Os teus presentes e compras do Nadal,
Catรกlogo de Nadal
2
Dez razóns para apoiarmos un consumo responsábel co galego Algunha vez pensaches en que lingua están escritos os rótulos do supermercado onde fas a compra todas as semanas? Ou sabías que é posíbel contratar unha asesoría que che faga a declaración de impostos en galego? Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións: non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua. As empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Nós podemos apoialas no noso día a día consumindo os seus produtos e servizos e animando outras persoas a faceren o mesmo. Propómosvos dez motivos polos que preferirmos empresas que traballan en galego, mais hai moitos máis: 1 Porque temos dereito a escoller, e quen escolle a nosa lingua tamén nos escolle a nós. 2 Porque o galego nos identifica como cidadáns e cidadás no mundo. Prestixiar o galego é prestixiármonos nós mesmos/as. 3 Porque recibiremos unha atención máis personalizada e próxima. 4 Porque contribuiremos á creación e mantemento de postos de traballo no noso país. As empresas que poden atendernos en galego teñen no seu cadro de persoal traballadores e traballadoras galegos/as. Apostar por estas empresas é apostar por crear postos de traballo na nosa terra. 5 Porque estaremos apostando por empresas que asumen a súa responsabilidade social. 6 Porque podemos apoiar empresarios e empresarias que fan un esforzo polo uso do galego. 7 Porque dun xeito amábel e directo podemos facer máis polo noso idioma que moitas campañas de divulgación. Apoiando activamente as empresas que apostan polo galego estamos facendo moito por promovermos o galego no ámbito socioeconómico. 8 Porque contribuiremos a que outras empresas usen o noso idioma de xeito normal. Apoiar a presenza do galego no ámbito socioeconómico dálle prestixio á lingua e ten efectos multiplicadores noutros ámbitos da vida social. 9 Porque as empresas que usan o galego, interna e externamente, entenden que o noso idioma é un elemento positivo para a súa imaxe. 10 Porque os produtos etiquetados en galego teñen tanta ou máis calidade que outros. A lingua galega é unha marca de orixe e a orixe galega dos produtos é un sinal de calidade, e en moitos casos de elaboración natural e artesanal.
3
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta novamente o Catálogo de Nadal. As empresas de Abertos ao Galego facilítannos a escolla de agasallos en galego con diferentes propostas. Consideramos importante destacar a actividade de empresas que teñen en común o uso normal da nosa lingua. É fundamental visibilizar o galego en datas tan especiais e grazas ao compromiso destas empresas co uso do galego no día a día é posíbel. No Catálogo de Nadal atoparás variedade de produtos para agasallar nestas festas: libros, xogos, roupa, música, alimentación… nos que o galego está presente. Como consumidoras e consumidores ao decidirmos facer presentes en galego estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía. Estes pequenos xestos son moi importantes para conseguirmos que entre todas e todos a situación da nosa lingua mellore. Desexamos un 2017 cheo de ilusión, felicidade e avances para o galego. Marcos Maceira Eiras Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
A tenda da Mesa
4
www.amesa.gal/tenda
O abecedario Con este título comezamos un proxecto didáctico destinado á educación infantil. O abecedario, as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán, é para aprender mais tamén para admirar as ilustración, para ver, imaxinar ou inventar. Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego, recoñecer as letras e aprender o abecedario galego. Este libro compleméntase coa canción de Magín Blanco «O abecedario».
9,00 €
Socios/as 7,20 €
As Aves As aves, con 30 ilustracións de Calros Silvar, é para aprender, identificar e provocar interese polo mundo das aves nas nenas e nenos. Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de aves galegas comúns. Este libro compleméntase coa canción de Magín Blanco, «Voa paxariño».
9,00 €
Socios/as 7,20 €
Peixes e outra fauna mariña Os peixes e outra fauna mariña, con 30 ilustracións de Tokio, é para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos. Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de peixes comúns. Este libro compleméntase coa canción de Magín Blanco, «Peixiños do mar».
9,00 €
Socios/as 7,20 €
A tenda da Mesa
5
www.amesa.gal/tenda
Lámina O abecedario
Augaforte de Xosé Monxardín
Medida: 70×42 cm
Medidas 76 x 57 cm Exemplares numerados e asinados polo autor
90,00 €
Camiño peregrino de Christina Oiticica
12,50 €
A Fundación Via Galego edita o libro Camiño Peregrino, de Christina Oiticica, como resultado do traballo da artista brasileira sobre a interacción entre a súa arte e a terra do Camiño de Santiago. 140 páx.
Socios/as 10,00 €
22,00 €
A tenda da Mesa
6
www.amesa.gal/tenda
A voz do vento (libro-CD) Poemas de Manuel María Música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel Ilustracións de Jano A Mesa celebrou a elección de Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2016. A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.
20,00 €
Socios/as 16,00 €
O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas. A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás. Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.
O idioma é a vida Escolma de textos sobre a lingua galega de Manuel María Manuel María é unha das voces máis importantes e singulares da literatura galega contemporánea. Xeralmente máis coñecido como poeta, tamén cultivou outros xéneros literarios como a narrativa, o teatro, o ensaio ou a prosa xornalística, a se converter así nun dos autores máis prolíficos e polifacéticos da nosa historia literaria. Ao mesmo tempo, o compromiso cívico coa nación galega, coas clases populares e co idioma propio converten o autor nun referente para a sociedade galega e nunha das súas figuras exemplares. O idioma é a vida. Escolma de textos sobre lingua galega é unha escolla dos textos máis representativos que Manuel María dedicou á exaltación e defensa da lingua galega.
