1
RAMALLOSA R O C K
C I T Y
RAMALLOSA R O C K
C I T Y
Benvidos! Benvidos ao Top 20 de Ramallosa Rock City. Moitos dos que estades aquí xa saberedes de que vai o conto, pero para os non iniciados, o concepto é sinxelo: unha escolma cos discos que máis me molaron deste ano (traballos nos que non teño ningún tipo de implicación, para manter a obxetividade dentro da total subxetividade que supón a escolla). Logo dun 2020 ben raro, o 2021 quizáis aínda o foi máis. Moitos lanzamentos de
disco foron adiados e acabaron saíndo ao longo deste ano moitísimas estreas, mancheas de grupos querendo deixar atrás a pandemia e sacando novo material, de ahí que a escolla de discos desta edición resultara especialmente complexa e variada. Como cada ano, desexarvos a todos un feliz 2022 (que falta fai!) e que veña cargado de saúde e tan boa música (alomenos) como no 2021. Unha aperta a todos!
Para comezar... Á hora de facer esta lista, sempre quedan discos fora moitas veces por non lle ter adicado o suficiente tempo a escoitalos. Outras veces os lanzamentos son temas soltos que non se engloban nun disco en si mesmo. De calqueira xeito, comezamos o top con varias mencións honoríficas que creo que deben estar:
LA MODA · NUEVO CANCIONERO BURGALÉS (PRMVR)
IDLES · CRAWLER (PTKF)
DEE GEES · HAIL SATIN (RCA)
BRATTY · TDBN (EMI)
MARTIN GORE · THE THIRD CHIMPANZEE (Mute Records)
5
RAMALLOSA R O C K
C I T Y
20. ITALIANS DO IT BETTER (Italians do it Better)
· TWENTY COVERS
Comezamos o top ramalloso cunha boa horterada, un recopilatorio de vinte artistas do selo Italians Do It Better versionando a Madonna. Podemos atopar versións máis fieis aos temas orixinais e outros nos que se deconstrúe a canción por completo, mais sempre quedando patente o estilo cinemático e oitentero que caracteriza ao selo de Johnny Jewell. Moi interesantes as versións de Frozen ou Hollywood.
19. CRNDS · CERNADAS
(Lindisfarne)
Traballo debut de CRNDS, un proxecto que mistura música tradicional galega con electrónica, samplers e ambientacións escuras. O disco é hipnótico, engancha dende o comezo e fai que o escoites dunha soa atacada sen ningún problema. Puiden ver a presentación do disco na igrexa de USC e o concerto foi espectacular, engadindo animacións para completar o concepto sonoro de CRNDS. A ter en conta en vindeiros traballos.
18. HELLOWEEN · HELLOWEEN
(Nuclear Blast)
Non é que sexa eu moi fan de Helloween, pero a verdade que a reunión da formación (case) orixinal causou un rebumbio na escena metaleira que facía tempo que había. E con razón, xa que os alemáns veñen de publicar un dos seus mellores traballos quizáis dende os 80. A producción actual e a combinación das voces fai que o disco sexa moi ameno e desfrutable, sen apenas recheo. Destacaría cancións como Fear of the Fallen, Best of Times ou a maratoniana Skyfall.
17. BILLIE EILISH · HAPPIER THAN EVER
(Interscope)
Logo do éxito do seu último traballo, este novo disco viña con moita espectación. Coido que non estivo á altura do hype, quizáis polo diferente que é do “We all fall asleep...” pero se obviando os xuizos previos/espectativas e escoitamos o traballo como tal, atopámonos cun magnifico traballo de Low-Fi intimista, adornado cunha estética “anos dourados de Hollywood” onde se aborda sobre todo a temática da asimilación de ser unha figura pública, o cambio de vida e a fama.
