OS NOSOS CONTOS

Page 1

Relatos sobre os valores a traves DO DEPORTE


(Sara Caselles, 4º) Valor: ESFORZO

Nunha clase de 5º de primaria dun colexio chamado Emilia Pardo Bazán, todos os componentes desa clase esforzábanse moito no deporte. Bueno, todos non… Vanesa e Vitoria non se esforzaban absolutamente nada. Ao mestre de Educación Física deixábano (só elas dúas) totalmente exasperado ao remate da clase. Un día o mestre dixo: - Nenos e nenas, tedes que escoller un tema para facer un traballo que logo enviaremos á Xunta. Eles escollerán os mellares traballos de cada colexio de Galicia. De seguida se oíron as voces dos alumnos dicir: - Eu traballarei sobre o squash! - Pois eu sobre o baloncesto! - Eu quero facelo sobre a patinaxe! - E eu sobre o fútbol! Así ata que todos os nenos e nenas escolleron un deporte. Cando fixeron os traballos enviáronos á Xunta, pero non foron os mellores. Ao ano seguinte volveron participar e os seus traballos foron os mellores!! O Presidente da Xunta foi visitalos e díxolles: - Como vos esforzáchedes tanto no traballo gañáchedes!! Agora teredes que facer unhas probas para saber como sodes nese deporte elixido por cada un de vós. Farase outro concurso sobre iso. Todos os nenos se entusiasmaron. Esforzáronse moito e melloraron moistísimo. Pero ese esforzo mereceu a pena, estiveron xeniais!!! 2


Dende ent贸n nunca deixan de facer o esforzo de mellorar en calquera cousa que fan. Ata Vanesa e Vitoria traballaron e traballaron. E o profe non remataba exasperado ao final da clase!

3


(Rafael Rodríguez, 4º) Valor: SUPERACIÓN

Había unha vez un rapaz chamado Alberto que desexaba ser rápido, pero ao que non lle gustaba adestrar. Certo día, un amigo lle dixo: -Mira como corro! Se o que queres e chegar a ser mais rápido ca calquera, incluso ca min, terás que adestrar moitísimo! -Moi ben, pois logo adestrarei a tope e farei todo o que poida!

Co tempo, Alberto conseguiu correr tan rápido coma o seu amigo George. Gañaba a todo o que quería competir con el, e batía os seus propios rexistros. Chegou a correr “a toda pastilla”, sen control.

Sabedes? Como adestraba moito conseguiu que ninguén lle gañase en ningún deporte, e o que é aínda mellor; pasados un anos xogou nun equipo e, grazas ao esforzo de todos gañaron a copa!!

4


5


(Lucía Omil, 5º) Valor: ESFORZO

Xavier tiña 12 anos e encantáballe correr. Pasaba o día dun lado para outro; incluso, as veces, chegaba tarde a escola para correr aínda mais rápido. Pensaba que iso o motivaría todavía mais. Pero Xavier non corría en carreiras profesionais a pesares de querer facelo, porque a súa nai non lle deixaba. Seu pai morrera había 8 anos nunha carreira internacional por correr demasiado sen saber cal era o seu límite. Un día Xavier saía das clases cando viu a un home repartindo uns folletos onde poñía”CARREIRA, corre para ser o mellor!” Xavier apuntouse rápidamente grazas a que era anónima. Custoulle moito saír da casa ese día, pois a súa nai enterouse da carreira. Ao chegar pedíronlle a folla de participación, pero esquecéraa na casa. Nese intre, unha man misteriosa púxolle diante a folla e, pronto aquela man deixou ver o seu rostro: era a súa nai! - Por que me mentiches? Eu quería que non correses porque teu pai non morreu por non coñecer os seus límites, senón porque se dopou. Xavier sabía que doparse consistía en tomar substancias prohibidas para aumentar o rendemento físico. Aquela noticia era terrible!!! Seu pai morrera dunha sobredose! 6


Pensou en saír correndo Dalí nese intre, pero decatouse que lle tiña algo que demostrar a seu pai!! Ao comezar a carreira Xavier tiña moita enerxía, pero eran 12 Km. os que tiña que percorrer. Os primeiros 6 custáronlle pouco, pero aos 9 estaba valdado e quería abandoar. De súpetolembrou que lle tiña algo que demostrar a seu pai e correu con tanta enerxía que deixou aos seus contrincantes atrás en menos dun minuto!! Súa nai abrazouno nada mais cruzar a liña de meta, e Xavier lle dixo: - Papá fixo mal en tomar esas substancias, pero acábolle de demostrar que con esforzo todo se pode conseguir!!

