Top 20 Ramallosa Rock City 2020

Page 1

1



RAMALLOSA R O C K

C I T Y


RAMALLOSA R O C K

C I T Y

Benvidos!

Benvidos outro ano máis ao Top 20 de Ramallosa Rock City. Moitos dos que estades aquí xa saberedes de que vai o conto, pero para os non iniciados, o concepto é sinxelo: unha escolma cos discos que máis me molaron deste ano (traballos nos que non teño ningún tipo de implicación, para manter a obxetividade dentro da total subxetividade que supón a escolla). Este 2020 foi un ano duro para todos e especialmente para a industria cultural, e pese a todo saíu unha chea

de música excelente que nos arrincou un sorriso debaixo da mascarilla. Quizáis vai sendo hora de decatarnos do necesario papel que xoga a cultura nestes tempos. Para ben ou para mal, o 2020 foi un ano para o recordo, agardo que o poidades despedir na mellor das compañías e recibir o novo ano que seguro virá cargado de novas noticias e sobre todo boa música. A estas alturas nada peor pode pasar xa, agás a invasión dunha raza de gambóns extraterrestres....


Para comezar... Á hora de facer esta lista, sempre quedan discos fora moitas veces por non lle ter adicado o suficiente tempo a escoitalos. Outras veces os lanzamentos son temas soltos que non se engloban nun disco en si mesmo. De calqueira xeito, comezamos o top con varias mencións honoríficas que creo que deben estar:

DEFTONES · OHMS (Reprise Records)

THE BABOON SHOW · I NEVER SAY GOODBYE (Kidnap Records)

MASTODON · MEDIUM RARITIES (Reprise Records)

DLINA VOLNY (Italians Do It Better)

LA M.O.D.A. · NINGUNA OLA (PRMVR)

5


RAMALLOSA R O C K

C I T Y

20. BRUCE SPRINGSTEEN

· LETTER TO YOU (Columbia Records)

Comezamos o top co novo do Boss. Este traballo destaca polo afiado son das súas guitarras e pola cálida producción ao que nos ten acostumados. Non contaba eu con incluir este disco, pero foi todo un acerto xa que rematei bastante enganchado, hai que atopar o momento iso si, pero “Last man standing”, “Ghost”, “If I was the priest” ou a inicial “One minute you´re here” non decepcionan en absoluto.

19. METALLICA · S&M

2

(Blackened Recordings)

Poucas bandas se poden permitir o luxo de tocar coa sinfónica de San Francisco... dúas veces! Neste traballo celébrase o 20 aniversario do mítico S&M, e aínda que os clásicos daquel concerto dirixido polo finado Michael Kamen son os claros gañadores, “Unforgiven III”, “Halo on Fire” e algunha nova incorporación danlle un sopro de aire fresco ao repertorio. Tiven a oportunidade de ver a estrea no cine e a grabación é espectacular, dándolle un 200% á experiencia do concerto.

18. AC/DC · PWR UP

(Columbia Records)

Que AC/DC sacasen este disco no 2020 foi toda unha miragre. Quen diría que sen Malcolm, cun cantante con pérdida de audición, un batería encarcelado por tentativa de asasinato e un recén retirado baixista, Angus Young sería quen de reagrupar á formación (case) orixinal e publicar se cadra o seu mellor traballo dende o Ballbreaker? Fíxome unha ilusión tremenda este disco, que no caso de ser o derradeiro, deixa o listón ben alto, logo de case 50 anos definindo o son do rock&roll.

17. VVAA · AFTER DARK 3

(Italians Do IT Better)

Tras un inicio de top con clasicazos, cambiamos de pola radicalmente. Aquí temos a 3ª edición do recopilatorio de Italians do it Better, un selo independente afincando en Los Ángeles cun son e unha estética moi marcada polo cine dos oitenta, a nostalxia e os sintetizadores. Comandado polo icónico Johnny Jewel, aquí atopamos ás bandas insignias como Desire ou The Chromatics e ás novas apostas como Glüme ou Orion, ofrecéndonos un desfrutable escolla de dream pop.

16. BIFFY CLYRO · A CELEBRATION OF ENDINGS (Warner Records)

Os escoceses Biffy Clyro volven a recuperar para este traballo parte da forza que os caracterizou, sen renunciar á incorporación de elementos máis contemporáneos na súa música. O lanzamento deste traballo, como moitos outros, veuse retrasado pola pandemia e quizáis pasou un tanto desapercibido. Aínda así dende Ramallosa Rock City dámoslle o seu merecido recoñecemento, xa que ofrece momentos ben interesantes, “Instant History” da boa fé diso. 6


#

15. LA PHAZE · VISIBLE(S)

T O

P

2

0

(At(H)Ome)

Logo dunha disolución que nos pillou a todos por sorpresa, seguido de varios anos de silencio, os franceses La Phaze volveron sen facer moito ruído con pequenas publicacións. Grazas a este traballo recuperan parte da grandeza que os caracterizaba ofrecéndonos drum&bass, jungle e rabioso punk misturado cunhas melodías que lle dan un aire fresco ás novas composicións e algunha peza rescatada deses lanzamentos pasados. Botádelle unha escoita a “Avoir 20 ans”.