16. EDU FALASCHI · VERA CRUZ
(Metal Frontier)
Novo traballo do ex-vocalista de Angra/Almah e primeiro con temas inéditos da súa andaina en solitario, onde volve ás súas raices máis metaleiras. Este traballo conceptual e cinemático é herdeiro do famoso Temple of Shadows, e máis metaleiro que os propios Angra a dia de hoxe. Nel atopamos guitarras imposibles, velocidade frenética, músicas brasileiras e grandes estribillos que fan deste disco un traballo memorable e un dos retornos musicais máis celebrados do ano. 6
#
15. MOGWAI · AS LOVE CONTINUES
T
O
P
2
0
(Rock Action Records)
O primeiro disco que merquei neste 2021, o raposo da portada é unha pasada e Mogwai nunca defraudan, polo que non dubidei moito cando o vin. Os de Glasgow seguen na liña de incorporar pequenos elementos electrónicos ao seu post-rock instrumental e o líder Stuart cada vez vese máis animado a cantar nalgún tema, cousa que se agradece porque aporta moito dinamismo á escoita. Here we go forever ou Ritchie Sacramento son boas pezas para meterse de fondo neste disco.
14. SLEAFORD MODS · SPARE RIBS (Rough Trade) A parella máis macarra da música británica volve cun traballo cheo de forza, máis punkis que nunca. Riffs de baixo herdeiros dos Sex Pistols atópanse con bases de 808 e un discurso ácedo e contundente a prol da working class. As colaboracións de luxo (Amy Taylor ou Billy Nomates) coas que contan desta vez fan que o traballo escape da monotonía que podían ter traballos anteriores, dando como resultado a mellor versión do grupo ata o momento. Botádelle unha escoita a Nudge it.
13. AMYL AND THE SNIFFERS · CONFORT ME (Rough Trade) Se tivese que describir este disco cunha soa palabra, sería “actitude” (a segunda sería “cocaína”). Estamos diante dun traballo auténtico como poucos, e é que nisto Australia sempre tivo moita vantaxe. Neste novo traballo a xoven banda liderada por Amy Taylor volve cun punk herdeiro do primeiro hardcore tipo The Plasmatics que soa sorprendentemente fresco, sinxelo e directo. Guided by Angels ou Hertz desbordan rock&roll, mentres que temas como Knifey sorprenderá pola súa intensidade.
12. GOJIRA · FORTITUDE
(Roadrunner)
Logo do aclamado Magma, os franceses Gojira cociñaron a lume ben lento a súa continuación, case cinco anos que valeron a pena. Seguen explorando camiños máis melódicos, pero mantendo a súa esencia intacta. Another World e Born for one thing soan perfectas. Atopamos temas ben diferentes como The Chant, que fai de eixo central do disco alternando con moito groove, que por momentos chega a lembrar aos mellores Pantera ou Sepultura, como en Amazonia ou Hold On.
11. ZAHARA · PUTA
(G.O.Z.Z. Records)
Neste novo traballo, Zahara explota a todos os niveis, tanto lírico, creativo como musical ofrecendo sen dúbida o seu mellor e máis íntimo traballo. Para plasmar esta catarse de emocións, conta cun equipo de luxo formado por Martin Perarnau (Mucho), Manuel Cabezalí (Havalina) e Emilio Lorente no impresionante deseño do cd/caixa. A puta xira 2021 pasou por toda a península cunha posta en escea top e con momentos musicais que serán lembrados como Merichane ou Berlín U5. 7
RAMALLOSA R O C K
C I T Y
10. BATTOSAI · BATTOSAI
(Spinda Records)
Dende Bertamiráns para o mundo. Con este disco debut conseguiron colocar o seu rock de espiritu noventeiro en todos os tops musicais do estado, Ramallosa Rock City non podía ser menos. Gravado nos míticos estudios Ultramarinos na Costa Brava, conseguen darnos un chute de enerxía guitarreira e melodía ao longo de dez temas dos que destacan Idiota (que tiven soando en bucle moito tempo) Noria ou Mentira. Non agardedes a que volo conten e correde a pillar o chulo vinilo vermello.
09. FRANK CARTER & THE RATTLESNAKES · STICKY (International Death Cult) Despois dun disco tan íntimo como foi End of Suffering, Frank volve cun traballo enérxico e cunha única finalidade, desfrutar e pasalo ben. Trátase dun disco curto e directo e de concepto moi punk, con temas moi pensados para o directo, unha mágoa que non poidamos desfrutar del na Capitol por culpa da pandemia. Off with his head, Cobra Queen ou My Town co cantante de Idles seguro que soarían como un canón.
