Catálogo de Nadal Abertos ao Galego 2014

Page 1

g Abertos ao Galego

Catรกlogo de Nadal

Os teus presentes e compras do Nadal, en

galego


Dez razóns para apoiarmos un consumo responsábel co galego Algunha vez pensaches en que lingua están escritos os rótulos do supermercado onde fas a compra todas as semanas? Ou sabías que é posíbel contratar unha asesoría que che faga a declaración de impostos en galego? Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións: non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega a persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua. As empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Nós podemos apoialas no noso día a día consumindo os seus produtos e servizos e animando outras persoas a faceren o mesmo. Propómosvos dez motivos polos que preferirmos empresas que traballan en galego, mais hai moitos máis: 1. Porque temos dereito a escoller, e quen escolle a nosa lingua tamén nos escolle a nós. 2. Porque o galego nos identifica como cidadáns no mundo. Prestixiar o galego é prestixiármonos nós mesmos. 3. Porque recibiremos unha atención máis personalizada e próxima. 4. Porque contribuiremos á creación e mantemento de postos de traballo no noso país. As empresas que poden atendernos en galego teñen no seu cadro de persoal traballadores e traballadoras galegos. Apostar por estas empresas é apostar por crear postos de traballo na nosa terra. 5. Porque estaremos apostando por empresas que asumen a súa responsabilidade social. 6. Porque podemos apoiar empresarios e empresarias que fan un esforzo polo uso do galego. 7. Porque dun xeito amábel e directo podemos facer máis polo noso idioma que moitas campañas de divulgación. Apoiando activamente as empresas que apostan polo galego estamos facendo moito por promovermos o galego no ámbito socioeconómico. 8. Porque contribuiremos a que outras empresas usen o noso idioma de xeito normal. Apoiar a presenza do galego no ámbito socioeconómico dálle prestixio á lingua e ten efectos multiplicadores noutros ámbitos da vida social. 9. Porque as empresas que usan o galego, interna e externamente, entenden que o noso idioma é un elemento positivo para a súa imaxe. 10. Porque os produtos etiquetados en galego teñen tanta ou máis calidade que outros. A lingua galega é unha marca de orixe e a orixe galega dos produtos é un sinal de calidade, e en moitos casos de elaboración natural e artesanal.


g Abertos ao Galego www.amesanl.org/abertosaogalego

Desde A Mesa presentamos un ano máis o Catálogo de Nadal. Aquí poderás atopar diferentes produtos das empresas de Abertos ao Galego. Esta época do ano caracterízase por un maior consumo e é necesario que o galego estea presente. As diferentes propostas do Catálogo pódennos axudar a escoller os agasallos destas festas. Consideramos importante destacar a actividade de proxectos que teñen en común o uso normal da nosa lingua. Ao escollermos artigos galegos estamos a mostrar un compromiso necesario nestes difíciles momentos polos que pasa a nosa lingua. Queremos un 2015 xusto, libre, feliz e galego. Pequenos xestos como agasallar en galego contribúen a dar a coñecer e valorar a nosa cultura. Agasalla galego: o mellor presente, a nosa lingua!

Marcos Maceira Eiras

Presidente A Mesa pola Normalización Lingüística


4

Patasdepeixe Editora Rúa E. Blein 1, 2ºa, 36202, Vigo Tel. info 679 777 111 - Tel. Pedidos 659 168 767 info@patasdepeixe.com

Libros para nenos e nenas

www.patasdepeixe.com

O incrible neno devorador de libros Oliver Jeffers

12 €

14 € A vaca que puxo un ovo Andy Cutbill e Rusell Ayto


O libro dos opostos Sara Powell e Barbi Sido

10 €

O grúfalo Julia Donaldson

14 €

12 € O camaleón azul Emily Gravett


6 Libros para nenos e nenas

Sushi Books Produtos á venda en librarías

www.sushibooks.es

Otto é un rinoceronte Tarzán de goma A aventura de Hodia de Piort Orla Tragarrás de Ole Lund Kirkegaard

Sushi Books comeza unha colección de libros do autor danés Ole Lund Kirkegaard con estes catro títulos. Os protagonistas falcatrueiros e as aventuras divertidas e estrafalarias son o denominador común destes catro libros. Un rinoceronte que cobra vida dende un debuxo, un rapaz que ve cumpridos os seus desexos por un día, unha viaxe en alfombra voadora e a chegada do circo Benito á cidade son o punto de partida destas catro historias.

