Memoria 2014 Ayuda en Acción Delegación Galicia

Page 1

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014 DELEGACIÓN GALICIA


SUMARIO 1

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

2

CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

Programa de apoio á infancia e familias en España

Agora Toca...

Wedu

Eventos e outras actividades

Participación en actos, foros e conferencias

Exposicións

Documental 1 de cada 5

Presenza en medios

6

VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

7

INSTITUCIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS COLABORADORAS

8

AGRADECEMENTOS

Fotografía de portada: Morge Zavala /AeA AeA · No Registro Ministerio Asuntos Sociales: 28-1109 · Deseño: www.velckroartwork.com


SALVA CAMPILLO / AeA

QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?

Coordinación e Relacións Institucionais María José Tejera Pereiras mjtejera@ayudaenaccion.org Base Social e Vínculo Solidario Beatriz Varela Martínez-Barbeito bvarela@ayudaenaccion.org DELEGACIÓN GALICIA AXUDA EN ACCIÓN

Rúa Santa Catalina, 16, 1oD 15003 A Coruña Tel.: +34 981 133 737 www.ayudaenaccion.org

Axuda en Acción é unha organización española de cooperación ao desenvolvemento independente, apartidista e aconfesional, que traballa para impulsar cambios estruturais que contribúan á erradicación da pobreza. Con esta finalidade, dende 1981 traballamos para mellorar as condicións de vida das comunidades máis desfavorecidas mediante programas de desenvolvemento autosostibles e campañas de sensibilización e incidencia política. Impulsamos a dignidade e a solidariedade para a construción dun mundo máis xusto, e hoxe en día, ao redor de 120.000 persoas colaboradoras, somos unha das principais organizacións non gobernamentais españolas dedicadas á cooperación internacional. Para lograr mellorar as condicións de vida das persoas máis desfavorecidas e rematar coa pobreza, impulsamos programas de desenvolvemento integral a longo prazo que implican actuacións en educación, saúde, infraestruturas, iniciativas económicas, financeiras, seguridade alimentaria e construción de cidadanía. Actualmente, estamos presentes en catro continentes. En América Latina, traballamos en Bolivia, Ecuador, O Salvador, Honduras, México, Nicaragua, Perú, Colom­bia, Paraguai, Guatemala e Haití. En África, os nosos proxectos localízanse en Etiopía, Kenya, Malaui, Mo­zambique, Uganda. En Asia, a nosa activida­de concéntrase na India, Nepal, Paquistán, Bangladesh e Vietnam. En Europa, traballamos en España. 1

En todas estas zonas identificamos espazos de intervención onde, xunto coas comunidades, traballamos a longo prazo en proxectos que duran de doce a quince anos, tratando de atallar as causas estruturais da pobreza e apoiando o fortalecemento dos vínculos e a solidariedade comunitaria. Asímesmo, realizamos labores de asistencia técnica e económica en situacións de emerxencia, motivadas por unha catástrofe natural, un conflito bélico ou calquera outro desastre humanitario, que teñan que afrontar as poboacións das devanditas zonas. En Galicia, traballamos para que todos os nenos e nenas teñan acceso ás mesmas oportunidades e non sufran os efectos da crise. Ademais, promovemos campañas de educación para o desenvolmento e de sensibilización para achegar a realidade dos países menos favorecidos á opinión pública galega. Participamos tamén en foros de debate, grupos de traballo de solidariedade, espazos de responsabilidade social e achegámonos aos medios de comunicación. Estamos en constante busca de novas oportunidades de colaboración, con persoas e entidades públicas e privadas, e en busca de recursos materiais que melloren a calidade de vida das persoas que menos teñen. Para alcanzar os nosos obxectivos, contamos cun sólido equipo profesional comprometido na construción dun mundo máis xusto e coa colaboración de voluntarias e voluntarios que traballan desinteresadamente en tarefas solidarias en todas as provincias galegas. QUEN SOMOS? QUE FACEMOS?


CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

VERÓNICA DOPICO / AeA

Axuda en Acción leva a cabo distintas iniciativas que loitan pola erradicación da pobreza, a redución das desigualdades e a sensibilización da sociedade.