14. MAY OUR CHAMBERS BE FULL · (Sacred Bones Records) Proxecto ben orixinal formado polos doomers Thou e a escura cantautora Emma Ruth Rundle. Pese ao dispar que pode sonar a proposta o certo que atoparon un punto de equilibrio común que gustará aos fans de ámbalas agrupacións. Os temas cheos de riffs monolíticos misturadas coas hipnóticas melodías de voz voáronme a cabeza. “Out of Existence” ou “Monolith” son un bo exemplo do que podedes atopar neste excelente traballo.

13. GUADI GALEGO · COSTURAS (Altafonte) Guadi Galego segue en racha creativa dende que comezou esta etapa na que da renda solta ao seu lado máis indie. Neste traballo as bases electrónicas gañan presencia misturándose con elegantes arranxos de sintetizadores e guitarras eléctricas, aínda deixando oco para a pinceladas de música tradicional. Os adiantos “Cólico” e “Costuras” reflexan perfectamente a esencia do disco, pero profundizando máis nel podemos atopar pequenas xoias como “Velutinas” ou “Só con Amor”

12. BUNBURY · POSIBLE

(Warner Music)

2020 foi un ano especialmente productivo para o aragonés errante que ven de publicar dous traballos de corte experimental como o recente “Curso de levitación intensivo” e “Posible”. Neste último atopamos cancións con moita presenza de eléctronica e atmósferas escuras con influenzas de Nick Cave, Depeche Mode ou mesmo Twin Peaks, da que recupera a Audrey para o videoclip de adianto “Deseos de usar y tirar”. Deixando os prexuizos a un lado, este é un disco que paga moito a pena.

11. NADA SURF · NEVER NOT TOGETHER

(Barsuk Records)

O novo disco de Nada Surf foi un raio de luz no medio deste escuro ano. Neste traballo as guitarras afiadas quedan nun segundo plano para darlle protagonismo ás melodias e mesmo arranxos orquestais. mantendo o optimismo ao que nos teñen acostumados. Aquí podemos atopar himnos típicos de Nada Surf como “So much love” peza que abre o disco ou “Looking for You”, canción que estivo soando en bucle unha semana enteira na Ramallosa Rock City. 7


RAMALLOSA R O C K

C I T Y

10. IDLES · ULTRA MONO

(Partisan Records)

Iniciamos a segunda metade do top cun dos grupos máis irreverentes que sairon do Reino Unido, Idles, que veñen de publicar a agardada continuación de “Joy as an act of resistance” co que arrasaron a nivel global. A proposta é continuista co seu son, pero para nada aburrida. A súa achega é tan honesta como brutal e demóstrano en temas como “War” ou “Model Village”. Ademáis os videoclips que prepararon para este traballo son excelentes, sinxelos pero tremendamente efectivos.

09. APHONNIC · LA REINA (Maldito Records) Tras unha exitosa campaña de crownfunding, os de Vigo foron quen de publicar outro excelente traballo, e xa levan uns cantos na súa discografía. Producido polo habitual Vasco Ramos, atopamos un son na liña que veñen trazando dende Heroes, se cadra aquí máis pulido e perfeccionado que nunca. “En Globo”, “Dulce de Leche”, “Tres deseos” desbordan enerxía e a sobrecolledora “Crisantemos” pon o feche perfecto ao disco. Con moitas ganas de ver a presentación en concerto.

08. THE STROKES · THE NEW ABNORMAL

(RCA Records)

Logo de anos sen levantar cabeza, con lanzamentos con escasa repercusión e membros centrados en proxectos paralelos, ninguén daba un peso polos Strokes. Foi unha verdadeira sorpresa que fosen quen de lanzar un disco tan enfocado e potente coma este. Con portada de Basquiat e producción de Rick Rubin, nel atopamos guitarrazos e sintetizadores a partes iguais, e sobre todo cancións ben resoltas como “Bad Decissions”, “Brookling Bridge to Chorus” ou “At the Door” que lembran á gran banda que foron anos atrás.

07. THE SMASHING PUMPKINS · CYR (Sumerian Records)

Segundo traballo da reunión da formación (pseudo) orixinal dos Smashing no que retoman sons oitenteros, sintetizadores e caixas de ritmos, lembrando ao feito por Billy Corgan en “TheFutureEmbrace”. Tras intentar contentar aos fans co seu anterior disco e quedarse no intento, nesta ocasión nótase que apostaron pola música que lles apeteceu, soando máis frescos e desfrutables. Por certo, a serie animada “In Ashes” publicada paralelamente envolve o disco cunha ambientación ao estilo de películas como “Heavy Metal”.