08. DLINA VOLNY · DAZED
(Italians do it better)
Tras estar todo o ano publicando sinxelos (e poñendonos os dentes longos) a banda bielorrusa por fin edita o seu novo traballo (íntegro en inglés), no que compilan estes singles xunto pezas novas. Cancións con reminiscencias ao post punk, ao gótico pero tamén á electrónica e que conseguen unhas ambientacións únicas, herdeiras do sovietwave pero moi cinemáticas. Bo exemplo disto son Do it, Whathever happens next ou Redrum, que xoga moi intelixentemente co título para darlle un novo sentido á historia que conta.
07. TRIVIUM · IN THE COURT OF THE DRAGON (Roadrunner) Novo trallazo dos de Orlando. O seu anterior disco deixárame un pouco infirente, pero con este recuperáronme por completo. Cun estilo 100% Trivium no que misturan thrash metal con black, power ou tendencias máis actuais, ofrécennos grandes estribillos e a solidez propia deles. Dende o forte comezo con In the Court of the Dragon, pasando por Like the Sword of Damocles, Feast of Fire ou The Phalanx non baixan o nivel en ningún momento.
06. TURNSTILE ·
GLOW ON (Roadrunner)
Co seu anterior disco Time&Space, Turnstile conseguiron expandir as barreiras do punk/hardcore, e neste novo traballo non desisten na súa misión de incorporar novos elementos que revitalicen o xénero, que van dende ritmos caribeños a guitarras dream pop que aportan moita frescura. En Glow On inclúen o seu EP, tamén de 2021, Turnstile Love Connection de carácter máis experimental xunto novos temas como Blackout e demostrando que o punk debe ser liberdade e creatividade, non un totem vello e oxidado, inamovible anclado á dous acordes. 8
#
05. MASTODON · HUSHED AND GRIM
T
O
P
2
0
(Reprise Records)
Se ben, é habitual que os traballos de Mastodon estén relacionados coa morte dalgún ser cercano, neste Hushed and Grim a morte do seu manager Nick John marca por completo o ton deste novo disco. Atopánonos ante un dobre album de caracter xeralmente máis relaxado e reflexivo, cun gris loito que vai dende a portada ata as letras. A verdade que se un profundiza nelas, o resultado é desgarrador e moi honesto. No musical, temos cancións xeralmente pesadas (á veces lembran ao seu primeiro disco Remission), e por outro lado moitas cancións melancólicas, melódicas e lentas, co certo aire progresivo setenteiro e ampla presenza de hammonds e sintetizadores. Como adoita pasar nos dobres discos, se simplificasen, quedaríalles un disco de Top3 Ramalloso, xa que a estructura dos temas ás veces resulta repetitiva (con Troy Sanderds nas estrofas, Brann Dailor liderando os estribillos e Brent Hinds sen apenas presencia vocal). Aínda así quedan temazos como Teardrinker, Skeleton of Splendor, Had it All ou Gigantium, cun final apoteósico. Tamén moi desfrutable o acústico que publicaron este verán no Georgia Aquarium (Bastavales).
04. ZOO · LLEPOLIES
(Zoo Records)
Disco moi agardado, que tra-lo éxito dos seu dous anteriores, ven de confirmar a Zoo como referente indiscutible dos festivais do estado. Aproveitaron para facer un parón cando comezou a pandemia e puideron compoñer o traballo cunha calma e mimo que ata o momento non puideran dispoñer. A pesar dalgúnha canción Cadena Cien que me chirría (como na que colabora SFDK), o disco a verdade que está moi ben e escoiteino e disfruteino moito ao longo deste ano, de ahí a posición neste top. Avant, Llepolies, La Dels Beatles ou Cançó Postuma ofrecen argumentos de sobra para falar dun dos mellores discos do ano, por non falar da posta en escena, que puxo en pé as cadeiras dos festivais que pisaron.