Programa de apoio á infancia e familias en España

O Programa de apoyo a la infancia y familias en España de Axuda en Acción supón unha parte máis do noso traballo de sensibilización nos centros educativos. Este proxecto nace debido ao contexto de crise que sufre o noso país e como parte da misión de Axuda en Acción de erradicar a pobreza, mellorar as condicións de vida das persoas desfavorecidas e loitar contra as desigualdades en calquera lugar do mundo. Deste xeito, a iniciativa do programa vai dirixida aos nenos, nenas e familias que se atopan en riesgo de exclusión social co fin de paliar as necesidades básicas da infancia nunha primeira fase e xerar no medio ou longo prazo oportunidades de mellora socio-económica para as familias. No ano 2014, o principal obxectivo do proxecto foi garantir unha adecuada alimentación (a través de becas de comedor, almorzo e merendas), facilitar o material básico educativo (libros de texto, material escolar…) e conceder axudas destinadas a programas de ocio e tempo libre (actividades extraescolares, excursións, ludotecas…). En Galicia, durante o curso 2014/2015, traballamos conxuntamente con 4 centros educativos da provincia da Coruña. CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

Deste xeito, os centros, as ANPAs dos mesmos e Axuda en Acción comprometéronse a promover un espazo de xeración de cambios positivos na sociedade, nas familias e nos nenos e nenas, identificando aos alumnos en situación máis precaria e as necesidades e carencias a cubrir. Estas necesidades resúmense en: becas de alimentación, material escolar, calzado e excursións e actividades culturais que permiten o desenvolvemento de habilidades, destrezas e competencias básicas do alumnado. Asimesmo, Axuda en Acción firma en 2014 un convenio co Concello da Coruña, co fin de financiar 220 prazas do seu programa Coruña Educa, grazas ao apoio de Fundación Repsol. Deste xeito, ofrécense aos nenos e nenas das familias en situacións máis desfavorecidas 200 prazas gratuítas do Programa de Ocio Educativo (POE) e 20 do Programa Coruña Diversidad (PCD). O POE conta cunha oferta educativa de calidade no periodo extraescolar para nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. Así, ofrece unha perspectiva multidisciplinar para achegar aos escolares as artes escénicas, a ciencia, a expresión artística ou a música como forma de espertar intereses e favorecer o seu desenvolvemento integral. Por outro lado, o PCD brinda apoio a nenos e nenas con necesidades de 2

aprendizaxe especiais a través de distintas actividades de reforzo. Por outra banda, e como parte do convenio firmado con Clínica Baviera a nivel nacional, a entidade realizou revisións oftalmolóxicas gratuítas aos nenos e nenas do CPI Virxe da Cela, puidendo así garantir que todos os nenos e nenas accedan á educación coas mesmas oportunidades de aprendizaxe.

Agora Toca...

Dende o inicio do seu traballo en España, Axuda en Acción concibe o ámbito escolar coma un espazo importante no que se desenvolven accións e proxectos de sensibilización e educación para o desenvolvemento. Deste xeito, podemos acercar á cidadanía as causas que impiden a moitas persoas exercer os seus dereitos e implicales para que estas causas cambien. A través dos vínculos solidarios educativos, varios centros de España puideron coñecer en primeira persoa a realidade doutros de América a través do noso programa Agora Toca… Así, dende o ano 2012 levamos traballando neste programa co propósito de crear unha rede de centros educativos impricados nun obxectivo común: a loita contra a pobreza. Deste


