómetros de alta velocidad y el país de Europa con más quilómetros de autovía”. Ademais, como “ya ha recordado el presidente Obama”, afirmou “somos el país líder en energías renovables y eso es futuro”. O líder dos socialistas insistiu en que “hemos hecho un gran esfuerzo, también lo ha hecho la Xunta, para poner el talento y la investigación al servicio de la economía” e asegurou que “tenemos la generación de jóvenes mejor formada de la historia”. Para rematar amosou o seu convencemento de que Emilio Pérez Touriño volverá a ter o apoio de tódolos galegos porque “lo has hecho bien”, trasmitiulle. “Cuanto ha mejorado Galicia: ya no hay caciques, hay políticos elegidos por los ciudadanos, reponsables”, aseverou. Zapatero apuntou que a dereita “quiere que la gente no vaya a votar, denigrando la política y lo público” pero dixo que “ no lo harán, irán a votar masivamente para continuar el cambio”.
O 1 de marzo decidimos entre progreso e igualdade ou caciquismo O presidente do Goberno falou dunha Galicia “que está resistiendo con fuerza la crisis económica y con una perspectiva de futuro y de recuperación sólida. Por iso felicitou ao presidente Touriño e recalcou o seu “esfuerzo para proteger el litoral del abuso urbanístico y del dinero fácil y rápido con una lei que ha sido una garantía para aguantar mejor la crisis y una visión inteligente y de futuro”. Referiuse ao vindeiro 1 de marzo como o día no que tódolos galegos terán a oportunidade de decidirse polo progreso, a igualdade, a solidariedade ou por un proxecto que só cre no caciquismo na solución de problemas nos seus despachos e coas súas crises. E puxo como exemplo destes dous modelos contrapostos a xestión da televisión pública. Aseverou que agora temos unha televisión á que van os cidadáns a preguntar libremente ao presidente do Goberno, mentres que antes “no entraba nadie en ella, ni cuidadanos ni políticos, porque sólo la utilizaban para intoxicar, como en Galicia con la crisis del Prestige”.
14 NA PRIMEIRA ETAPA DO CAMBIO... NA SEGUNDA ETAPA DO CAMBIO... 1. Conseguiremos que en 2013 a renda media dos galegos sexa igual a da Unión Europea.
1. A economía creceu máis ca do resto de España e a renda dos galegos aumentou en 4.000 euros. 2. Reduciuse o paro e asináronse cen mil contratos indefinidos máis que co goberno do PP.
2. Faremos un investimento público de máis de 6.000 millóns para compensar a caída de actividade privada. 3. Manteremos a taxa de paro dous puntos por baixo da media de España.
3. Grazas ao 4. Creáronse diálogo social 20.000 novas tivemos o empresas. período con menos folgas de toda a historia.
4. Lograremos que o 75% dos postos de traballo sexan estables.
5. Galicia aumentou as súas exportacións nun 50%.
5. Gratis os empastes e as endodoncias ata os 18. Ampliaremos a gratuidade das próteses dentais para os maiores. 6. Dedicamos máis de mil millóns de euros a investigación e desenvolvemento tecnolóxico.
7. As listas de espera da sanidade pública reducíronse á metade.
8. Miles de mo- 10. Todos os zos e mozas libros de texto viaxaron ao es- son gratuítos. tranxeiro para aprender inglés con axudas da xunta.
9. Todos os nenos e nenas de Galicia teñen un acompañante no seu transporte escolar.
6. Triplicaremos o apoio financeiro ás empresas especialmente ás pemes para crear postos de traballo. 7. Faremos posible que tódalas operacións se realicen en menos de 50 días. 8. Tódolos centros
9. Crearemos 10.000 prazas máis en escolas infantís.
educativos ensina-
rán inglés desde os 3 anos. Amo-
11. Duplicáronse as prazas de educación infantil para nenos menores de tres anos. 13. Construímos máis e mellores autovías e vías de alta capacidade, todas elas sen peaxe.
12. Creamos unha
cidade rematará o ensino obrigatorio sabendo tres idomas.
10. Prestaremos axuda e asistencia a 50.000 persoas dependentes, creando 15.000 postos de traballo.
rede de centros de día para aten-
der aos maiores, e case 20.000 persoas se benefician xa das axudas da Lei de Dependencia.