15 € cada un


Monstro Pequeno di NON! Os monstros grandes non choran de Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal & Kalle Güettler

Monstro Pequeno e Monstro Grande teñen unha amizade que se afortala a medida que aprenden a expresar os seus sentimentos: Monstro Pequeno terá que dicir non con firmeza aos abusos de Monstro Grande, mentres que o mangallón descubrirá que tamén os monstros grandes teñen dereito a chorar.

12 € cada un A chegada do cometa O sombreiro do mago de Tove Jansson

Coincidindo co centenario de Tove Jansson, presentamos os dous primeiros libros da serie dos Mumin que lanzaron á fama a esta autora finlandesa. N’A chegada do cometa, a familia Mumin teme a colisión dun corpo celeste que fará desaparecer o mundo coñecido. Mumintroll e Sniff embárcanse nunha viaxe para descubrir que pasará con este cometa. Na seguinte aventura, atopan un sombreiro cuns poderes extraordinarios. Un mundo de imaxinación para os pequenos lectores.

14 € cada un


8 Xogos e papelaría

Libraría Aira das Letras Emilia Pardo Bazán, 5 baixo 32660 Allariz (Ourense) Tel. 988 442324 info@airadasletras.com

www.airadasletras.com

www.woodmodels.es Distribuidor autorizado


Axenda 2015 Unha axenda para procurar facer do ano 2015 un ano máis proveitoso e positivo, para enchelo de bos momentos sen esquecernos da participación na transformación social que tanto se require na nosa realidade actual.

Calendario de parede 2015 Bos tratos, bos momentos

Doce coloridas láminas con doce lemas sobre pensamento positivo, participación, muller, diversidade, vida natural, animación á lectura, infancia, non violencia, xeracións futuras, etc...

QUEN VIVE AQUÍ?

“O gran xogo da diversidade” É a primeira gran creación de Ekilikua. Trátase dun novedoso e orixinal maletín cheo de xogos que fusiona o lúdico co educativo. Con el queremos conseguir un dobre obxectivo: divertir e abrir as portas da tolerancia aos que o empreguen.


10

Editorial Xerais Produtos á venda en librarías

Libros e papelaría

www.xerais.es

Calendario Xerais 2015 Mariñeiros de José Suárez Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Mariñeiros de José Suárez e con prólogos de Xosé Luís Suárez Canal e Domingo García Sabell. Inclúe festivos, fases da lúa e textos orixinais que acompañan as fotos de Eduardo Blanco Amor, Ledicia Costas, Lorenzo Varela, Rosa Aneiros, Marcos Calveiro, Berta Dávila, X.H. Rivadulla Corcón, Agustín Fernández Paz, Xurxo Souto, Pedro Feijoo, María Reimóndez e Fran Alonso. Atopamos ao longo da obra de José Suárez unha preocupación constante pola xente no medio das súas tarefas cotiás e, máis concretamente, a preocupación polo traballo dos homes e das mulleres que el miraba con certa veneración situados no seu ambiente, no seu contorno. José Suárez non só vía, senón que sentía así Galicia, a través dunha identificación total cos seus personaxes. 13 fermosas fotografías que, unha vez rematado o ano 2015, poden ser enmarcadas para decorar coa obxectividade atemporal que nos agasalla JOSÉ SUÁREZ.

12,95 €

Axenda 2015

16 €

Axenda Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente, posibilidade de estampación de logotipo na cuberta ou cuberta personalizada.


Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas Premio Merlín de Literatura Infantil 2014

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

12,50 €

12 €

Marcopola 3. Dragoneta! de Jacobo Fernández Serrano Terceira entrega da serie de cómic galego para os máis pequenos. Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós?

Dende o conflito de María Reimóndez Premio Xerais de Novela 2014

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, “Dende o conflito” é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. “Dende o conflito” rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo.

18 €


12

Baía Edicións Polígono de Pocomaco, 2ª Avenida, Parcela A2/22, 15190 A Coruña Tel. 981 174 296 comercial@baiaedicions.nets

Libros

www.baiaedicions.net

Colección emocións

9 títulos que tratan sobre a educación emocional

Autoría: Mireia Canals | Ilustracións: Sandra Aguilar

Ana e Xabier son os protagonistas desta historia, na que conseguiron averiguar que a alegría é como estrelas de cores arredor de cada un de nós. Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da túa educación ensínanche a comer ben, coidar o teu corpo, ler, escribir e moitas outras cousas. Pero ás veces están tan preocupados porque aprendas tanto e teñas boas notas que lles esquece aprenderche como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade (ou non é certo que es máis feliz cando estás con ese amigo ou esa amiga coa que falas dos problemas que tedes en vez de rifar?). Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir “quérote”, “estou triste” ou “síntoo”); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable. Ao final do conto encontrarás unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos. Á venda en www.baiaedicions.net