7


(Ana Peón, 4º) Valor: INTEGRACIÓN

Había unha vez un neno chamado Felipe, ao que lle gustaban os deportes e as actividades en xeral. Felipe viaxaba moito por culpa do traballo de seus pais, que sempre ían dun lado para outro. Cando se anotaba a natación ninguén quería xogar nin falar con el. Decidiu entón apuntarse a clases de pintura, pero tampouco ninguén se dirixía cara el nin lle falaban. Probou sorte coa patinaxe e a bádminton, que eran o mesmo día e co mesmo grupo. Só eran seis nenos, e ao ver a Felipe alegráronse tanto, que de seguida lle ensinaron técnicas moi guais! Despois dun anos Felipe tivo que marchar a outro colexio. Todos quedaron moi tristes coa noticia, pero Felipe díxolles que sempre seguiría con eles nos seus corazóns.

8


(Ainhoa, 4º) Valor: AUTOESTIMA

Érase unha vez, nun lugar moi afastado do mundo, nun pobo moi raro chamado Sport’s City; un neno xogaba ao bádminton. Practicaba e practicaba… pero non lle saía o saque. Contoullo a seus pais, pero non lle crían. - Se non podes xogar ao bádminton - ameazou súa nai- non xogarás a nada! - Pero eu practico e practico e non me sae – laiouse Óscar – é o único deporte que me gusta e nunca poderes xogar ben!!! - Xa está ben! – dixo o pai anoxado – Calade! Óscar, mañá pola tarde practicarei contigo. Ao día seguinte Óscar foi a escola moi contento pero non lle durou moito. Hoxe ten deporte e toca practicar… BÁDMINTON!!! Se o mestre se entera de que non sabe suspenderá todas!! - Xurxo e Deisy contra Yolanda e Ricardo! – Dixo o mestre – Saca Yolanda, preparados? Xa! Óscar está nervoso, sabe que o profesor lle mandará sacar a el. Entón achégaselle e dille: - Profe, non me sae o saque. Meu pai practicará conmigo, parécelle ben? 9


- Claro! Practicando sempre consegues o que queres! - Grazas – respostou Óscar.

Xa de tarde, Óscar está a practicar co seu pai. Tócalle sacar a el e… - Conseguino!!! Que ben me saiu!! - Parabéns, por fin tes un pouco de autoestima! - Que é a autoestima? – preguntoulle Óscar a seu pai. - É algo que nace da convicción de que somos necesarios. Dende ese intre, Óscar non esqueceu que debía de valorarse mais a sí mesmo.

10


(Diego González, 6º) Valores: INTEGRACIÓN e ESFORZO

Un día pola tarde, chegou un neno novo ao equipo de fútbol da escola. Os demais miraron para el e botáronse a rir porque era negro.

O adestrador fíxolle unhas probas e el pasounas sen maiores complicacións. Fran e mais Alberto foron xunto el e preguntáronlle como se chamaba. El non lles contestou. Logo diso, Fran e Berto dixéronlle que se esforzase en facer amigos porque os precisaría. E ao dicirllo marcharon.

Ao día seguinte o neno díxolles a Fran e Berto o seu Nome: chamábase Roi. Roi esforzouse moito e conseguiu gañar o respecto de todos os nenos do equipo. Ao final, gañaron ese ano a liga e a copa. Todo iso foi posible grazas ao traballo en equipo.

11


(Carla Pérez, 6º) Valor: TOLERANCIA

Érase unha vez un neno que non respectaba as opinións dos demais nenos e nenas da súa clase. Todos eles se queixaban ao profesor das súas actitudes. O Mestre dixo que tomaría algunhas medidas drásticas…

Cando ese alumno non asistiu a clase porque tiña que ir ao médico, todos os seus compañeiros puxéronse a pensar nas medidas que ían tomar. Pensaron e pensaron e houbo unha idea bastante boa… A idea procedía dunha íntima amiga do rapaz, que sabía todo o que lle molestaba. Dixo que unha das que mais o alporizaba, era que lle fixesen o mesmo a el. Ao seguinte día da escola, cando lle tocabaEducación Física, todos os nenos lle decían continuamente que se fose dalí e que non facía nada ben as tarefas que mandaba o mestre.

Tal foi o enfado do neno que non pensaba noutra cousa que dicirllo ao profesor. Logo de queixarse, todos lle explicaron que fora unha estrategia para vengarse dos seus actos, porque estaban fartos da súa actitude e falta de respecto aos demais. 12


Dende ese dĂ­a, non se volveu meter cos seus compaĂąeiros e compaĂąeiras nunca mais.

