Memoria 2012 de la delegación de Galicia

Page 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2012 DELEGACIÓN DE GALICIA


SUMARIO

1

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

2

SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE

En Acción pola Igualdade

Campaña Mundial pola Educación

4

VOLUNTARIADO

5

COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Proxectos aprobados en Galicia 2012

8

AGRADECEMENTOS

Fotografía de cuberta: Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILLS) – Nicaragua AeA · Nª Rexistro Ministerio Asuntos Sociais: 28-1109. · Imprenta: Advantia Comunicación Gráfica S.A. · Deseño: www.velckroartwork.com


SALVA CAMPILLO / AeA

Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILLS) / Nicaragua

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

Coordinación e Relacións Institucionais María José Tejera Pereiras mjtejera@ayudaenaccion.org Cofinanciación e Educación para o desenvolvemento Ana María García Fernández agarcia@ayudaenaccion.org Delegación Galicia Axuda en Acción Santa Catalina, 16-18-20, 1ºD 15003 A Coruña Tel.: +34 981 13 37 37 Móvil: +34 686 411 239 www.ayudaenaccion.org

Axuda en Acción é unha organización española de cooperación ao desenvolvemento independente, apartidista e aconfesional, que traballa para impulsar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza. Con esta finalidade, dende 1981 traballamos para mellorar as condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas mediante programas de desenvolvemento autosostibles e campañas de sensibilización e incidencia política. Comezamos o noso traballo en favor das persoas do Sur en 1981. Hoxe en día, con unha media de 130.000 persoas colaboradoras, somos unha das principais organizacións non gobernamentais españolas dedicadas á cooperación internacional. Para lograr mellorar as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas e rematar coa pobreza, impulsamos programas de desenvolvemento integral a longo prazo que implican actuacións en educación, saúde, infraestruturas, iniciativas económicas, financeiras, seguridade alimentaria e construción de cidadanía. Actualmente, estamos presentes en 22 países de tres continentes. En América, traballamos en Bolivia, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Perú, Colombia, Haití e Paraguai. En África, os nosos proxectos localízanse en Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, Uganda e Guinea Ecuatorial. En Asia, a nosa actividade concéntrase na India, Nepal, Paquistán, Bangladesh e Vietnam. 1

En todas estas zonas identificamos espazos de intervención onde, xunto coas comunidades, traballamos a longo prazo en proxectos que duran de dez a quince anos, tratando de atallar as causas estruturais da pobreza e apoiando o fortalecemento dos vínculos e a solidariedade comunitaria. Así mesmo, realizamos labores de asistencia técnica e económica en situacións de emerxencia, motivadas por unha catástrofe natural, un conflito bélico ou calquera outro desastre humanitario, que teñan que afrontar as poboacións das devanditas zonas. En Galicia, promovemos campañas de Educación Para o Desenvolmento e de Sensibilización para achegar a realidade dos países do sur á opinión pública galega. Para iso, participamos en foros de debate, grupos de traballo de Solidariedade, como a Coordinadora Galega de ONGD e achegámonos aos medios de comunicación. A divulgación do noso labor e a busca de novas persoas ou entidades colaboradoras e recursos materiais que melloren a calidade de vida das persoas que menos teñen, tamén son parte dos nosos fins en Galicia. Contamos cun sólido equipo profesional comprometido na construción dun mundo máis xusto e coa colaboración de máis de 30 voluntarias e voluntarios que, de forma desinteresada, traballan en tarefas solidarias en todas as cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?


sensibilización da sociedade

AeA Galicia

AeA Galicia

Axuda en Acción considera fundamental para levar a cabo a misión da Fundación, trasladar ao espazo público o noso traballo, e sumar persoas e colectivos na loita contra a desigualdade.

Encuentro en Nicaragua. En Acción pola Igualdade.

En Acción pola Igualdade, CEIP María Pita.

O ano 2012 foi o ano de peche da nosa campaña En Acción pola Igualdade, campaña levada a cabo en consorcio coa Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña e cofinanciada pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Esta campaña tiña como colaboradores especiais ao Concello de Xermade, onde, xunto coa Coruña e Ferrol, se levaron a cabo a maioría das actividades, e o Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILLS), Nicaragua, vello coñecido desta delegación de Axuda en Acción.

charlas, ademais da presentación da sistematización, realizouse a Revista Oral “O papel das mulleres rurais”, para a visibilización da importancia do traballo das mulleres rurais e o recoñecemento da súa labor en profesións tradicionalmente masculinizadas. O verán tamén foi o momento no que o profesorado da UDC viaxou a Nicaragua para formarse e devolver os coñecementos adquiridos ao alumnado da UDC, coincidindo coa presenza de Haydeé no outono.