6,50 € cada un

Miña querida Sherezade

Autoría: Andrea Maceiras | Ilustracións: Antonio Seijas Gañadora do 6º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2014

12,95 €

Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas. Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego. Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de min a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino. Por iso che pido, miña querida Sherezade, que non marches, que agora sexas ti quen me escoite. Porque pode que esta sexa a miña última historia. Á venda en www.baiaedicions.net


A cerna do segredo

Autoría: Conchi Regueiro | Ilustracións: Noemí López Vázquez Colección Meiga Moira Nesta obra, continuación da enigmática historia vivida n’A herdanza do marqués, o misterio segue a percorrer Vilacardoso. A chegada dos Cerna non parece casual. Seica é unha ameaza ou a oportunidade para a familia Negro de ter aliados nunha aldea onde segue a estar proscrita? De novo Xandra terá que preocuparse polos seus, polos vellos inimigos, polas ducias de quilómetros que a separan de Rubén e dunha boa amiga como Zoila e, tamén, por ese Cerna máis novo que vén poñer en cuestión o seu complicado mundo. E, unha vez máis, o pasado lidando con ese presente tan complicado. Á venda en www.baiaedicions.net

12,95 € Sanatoria. Historia dos nenos raros Autoría e ilustracións: Francesc Grimalt

Francesc Grimalt, no prólogo da súa obra e a xeito de conclusión, dinos: “Só un neno eterno podería introducirse sen levantar sospeitas en todos os cárceres de nenos raros para os liberar e estender a loucura até o último recuncho deste enfermo mundo de cordos”. Á venda en www.baiaedicions.net

17,70 €

10 € A burra Ramona

Autoría: Xosé Tomás | Ilustracións: Paula Carballeira A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei. E, unha vez máis, o pasado lidando con ese presente tan complicado. Á venda en www.baiaedicions.net


14 Libros

Biblos Clube de Lectores Quintá Nº 8 - 15391 Mandaio, Cesuras (A Coruña) Tel. 981 777 207 subscritores@biblosclube.com

www.biblosclube.com

Consulta a revista en liña

www.biblosclube.com/pdf/revista71.pdf


Rinoceronte Editora Enderezo: Avenida de Vigo, 103, galerías - 36940 Cangas do Morrazo Tel. 986 168 028 info@rinoceronte.es

15 Banda deseñada

www.rinoceronte.es

Persépole de Marjane Satrapi Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia.

24 €


16

Ela Diz

Roupa e complementos

Rúa Nova 24 – 15705 Compostela Tel. 981 519 280 info@eladiz.com

www.eladiz.com

Colar As Marías Pezas únicas realizadas con arxila polimérica, acabado en pintura acrílica, trenza de algodón e abalorios. Feito en Galiza.

34 € Podes mercar na tenda Ela Diz en Santiago de Compostela ou en www.eladiz.com.

Colares Milena Colares feitos a man con porcelana, madeira, latón e abalorios. Feito en Galiza.

39,90 €


Calendario 2015 Calendario artesanal, feito con diferentes ilustracións orixinais da artista. Feito en Galiza.

14 €

Suadoiro Pedras Suadoiro de algodón con bordado de fíos metálicos e pedras en forma de insecto. Feito en Galiza.

128 € Zocos Zocos de pelo de vaca que podes encargar ao teu gusto. Feito en Galiza.

95 €


18 Roupa

OZOCOgz Merca en tendas colaboradoras e a través do Facebook

www.ozocogz.com

• Nunca Máis: bolsa, lámina, paraugas • Camisola Matraquinho • Camisola Humor • Camisola O zoco • Camisola Buxaina Podes facer o teu pedido a través de facebook en www.facebook.com/desenho. galego ou por correo electrónico ozocogz@ gmail.com Servimos en todo o territorio do Estado español agás illas. Tamén podes mercar en calquera das tendas colaboradoras con OZOCOgz distribuídas ao longo do País. Pode haber unha tenda zoqueira moi preto de onde vives. Consulta cales son na nosa web www.ozocogz.com



20

Amarante Setem Organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento Nas tendas de: • Compostela - R/ Quiroga Palacios 8 • Pontevedra - R/San Román, 9 Tlf: 986 848 159

Roupa e complementos Alimentación

www.amarantesetem.org

As socias e os socios da Mesa teñen un 10% de DESCONTO nas súas compras en tenda.