13


(Iago Portela, 5º) Valor: NON VIOLENCIA

Había unha vez un neno que xogaba ao rugby e era moi bruto.

enfadábase moito mais e aínda pegaba

con

mais

forza.

Cando se anoxaba, pegáballe a todo o mundo. Non era moi bo estudante, normalmente nos exames sacaba uns ceros moi redonditos. Entón

Os mestres do colexio non sabían que facer con el: estaba castigado todo o curso sen recreo facendo o dobre de deberes caos demais! Este neno vivía nunha casa semiderruída e seus pais non traballaban. Eran moi pobres. El seguía a pegarlle a todos ata que un día calquera, pasou algo moi, pero que moi raro… mentres durmía un mago lle botou un meigallo “terrible”: Non podería pegar xamais a ningunha persoa e, de intentalo, o seu corpo se descontrolaría totalmente e comezaría a falar con esa persoa. Así arranxarían o problema!

14


O neno desta historia tentou de buscar o remedio a tan poderoso feitizo: atopar ao mago! Ao final toleou de tal xeito que, pensando que estaba a carón do mago, púxose a falar cunha palmeira. Estivo así preto de 30 minutos!!! Ata que se decatou de que era unha palmeira e non un mago. E tivo que vivir con esa “maldición” o toda a súa vida!

15


(Juan Omil, 6º) Valor: IGUALDADE

A nosa historia comeza no instituto Watson. É un día tranquilo, pero hoxe chegará un alumno novo que cambiará o instituto… O seu nome é Peter, e a súa pel é de cor negra. Ao chegar, a xente comeza a miralo mal, de arriba cara abaixo. El séntese incómodo. Na clase, os seus compañeiros non paran de meterse e mofarse del, mais a el non lle importa pois o que quere é apuntarse ao equipo de fútbol. Nada mais rematar as clases, Peter vai directamente a inscribirse no equipo. Pasan os días e por fin chega o día do seu primeiro adestramento. Os rapaces do equipo recíbeno con eloxios e animacións. Todos menos un, o capitán do equipo: Joe. Joe pensa que un neno negro non pode xogar ben ao fútbol! No primeiro partido Peter xoga de dianteiro con Joe. Comeza o partido marcando Peter un gol, mais a Joe non lle gusta que laguen que non sexa el anote os goles, e menos Peter! Pasada a metade do partido Joe comeza a roubarlle o balón a Peter para converterse de novo na estrela do equipo. Ao rematar o partido o instituto Watson perdeu por 4-1. Xusto ao remate do partido Peter diríxese cara Joe e dille:

16


- Joe! Ti e mais eu somos iguais! Non te decatas que xogando ao fútbol non importa a cor da pel e que o importante e xogar sen distincións? Dúas semanas despois, o instituto Watson enfrontábase ao Cyrius. Ao pouco de comezar o partido Peter perde un balón preto da portería e o Cyrius adiántase no marcador. Peter séntese decepcionado consigo mesmo. Nese intre Joe achégase a el e dille: - Non te preocupes Peter! Tiñas razón, todos somos iguais. Os dous somos bos xogadores e ímolo demostrar! Gañaremos este partido!! Peter e Joe comezaron a xogar xuntos, pasándose o balón e marcando goles. Ao rematar o resultado foi de 2-1 para o instituto Watson. Joe a Peter abrázanse e din os dous á vez: - Somos iguais e xuntos conseguímolo!!

17


(Yasmín Santos , 5º) Valor: TRABALLO EN EQUIPO

Nun lonxano pobo vivía unha familia: Carlos (un neno de 11 anos), a súa irmá pequena de 5 anos Ainoa, seu pai Xoán e maila súa nai Ánxela.

Un día esta familia tívose que mudar e os nenos cambiaron de colexio, debido a razóns de traballo de seu pai.

Quen peor se adaptou a este cambio foi Carlos, o neno de 11 anos. Pero sobre todo ao que peor se adaptou foi ao colexio. Só fixera un amigo que se chamaba Lino. O maior problema que tiña Carlos era que cada vez que xogaba no patio a algo, non xogaba en equipo, facíao individualmente: se xogaban a polis e cacos non resacataba aos ladróns e só se ocupaba de que non o pillaran, se xogaban ao fútbol non lle pasaba a pelota a ninguén do seu equipo… e o mesmo en moitos outros xogos e deportes!!!

Chegou un momento en que ninguén lle falaba, nin sequera o seu amigo Lino! Lino decidiu falar con el e explicarlle a situación. Ao día seguinte decidiuse a pedir disculpas a todos por non saber traballar en equipo. Os 18


demais déronlle outra oportunidade e foron xogar ao brilé. Dende entón pasárono xenial xogando todos xuntos e traballando en equipo!

19


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.