• A loita polos dereitos das mulleres en situacións de violencia como os conflitos armados. Curso organizado tamén en colaboración coa OCV da UDC e que ademáis da perspectiva da loita revolucionaria de Nicaragua coa presenza de Meyling e Karla, contou coa ponencia de Miriam Alia, de Médicos Sen Fronteiras. Ademáis, en Xermade tamén poidemos contar coa presenza de Aurora Marco e Pablo Ces, autores do documental “As Silenciadas” sobre o papel das mulleres galegas na guerra civil española.

Nas datas cercanas ao 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, acercámonos ao alumnado galego de Santiago, Ferrol ou A Coruña (Pontepedriña, Sofía Casanova, Urbano Lugrís ou María Pita) para traballar no eido da Educación para o Desenvolvemento coa loita pola igualdade como premisa última.

A loita contra a violencia cara as mulleres centrou a nosa atención no final de ano. Traballámola dende dúas perspectivas:

En Acción pola Igualdade

Nos meses de verán levamos a cabo a sistematización de experiencias “A importancia da inclusión da perspectiva de xénero dende os proxectos de cooperación” que recolle todo o traballo levado a cabo por Axuda en Acción e o ILLS na loita pola igualdade dende 1995 e que contou coa colaboración do Programa de Coñecemento da Realidade da OCV da UDC, que becou a unha das súas estudantes, Lidia Fernández, para colaborar neste proxecto. Presentouse nos meses de outubro e novembro contando coa presenza de Haydeé Castillo, directora do ILLS. Nestas SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE

• A loita contra a violencia de xénero, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de xénero. Contamos coa presenza de Meyling Aguiar e Karla Padilla, do ILLS, que nos formaron nesta temática en talleres prácticos de convivencia que tiveron lugar en Xermade e en As Pontes, en videoforum como o de Maceda ou a volta aos centros educativos, como o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Xuntas tamén nos concentramos ou camiñamos contra a violencia en Xermade! Ademais, Meyling e Karla participaron do curso formativo “En Acción contra a violencia” organizado na UDC e que tivo lugar na Facultade de Socioloxía, coa colaboración da OCV. 2

Non nos podemos olvidar da importancia que ten o tratamento da imaxe das mulleres ou a utilización dunha linguaxe sexista nos medios de comunicación. Para elo, Haydeé Castillo na súa visita á Galicia mantivo un almorzo de traballo con diferentes representantes dos medios de comunicación galegos para abordar esta perspectiva de traballo. Para finalizar, as nosas actividades o tradicional encontro de voluntariado de Axuda en Acción tivo lugar o 24 de novembro, contando co voluntariado principalmente da cidade da Coruña e coas invitadas de excepción, Karla e Meyling.


AeA Galicia

Campaña Mundial pola Educación en IES Rosalía de Castro.

A Campaña Mundial pola Educación (CME), a través do seu equipo territorial en Galicia, do que Axuda en Acción forma parte dende un inicio, liderou dende o ano 2003 a mobilización da sociedade galega a favor do dereito á educación para todas as persoas. No ano 2012 participamos na SAME máis de 50 centros educativos e máis de 3.000 alumnas e alumnos e 9 representantes políticos das distintas administracións. A Coruña, Santiago, Tui, Viana do Bolo e Vigo, movilizáronse para que entre todas e todos construísemos a GRANDE IMAXE GALEGA, esixindo aos representantes políticos das diferentes cidades unha Educación de Calidade e Gratuíta para todas as nenas e nenos do mundo. Outro dos obxectivos fundamentais da CME constitúeo o seguimento das políticas públicas de cooperación no sector da educación e a formulación de propostas e recomendacións. Nesa liña a CME en Galicia presentou o estudo “AOD en educación en Galicia: unha análise da cooperación galega 2006-2010” ao Director Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo. O estudo, primeira análise sectorial da cooperación galega

tanto no nivel autonómico como local, demostra a existencia de oportunidades para mellorar o conxunto da cooperación galega no sector educación e realiza propostas para un mellor e maior compromiso das administracións públicas galegas co dereito á educación para todas as persoas. Na localidade ourensana de Viana do Bolo (Ourense), 150 persoas, entre elas alumnos e alumnas, pais e nais, profesorado e persoal non docente do IES Carlos Casares de Viana do Bolo e a Fundación Preescolar na casa, reclamaron un ensino universal e de calidade para os máis de 61 millóns de nenos e nenas que non teñen acceso a educación no mundo. A experiencia serviu para reflexionar sobre a importancia da educación temperá no desenvolvemento persoal e para facer fincapé no dereito á educación e á atención na primeira infancia (AEPI). O alumnado do IES, que traballou a campaña con anterioridade, uníronse aportando as súas fotos e pensamentos sobre a importancia da educación nos primeiros anos.