AeA Galicia

Este programa, que presentouse en 2014 a 31 centros de Galicia e á “Asociación de Directores de Colexios Públicos da cidade da Coruña” consta de distintas propostas. Así, cada centro pode escoller os elementos que mellor se adecúan á súa realidade: • Traballar o dereito á alimentación facendo un postre do Perú, coñecer de primeira man as dificultades que moitas nenas teñen para ir á escola mentres coidan do seu irmán ou unirse á Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) son algunhas das propostas para coñecer os dereitos. • O apadriñamento coma ferramenta educativa, que moitos colexios xa veñen poñendo en práctica, permite manter unha relación cun neno ou nena e coñecer a súa realidade. • Manter un vínculo solidario coa comunidade educativa doutros países a través do coñecemento da súa realidade,

costumes, cultura… e a interacción con centros de alí. Agora Toca… fomenta polo tanto a educación do alumnado en valores solidarios e promove unha escola participativa que impulsa procesos de transformación social do seu ámbito. Nesta liña, leváronse a cabo en Galicia distintas iniciativas, das cales destacamos a participación no programa educativo “A Radio en Valor”, desenvolvido polo Concello da Coruña en colaboración con Radio CoruñaCadena SER. Deste xeito, o Colexio Rías Altas da Coruña converteuse en radio por un día co fin de coñecer, da man do seu alumnado, o labor de Axuda en Acción e “O papel da TV e a radio na defensa dos dereitos da infancia”. Entre outros, os alumnos entrevistaron á Delegada en Galicia de Axuda en Acción, Mª José Tejera, e ata ao mesmo xogador internacional de baloncesto Pau Gasol.

experiencia de forma divertida e relacionarse en primeira persoa co neno ou nena apadriñado e cos seus amigos. Wedu ofrece unha gran variedade de actividades e xogos que favorecen a comunicación e vínculo entre os nenos e nenas de países máis e menos favorecidos mentres aprenden sobre as realidades doutros países e consolidan valores como a solidaridade e a amizade. SALVA CAMPILLO / AeA

xeito, alumnos e alumnas galegos de todos os niveis educativos traballaron en 2014, xunto cos seus docentes e familias, propostas colectivas e orixinais para aprender da experiencia e construir dende a educación un mundo máis xusto.

Wedu

Wedu é un proxecto de Axuda en Acción de apadriñamento e creación de vínculos solidarios pensado para o público infantil. Cando un particular ou centro educativo agasalla Wedu, non só apadriña a un neno ou nena das comunidades máis desfavorecidas. Ademais, os nenos e nenas padriños poden compartir esta 3

CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES


AeA Galicia

En Galicia, promovemos o desenvolvemento de vínculos solidarios a través de actividades como: • “XIV Torneo de Baloncesto Base” de Radio Coruña-Cadena Ser e o clube Leyma Natura Básquet Coruña, o cal promove o deporte entre asociacións deportivas, colexios, medios de comunicación e empresas da cidade. O clube e Radio Coruña-Cadena SER, co patrocinio da Refinería Repsol, inciaron a súa colaboración con Axuda en Acción en 2013 a fin de potenciar valores de solidariedade como complemento aos valores de deportividade do torneo de Basquet Base que un ano máis realizouse en 2014. Así, as organizacións escolleron a Axuda en Acción coma referente no fomento de devanditos valores e iniciaron a súa colaboración co obxectivo de difundir e promover as distintas iniciativas da nosa fundación, facilitando así a mellora na calidade de vida de familias en risco en CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES

países en vías de desenvolvemento. Por estes motivos, escolleuse a promoción do proxecto WEDU, como fío conductor desta mensaxe de potenciación de valores solidarios entre nenos e nenas con distintas realidades. • Axuda en Acción e WEDU formaron parte un ano máis do “IX Salón de Ocio Nadaliño 2014” da cidade de A Coruña, organizado pola empresa Congrega e ó que acudiron máis de 10.000 persoas. Do 26 ao 30 de decembro, nenos e nenas puideron coñecer a Wedu e á súa panda solidaria a través de actividades que fomentaron a solidariedade e a educación en valores: pasatempos, coloreado de viñetas de cómic, contacontos, bailes, carta aos Reis Magos, etc.