1,00 €
A tenda da Mesa
7
www.amesa.gal/tenda
2,00 €
Pano «Eu quero o galego»
10,00 €
Camisola «A fala é a voz da terra e máis do mar» Deseño con cita de Manuel María Branca. Talles 1-2 anos Negra. Talles 3 anos, 4/5, 6/8, 10/12, S, M, L,XL, XXL, XXXL
Bolsa «En galego, da cabeza aos pés»
3,00 €
A tenda da Mesa
8
www.amesa.gal/tenda
5,00 €
10,00 €
Camisola «Queremos galego»
Camisola «Eu quero o galego»
Camisola unisex de cor negra Talles S,M,L,XL,XXL,XXXL
Branca Talles para unisex: S,M,L,XL,XXL Talles para muller: S,M,L
Chapas 25 mm. Diferentes lemas
1,00 €
Libros para nenos e nenas
EDITORIAL XERAIS Produtos á venda en librarías www.xerais.es
Xa non estou aquí de Iria Misa Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016
Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte…
12,00 €
Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias Premio Merlín de Literatura Infantil 2016
16,65 €
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos.
9
10
Libros para nenos e nenas
PATASDEPEIXE EDITORA Rúa E. Blein 1-2.o A. 36202 Vigo Tel. 679 777 111/659 168 767 info@patasdepeixe.com www.patasdepeixe.com
A meniña de libros de Oliver Jeffers e Sam Winston Unha meniña navega no seu barquiño a través dun mar de palabras, chega á casa dun neno e pregúntalles se quere unirse a ela nunha aventura. Por bosques de contos de fadas e a través das montañas de fantasía, os dous viaxan xuntos nunha xornada fantástica que abre a imaxinación do neno. Agora ten fronte a el unha vida de maxia e aventura… Pero quen será o próximo? Combinando imaxes de Oliver Jeffers e paisaxes tipográficas de Sam Winston elaboradas con fragmentos de contos clásicos e cancións de berce tradicionais galegas, A meniña de libros é un poema visual en prosa abraiante que nos abre as portas ás recompensas da lectura e da importancia de compartirmos historias. É unha experiencia de lectura inmersiva e inesquecible que as lectoras van querer transmitir aos demais.
14,50 €
Primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill e Russell Ayto É o primeiro día de Daisy na escola de vacas, e os becerriños pásano pipa, pero Daisy non se acaba de afacer. Os seus cascos pintan diferente, a súa bosta non é igual e o mesmo pasa coas clases de remoer, e de espantar moscas co rabo. As outras vacas e touros pregúntanse se Daisy é unha vaquiña normal, ata que as pitas deciden tomar cartas no asunto! Esta historia para escachar co riso celebra a diferenza e aceptación. Está contada con moito sentido do humor por Rusell Ayto e coas marabillosas ilustracións de Andy Cutbill. Esta é a segunda parte do incrible libro A vaca que puxo un ovo.
14,00 €
Libros para nenos e nenas
PATASDEPEIXE EDITORA Rúa E. Blein 1-2.o A. 36202 Vigo Tel. 679 777 111/659 168 767 info@patasdepeixe.com www.patasdepeixe.com
11
Perdido? de Oliver Jeffers Unha vez había un neno, e un día atopou un pingüín na porta…
A casa enmeigada de Jan Pienkowski Entra sen chamar!
20,00 € 14,00 €
Na busca dun fogar de Alexis Deacon e Viviane Schwarz Un álbum ilustrado épico sobre un bravo grupo de irmáns, perdidos e buscando un novo fogar. Atoparano, a través do mar, as montañas, o deserto, a través de labirintos interminables e alén do borde do mundo onde bestas estrañas están á espreita? E van conseguir permanecer xuntos? E como saben cara a onde van, se levan todos cascos de protección?
15,00 €
12
Libros para nenos e nenas
SUSHI BOOKS Produtos á venda en librarías www.sushibooks.es
O mono do asasino de Jakob Wegelius Tradución de Moisés Barcia Colección Avanzado. 624 páxinas A partir de 12 anos. Ilustracións en branco e negro
Narrada pola propia gorila nunha máquina de escribir, a historia desenvólvese desde portos de todo o mundo á corte dun maraxá da India. Os lectores deleitaranse coa historia de principios do século XX e quedarán absortos polas innovacións tecnolóxicas da época. Esta aventura vertixinosa con apariencia de novela de misterio é esencialmente unha historia sobre amizade e soidade.
24,00 €
A lenda de Sally Jones de Jakob Wegelius Tradución de Moisés Barcia Colección Álbum. 112 páxinas A partir de 9 anos. Ilustracións a cor. Premio August 2008 ao mellor libro de LIX
Sentimientos e intriga con ollos de simio «Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en terras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. É unha historia sobre maldade arteira en xunglas calorosas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis traizóns. Esta é a lenda de Sally Jones.»
16,00 €
A vida de Sally Jones é unha aventura, unha viaxe arredor do mundo na que se enfronta coa miseria e cunha marabillosa amizade. A protagonista é unha mona; os seus pais son asasinados por cazadores que, para evitar pagar impostos pola orfa, a sacan do país vestida de bebé e cun pasaporte expedido a Sally Jones. En Istambul, véndenlla a unha muller que ten os seus propios plans para a mona. Así comezan unha morea de aventuras e viaxes que a levarán de Port Said a Singapur e de Shanghai a San Francisco.
BIBLOS CLUBE DE LECTORES
Libros para nenos e nenas
Quintá, 8 - 15391 Mandaio, Cesuras (A Coruña) Tel. 981 777 207 subscritores@biblosclube.com www.biblosclube.com
O Apalpador e o arco da vella de Xoán G. Como di o autor no limiar, «Esta historia nunca pasou. Si, é verdade que non pasou, mais esta historia évos ben certa. E é certa porque vai pasar e se cadra non ha tardar moito, poida que cando rematedes de ler o conto xa teña pasado. A min contouma Coventina, a dona das augas, e eu téñolle lei, porque sei que sempre di verdade». Desta volta, grazas ás achegas de moitas persoas, o reparto de agasallos vaille resultar máis doado ao Apalpador. Xuntaranse en lugares simbólicos de toda Galiza e pinga a pinga encherán un misterioso frasquiño do que sairán os arcos da vella que carretarán o vello carboeiro a espallar ledicia, agasallos e castañas a todas as nenas e nenos do país. Unha nova entrega dos contos sobre o Apalpador de Xoán G. quen, coas súas ilustracións, fai chegar esa figura máxica ao corazón de pequenos e adultos.