11. Tomaremos medidas para que ningunha muller gane menos ca un home polo mesmo traballo.
14. Conseguiuse preservar a costa galega coa lei que impide construír a 500 metros do mar.
12. Favoreceremos a flexibilidade de horarios de traballo para facilitar a conciliación.
13. Tódolos pobos estarán a menos de 30 min. dunha vía de alta capacidade. O AVE
chegará na data prevista (2012) 15. Impulsamos un novo Estatuto de autonomía de Galicia, que bloqueou o PP.
14. Poremos en marcha un plan
de acción contra o cambio climático e impulsaremos enerxías limpas e renovables.
15. Impulsaremos
un novo estatuto de autonomía para Galicia co fin de alcanzar o máximo nivel de autogoberno.
15 Un presidente comprometido cos concellos Por Carlos Fernández Estes catro anos foron decisivos para o desenvolvemento de Galicia, e, polo tanto para os seus concellos, que atoparon no Goberno da Xunta e no seu presidente un firme aliado. A vocación municipalista de Emilio Pérez Touriño e o compromiso socialista cos concellos, como administración máis achegada aos cidadáns, permitiu, por primeira vez, a sinatura do Pacto Local de Galicia, un documento ata agora sen parangón no conxunto do Estado. O desenvolvemento deste Pacto Local serviu para potenciar as relacións entre as administración, clarexar os límites das competencias e aproveitar mellor os recursos de ambas administracións en benficio dos cidadáns, mediante o refrozamento da autonomía local e o incremento da suficiencia financeira das entidades locais. Os acordos previstos na folla de ruta do Pacto Local, prácticamente desenvolvido na súa totalidade durante a lexislatura que agora remata, permitiu dotar aos concellos de maior autonomía nos seus recursos ao incrementarse substancialmente a participación dos municipios nos ingresos da Comunidade Autónoma, o Fondo de Cooperación Local. Puntualmente, o desenvolvemento do pacto desafogou moitas economías municipais ao asumir a Xunta gastos en materia de Educación e Sanidade, unha reivindicación histórica do munipalismo galego. O Goberno de Touriño ten ampliado a autonomía financeira dos concellos. Esto significa, que, no día a día, os alcaldes e as corporacións podemos destinar maiores recursos aos servizos e necesidades específicas de cada un dos O gráfico mostra a favorable evolución da participación municipal no Fondo de Cooperación Local nosos municipios. Contar con maiores fondos non finalistas, que chegan ata o 30% dos recursos recibidos da Xunta, se traduce, propiamente dito, en vías, parques, servizos sociais, alumeados, melloras medioambientais... e demáis servizos, segundo a demanda de cada realidade municipal. Os concellos tamén incrementaron a súa presencia en organismos e institucións, por exemplo en Sogama ou na Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística. En definitiva, nestes tres anos os concellos acadaron un maior peso específico nas relacións entre as administración e desenvolveu novos cauces de diálogo e colaboración institucional. Contar cun compromiso tan decidido co municipalismo foi moi importante en tempos de bonanza económica, pero mais o será en tempos de crise. As iniciativas do Estado e da Xunta volven a precisar dos concellos para un desenvolvemento eficaz a nivel cidadán. Por esta razón creo que resulta decisivo para poder facer fronte aos retos do desemprego e a desaceleración da economía unha persoa ao fronte do Goberno da Xunta comprometido co diálogo e a cooperación institucional, esa persoa é Emilio Pérez Touriño. Coa confianza das galegas e galegos, expresada en votos o 1 de marzo, Touriño será presidente. E teño o convencemento de que asinaremos o Pacto Local II, que ampliará notablemente os cauces de cooperación entrea as administracións que se teñen aberto ao longo desta lexislatura.
16
1º Trimestre 2009
BOLETÍN INFORMATIVO DA AGRUPACIÓN LOCAL DO PSdeG-PSOE DE AMES. 1º Trimestre 2009. DIRECTORA: Isabel González Cancela
MAQUETACIÓN: EGAMO FOTOGRAFÍA: Gus REDACCIÓN: Agrupación Local do PSdG-PSOE de Ames.
IMPRIME: Celta-Artes Gráficas D.L: C-369-2000 DISTRIBUCIÓN: Directa e gratuita