Eventos e outras actividades

Outra das liñas de traballo de Axuda en Acción é xerar vínculos solidarios e fomentar a creación de eventos e actividades de captación de fondos que contribúan á sostibilidade económica dos nosos proxectos, garantindo consecuentemente a mellora na calidade de vida das persoas e o fortalecemento de comunidades en risco. Algúns exemplos de eventos e actividades de captación de fondos realizadas en Galicia en 2014 son os seguintes: 4

• Partido solidario de baloncesto entre os equipos da liga LEB Ouro de baloncesto Leyma Natura-Basquet Coruña e FC Barcelona B. O importe total recadado das entradas vendidas foi destinado ao Programa de apoio á infancia e familias en España, co que se ofrece apoio aos nenos, nenas e familias en risco de exclusión social. • Cea solidaria no Real Club Náutico de Sanxenxo. Un ano máis, Axuda en Acción organizou en agosto de 2014 este encontro ao que acudiron un total de 92 persoas, entre as que se encontraba a ministra de Fomento Ana Pastor. Alcanzando unha recadación de máis de 3.000 euros, obtivéronse doazóns non só de particulares, senon tamén de distintas institucións públicas e privadas. AeA Galicia

Grazas a miles de padriños en España, Axuda en Acción traballa en máis de 117 programas de desenvolvemento en 22 países de América, África e Asia que benefician a 2.419.066 millóns de persoas, permitindo ás familias acceder á educación, á atención sanitaria, á vivenda e ás melloras na súa alimentación.


AeA Galicia

AeA Galicia

Por outra banda, contamos coa nosa plataforma online Haz tu Campaña, a través da cal calquera persoa pode crear a súa propia iniciativa de recadación de fondos e destinalos ao proxecto que o promotor desta escolla. Estes son tan só uns exemplos de iniciativas que leváronse a cabo no 2014 en Galicia a través desta ferramenta: • Mercado solidario para recadar fondos para o Programa de apoio á infancia e familias en España, iniciativa da voluntaria de Axuda en Acción Margarita Borreguero. O mercado recadou un total de 769€ e tivo lugar no mes de agosto na Terraza do Hotel Hesperia de A Coruña, que cedeu dito espazo de forma desinteresada. • Torneo de pádel organizado polo alumni e profesorado do curso de especialización en Responsabilidade e Innovación Social da Cátedra InditexUniversidade da Coruña (UDC). Recadouse un total de 160€. • Ruta de sendeirismo solidaria, organizada pola Asociación Ambiental Senda Nova de Bergantiños, na que se recadou un total de 311€. Á cita, promovida polo voluntario José David Allo, acudiron unhas 65 persoas que gozaron dunha ruta circular en Bergantiños.

Participación en actos, foros e conferencias

Para Axuda en Acción é crucial a colaboración e interacción con outras entidades do terceiro sector e a participación en espazos e foros sobre responsabilidade social e ámbitos relacionados. Así, participamos ao longo do ano 2014 en diferentes actos, foros e conferencias de entidades como EAPN Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Cruz Vermella, Corresponsables, Consensus, Cátedra Inditex-Universidade da Coruña (UDC), entre outros.

Exposicións

Unha das prioridades de Axuda en Acción é a de sensibilizar á sociedade. Así, a nosa fundación traballa cada ano para elaborar distintos materiais informativos, nos que inclúensen exposicións de interese xeral. Durante o ano 2014 foron varias as exposicións mostradas en distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, gracias á colaboración de Cooperación Galega-Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Documental 1 de cada 5

O documental, producido por Axuda en Acción, pon o foco en familias ás que a crise deixou ao bordo da exclusión social. 1 de 5

cada 5 son as persoas que viven en risco de pobreza e exclusión social no noso país, onde máis de 2 millóns de nenos e nenas están en situación de vulnerabilidade. Máis alá de mostrar as demoledoras estatísticas dos últimos anos, Axuda en Acción achégase con este documental á problemática dende o día a día dos que viven esta realidade. Entre os testemuños de persoas próximas a esta, encóntrase o dun centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no cal Axuda en Acción comezou en 2014 o seu labor de colaboración no marco do noso Programa de apoio á infancia e familias en España. O devandito documental tivo unha grande acollida tanto a nivel autonómico como nacional e foi difundido entre medios de comunicación, institucións e empresas.