15,95 €
Biblos Cartonado 21,5 × 23,5 cm. 40 páxinas
O Apalpador e a castaña máxica de Xoán G. Este ano o Apalpador traerá agasallos a todos os galegos, como todos os anos, mais tamén traerá outra cousa… Unha castaña máxica que ten unhas curiosas propiedades. Para descubrilas haberá que ter unha pouca paciencia. Trátase dun canto á imaxinación e a creatividade da man do Apalpador, das castañas e de algunhas razas autóctonas de animais domésticos. Biblos Cartonado 21,5 × 23,5 cm. 36 páxinas
13,95 €
O Apalpador de Xoán G.
13,95 €
O Apalpador é un personaxe mítico galego que vive nas devesas do Courel e na Noiteboa baixa a apalparlles a barriguiña a todas as nenas e nenos por ver se cearon ben e se están durmidiños, entón déixalles os xoguetes e mais unha presa de castañas. Xoán G. recolle a esencia da tradición e anova a imaxe dun persoaxe navideño practicamente perdido que noutros tempos debeu encher de ledicia as casa galegas. Biblos Cartonado 21,5 × 23,5 cm. 24 páxinas
13
14
BAÍA EDICIÓNS
Libros para nenos e nenas
Polígono de Pocomaco, 2.a Avenida, Parcela A2/22, 15190 A Coruña Tel. 981 174 296 comercial@baiaedicions.nets www.baiaedicions.gal
Denébola a Roxa de Héctor Cajaraville Gañadora do 7.o Premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil 2016
O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rendas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida. Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras. Á venda en www.baiaedicions.gal
11,95 €
As Irmandades da Fala de Pepe Carreiro Nin provincialismo, nin rexionalismo, nin galeguismo: nacionalismo! Non hai politiquiño dos da nosa Terra, nin xornal caciquil que non se chame galeguista. Todos son galeguistas! Mais o galeguismo é unha verba morta. É unha verba para os que din moi ocos estas parvadas de comedia: «el galleguismo bien entendido, el galleguismo sano, el galleguismo práctico…». El galleguismo armónico, el galleguismo amable... poderiamos engadir hoxe a esta crítica que Antón Villar Ponte escribiu hai uns cen anos e que podería seguir a escribir hoxe sen mudar unha soa letra. Coidádevos pois, prezadas lectoras, prezados lectores, dos galeguistas. E, de paso, xa postos a coidarnos, non deixedes de vixiar aqueloutro flanco que proclama España como una nación de naciones.
15,00 €
Á venda en www.baiaedicions.gal
BAÍA EDICIÓNS
Libros para nenos e nenas
Polígono de Pocomaco, 2.a Avenida, Parcela A2/22, 15190 A Coruña Tel. 981 174 296 comercial@baiaedicions.nets www.baiaedicions.gal
15
Miña querida Sherezade de Andrea Maceiras Gañadora do 6.o Premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil 2014
Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas. Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego. Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de min a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino. Por iso che pido, miña querida Sherezade, que non marches, que agora sexas ti quen me escoite.
12,95 €
Porque pode que esta sexa a miña última historia. Á venda en www.baiaedicions.gal
O mundo máxico de Tolkien de Krystal Camprubi w Édouard Kloczko Tes entre mans unha obra única no seu xénero. Ao pasar as páxinas, descubrirás un universo máxico e fabuloso, habitado por criaturas a cada cal máis abraiante. Achégate á Terra do Medio, un país extenso cheo de marabillas e de estrañas historias extraídas do maxín do excepcional narrador inglés J.R.R. Tolkien. Has saber como o hobbit Smeagold se converteu na arrepiante criatura chamada Gollum, has ler as aventuras de Smaug, o dragón, e de Beorn o home-oso. Non agardes máis: percorre as páxinas desta obra e déixate prender pola maxia do mundo de Tolkien. Que a luz dos elfos alume a túa lectura! Á venda en www.baiaedicions.gal
15,00 €
BRAZOLINDA
16
Xogos
Tel. 647 853 361 brazolinda@brazolinda.com www.brazolinda.com
Estes e outros xogos de Brazolinda poden mercarse en: - Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) - Libraría Andel de Vigo (avenida das Camelias, 102) - Directamente en Brazolinda (brazolinda@brazolinda.com, tel. 647 85 33 61 ou no Facebook Brazolinda xogos). Entrega en persoa en Santiago ou por correo fóra de Santiago
36,00 €
A noite do meigallo A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
Este xogo de adiviñas facilitará a comprensión lectora e a capacidade de análise, favorecerá a reflexión e o razoamento e fomentará a curiosidade de grandes e pequenos. Érase unha vez un grupo de meigas que se xuntaron para facer do seu mundo un lugar mellor. Cos seus coñecementos de maxia, de herbas e de cantigas ancestrais comezaron a xuntar ingredientes nun pote para ver que pasaba. E o que pasou foi que lograron crear un mundo especial no que a lúa, as estrelas e os planetas se aliñaron de maneira marabillosa. O xogo consiste en ir resolvendo adiviñas polo taboleiro adiante e obter os ingredientes necesarios para elaborar os meigallos, tendo que inventar os xogadores un pequeno verso para cada meigallo que realicen.
A horta dos caracois A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
Trátase dun xogo cooperativo no que tódolos xogadores van no mesmo equipo. Está deseñado para iniciar ós nenos nos xogos de mesa, cunhas normas moi sinxelas pero coa emoción necesaria para que cada partida sexa unha nova experiencia. Despois de preparar o terreo, sementar, regar e coidar a horta chegou o momento de recoller os seus produtos. Pero esta non é unha horta calquera, é unha horta ecolóxica inzada de caracois. O que temos que facer é recoller toda a produción da horta antes de que a coman os caracois. O dado determinará se se colle un produto ou se se coloca un caracol. Gañarán tódolos xogadores cando non quede nada na horta por recoller; gañarán os caracois se se colocan tódalas súas fichas no taboleiro.