06. SVALBARD · WHEN I DIE, WILL I GET BETTER (Norman Records)

O certo é que non coñecía de nada a esta banda británica, pero este disco xa me enganchou ao momento e souben que acabaría no top Ramallosa. Nel atopamos unha mistura de post hardcore con momentos moi atmosféricos, case de shoegaze que lle dan á banda un sonido moi persoal e desgarrador, aparte de contar cunha portada espectacular. “Clickbait” ou “Listen to Someone” demostran que estamos ante unha banda cun gran potencial a ter en conta dende xa. 8


#

T O

P

2

0

05. ENTER SHIKARI · NOTHING IS TRUE & EVERYTHING IS POSSIBLE (SO Recordings) Enter Shikari son uns abonados ao top Ramallosa, e dende que os coñezo non hai disco que non apareza por aquí. Nesta ocasión rompen coa temática intimista do anterior “The Spark” para traer unha mensaxe máis optimista e social (moi axeitada para estos tempos). O disco comeza co desesperado grito de Is there anyone out there en “The Great Unknown” e continúa co enérxico sinxelo “The Dreamer´s Hotel”. O sinistro valse “Waltzing off the Face of the Earth (I. Crescendo)” preséntanos os arranxos orquestais cos que contan ao longo do disco. Aínda que polo tramo medio do disco éste se volve un tanto irregular, cara o final atopamos en “Marionettes II.The Ascent” ou “Satellites” a epicidade dos Shikari de sempre. “Thē Kĭñg”ten un caracter máis punk pero á longa convértese nunha das mellores pezas deste traballo, que sen chegar a ser tan rompedor como nos tiñan acostumados, manten a calidade que caracteriza a Rou Reynolds e cía.

04. DESAKATO · LA MIEL DE LAS FLORES MUERTAS (El Garaje Producciones)

Os de Llanera tomaron o seu tempo en darlle continuación ao aclamado “La Teoría del Fuego” (2016), aínda que polo medio lanzaron o EP Antártida (2018) no que xa deixaban intuir o camiño polo que ían a seguir. Producido por Manuel Cabezalí (Havalina) atopamos 11 temas dos que destaca un son crú e directo (ás veces parece que están tocando diante túa) e influenzas de fuzzes que lembran ao stoner “Nuestro legado”, “L´Estruendu” e “Nova Religión” soan tremendas, e no directo que puidemos ver en streaming aportan frescura no medio dos clásicos. Outras como “Hiptonizados” e “Sombras” achegan unha cara menos coñecida do grupo. A pesar das súas partes experimentais, seguen mantendo a súa esencia punk e rock&roll dando resultado a un disco que gañará adeptos co tempo.

(Mushroom Pillow)

triangulodeamorbizarro

03. TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO ·

Comeza o podium coa nova entrega da banda de Exipto (Boiro), no que nos amosan o seu lado máis escuro e experimental. Polos sinxelos de adianto “Ruptura” e “Fukushima” parecía que íamos atopar un disco cheo de sintetizadores e baterías electrónicas, e aínda sendo en parte verdade, tamén atopamos vertixinosos guitarrazos punks en “Calígula 2005” e “Acosadores” (coa colaboración de Ariadna dos Punsetes). Polo medio tamén temos reaggaes en “No eres tu”, baladas románticas “Asmr para tí” e pezas máis habituais de influenza New Orderiana como “Vigilantes del Espejo”. Temos polo tanto un disco que abarca moitos estilos pero que define perfectamente a esencia da banda, posuíndo un discurso e unha ambientación moi marcada chea de luces e sombras que fan que este traballo se convirta nun dos meus favoritos deles xunto con Salve Discordia.

9


RAMALLOSA R O C K

C I T Y

02. KVELERTAK · SPLID

(Rise Records)

No segundo posto atopamos o Splid de Kverletak. Logo de que o seu vocalista Erlend Hjelvik abandonase o grupo en 2018 por diferencias creativas, os noruegueses incorporaron ás súas filas a Ivar Nikolaisen de The Good, The Bad and the Zugly. Tomaron con calma a transición e puxeronse a facer un montón de festivais antes de poñerse co novo disco. Splid (Confrontación/División) venlle ao pelo, este mesmo ano o seu ex-cantante publicou novo album, máis achegado ao viking metal. Este novo disco en cambio ten un caracter moito máis rock&roll mantendo a esencia de Kvelertak 100%. A producción correu ao cargo de Kurt Ballou (Converge) que xa traballara con eles no seu primeiro album e conta co artwork de Marald van Haasteren (habitual dos traballos de Baroness). A macarra “Rogaland” marca o inicio do disco, que continúa co pepinazo “Crack of Doom” primeiro tema que cantan en inglés e que conta coa colaboración de Troy Sanders de Mastodon. “Bråtebrann” servíu de primeiro sinxelo de adianto, toma de contacto coa nova formación e revélase como unha das mellores cancións do disco. “Uglas Hegemoni” mostra unha vertente máis punk, mesmo con ramalazos dos primeiros Blondie. “Fanden ta dette hull!” achégase ao thrash metal e conta cunhas harmonías de guitarra xeniais. Para pechar o disco, atopamos pezas máis escuras como “Delirium Tremens” onde misturan guitarras acústicas, prog rock e blast beats black metaleiros. O máis maravilloso deste disco é que amosa que pese aos cambios, a creatividade de Kvelertak mantense intacta, polo que temos a unha das bandas máis interesantes do panorama para moitos anos.