Presenza en medios

A presenza en medios é crucial para difundir o traballo de Axuda en Acción, os nosos logros e sensibilizar á poboación. Así, o labor da delegación de Galicia tivo grande presenza en medios durante o ano 2014, entre eles: Cadena SER (varias emisoras), La Voz de Galicia, La Región, La Opinión, El Faro de Vigo, Diario Atlántico, El Ideal Gallego, Radio Galega, COPE, 8TV, La Crónica de León, Radio Castilla y León, Diario de Bergantiños, entre outros. CAMPAÑAS, PROXECTOS E ACTIVIDADES


VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

Cando falamos de accións de voluntariado, contamos con distintas modalidades que se adaptan aos diferentes perfís e necesidades dos voluntarios e voluntarias da organización. Deste xeito, devanditas accións pódense levar a cabo tanto na nosa Comunidade como en proxectos no extranxeiro.

Voluntariado a Terreo

Cada ano ofrecemos a oportunidade aos interesados de poder participar como voluntarios en proxectos de cooperación no extranxeiro. Mediante esta experiencia enténdense e compártense as necesidades e inquietudes que afrontan día a día homes, mulleres, nenos e nenas das comunidades máis desfavorecidas. O obxectivo é que os voluntarios compartan para contribuír, entender e aprender, apoiando así un proxecto de cooperación ao desenvolvemento e sendo parte del. Contamos con varios formatos: • Voluntariado de inmersión: proxectos de 12 días de convivencia cunha familia, nunha das comunidades nas que traballamos. Colabórase nas tarefas cotiás da comunidade e da familia. • Voluntariado técnico: son proxectos de 15 días a 4 meses con tarefas especializadas, como formación en tecnoloxías, VOLUNTARIADO: INICIATIVAS E FERRAMENTAS

reciclaxe, apoio a emprendimentos locais, turismo comunitario, fortalecemento de centros educativos, etc. • Voluntariado de equipo: proxectos de 2 a 3 semanas, en grupos de 5 a 35 persoas. Colabórase en tarefas de construción e reconstrución, de instalación de escolas ecolóxicas, de apoio en centros de necesidades educativas especiais, etc. • Voluntariado corporativo: proxectos de voluntariado en equipo ou técnico no que as empresas participan desenvolvendo accións para que os traballadores e traballadoras colaboren nos nosos proxectos. Destacar que, un ano máis, grazas á colaboración da Oficina de Voluntariado da Universidade da Coruña (UDC), foron varios os alumnos e alumnas da mesma que puideron viaxar, a través das bolsas PCR, como voluntarios de Axuda a Acción en América Latina. Isto permitiulles coñecer outras realidades e aplicar os seus coñecementos para mellorar a calidade de vida de moitas persoas. Asimesmo, un dos voluntarios subvencionados tivo a ocasión de participar nunha das mesas redondas das Xornadas de Voluntariado da UDC, nas que tamén intervíu o responsable de Voluntariado a terreo de Axuda en Acción. Nela, ambos os dous falaron das súas experiencias en proxectos de cooperación e animaron ao resto de estudantes a participar.

Voluntariado en Galicia

En Galicia contamos con máis de 50 voluntarios e colaboradores na comunidade en distintos ámbitos: educación, grupos de 6

voluntariado, inciativas persoais, voluntariado na nube, colaboracións, formación, etc. • Plataforma Coruñesa de Voluntariado (PCV): Dende o ano 2014 formamos parte da PCV xunto a outras 15 organizacións sen ánimo de lucro locais. Deste xeito, colaboramos en rede para promover o voluntariado e a concienciación social entre a cidadanía a través da realización de actividades e actos. Unha das iniciativas estrela é a celebración anual do “Día Internacional dos Voluntarios”, que en 2014 tivo lugar no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña. A través dunha xornada chea de actividades, os numerosos asistentes puideron informarse nos distintos postos das organizacións membro sobre as diversas accións de voluntariado que estas ofrecen e os programas, proxectos e labor destas. ANA CASTRO SANJURJO / AeA

O factor humano é recurso imprescindible para a execución e éxito dos proxectos e campañas de Axuda en Acción. Consecuentemente, o voluntariado é clave para a nosa organización, ademáis dunha ferramenta idónea para sensibilizar á poboación, dar a coñecer o noso traballo e aproveitar os recursos dispoñibles ao máximo.