30,00 €
BRAZOLINDA
Xogos
Tel. 647 853 361 brazolinda@brazolinda.com www.brazolinda.com
17
26,00 €
24,00 €
35,00 €
O xardín das cores
O agasallo
A cabana
A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
A partir de 3 anos. De 1 a 4 xogadores
Con este xogo, os máis pequenos aprenderán as cores, novo vocabulario, a encaixar as pezas e, o máis importante, a xogar en grupo cunha normas comúns e adaptadas á súa idade.
Un xogo de axilidade e agudeza visuais e de concentración.
Este xogo traballa a observación, a concentración, a psicomotricidade fina e o pulso.
A primavera vaise achegando e as fadas das flores traballan arreo para telo todo preparado cando comece a estación. Pero son moitas as flores do campo e pedíronnos axuda nesta fermosa tarefa. Para iso, cada xogador terá que completar a súa flor colocando os pétalos da cor que indique o dado, tendo en conta que non poderá haber cores repetidas nunha mesma flor.
Chegou o grande día! Levamos moito tempo preparando unha festa das que non se esquecen na vida, pero temos un pequeno problema. Preparamos agasallos para todos e esqueceunos poñerlles o nome e non sabemos cal é para cada quen. Para localizar os agasallos teredes que buscar a peza que teña as cores que indiquen os dados. Só hai un agasallo por cada combinación dos dados e por iso cómpre ser moi rápido. Quen consiga 5 agasallos gañará a partida.
Imaxinade que sodes un grupo de exploradores perdidos nun manglar, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite… O xogo consiste en reproducir a figura que saia na carta antes que os demais, debendo manterse dereita cando se toque o timbre para poder comprobala. Este xogo conta con cartas de 4 niveis de dificultade diferentes, co que poden mesturarse todas ou seleccionarse por niveis dependendo das idades e habilidades dos xogadores para que sexa unha partida máis compensada.
RINOCERONTE EDITORA
18
Avenida de Vigo, 103, galerías 36940 Cangas do Morrazo Tel. 986 168 028 info@rinoceronte.es www.rinoceronte.es
Libros
18,00 €
14,00 €
As almas grises de Philippe Claudel
Philogelos de Hierocles e Philagrios
As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza.
Humor de onte e de hoxe
Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. Neste relato, debuxado nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son, dalgún xeito, vítimas. Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses 206 páx. Narrativa contemporánea adultos
A obra Philogelos (O amante da risa) é a compilación de chistes máis antiga aínda conservada. A obra, que consta de 265 chistes, está ordenada tematicamente, e moitos serían perfectamente aplicábeis a situacións contemporáneas. Son contos curtos, dotados dun gran inxenio, e cuxa tradución estará adaptada ao humor máis actual. Sorprenderá ao lectorado a cantidade de contos que aínda se contan hoxe en día e que aparecen verquidos nesta compilación que os recolleu da tradición oral hai máis de quince séculos. 88 páx. Narrativa clásica. Humor
14,00 €
A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows Un club de lectura peculiar orixinado na guerra Xaneiro de 1946: a escritora Juliet Ashton recibe unha carta dun descoñecido, membro fundador da Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey. Así comeza unha excepcional historia sobre a illa de Guernsey durante a ocupación alemá, e dun club de lectura tan extraordinario coma o seu nome. Unha novela divertida e orixinal sobre o curioso mundo dos clubs de lectura. Tradución do grego antigo de Óscar Soto e Margarita Seara 280 páx. Narrativa contemporánea adultos
BAÍA EDICIÓNS Polígono de Pocomaco, 2.a Avenida, Parcela A2/22, 15190 A Coruña Tel. 981 174 296 comercial@baiaedicions.nets www.baiaedicions.gal
Libros
A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)
de Emilio Xosé Ínsua
Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. Con estas palabras, escritas en A Nosa Terra en marzo de 1936 (n.o 404) para chorar a desaparición física do xornalista de Viveiro, deixaba Castelao ben clara a enorme transcendencia que tanto para si propio como para a historia política e cultural da Galiza no seu conxunto tivera a posta en marcha, o 18 de maio de 1916, da primeira das Irmandades da Fala, á que ben axiña se sumarían outras. Transcorridos cen anos desde aquel acontecemento histórico, a presente monografía ve lume para intentar ofrecer unha descrición fiel e detallada da traxectoria, actividades, publicacións, campañas, iniciativas, debates e conflitos que foron balizando o desenvolvemento desta entidade, unanimemente considerada pola historiografía como punto de arranque do nacionalismo galego contemporáneo. A súa disolución no seo do Partido Galeguista, en decembro de 1931, marca por iso mesmo o remate do noso percorrido, no que propositadamente emprestamos atención ás diversas vertentes esenciais do labor dese auténtico “cerebro colectivo” que foron as Irmandades: a reivindicación idiomática, o labor literario-cultural, a acción política e a elaboración doutrinaria. Optamos por facer un desenvolvemento pegado á cronoloxía, pois pensamos que así, presentados no seu contexto histórico en cada momento, entenderanse mellor os méritos, as dificultades e os logros de cada unha das iniciativas irmandiñas.
15,00 €
Notarase en moitos parágrafos desta monografía a especial relevancia que concedemos á figura e aos textos do promotor das propias Irmandades, Antón Villar Ponte, de quen nos servimos como eixo vertebrador do noso relato e a cuxa obra xornalística acudimos reiteradamente para ilustrar os procesos e reviravoltas da entidade. Á venda en www.baiaedicions.gal
19
20
EDITORIAL XERAIS
Libros
Produtos á venda en librarías www.xerais.es
A ira dos mansos de Manuel Esteban Premio Xerais de Novela 2016
O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.
12,50 €
EDITORIAL XERAIS
Papelaría
Produtos á venda en librarías www.xerais.es
Calendario Xerais 2017 Magar Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección MAGAR. Inclúe festivos e fases da lúa.