Produtos reciclados de Comercio Xusto Bandexa de lata, bolsos, moedeiros, neceseres, fundas para móbil, estoxos, bolsas da compra, delantais, manteis individuais... elaborados con plásticos reciclados. Producidos pola organización MAI HANDICRAFTS de Vietnam, que actualmente ocupa a máis de 500 persoas produtoras, e destina TODOS os beneficios que consegue da súa venda ao reinvestimento en actividades sociais que fomenten o emprego, a formación e a autosostebilidade das familias marxinadas e minorías étnicas desa zona de Vietnam.

desde

3,10 € ata

16,30 €

Camisolas Galegas de Comercio Xusto (“Rosinha Recicleira”) Camisolas de algodón 100% sen clorar de Comercio Xusto (India), deseñadas e elaboradas coa técnica semi-artesanal do vinilo por Rocío Alén (Galiza), exclusivamente para AMARANTE Setem. Para muller, home, nenas/os e unisex, en diferentes talles e cores.

12 €


Roupa e téxtiles artesanais da cultura maia

desde

11 € ata

32 €

Cestas de produtos de alimentación de Comercio Xusto Cestas de alimentos de Comercio Xusto de calidade, procedentes de Galiza e de todo o mundo: cafés, chocolates, panela, pastas, arroces, quinoa, marmeladas, zumes, infusións... Elaborados con respecto aos dereitos laborais e sociais das persoas produtoras e ao medio ambiente. Produtos naturais, éticos e sostíbeis, co valor engadido da defensa da dignidade das persoas. PVP (depende dos produtos escollidos):

• Cesta pequena - 12 € aproximadamente • Cesta mediana - 19 € aproximadamente • Cesta grande - 28 € aproximadamente

Cooperativa de mulleres de Chiapas - Jolom Mayaetik (“Tecedoras maias”). Blusas, camisas, coxíns, estuchesfundas de gafas, bolsos... Produtos exclusivos elaborados artesanalmente polas mulleres da Cooperativa Jolom Mayaetik (Chiapas-México), cargados do simbolismo e a profundidade cultural da cultura maia. Son produtos feitos a man, bordados e tecidos en tear de cintura e de pedais, con fíos de algodón e la. A súa liña de produtos abarca desde deseños tradicionais até innovacións nas tendencias da moda, e está dirixida a todos os públicos, co obxectivo de dar a coñecer a tradición dos seus antepasados maias e a súa propia visión do mundo téxtil. Jolom Mayaetik é unha cooperativa independente, integrada por 250 mulleres artesás indíxenas de diferentes comunidades dos Altos de Chiapas. Coa súa loita polo empoderamento da muller, están creando espazos colectivos de mulleres para atopar un mercado xusto aos seus produtos.


22 Alimentaci贸n

Daveiga Pol铆gono industrial de Chantada - 27500 Chantada (Lugo) Tel. 982 440 222

www.daveiga.es


23

Pegadas Polígono de Pocomaco G22 - A Coruña Tel. 981 907 190 correo@pegadas.es

Agasallos

www.pegadas.es

Coxín impreso 1 cara ou 2 caras Camiseta ou suadoiro

PowerBank

Taza cerámica Fotolenzo 70x50


24 Agasallos

Agasallo.eu tel. 981 757 815 info@agasallo.eu

www.agasallo.eu


25

San Luis Praza de Vigo, 2 - 15706 Santiago de Compostela Tel. 981 942 465

Electrodomésticos

www.sanluis.es

12 5 ,7 ” cm

99,90 € Móbil HISENSE U966 Pantalla

5”

Cámara

5 MP

android

4.2

• Pantalla táctil capacitiva de 5” FWVGA, TFT • Cámar traseira 5 Mp (AF)

• Procesador: qualcomm MT6582M, Quad-core cpu, 1.3 Ghz • Gsm: 900/1900/2100Mhz • dual standby • 1gb ram + 4gb (rom) amp 32gb (micro sd) • Cámara dianteira 0,3 mp • wi-fi 802.11 b/g/n, bt3.0, gps, fm • batería: 2000 mah • sensor de proximidade • sensor de ambiente • micro usb, 3.5mm headset jack Fotografía non contractual, suxeito a variación do fabricante

Pantalla

10”

79,90 €

199 € Deshumidificador TROIA 24L • Capacidade de deshumidificación ata 24 litros/día • 3 velocidades • Humidistato, compresor rotativo • Depósito 3,5 litros • Temporizador

android

4.2.2

Tablet JOY 10” • • • •

Pantalla capacitiva 10” cpu dual core sistema operativo android 4.2.2 4gb de memoria interna