AeA Galicia

RAÚL FRAIZ GÓMEZ / AeA

Para Axuda en Acción o voluntariado é unha peza fundamental para combater a pobreza e as desigualdades. Así, contamos con voluntarios e voluntarias nas catro provincias galegas que realizan accións de voluntariado tanto en Galicia como no extranxeiro.


INSTITUCIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS COLABORADORAS

SALVA CAMPILLO / AeA

Grazas á colaboración de empresas, entidades públicas e privadas puidemos continuar promovendo no ano 2014 programas de cooperación, de educación para o desenvolvemento e de impacto social en Galicia e no estranxeiro.

Institucións públicas: Cooperación

Deputación da Coruña. No ano 2014 a Deputación da Coruña aprobou unha subvención de 15.000 € destinada ao proxecto “Fortalecimiento de capacidades locales para la prevención de la enfermedad de Chagas en la zona vulnerable de Huacaya del Chaco Boliviano”. O obxectivo do devandito proxecto é a mellora da saúde básica mediante o control de enfermidades infecciosas, así como a educación sanitaria nun país cun índice de desenvolvemento humano medio que ocupa o posto 108 no IDH/2013, razón pola cal estas actuacións son consideradas como sectorialmente prioritarias tanto como polo “Plan Director da Cooperación Galega 2014-2020” como polo “Plan Director da Cooperación Española 2013-2016”.

Institucións públicas: Educación Para o Desenvolvemento

Xunta de Galicia. Un ano máis, levouse a cabo en Galicia a Campaña Mundial pola Educación (CME) 2014, gracias á subvención de 35.260€ outorgada pola Xunta de Galicia. A CME é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do ámbito educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo que reclaman o cumprimento íntegro dos compromisos do “Cumio de Dakar” (Senegal) do ano 2000, onde a comunidade internacional se comprometeu a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos e todas antes do ano 2015. A Coalición Española da CME está formada por Axuda en Acción, Educo e Entreculturas, quen asume a coordinación desta. Baixo o

lema “Sumemos capacidades. Por el derecho a una educación inclusiva”, a campaña reivindicou en todo o mundo o dereito de nenos e nenas con necesidades educativas especiais a recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, tal e como queda reflexado na Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. En Galicia, foron 50 centros educativos os que participaron na CME 2014 e un total de máis de 3.000 alumnos das catro provincias galegas. Asimesmo, fíxose oficial a concesión da subvención da Xunta de Galicia para o financiamento do proxecto da CME 2015 por un importe total de 34.000€. Coincidindo coa data límite para o cumprimento dos obxectivos de Educación para Todos e Todas e dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, a Campaña farai en 2015 un repaso dos logros obtidos en materia de educación dende o ano 2000 e poñerá o foco nos retos a afrontar na Axenda Internacional Post-2015.

Empresas e Institucións privadas

O labor das empresas e institucións privadas é tamén crucial para poder desenvolver a nosa actividade en España e no estranxeiro. Como xa se describe ao longo desta memoria, son varios os axentes privados que contribuíron a fortalecer o noso labor en Galicia durante o ano 2014. As aportacións económicas, ben puntuais ou continuadas, son tan só un exemplo de colaboración. Non obstante, existen outros formatos cos que contribuir a impulsar o traballo de Axuda en Acción. Así, contamos con empresas que axudáronnos a mellorar 7