Manuel García Castro «Magar» (1935) traballou en Faro de Vigo dende 1961 ata a súa xubilación en 2000. Magar posúe un dos máis valiosos arquivos fotográficos sobre a cidade de Vigo, durante as últimas catro décadas do século XX. Logo do grande éxito acadado cos volumes Vigo por Magar. 40 anos en branco e negro, Vigo por Magar II. Instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2004), Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007), publicados por Xerais, escollemos agora estas trece imaxes para o Calendario Magar 2017.
12,95 €
Axenda 2017 Axenda dietario (día por páxina) con información complementaria de efemérides galegas, cultura popular, feiras e festas locais, celebracións internacionais, calendario fiscal, onomástica, fases da lúa. Publicidade específica: páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente, posibilidade de estampación de logotipo na cuberta ou cuberta personalizada.
16,00 €
21
22
ACOUGA
Bonos de agasallo
Rúa Nosa Señora do Rosario, 10 baixo 15001 - A Coruña Tel. 646 377 888 acouga.coruna@gmail.com
BONO 2 tratamentos no Centro de Terapias Manuais Acouga Bono de 2 sesións no Centro de Terapias Manuais Acouga, a escoller entre quiromasaxe, osteopatía, reflexoloxía podal Pódese adquirir no propio centro, ou reservalo por teléfono, email ou whatsapp
50,00 €
MUNDO CÁNABO Rúa Salvador Allende, 7 15011 - A Coruña Tel. 981 207 627 info@mundocanabo.com www.mundocanabo.com
Tenda especializada
23
PEGADAS
24
Agasallos
Polígono de Pocomaco G22 - A Coruña Tel. 981 907 190 correo@pegadas.es www.pegadas.es
AGASALLO.EU Tel. 981 757 815 info@agasallo.eu www.agasallo.eu
Agasallos
25
ELA DIZ
26
Rúa Nova 24 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 519 280 info@eladiz.com www.eladiz.com
Roupa e complementos
Suadoiro de Toupa Monstro
Zocos de pelo de Elena Ferro
54,00 €
108,00 €
ELA DIZ Rúa Nova 24 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 519 280 info@eladiz.com www.eladiz.com
Roupa e complementos
Colar de Latonta y Larubia
36,50 €
Coxín Rosalía ou Castelao de Mágicos Gagarin
36,00 €
Postal Bo Nadal de Boh
3,00 €
27
28
A REIXA TENDA
Música e roupa
Hórreo 46, 15701 Santiago de Compostela Tel. 981 575 138
Xiro FEITO EN GALICIA 100% (Moaña/Boqueixón) Deseñado e confeccionado de forma local en Galicia. Regresando ás orixes apostando por unha produción local e sostible, utilizando tecidos ecolóxicos e tendo en conta os dereitos dos traballadores e consumidores. Slim Fit. Tiro medio 12.5 OZ Raw-Denim. 98% algodón orgánico/2% elastano (GOTS) Índigo escuro (tinguido de baixo impacto) Peto interior 100% algodón orgánico (GOTS) Etiqueta traseira de papel jacron lavable seguindo coa nosa filosofía de non empregar materiais que procedan de animais Pretina con 3 botóns
100,00 €
Os amigos dos músicos Dende Ourense chegan co seu primeiro LP Os Amigos dos Músicos un disco que é lugar de encontro entre estilos, entre tradición e contemporaneidade, unindo sons máis habituais no folk-rock anglosaxón con métricas, líricas e sonoridades propias de aquí, nun traballo que é e será referencia pola súa atemporalidade.
15,00 €
A REIXA TENDA
Música e roupa
Hórreo 46, 15701 Santiago de Compostela Tel. 981 575 138
29
Malandrómeda Os corenta e oito nomes do inimigo Malandrómeda Cada can que lamba o seu carallo
16,00 €
16,00 €
Malandrómeda tras cinco anos de silencio saca dous discos de golpe no selo galego Matapadre. Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba o seu carallo. Lendas vivas da música galega. Pioneiros do rap en galego. Letras doces e amargas a un tempo. Bases de música cunha produción exquisita e a voz de Hevi disparando versos con gheada, dramatismo e efectos especiais e espaciais. A gran virtude que teñen é facer que o público sexa cómplice do que escoita, falarlle no idioma que domina, con situacións que coñece e que fan que a xente se identifique completamente. Malandrómeda somos todos nós, os que sofren de desamor, os que van de pinchos pola zona vella, os que teñen comida familiar, os que invitan a unha rolda, os que falan con gheada e non os entenden en Madrid. Así hai que entender estes discos.
OZOCOgz
30
Roupa
Pódense adquirir na tenda online ozocogz-atenda.com ou en calquera das tendas ozoqueiras distribuídas ao longo do País
Merca en tendas colaboradoras e a través do Facebook www.ozocogz.com
Servimos en todo o territorio español agás Canarias. Segue todas as nosas novidades na web www.ozocogz.com ou nas redes sociais máis empregadas
AMARANTE SETEM Pontevedra (R/San Román, 9) Ribadeo (Pza. de España, 29) Tlf: 986 848 159 cxusto@amarantesetem.org www.amarantesetem.org
Comercio xusto
Cafés de comercio xusto de Colombia Para casa ou para cafetarías Cafés de grans 100% arábiga da mellor calidade, torrado de forma natural para conservar todas as súas calidades. Suave e aromático. Modalidades: 100% arábiga, 70% arábida 30% robusta e descafeinado. Arábida en gran 100% 1 kg Moído descafeinado 250 g
11,60 €
1 kg
3,30 €
250 g
Pixamas e camisóns ecolóxicos de comercio xusto Elaborados en algodón ecolóxico suaves e de alta, respectando os principios do comercio xusto. Os beneficios que se obteñan destas prendas feitas por organizacións da India revirtiranse nas súas comunidades en proxectos como acceso a auga potable, escola de formación técnica, entre outros.