03. CALIFATO 3/4 · LA CONTRAÇEÑA (Breaking Bass)
Comezamos o podium do top co descubrimento do ano sen dúbida, botei enganchado a este disco horas e horas. A proposta mistura trap, hip hop, electrónica, samplers, flamenco, moita “guasa”, reivindicacións á cultura andaluza e recolle o espiritu punk de bandas como Mano Negra ou The Clash (con guiño a Rebel Waltz en Er camión de lô elàô), que eran capaces de aglutinar todos estos xéneros. Neste disco xúntase a The Prodigy con Los Sobraos, a Narco con La Vida de Brian, a Enio Morricone con Cuarto Milenio, pasos de Semana Santa etc. Pasan tantas cousas que é moi complicado explicalo con palabras, de ahí que recomendo encarecidamente unha ou varias escoitas para descubrir o bo que é este disco. Çambra der Huebê Çanto abríume as portas a este traballo, despois veu, Te quiero y lo çabê, La bía en roça, logo Canelita en rama, Fandangô de Carmen Porter, Tó ba a çalîh bien mamá e cando me decatei xa ía todo o disco do tirón.
9
RAMALLOSA R O C K
C I T Y
02. DEAFHEAVEN · INFINITE GRANITE
(Sargent House)
No segundo posto atopamos o Infinite Granite de Deafheaven, un disco que levantou tantos odios coma paixóns. Poñéndonos en situación, Deafheaven foron punta de lanza do movemento “Blackgaze” que misturaba black metal con harmonías máis propias da música independiente, razón pola cal as crítica lles veñen de lonxe. Logo de varios discos máis que excelentes, se cadra a súa fórmula víuse algo estancada, polo que nest novo traballo arriscaron e deixaron voar as súas influenzas máis indie-shoegaze: Jesus and Mary Chain, Slowdive, My Bloody Valentine, Drab Majesty e un longo etcétera. De entrada, non atopamos apenas growls black metaleiros, por primeira vez George Clarke anímase a empregar voces melódicas con moi bo resultado e as guitarras cambian o pedal de ovedrive polo de reverb, conseguindo unhas atmósferas e texturas que ben poderían saír na BSO de Lost in Translation. A inicial Shellstar introdúcenos neste sonido noventeiro para logo explotar en In Blur, cun solo de guitarra que me pon a pel de galiña. O disco continúa co directo sinxelo Great Mass of Color para logo dar paso a Neptune Raining Diamonds, peza instrumental moi na onda da BSO de Stranger Things. Lament for Wasp atópase entre o mellor do disco, mentres que en Villain escoitamos de fondo algún gutural. Non é ata o último tema, Mombasa, onde Deafheaven recuperan o seu clásico sonido, xa con blastbeats e demáis parafernalia. Por certo, o deseño do disco foi realizado por Nick Steinhardt dos Touché Amoré. Quen sabe se nun futuro continuarán nesta onda, polo de pronto eu quedo encantado co novo traballo que sacaron.
01. WOLF ALICE · BLUE WEEKEND (Dirty Hit) E de gañador do top deste ano, non podía ser doutro xeito, o Blue Weekend dos británicos Wolf Alice. O que me pasou con este disco foi incrible, enganchei con el de tal maneira que cheguei a escoitalo ata catro veces nun mesmo dia. É deses discos máxicos sen recheo algún e cunha atmósfera tan potente que atrapa. A o comezo do disco é brutal coa épica The Beach, para logo continuar con Delicious Things e as súas deliciosas harmonías vocais. Lipstick on the Glass ten un ambiente máis oitentero, mentres que Smile soa como se dun grupo de stoner se tratase. How Can I make it Ok é quizáis unha das pezas ao redor da cal se articula o disco enteiro, cun sentimento e intensidade como poucas. Play the Greatest Hits saca a vea máis (post) punk da banda, e axuda a darlle dinámica ao traballo. Feeling Myself e Last Man on Earth comezan suaves, lembrando a Bowie por momentos, pero remantan estoupando como grandes himnos, propios dunha banda sonora. No hard feelings relaxa o tono para darlle paso a The Beach II, que pecha o círculo. Tal é a atmosfera cinemática do disco, que os videoclips de cada un das cancións forman unha película de 40 min de duración, ampliando aínda máis a maravillosa experiencia de escoitar o disco. Logo destos momentos, agardo que a pandemia nos permita desfrutar deles en directo. Agardo que vos gustase o variado Top deste ano e estes discos vos fagan pasar tan bos momentos como o fixeron pasar a min.
10
#
T
O
P
2
0
Escoita aquí a Playlist de Spotify Ramallosa Rock City 2021 Bótalle unha ollada aos tops dos anos anteriores: 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020
11