26 Tenda especializada

Mundo Canabo Nas tendas de: • A Coruña - Rua Pdte. Salvador Allende nº7 • Santiago de Compostela - Rúa dos Basquiños nº22 Tlf: 981 207 627 - 981 581 052

www.mundocanabo.com

Kit iluminación CFL 125W (baixo consumo) para crecemento O kit iluminación CFL 125W está especialmente creado para as fases de crecemento. Inclúe un reflector liso ou estucado e unha lámpada CFL de 125W Lumii para crecemento. Podes empregalo para crecemento, gallos e xerminación. Xeran tan pouco calor que podes poñelas a menos de 3 cm das túas plantas. A lámpada ten un baixo consumo e unha longa vida, polo que aforrarás na túa factura de luz.

Kit de cultivo básico 400W crecemento e floración Este Kit de cultivo inclúe os produtos necesarios para a iluminación e o control do clima dunha área de cultivo de arredor de 1m2 (100 x 100 cm) Contén: • Balastro Lumii Plug & Play 400W • Pantalla Reflectora grande • Lámpada VPS Lumii 400W • Extractor helicoidal 125 mm • Tubo flexible (5m con bridas) • Termohigrómetro digital • Temporizador • Lámpada CFL 125W Lumii cool white (Luz blanca para o crecemento) • 5 sementes Skunk GRATIS • Bactohemp 10 GR GRATIS


Armario Cultibox 100x100x200cm O armario cultivox é a opción máis económica do noso catálogo. Hai catro tamaños para este armario: • 60 x 60 x 140 • 80 x 80 x 160 • 100 x 100 x 200 • 120 x 120 x 200 É un armario moi fácil de montar. Ten unha estrutura de tubos metálicos resistentes. Neste tamaño podes montar equipos de 250W-400W-600W, sendo recomendable un de 400W por aproveitamento máximo da luz. Un equipo de 600W é perfecto para un armario de 120 x 120 x 200cm É a opción perfecta para quen busca equilibrio entre calidade e prezo.

sementesnasnosas tendasdaCoruña eSantiago Oferta sementes Todas as sementes da nosa web agora cun 30% de desconto. • Dinafem • Sweet Seeds • Ripper Seeds • Sensi Seeds • Buddha Seeds • Atomik Seeds • Genehtik • 00 Seeds • Advanced Seeds Recorda que os portes son gratis a partir de 50€

entodasassementes danosaweb mundocanabo.com


28

Acouga

Bonos de agasallo

Rúa Nosa Señora do Rosario, 10 baixo 15001 - A Coruña Tel. 646 377 888 acouga.coruna@gmail.com

Bono 2 tratamentos no Centro de Terapias Manuais Acouga Bono de 2 sesións no Centro de Terapias Manuais Acouga, a escoller entre Quiromasaxe, Osteopatía, Reflexoloxía Podal. Pódese adquirir no propio centro, ou reservalo por teléfono, email ou whatsapp.

45 €


29

A Mesa

A Tenda da Mesa

90 € Augaforte de Xosé Monxardín Medidas 76 x 57 cm. Os exemplares son numerados e están asinados polo autor.

Chapas Con diferentes lemas. Tamaño: 25 mm diámetro.

1€

0,50 € Autocolante Goza coa túa lingua


30

A Tenda da Mesa

tenda.amesanl.org

22 € Libro ‘Camiño Peregrino’

10 €

de Christina Oiticica

A Fundación Via Galego edita o libro Caminho Peregrino, de Christina Oiticica, como resultado do traballo da artista brasileira sobre a interacción entre a súa arte e a terra do Camiño de Santiago. 140 páxs.

Camisola ‘Eu falarei’ Camisola unisex de cor azul co lema ‘Eu falarei’. Talles S,M,L, XL

5€

Camisolas ‘Queremos galego’ Camisola unisex de cor negra. Talles S,M,L,XL,XXL,XXXL


tenda.amesanl.org

A Tenda da Mesa

Bolsa ‘En galego, da cabeza aos pés’

10 €

3€

Camisola ‘Eu quero o galego’ Camisola de cor branca co lema ‘Eu quero o galego’ Talles para unisex: S,M,L,XL,XXL Talles para muller: S,M,L

1,50 € Bolígrafo de cor azul

‘A Mesa pola Normalización Lingüística’

Gastos de envío: • Recollida no local nacional da Mesa: 0 euros • Envíos a domicilio: 5€ máis un 3% sobre o importe total do pedido. O local nacional da Mesa está na Avenida de Lugo, 2A de Santiago de Compostela.