37,90 €
29,90 €
31
32
AMARANTE SETEM Pontevedra (R/San Román, 9) Ribadeo (Pza. de España, 29) Tlf: 986 848 159 cxusto@amarantesetem.org www.amarantesetem.org
Roupa
32,00 €
38,00 €
70,00 €
Adanegra
La Canalla
Saia longa bitono en azuis; feita en algodón tinxido ao lume. Peza única
Suadoiro de veludo de algodón bordado a man con perlé e fitas de raión
A creación das nosas pezas parten do coñecemento do corpo, o que nos leva a facer prendas que se adapten a el e non á inversa.
Feito de xeito artesanal no noso taller en Vigo coas mans, cabeza e corazón. Acabados en canalé 1x1 negro Talles: S_M_L
O noso traballo está certificado pola Xunta de Galicia como Artesanía de Galicia, taller rexistrado n.o 637
KM 0: Do 13 de decembro ao 5 de xaneiro no Local 31 do Mercado Progreso 41 (R/Ronda de Don Bosco, 41. Vigo)
www.adanegra.com
Tel. 605 26 58 28 lacanalla.vigo@gmail.com www.lacanalla.es
Racataplán Os pantalóns free-move teñen un deseño estudado para que os máis pequenos non só vistan con tecidos saudables, senon que tamén poidan moverse con total liberdade. Está fabricado con un 95% de algodón ecolóxico e un 5% elastano. Con certificación GOTS. Confeciónase na Galiza. O deseño «Granxa Tola» foi ilustrado por Iván R. Serigrafiado artesanalmente con tintas eco-friendly 100% libres de disolventes. Está libre de transxénicos. Apoia o consumo responsable. www.racataplan.com Tendas: O roupeiro do Tatán. Ourense Gaia dos nenos. Santiago de Compostela
AMARANTE SETEM Pontevedra (R/San Román, 9) Ribadeo (Pza. de España, 29) Tlf: 986 848 159 cxusto@amarantesetem.org www.amarantesetem.org
Roupa
33
100,00 €
Rodas slim fit home e muller Deseñado e confeccionado de forma local en Galicia Se es amante do denim e buscas un pantalón consistente, este é o teu aliado. Que non te asuste a súa rixidez inicial (debido ao seu grosor e a que non foi lavado nen tratado despois da confección) pois a medida que o usas verás que se vai adaptando ao teu corpo á vez que vai adquirindo un tacto semellante a outros vaqueiros. Un pantalón persoal no que os desgastes son froito dos teus movementos e costumes, formándose contrastes entre estes e o índigo escuro orixinal. Unha peza de roupa na que plasmar o teu día a día. Slim Fit. Tiro medio. 12.5 OZ Raw-Denim. 98% algodón orgánico/2% elastano (GOTS). Índigo escuro (tinguido de baixo impacto) Peto Interior 100% algodón orgánico (GOTS) Talles home: 38, 40, 42, 44, 46. Pretina 3 botóns Talles muller: 34, 36, 38, 40, 42, 44. Cremalleira algodón orgánico sen tinte
Puntos de venda en Galiza: O roupeiro do Tatán Ourense. Rúa Santo Domingo, 4, praza do Ferro Tel. 988 37 49 86 Vaidhé Vigo. Rúa Carral, 7. Tel. 986 11 61 26 A Reixa-Matrioska Santiago de Compostela Rúa do Horreo, 46. Tel. 653 937 616 La Böcöque Cangas do Morrazo Rúa San Xosé, 50. Tel. 692 97 59 37 Pura Vida A Coruña. Rúa San Agustín, 28. Tel. 881 88 45 05 Info e tenda online: www.xiroeco.com
34
Medios de comunicación
PRAZA PÚBLICA Estrada de Lapido, 2a - 2º F 15220 - Bertamiráns www.praza.com
Outras formas de colaborar con Praza.gal Achega para apoiar o xornal Praza.gal 10 euros ao mes 15 ao trimestre ou calquera outra cantidade puntual
A Tenda de Praza: Máis de 400.000 referencias bibliográficas á túa disposición. ademais de libros e ebooks tamén poderás atopar filmes, videoxogos, material de papelería, electrónica… os libros teñen un 5% de desconto e os pedidos de máis de 39,99 euros teñen os portes de balde.
http://praza.gal/achegas
Os Plans de Praza: unha axencia de viaxes, un buscador de experiencias e o lugar onde atopar os mellores descontos. Máis de 100.000 hoteis en Galicia e en todo o mundo e aos mellores prezos. Tamén podes atopar estancias de fin de semana, ofertas de lecer e ducias de cupóns a diario para mergullo, paintball, ximnasios, hípica, enoloxía, cursos de todo tipo…
SERMOS GALIZA Avenida de Lugo 2A, Entresollado A, 15702, Santiago de Compostela Tel. 881 95 95 97 subscricions@sermosgaliza.gal www.sermosgaliza.gal
Medios de comunicaciรณn
35
DA VEIGA
36
AlimentaciĂłn
PolĂgono industrial de Chantada 27500 Chantada (Lugo) Tel. 982 440 222 www.daveiga.es
DE
MAIO A OUTUBRO
38
Directorio de asociados
Alimentación e bebida
Artes gráficas
Amarante-ONGD
Deseño e Cores
Quiroga Palacio, 8. 15703 Santiago de Compostela Tel. 986 848 159 | www.amaranteong.org
Dona Urraca, 84. 27004 Lugo Tel. 982 240 400 | www.deseno.net
Comarca 54
Pegadas Sociedade Cooperativa Galega
Hórreo, 98. 15703 Santiago de Compostela Tel. 981 104 556
Parc. G-22-23, 2.a Avda., Pol. Pocomaco. 15190 A Coruña Tel. 981 907 190 | www.pegadas.es
Daveiga
Tórculo Artes Gráficas
Poligono Industrial Os Acivros. 27500 Chantada Tel. 982 440 222 | www.daveiga.es
Vía Edison, 33-35. 15890 Santiago de Compostela Tel. 902 905 024 | www.torculo.com
Gran Colmado Praza De Abasto, 1. 32005 Ourense Tel. 988 212 514 | grancolmado@gmail.com
Granxa O Cancelo Lugar do Cancelo-Bemantes.15630 Miño Tel. 981 647 560 | www.capcoruna.com
Larpeiradas Anxo Polígono Emp. Alvedro Parcela I, nave 7. 15180 Culleredo Tel. 981 641 944 |
Sabores San Breixo
Artesanía A Picota Rúa Colón, 27-baixo. 32005 Ourense Tel. 628717641 | www.apicota.com
Asesorías/finanzas/seguros Asesoría Neves Morales Hidalgo, 16. 36869 Ponteareas Tel. 986 644 059 | asesoria.neves@gmail.com
Rúa Rosalía de Castro, 90. 36450 Salvaterra do Miño Tel. 636 421 472 | www.saboressanbreixo.com
Axencia de Seguros Exclusiva Ribeira do Berbés S.L.