o noso Programa de apoio á infancia e familias en Galicia, ofrecendo os seus servicios profesionais de forma gratuita para que todos os nenos e nenas conten coas mesmas oportunidades. Exemplo disto poden ser as revisións oftalmolóxicas que Clínica Baviera realizou nun dos centros educativos nos que traballamos, como parte do convenio marco que temos firmado coa empresa a nivel nacional. O voluntariado corporativo é sin dúbida un formato que cada vez cobra máis forza en España, e que non só se pode realizar aquí, senón tamén en proxectos de cooperación no estranxeiro. Na misma liña, Axuda en Acción ofrece outras accións de intervención, como pode ser a potenciación das alianzas público-privadas. Un exemplo disto na nosa rexión é a colaboración da Fundación Repsol no Programa de apoio á infancia e familias en Galicia, no que ofrece financiación para cubrir as necesidades básicas do alumnado de 4 centros educativos durante o curso 2014-2015 e, adicionalmente, para facilitar becas en programas educativos e de reforzo escolar organizados polo Concello da Coruña. Outro labor moi importante que fan as empresas e institucións privadas é patrocinar eventos e difundir as nosas campañas. Claro caso disto en Galicia foi o XIV Torneo de Baloncesto Base, iniciativa impulsada por Radio Coruña-Cadena SER e o clube Leyma Natura Básquet Coruña co patrocinio da Refinería Repsol. Deste xeito, Radio Coruña-Cadena SER apoiou e difundiu o torneo e o noso proxecto solidario WEDU durante tódolos meses que durou o torneo.

INSTITUCIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS COLABORADORAS


AGRADECEMENTOS unha realidade. Ben pola vosa aportación económica ou ben polo traballo en prol da xustiza social dende a educación para o desenvolvemento, sodes unha parte importante no noso quefacer diario. Non vos podemos ter a todas e todos aquí, xa que sodes moitos, así que grazas a todas e todos vos por continuar loitando por un mundo mellor.

Xunta de Galicia Cooperación Galega Deputación da Coruña Repsol Fundación Repsol Concello da Coruña Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

Universidade da Coruña (UDC) Radio Coruña-Cadena SER Grupo Proquiga Gadis Club Leyma Natura Basquet Coruña Salón de Ocio Nadaliño 2013

FERNANDO LÓPEZ DEL PRADO / AeA

Queremos agradecer a todas as entidades públicas e privadas, particulares, escolas infantís, colexios e institutos a súa colaboración con Axuda en Acción Galicia neste ano 2014. Cada un de vos sodes importantes para conseguir un mundo máis xusto e igualitario, onde a igualdade entre mulleres e homes, entre as persoas empobrecidas e enriquecidas, sexa dende xa

AGRADECEMENTOS

8


GRAZAS

Sede central: C/ Bravo Murillo, 178 4ª Planta. Edificio Tecnus · 28020 Madrid · Tel: 91 522 60 60 · Fax: 91 532 84 02 Delegación de Andalucía: C/ Fernández de Ribera, 32, 3º dcha. · 41001 Sevilla · Tel: 95 421 51 63 · Fax: 95 421 09 65 Delegación de Asturias: C/ Cimadevilla, 15 Esc. A, 2º E · 33003 Oviedo · Tel: 985 21 47 25 Delegación de Cataluña: C/ Roger de Llúria 40, 3º 4ª · 08009 Barcelona · Tel: 93 488 33 77 Delegación de Baleares: C/ La Rambla, 13, 1º · 07003 Palma de Mallorca · Tel: 971 719 204 Delegación de Galicia: C/ Santa Catalina, 16, 1º D · 15003 A Coruña · Tel: 981 133 737 Delegación C. Valenciana: Gran Vía Marqués del Túria, 49. 5º pta. 8 · 46005 Valencia · Tel: 963 10 61 21 · Movil: 608 609 815 Delegación de Aragón: C/ Mayor, 34-36, 1º · 50001 Zaragoza · Tel: 976 29 81 32 Delegación del País Vasco: C/ Ibarrekolanda 36, Entreplanta · 48015 Bilbao · Tel: 94 447 96 77 www.ayudaenaccion.org · informacion.galicia@ayudaenaccion.org Podedes atoparnos tamén en:

twitter.com/ayudaenaccion

facebook.com/ayudaenaccion

instagram.com/ayudaenaccion youtube.com/ayudaenaccion

flickr.com/ayudaenaccion

ayudaenaccion.tumblr.com


Impulsando a dignidade e a solidariedade para a construci贸n dun mundo xusto


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.