31


32

Directorio de asociados Alimentación e bebida

Artes gráficas

Amarante

Deseño e Cores

Comarca 54

Tórculo Artes Gráficas

Rúa de San Pedro, 67 | 15703 - Santiago tel. 981 584 713 | www.amarantesetem.org

Hórreo, 98 | 15703 - Santiago de Compostela tel. 981 104 556 | www.facebook.com/comarca54

Daveiga

Poligono Industrial “Os Acivros” | 27500 - Chantada tel. 982 440 222 | www.daveiga.es

Erica Mel

Rua Santa María, s/n | 15810 Arzúa tel. 981 508 142 | www.ericamel.com

Granxa O Cancelo

Lugar do Cancelo - Bemantes | 15630 - Miño tel. 981 647 560 | www.facebook.com/granxaocancelo

Larpeiradas Anxo

Pol. Indust. Sabon Parcela 8B - Nave E | 15142 - Arteixo tel. 981 641 944 | www.facebook.com/larpeiradasanxo.efroitossecos

Vide, vide! Espazo enocultural

Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10 | 15702 - Santiago tel. 981 582 911 - 606 558 640 | www.videvide.net

Dona Urraca, 84 | 27004 - Lugo tel. 982 240 400 | www.deseno.net

Vía Edison, 33-35 | 15890 - Santiago de Compostela tel. 902 905 024 | www.torculo.com

Asesorías / Finanzas / Seguros Asesoría Neves

Morales Hidalgo, 16 | 36869 - Ponteareas tel. 986 644 059

Axencia de Seguros Exclusiva Ribeira do Berbés SL Ribeira do Berbés, 49-A | 36202 - Vigo tel. 986 222 093 | www.axa.es

Compostela de Xestión

Alfredo Brañas, 25 - 3º B | 15701 - Santiago tel. 981 593 338

Ipr Xestión

Av. da Coruña, 13-15 | 15185 - Cerceda tel. 981 685 155 | www.iprxestion.com


Audiovisuais Cafecongotas - Comunicación Visual Carrero Blanco, 12 - 1º | 15145 - Caión (A Laracha) tel. 616 607 691 | www.cafecongotas.net

Dual S.T.

Rúa Alcalde Espiñeira, 25 | 15310 - Curtis tel. 619 343 329 | www.dualst.blogspot.com.es

Emedous Produción e Distribución Antonio Gomez Vilaso - Local 3 | 15702 - Santiago tel. 981 534 132 | www.emedous.com

Construción ecolóxica Obrabio, S.L.

Sargadelos, 24 | 27891 - Cervo (Lugo) tel. 982 557 916 - 657620767 | www.obrabio.com

Editorial

Edicións Positivas

Carretas, 18 | 15701 - Santiago de Compostela tel. 981 553 051 | www.edicionspositivas.com

Edicións Xerais

Doutor Marañon, 12 | 36211 - Vigo tel. 986 214 888 | www.xerais.es

Patasdepeixe

Rúa E. Blein, 1 - 2ºA | 36202 - Vigo tel. 679 777 111 | www.patasdepeixe.com

Rinoceronte Editora

Av. de Vigo, 103 | 36940 - Cangas do Morrazo tel. 986 168 028 | www.rinoceronte.es

Espectáculos / Cultura Grupo Chévere - Rede Nasa

Carballeira de San Lourenzo, 38-39 baixo C 15705 Santiago de Compostela tel. 981 594 996 | www.grupochevere.eu

Baía Edicións

Pol. de Pocomaco, 2ª Av - A2 Nave 2 | 15190 - A Coruña tel. 981 174 296 | www.baiaedicions.net

Biblos Clube de Lectores

Quintá, 8 Mandaio | 15391 - Cesuras tel. 981 790 039 | www.biblosclube.com

Demo Editorial

Ronda de Nelle, 81-83 Esq, Local C | 15007 - A Coruña www.demoeditorial.Blogspot.com.es

Formación / Ensino Ardora Formación e servizos

Couto de San Honorato, 92 - Entrechan Of. 1 | 36204 - Vigo tel. 986 020 899 | www.ardoraformacion.com

Tagen Ata

Estrada da Gándara, 33-35 | 15570 - Narón tel. 881 939 142 | www.tagenata.com


Informática Dimensiona Consultoría Tecnolóxica

Rúa Londres, 1 | 15707 - Santiago de Compostela tel. 981 564 579 | www.dimensiona.com

Infraestruturas / Equipamentos Laborgal Suministros Profesionais

Rua do Romaño, 19 | 15898 - Santiago de Compostela tel. 981 890 981 | www.laborgal.info

Nanube

Ramón Cabanillas, 6 - 3º B | 15701 - Santiago tel. 881 977 134 | www.nanube.com

Lecer 14!