Vide, vide! Espazo enocultural
Ribeira do Berbés, 49-A. 36202 Vigo Tel. 986 222 093 | www.axa.es
Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10. 15702 Santiago Tel. 981 582 911/606 558 640 | www.videvide.net
Compostela de Xestión Alfredo Brañas, 25-3B. 15701 Santiago Tel. 981 593 338 | compostelaxestion@infonegocio.com
Ipr Xestión Avenida da Coruña, 13-15. 15185 Cerceda Tel. 981 685 155 | www.iprxestion.com
39
Directorio de asociados
Audiovisuais
Espectáculos/cultura
Cafecongotas-Comunicación Visual Carrero Blanco, 12-1. .15145 Caión (A Laracha) Tel. 616 607 691/881 105 802 | www.cafecongotas.net o
Dual S.T.
Grupo Chévere Carballeira de San Lourenzo, 38-39 baixo C 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 594 996 | www.grupochevere.eu
Rúa Alcalde Espiñeira, 25. 15310 Curtis
Formación/ensino
Tel. 619 343 329
Ardora Formación e servizos
Emedous Produción e Distribución
Largo Praia Madorra, 5 Baixo. 36340 Nigrán Tel. 986 020 899 | www.ardoraformacion.com
Antonio Gomez Vilaso, local 3. 5702 Santiago Tel. 981 534 132 | www.emedous.com
Promove Consultoría e Formación
Editorial
Praza da Ultreia, 2-3B. 15704 Santiago Tel. 667 603 421 | www.promoveconsultoria.com
Baía Edicións
Tagen Ata
Pol. de Pocomaco, 2.a Avda. A2 Nave 2. 15190 A Coruña Tel. 981 174 296 | www.baiaedicions.net
Estrada da Gándara, 33-entresollado. 15570 Narón Tel. 881 939 142 | www.tagenata.com
Biblos Clube de Lectores Quintá, 8. Mandaio. 15391 Cesuras Tel. 981 777 207 | www.biblosclube.com
Ventos Estudos Ambientais
Edicións Positivas
A Florida, 1-3.o B. 36600 Vilagarcía de Arousa Tel. 986 505 180 - 607 351 501 | www.ventos.es
Informática
Carretas, 18. 15701 Santiago de Compostela Tel. 981 553 051 | www.edicionspositivas.com
Dimensiona Consultoría Tecnolóxica
Edicións Xerais
Rúa Londres, 1. 15707 Santiago de Compostela Tel. 981 564 579 | www.dimensiona.com
Doutor Marañon, 12. 36211 Vigo Tel. 986 214 888 | www.xerais.gal
Patasdepeixe
Infraestruturas/equipamentos Nanube
Rúa E. Blein, 1-2.o A. 36202 Vigo Tel. 679 777 111 | www.patasdepeixe.com
Ramón Cabanillas, 6-3.o B. 15701 Santiago Tel. 881 977 134 | www.nanube.com
Rinoceronte Editora
Viplaro
Av. de Vigo, 103. 36940 Cangas do Morrazo Tel. 986 304 524 | www.rinoceronte.gal
Rua da Mariñeira, 22 baixo. 15707 Amio Tel. 981 561 464 | www.viplaro.com
40
Directorio de asociados
Lecer
Radiofusión
Alvarella Ecoturismo
Praza do Concello, s/n. 15500 Fene Tel. 981 492 775 | www.radiofusion.eu
Breanca-Doroña s/n. 15637 Vilarmaior Tel. 981 784 563 | www.alvarella.com
Sermos Galiza www.sermosgaliza.com
Libraría/papelaría
Tempos Novos
Aira das Letras
Rúa dos Porróns, 8-2.o. 15705 Santiago Tel. 981 557 119 | www.temposdixital.com
Emilia Pardo Bazán, 5. 32660 Allariz Tel. 988 442 324 | www.airadasletras.com
Libraría A Nova Xerónimo Feixoo, 11. 32005 Ourense Tel. 988 238 841
Libraría Cartabón Urzáiz, 125. 36205 Vigo Tel. 986 372 883
Livraría Suévia Rúa Vila de Negreira, 32. 15011 A Coruña Tel. 981 907 638 | www.librariasuevia.com
Restauración, hostalaría e aloxamento A Tafona Virxe Da Cerca, 7. 15703 Santiago de Compostela Tel. 981 562 314 | www.restauranteatafona.com
Airas Nunes Rúa Do Vilar, 17. 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 582 516 | www.airasnunes.com
Budiño da Serraseca Turismo Rural Serraseca, 103 (Viladesuso). 36309 Oia Tel. 986 361 856 | www.budinho.com
Medios de comunicación
Camping A Gaivota
De Luns a Venres
Praia de Barreiros. 27790 Barreiros (Lugo) Tel. 982 124 451 | www.campingpobladogaivota.com
Fernando de Casas Novoa, 35A-1B. 15707 Santiago Tel. 981 568 743 | www.l-v.es
Galicia Confidencial Rúa das Hedras, 4-2N. 15895 Milladoiro (Ames) Tel. 981 580 679 | www.galiciaconfidencial.com
Praza Pública Estrada de Lapido, 2A-2.o F. 15220 Bertamiráns www.praza.com
O Dezaseis Rúa de San Pedro, 16. 15703 Santiago de Compostela Tel. 981 564 880 | www.dezaseis.com
Galipizza Suasbarras, Edificio dos Castelos, 42. 27861 Viveiro Tel. 982 550 705 | www.galipizza.com
41
Directorio de asociados
Servizos lingüísticos
Varios/comercio
Englishpanish
A Cova Da Terra
Celso Emilio Ferreiro, 1. 15401 Ferrol Tel. 881 932 092 | www.englishpanish.com
Nóreas, 12. 27001 Lugo Tel. 982 230 211 | www.covadaterra.org
Eureco Galicia Tradutores
Acouga Quiromasaxe
Rúa Banquete de Conxo, 1 baixo. 15706 Santiago Tel. 981 571 386 | www.eurecogalicia.com