moitos millóns de persoas en países do Sur que levan con ”recortes estructurais permanentes” o seu dereito a unha educación dunha mínima calidade. É de destacar a participación nese acto e a adhesión á SAME da Fundación Preescolar na casa, entidade pioneira na atención educativa á infancia 0-6 galega (especialmente a infancia menos favorecida -aquela que vive en áreas rurais ou pertence a sectores de poboación en risco-) que, por medio dunha das súas educadoras xunto cos pais e nais dos nenos, escenificou unha das súas habituais sesións ante a atenta mirada do alumnado de Bacharelato do instituto. AeA Galicia

Campaña Mundial pola Educación en Galicia 2012

Luis Fernández, director do centro, incidiu na idea de que, nun momento de recortes en educación pública en España, debemos facer entender mellor as necesidades de 3

SENSIBILIZACIÓN DA SOCIEDADE


VOLUNTARIADO

AeA Galicia

AeA Galicia

O voluntariado para Axuda en Acción é unha peza fundamental na súa misión de erradicar a pobreza e as desigualdades. En Galicia hai voluntarias e voluntarios nas sete grandes cidades galegas.

Voluntarios Coruña en Voz Natura 2012 (esquerda) e comida campestre Axuda en Acción Coruña (dereita).

O día 26 de maio tivo lugar unha cea solidaria no Hotel Meliá María Pita, organizada polo grupo de voluntariado de Axuda en Acción na Coruña coa que recadamos 2255€ que foron destinados ao proxecto “Contribuír á implementación do dereito á educación con calidade e énfase no melloramento do benestar xeral das familias no Distrito de San Ignacio (Paraguay)”. O proxecto traballa en dous eixes fundamentais: Educación e vivenda digna con saneamento axeitado. O melloramento da educación baséase no melloramento da infraestructura, calidade en metodoloxía dos aprendizaxes para nenas e nenos de educación inicial a docentes e nais e pais de familia, e así afianzar a xestión das políticas educativas de forma participativa, eficiente, efectiva e articulada. Pretendíase construír unha aula que mellorase as condicións de 60 nenas e nenos, fortalecendo as capacidades de 30 docentes e VOLUNTARIADO

30 nais/pais. E paralelamente traballar en familias de escasos recursos en educación sanitaria cun melloramento básico das vivendas e das letrinas sanitarias. Dotouse a 20 familias con sanitarios, 5 vivendas melloradas e 50 familias accederon á educación sanitaria, en total, 437 homes e 611 mulleres directamente (indirectamente 147 mulleres e 115 homes). Un ano máis estivemos presentes na festa de fin de curso do programa Voz Natura que leva a cabo o xornal La Voz de Galicia no parque de Acea Dama de Culleredo coa colaboración do Concello de Oleiros. Nesta actividade o grupo de voluntariado da Coruña puxo un posto de comercio xusto e vendéronse máis de 260 €. A tradicional comida campestre do verán en Coruña acolleu a unha morea de voluntarias e voluntarios e ao seu círculo de amizades no tradicional Muiño da Cheda, en Carballo. Foron máis de 500 euros os recadados grazas á colaboración de todas e todos eles. A carreira de barcos co noso mariñeiro favorito Antonio, a de sacos, o xogo dous ovos ou a animación de Juan coa súa rifa non faltaron tampouco este ano, xunto co bo peixe e o churrasco. 4

Tampouco nos podemos olvidar do voluntariado de oficina que tanto nos apoiou na celebración de actividades e campañas institucionais, como o programa En Acción pola Igualdade, cofinanciado pola Xunta de Galicia, ou coas actividades relacionadas co noso acercamento ás empresas galegas. Grazas Menchu!. Para finalizar, todos os grupos de voluntariado colaboraron na venta da Lotería de Nadal co número 90.157 e que non resultou agraciado con ningún premio máis que co donativo de 0´50 ctms que levaba cada participación e que fixo que o Nadal galego fora un Nadal máis solidario. AeA Galicia

O voluntariado de Axuda en Acción leva a cabo e saca á rúa as campañas da organización así como outras actividades que, por iniciativa propia, xorden para apoiar os fins de Axuda en Acción, nas sete grandes cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.


COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

AeA Galicia

Promovemos programas de desenvolvemento integral e territorial de longo prazo nas comunidades máis desfavorecidas de América Latina, Asia e África. Neste caso, grazas á colaboración da Xunta de Galicia levamos traballando nun proxecto binacional Ecuador - Perú dende o ano 2005.

Desenvolvemento integral e loita contra a pobreza para soberanía alimentaria e incidencia nos dereitos das persoas en comunidades da frontera peruano-ecuatoriana.

O proxecto “Desenvolvemento integral e loita contra a pobreza con enfoque na xestión social da auga para a soberanía alimentaria e incidencia nos dereitos das persoas en comunidades da fronteira peruano-ecuatoriana” cofinanciado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia tivo no ano 2012 a súa segunda anualidade desta programación.

familias coas cales se ven traballando e ás que se promove a súa participación protagónica no seu propio desenvolvemento humano.

Este proxecto forma parte dunha proposta integral de desenvolvemento de longo prazo implementada por Axuda en Acción, proposta que considera procesos de loita contra a pobreza en zonas excluídas da fronteira ecuatoriano-peruana, territorios que pola súa propia natureza fronteiriza presentan situacións complexas para a poboación, que non conta con niveis de vida dignos, senón pola contra enfronta, histórica e permanentemente, limitacións na atención do Estado, en canto á prestación de servizos básicos, desarticulación entre as comunidades por conflitos bélicos do pasado, contrabando e elevado custo de vida.

Saúde e Saneamento Melloráronse as condicións de salubridade para as familias a través da mellora na infraestrutura e a organización comunitaria, dinamizando a promoción da saúde e o acondicionamento de vivendas.

Axuda en Acción con sedes en Ecuador e Perú, e a súa socia local a ONG peruana ESCAES, inician a cooperación no ano 2005 co compromiso de contribuír á mellora da vida das

Na xestión foi determinante a alianza estratéxica da cooperación de AeA e ESCAES co proxecto, que fixo que outras institucións se sumen para complementar accións e lograr os obxectivos formulados.

Produción Organizaronse comités agro-ecolóxicos que diversificaron a produción familiar orientada á mellora alimenticia. Activáronse as capacidades de produtoras e produtores para acceder a espazos alternativos de comercialización de produtos agropecuarios, con calidade, oportunidade e volume, colocándoos nos mercados locais. Ambiental Fronte á problemática climática, implementouse un plan de mitigación ambiental 5

con protección vexetativa usando especies agroforestais nativas. Educación Capacitáronse docentes para xerar procesos de aprendizaxe significativos nos estudantes acorde ao seu ámbito rural, dando unha maior énfase aos círculos de cultura, potenciando capacidades educativas de lecto-escritura e liderado para o exercicio de dereitos e responsabilidades, así como a toma de decisións. Gobernabilidade Resaltouse a promoción da participación cidadá das mulleres e a incidencia política pública en torno á elaboración de presupostos participativos, a xestión social da auga e a soberanía alimentaria, para fortalecer a democracia no territorio, promovendo ademais espazos binacionais de análise e debate. O proxecto ven fortalecendo a xestión social da auga, o medio e a incidencia nos dereitos das persoas, con responsabilidade compartida das comunidades da fronteira peruano - ecuatoriana. Resáltase que dende a sociedade civil organizada, (colectivos comunitarios de auga, grupos COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS


MARCELO BENITEZ / AeA Ecuador

CUSUB

O proxecto beneficiou directamente a 1.800 familias rurais, estudantes e docentes de Ecuador e Perú.