San Vicente de Paul, 11-15 | 15002 - A Coruña http://www.facebook.com/pages/14/57198661160

Alvarella Ecoturismo

Breanca - Doroña s/n | 15637 - Vilarmaior tel. 981 784 563 | www.alvarella.com

Lúcete Lecer Rúa Sáenz Díez, 17 3º Esq | 32003 - Ourense tel. 661 120 390 - 661 12 03 70 | www.lucete.info

Patachim

Beiramar, 16 | 15001 - A Coruña tel. 981 929 264 | www.facebook.com/pages/Patachim

Seguridade A-1

Republica Arxentina, 29 | 15701 - Santiago tel. 981 592 121 | www.seguridade-a1.com

Viplaro

Vía Edison, 37 A | 15707 - Santiago de Compostela tel. 981 561 464

Investigación Ventos Estudos Ambientais

Av. Peirao Besada, 103 (Lourido) | 36994 - Poio tel. 986 873 931 | www.ventos.es

Libraría / Papelaría Aira das Letras

Emilia Pardo Bazan, 5 | 32660 - Allariz tel. 988 442 324 | www.airadasletras.com

Libraría A Nova

Xerónimo Feixoo, 11 | 32005 - Ourense tel. 988 238 841

Libraría Cartabón

Urzaiz, 125 | 36205 - Vigo tel. 986 372 883 | www.librariacartabon.com

Libraría Pedreira

Rúa do Home Santo, 55 | 15703 - Santiago tel. 981 585 403 | www.librariapedreira.com


Livraría Suévia

Rúa Vila de Negreira, 32 | 15011 - A Coruña tel. 981 907 638 | www.facebook.com/galaecialibraria

Medios de comunicación De Luns a Venres

Fernando de Casas Novoa, 35 A 1B | 15707 - Santiago tel. 981 568 743 | www.galiciae.com

Galicia Confidencial

Rúa das Hedras, 4 2N | 15895 - Milladoiro (Ames) tel. 981 580 679 | www.galiciaconfidencial.com

Restauración, hostalaría e aloxamento A Tafona

Virxe Da Cerca, 7 | 15003 - Santiago de Compostela www.atafonadoperegrino.com

Airas Nunes

Rúa Do Vilar, 17 | 15705 - Santiago de Compostela tel. 981 582 516 | www.airasnunes.com

Budiño da Serra Seca

A Serra Seca, 103 (Viladesuso) | 36309 - Oia tel. 986 361 856 | www.budinho.com

Camping Poblado A Gaivota

Praza Pública

Praia de Barreiros | 27790 - Barreiros (Lugo) tel. 982 124 451 | www.campingpobladogaivota.com

Radiofusión

Casa da Balea

Praza do Concello, s/n | 15500 - Fene tel. 981 492 773 | www.radiofusion.eu

Rúa Rafael Juan, 44 | 15130 - Corcubión tel. 981 746 645 | www.casadabalea.com

Sermos Galiza

O Dezaseis

www.praza.com

www.sermosgaliza.com

Tempos

Rúa dos Porróns, 8 - 2º | 15705 - Santiago tel. 981 557 119 | www.temposdixital.com

Publicidade Pegadas Sociedade Cooperativa Galega Rúa de Paraguai, 9 (Meicende) | 15008 - A Coruña tel. 981 907190 | www.pegadas.es

Rúa de San Pedro, 16 | 15703 - Santiago de Compostela tel. 981 564 880 | www.dezaseis.com

Pizzbur

Suasbarras, Edificio Dos Castelos, 42 | 27850 - Viveiro tel. 982 550 705 | www.pizzbur.gl


Servizos lingüísticos Englishpanish

Camiño do Vilar, 22 - Lugar da Faísca | 15570 - Narón tel. 651 707 049 | www.englishpanish.com

Servizos médicos Dentalio - Protésico dental

Sánchez Freire, 5 Baixo Dta. | 15760 - Santiago tel. 981 524 752 | dentalio@dentalio.eu

Téxtil / Complementos A Reixa

Mazarelos, 9 | 15703 - Santiago tel. 981 575 138 | www.areixa.tv

Ela Diz

Praza Fuenterrabía | 15702 - Santiago de Compostela www.eladizcompostela.wordpress.com