01. TOUCHÉ AMORÉ · LAMENT (Epitaph Records)

Ten que resultar complexo superar un disco de tal magnitude como supuxo no seu dia Stage Four (2016), grazas ao cal a banda americana conseguíu o estatus do que goza hoxe en dia. Coñecedores disto, decidiron cociñar con calma este novo traballo, mirando ben cada paso que daban. Así en 2019 publicaron a peza “Deflector” grazas á cal comezaron a traballar co mítico Ross Robinson, que produxo este Lament que coroa o Top 20 deste ano. Se ben Stage Four era unha catarse debido ao falacemento da nai do vocalista Jeremy Bolm a causa do cancro, o tono deste disco é moito máis optimista, un canto ás cousas positivas da vida, como ben pode ser a extraordinaria “Reminders”. O traballo arranca coa desenfreada “Come Heroine” e “Lament” que son continuistas co seu son post-harcore (aparte de ser brutais). “A Broadcast” ou o primeiro sinxelo “Limelight”, que conta ademáis coa colaboración de Andy Hull de Manchester Orchestra, inclúen como novidade pasaxes de lapsteel guitar que transmiten morriña, dándolle ao traballo un carácter único. Creo que este disco cheo de emocións é o ideal para resumir ano 2020 que está a piques de rematar. Como sempre, agardo que vos prestara tanto o top 20 deste ano como me prestou a min facelo e que o ano que ven chegue cargado de saúde e sobre todo boa música.

10


#

T O

P

2

0

Escoita aquí a Playlist de Spotify Ramallosa Rock City 2020 Bótalle unha ollada aos tops dos anos anteriores: 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019

11



RAMALLOSA R O C K T O

P

2

0 1

C I T Y 0

- 2

0 2

0


RAMALLOSA R O C K

C I T Y

2010. Arcade Fire · The Suburbs Cristal Castles · II Deftones · Diamond Eyes Fluzo · Fluzo Kvelertak · Kvelertak

2011. Berri Txarrak · Haria DasKapital · Ruido Negro Foo Fighters · Wasting Light Maybeshewill · I was here for a moment, then I was gone Samesugas · They are out there

2012. Gallows · Gallows Machina · Ensaio sobre o Silencio Stoned Jesus · Seven Thunder Roar The Smashing Pumpkins · Oceania The XX · Coexist

2013. Arctic Monkeys · AM David Bowie · The Next Day Haim · Days Are Gone Nao · Cancions de Amor e Liberdade Queens of the Stone Age · ...Like Clockwork

2014. Ataque Escampe · Disco vemello Crosses · ††† Familia Caamagno · Hai que andar cos Tempos Mastodon · Once more round the Sun Royal Blood · Royal Blood

2015. Baroness · Purple Album Bring Me The Horizon · That´s the Spirit Enter Shikari · The Mindsweep Jamie XX · In Color New Order · Music Complete

14


#

T O

P

2

0 1

0

- 2

0 2

0

2016. Caxade · E isto é o amor Garbage · Strange Little Birds Gojira · Magma Mutant · Pleiades Touché Amoré · Stage Four

2017. Depeche Mode · Spirit Frank Carter & The Rattlesnakes · Modern Ruin Havalina · Muerdesombra Lorde · Melodrama The Gift · Altar

2018. Alice in Chains · Rainier Fog Ghost · Prequelle The Baboon Show · Radio Rebelde The Interrupters · Fight the Good Fight Turnstile · Time & Space

2019. Billie Eilish · When we fall asleep, Where do we go Dios Ke Te Crew · O Ciclo da Serpe Mucho · ¿Hay alguien en casa? Novedades Carminha · Ultraligero Tool · Fear Inoculum

2020. Aphonnic · La Reina Guadi Galego · Costuras Idles · Ultra Mono Svalbard · When I Die, Will I get Better Triangulo de Amor Bizarro ·

triangulodeamorbizarro

Escoita aquí a Playlist de Spotify Ramallosa Rock City Top 2010 - 2020

15



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.