Nosa Señora do Rosario, 10. 15001 A Coruña Tel. 646 377 888 |
Servizos médicos Dentalio-Protésico dental Sánchez Freire, 5-baixo dereita. 15706 Santiago Tel. 981 524 752 | dentalio@dentalio.eu
Téxtil/complementos
Brazolinda Tel. 647 853 361 | www.brazolinda.com
Mundo Cánabo Cabo Santiago Gómez, 19. 15004 A Coruña Tel. 981 207 627 | mundo-canabo@mundo-r.com
Quercus
A Reixa Tenda
Santiago Álvarez, 1. 15179 Santa Cruz (Oleiros) tel. 981 627 316 | quercus@galicia.com
Rúa do Hórreo, 46. 15701 Santiago de Compostela Tel. 981 575 138 |
Viveiros Moreira
Ela Diz Rúa Nova, 24. 15701 Santiago de Compostela Tel. 981 519 280 | www.eladiz.com
O Zapateiro Jesús García Naveira, 27-29 (Gadis). 15300 Betanzos Tel. 981 773 927
Ozocogz Rúa Conde Vallellano, 53-5E. 32500 O Carballiño Tel. 600 876 196 | www.ozocogz.com
Ameneiro, 1. 15509 Sillobre (Fene) Tel. 981 340 898 | www.viveirosmoreiraweb.es
Vivenda Caxer Madeira e Carpintería Xeneral Sanjurjo, 62 B. 15006 A Coruña Tel. 981 924 480 | www.caxercarpinteria.com
Obrabio-Construción Ecolóxica Sargadelos, 24. 27891 Cervo (Lugo) Tel. 982 557 916/657620767 | obrabio@gmail.com
1D2 Arquitectura e urbanismo Rúa Emilia Pardo Bazán, 1A-7E. 15005 A Coruña Tel. 659 078 867
42
Que é Abertos ao Galego?
— Un certificado de calidade asociado ao uso do galego — Abertos ao Galego ten catro niveis, que dependen do tipo de uso que faga cada empresa do galego. Son empresas moi diferentes entre si e con realidades moi diversas. Algunhas están comezando a daren os seus primeiros Bpasos no uso do galego (nivel 1), outras fan a información exterior en galego e destacan esta lingua entre outras que poidan utilizar (nivel 2), outras, ademais de ter a información exterior en galego, utilízano como lingua interna de traballo para a súa documentación (nivel 3) e outras, ademais de faceren un uso sistemático interno e externo do galego, dinamizan de xeito especial o uso e a extensión da lingua galega (nivel 4). — Unha rede de colaboración entre empresas. As empresas que forman parte de Abertos ao Galego teñen ao seu dispor á Mesa pola Normalización Lingüística para colaborar con elas, mais tamén para axudalas a colaboraren entre elas, procurando xeitos de sumar esforzos. — Un lugar onde saber que empresas ofertan os seus servizos e produtos en galego — Calquera persoa que precise contratar un servizo ou adquirir un produto e queira que sexa en galego, pode atopar información en Abertos ao Galego. Colaboran con nós xestorías, arquitectos, distribuidores de lambetadas, unha empresa de carpintaría, deseñadores… E agardamos que cada vez haxa máis empresas e produtos diferentes. — Un lugar onde os socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística poden obter descontos por consumiren nas empresas colaboradoras — Moitas das empresas de Abertos ao Galego fan descontos especiais para socios e socias da Mesa pola Normalización. Podedes consultalos aquí: http://www.amesa.gal/abertosaogalego/ — Un xeito de promover o uso do galego no ámbito da empresa e do comercio — A mellor forma de promover o galego é usándoo en todos os ámbitos da vida, polo que coñecer e apoiar as empresas que forman parte de Abertos ao Galego é un xeito moi positivo de promover activamente o noso idioma.
Queres que a túa empresa forme parte de Abertos ao Galego? Só precisamos uns poucos datos da empresa.
43
E un pouquiño máis de información para saber en que nivel do certificado cadra mellor a túa empresa: 1 Utilizades a toponimia oficial? 2 Ofrecedes a vosa información exterior en galego? Referímonos a publicidade, sinalización externa, publicacións, tarxetas, merchandising… Calquera cousa que os vosos clientes vexan de vós
Súmate!
3 Se usades galego xunto con outras linguas de forma maioritaria, o galego aparece destacado de algunha maneira? 4 A vosa documentación interna está en galego (nóminas, estatutos, contabilidade) de xeito maioritario? 5 Solicitades dos vosos provedores e da administración que vos remitan a información en galego? 6 Facedes algunha actividade específica de dinamización da lingua galega?
APÚNTATE A ABERTOS AO GALEGO Nome
Persoa de contacto
Enderezo
CP
Localidade
Concello
Correo-e
Páxina web
Teléfone
Enviar a: abertosaogalego@amesa.gal
(Tel. 981 563 885)
Este Nadal agasalla en galego