O Zapateiro

Jesús García Naveira, 27-29 (Gadis) | 15300 - Betanzos tel. 981 773 927

Ozocogz

Rúa Conde Vallellano, 53 - 5º Esq | 32500 - O Carballiño tel. 600 876 196 | www.facebook.com/desenho.galego

Varios / Comercio A Cova Da Terra

Nóreas, 12 | 27001 - Lugo tel. 982 230 211 | www.covadaterra.org

Acouga Quiromasaxe

Nosa Señora Do Rosario, 10 | 15001 - A Coruña tel. 646 377 888 | www.facebook.com/pages/Acouga-Centro-de-terapias-manuais/222518771099497

Mundo Cánabo

Cabo Santiago Gómez, 19 | 15004 - A Coruña tel. 981 207 627

Quercus

Santiago Álvarez, 1 | 15179 - Oleiros tel. 981 627 316

San Luís

Menéndez Pelayo, 8 2º | 15005 - A Coruña tel. 981 923 496 | http://www.sanluis.es

Viveiros Moreira

Ameneiro, 1 | 15509 - Sillobre (Fene) tel. 649 434 689 | www.viveirosmoreiraweb.es

Vivenda Caxer Madeira

Xeneral Sanjurjo, 62 B | 15006 - A Coruña tel. 981 924 480 | www.caxercarpinteria.com


Que é Abertos ao Galego? • Un certificado de calidade asociado ao uso do galego • Abertos ao Galego ten catro niveis, que dependen do tipo de uso que faga cada empresa do galego. Son empresas moi diferentes entre si e con realidades moi diversas. Algunhas están comezando a daren os seus primeiros pasos no uso do galego (nivel 1), outras fan a información exterior en galego e destacan esta lingua entre outras que poidan utilizar (nivel 2), outras, ademais de ter a información exterior en galego, utilízano como lingua interna de traballo para a súa documentación (nivel 3) e outras, ademais de faceren un uso sistemático interno e externo do galego, dinamizan de xeito especial o uso e a extensión da lingua galega (nivel 4). • Unha rede de colaboración entre empresas • As empresas que forman parte de Abertos ao Galego teñen ao seu dispor á Mesa pola Normalización Lingüística para colaborar con elas, mais tamén para axudalas a colaboraren entre elas, procurando xeitos de sumar esforzos. • Un lugar onde saber que empresas ofertan os seus servizos e produtos en galego • Calquera persoa que precise contratar un servizo ou adquirir un produto e queira que sexa en galego, pode atopar información en Abertos ao Galego. Colaboran con nós xestorías, arquitectos, distribuidores de lambetadas, unha empresa de carpintaría, deseñadores… E agardamos que cada vez haxa máis empresas e produtos diferentes. • Un lugar onde os socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística poden obter descontos por consumiren nas empresas colaboradoras • Moitas das empresas de Abertos ao Galego fan descontos especiais para socios e socias da Mesa pola Normalización. Podedes consultalos aquí: http://www.amesanl.org/gl/abertosaogalego/Descontos_Abertos_ao_Galego • Un xeito de promover o uso do galego no ámbito da empresa e do comercio • A mellor forma de promover o galego é usándoo en todos os ámbitos da vida, polo que coñecer e apoiar as empresas que forman parte de Abertos ao Galego é un xeito moi positivo de promover activamente o noso idioma.

Súmate! Queres que a túa empresa forme parte de Abertos ao Galego? Só precisamos uns poucos datos da empresa: Persoa de contacto

Nome Enderezo CP Correo electrónico

Localidade

Concello

Páxina web

Telefone

E un pouquiño máis de información para saber en que nivel do certificado cadra mellor a túa empresa: 1. Utilizades a toponimia oficial? 2. Ofrecedes a vosa información exterior en galego? Referímonos a publicidade, sinalización externa, publicacións, tarxetas, merchandising… Calquera cousa que os vosos clientes vexan de vós 3. Se usades galego xunto con outras linguas de forma maioritaria, o galego aparece destacado de algunha maneira? 4. A vosa documentación interna está en galego (nóminas, estatutos, contabilidade) de xeito maioritario? 5. Solicitades dos vosos provedores e da administración que vos remitan a información en galego? 6. Facedes algunha actividade específica de dinamización da lingua galega? abertosaogalego@amesanl.org | tel. 981 563 885


Este Nadal agasalla en galego

g Abertos ao Galego

www.amesanl.org/abertosaogalego

Imaxe da cuberta de Freepik.com

Encontra os teus presentes de Nadal entre as ofertas das empresas asociadas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.