Cofinanciación privada AeA Ecuador

de mulleres, promotor, entre outros) e a nivel dos gobernos locais, participaron activamente deste proxecto e viron fortalecidas as súas capacidades de organización e xestión, manexo ambiental e iniciativas para o deseño de políticas públicas. As familias produtoras organizadas, capacitadas na planificación das súas campañas agrícolas con enfoque agroecolóxicos, afianzan a soberanía alimentaria, e xestión empresarial. Encóntranse mellor preparadas para integrar cadeas de valor e incursionar nos mercados locais. As mulleres líderes con capacidade e xestión dos seus recursos naturais como auga, chan, vexetación, na súa cotianidade familiar e permanentemente dende os seus espazos de representación, teñen máis ferramentas para comprender a esixibilidade dos seus dereitos como o acceso a unha boa alimentación con soberanía alimentaria, a auga segura e a participación activa. O proxecto beneficiou directamente a 1.800 familias rurais, 2.500 estudantes e 217 docentes de Ecuador e Perú. COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

Os ingresos de carácter privado grazas aos que a Fundación poido contribuir a levar a cabo a súa misión, ascenderon no ano 2012 a 10.956€. A meirande parte deles foron debidos a legados e donativos privados, pero tamén á recadación dos petos espallados pola nosa xeografía en tendas, farmacias, cafeterías e panaderías, principalmente.

6


ProXectos aprobados en GALICIA en 2012 Entidade

Nome do Proxecto

Lugar

Monto Aprobado

Campaña Mundial pola Educación

Galicia

30.602 €

7

COLABORACIÓNS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS


AGRADECEMENTOS

SALVA CAMPILLO / AeA Perú

Queremos agradecer a toda as entidades públicas e privadas, particulares, escolas infantís, colexios e institutos a súa colaboración con Axuda en Acción Galicia neste ano 2012. Cada unha de vos sodes importantes para conseguir un mundo máis xusto e igualitario, onde a Igualdade entre mulleres e homes, entre as persoas empobrecidas e enriquecidas, sexa dende xa unha realidade. Ben pola vosa aportación económica, ben polo traballo en prol da xustiza social dende a Educación para o Desenvovemento, sodes unha parte importante no noso quefacer diario. Non vos podemos ter a todas e todos aquí, porque sodes moitos, especialmente, os centros educativos que colaborastedes con nós neste 2012, perto de 50!!! Así que grazas a todas e todos vos por continuar loitando por un mundo mellor.

ENTIDADES COLABORADORAS 2012 Xunta de Galicia Cooperación Galega Concello de Xermade Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento Instituto de Liderazgo de las Segovias Universidade da Coruña Proyecto Social Imgrafor

AGRADECEMENTOS

8


GRAZAS

Sede central: C/ Bravo Murillo, 178 4ª Planta. Edificio Tecnus · 28020 Madrid · Tel: 91 522 60 60 · Fax: 91 532 84 02 Delegación de Andalucía: C/ Fernández de Ribera, 32, 3º dcha. · 41001 Sevilla · Tel: 95 421 51 63 · Fax: 95 421 09 65 Delegación de Asturias: C/ Cimadevilla, 15 Esc. A, 2º E · 33003 Oviedo · Tel: 985 21 47 25 · Fax: 985 21 47 25 Delegación de Cataluña y Baleares: C/ Roger de Llúria 40, 3º 4ª · 08009 Barcelona · Tel: 93 488 33 77 Delegación de Galicia: C/ Santa Catalina, 16-18-20, 1º D · 15003 A Coruña · Tel: 981 133 737 Delegación de la Comunidad Valenciana: C/ Cronista Carreres, 9, 6º- D · 46003 Valencia · Tel: 96 310 61 21 · Fax: 96 351 31 68 Delegación de Zaragoza: C/ Mayor, 34-36, 1º · 50001 Zaragoza · Tel: 976 29 81 32 Delegación del País Vasco: C/ Ibarrekolanda 36, Entreplanta · 48015 Bilbao · Tel: 94 447 96 77 www.ayudaenaccion.org · informacion.galicia@ayudaenaccion.org Podedes atoparnos tamén en:

twitter.com/ayudaenaccion

facebook.com/ayudaenaccion

instagram.com/ayudaenaccion youtube.com/ayudaenaccion

flickr.com/ayudaenaccion

ayudaenaccion.tumblr.com

Publicación de 100 exemplares imprimida en papel Cyclus Print 100% reciclado con gramaxe de 115 en interior e 200 en cubertas. Segundo o Eco-Calculador de Arjowiggins Graphic, o uso de papel reciclado nesta memoria reduciu o impacto ambiental en: 5 kg de lixo

1 kg de CO2 de efecto invernadoiro

12 km de viaxe nun coche europeo

121 litros de auga

11 kWh de enerxía

8 kg de madeira


Impulsando a dignidade e a solidariedade para a construci贸n dun mundo xusto.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.