Recetario de confinamento

Page 1

CPI AFONSO VII Receitario de confinamento Atoparás xantares e sobremesas moi sabedeiros dxs cociñeirxs de 2º da ESO


Arroz con leite de chocolate Ingredientes: • • • • • •

1 litro de leite 1 vaso pequeno de arroz 80 g de azúcre A monda dun limón Canela, en po ou en rama, ao gusto 1/4 de libra de chocolate

Elaboración: Para comezar, temos que ferver o leite coa monda do limón e unha culleradiña de canela. A cantidade de leite pode variar, dependendo se vos gusta o arroz con leite máis ou menos espeso. A nós gústanos que predomine o leite por iso utilizamos 1 litro para esa cantidade de arroz.

Cando ferva o leite, engadimos o vasiño de arroz e deixamos cocer a lume medio 20-25 minutos, aproximadamente. Aquí o tempo é bastante relativo, xa que depende de como vos guste o arroz, máis brando ou máis duro.


De seguido, engadimos o azúcre e o chocolate –nós, neste caso, escollimos chocolate con avelás para que tivese un sabor máis especial, mais podedes escoller o chocolate do que máis gostedes– e cocemos 5 minutos máis até que se derreta o chocolate.

Para finalizar, servimos nunha cunca e engadimos máis canela e xa estaría preparado! Que aproveite!

AITANA REY GÓMEZ 2º ESO B


BISCOITO DE COCO E LEITE CONDENSADO INGREDIENTES 1. 1 lata de 370 g de leite condensado 2. 150 gramos de manteiga 3. 75 g de coco relado 4. 240 ml de leite de coco 5. 325 g de fariña 6. 10 g de lévedo en po 7. 3 ovos

TEMPO DE PREPARACIÓN 10 minutos de preparación e 40 de cocción PASOS DE PREPARACIÓN 1. Prequentar o forno a 180 graos 2. Mesturar nun bol os ovos, a manteiga, o coco, o leite condensado e o leite de coco

3. Despois engadimos o lévedo en po e a fariña, e mesturamos todo, ata que quede unha masa uniforme.

4. Botamos a mestura nun molde.


5. Metémolo no forno durante 40 minutos.

6. Unha vez pasado o tempo necesario, sacámolo do formo. Deixámolo arrefriar 5 minutos, desmoldamos o biscoito, e decorámolo como nos guste. Eu decoreino con azucre moído, pero podes poñerlle coco relado, por exemplo.

Rubén González Lago 2º B


ESCUMA DE AMORODOS (mousse de amorodos) Ingredientes: • ½ quilo de amorodos. • Marmelada de amorodos. • Un sobre de xelatina de amorodos. • 1 litro de nata de repostaría para montar. Tempo de preparación: • O tempo de preparación da receita é de entre 45 minutos e 1 hora. • Despois de feita necesita un mínimo 12 horas de repouso no frigorífico. Pasos para seguir: O primeiro que temos que facer é lavar os amorodos e cortalos en anacos pequenos cun coitelo. Posteriormente, nun cazo, quentamos o bote de marmelada de amorodos e engadimos tamén o sobre de xelatina. Cando xa ferva apagamos o lume e deixámolo arrefriar un pouco. Mentres tanto aproveitamos para montar a nata. Cando a marmelada e a xelatina xa arrefriasen un pouco botamos dentro da tarteira os amorodos cortados en anacos e remexemos. Logo esta mestura botámola no recipiente onde teñamos a nata montada. Ímolo facendo pouco a pouco e remexendo ó mesmo tempo para que a nata non se nos baixe. Unha vez teñamos todo mesturado podemos metelo nese mesmo recipiente na neveira ou meter a escuma en vasiños individuais, dependendo de como o queiramos servir, e metémolo no frigorífico unhas 12 horas. Antes de servir, para decorar, podemos empregar xarope de amorodos ou anacos de amorodos.

Noemí Taboada Cascallar 2ºESO A


Torta da Avoa Ingredientes: Galletas tipo “María Leite Azúcre Chocolate Un sobre de Flanín. Tempo de preparación: media hora. Pasos da preparación: 1. Nunha bandexa, vanse colocando as galletas previamente molladas en leite, ata cubrir toda a base. 2. A continuación, nun cazo, bótase un pouco de leite e engádeselle o sobre de Flanín, vaise remexendo a lume lento, ata que ferva e espese.

3. Logo, bótaselle sobre as galletas ata cubrilas completamente, procurando deixar a metade para unha capa posterior.

4. A continuación, cóllense máis galletas e unha vez humedecidas en leite, cúbrese toda a superficie.


5. Ponse outro recipiente ao lume con leite, engádeselle o chocolate e vaise remexendo ata que ferva e vaia espesando.

6. Unha vez espese e arrefríe un pouco, bótase no recipiente ata cubrir as galletas, repartindo para cubrir dúas capas. 7. Posteriormente, vólvese poñer outra capa de galletas humedecidas en leite. 8. Unha vez cuberta a superficie completamente, engádeselle o resto do Flanín. 9. Finalizado este proceso, vólvese poñer outra capa de galletas e recóbrese co chocolate restante. 10. Unha vez rematado este paso, xa temos a torta da avoa lista, só temos que deixala arrefriar e metela na neveira, un mínimo de seis horas.

11. Agora só queda probala, espero que vos guste.

Daniel Pérez Búa 2º ESO A


Bica de Ourense Ingredientes: • • • • • •

2 ovos “fermosos” ou tres ovos pequenos. 200 g de fariña repostería ou normal. 200 g de azúcre. 100 g de nata de montar. 100 g de manteiga. Medio sobre de levadura Royal máis reladura de pel de limón.

Utensilios: • • • •

Vara para mesturar ou eléctrica. Culler. Báscula. Cacharro ou fonte. • Recipiente para o forno ou molde. • Papel de forno. Preparación: 1º.Mesturar os ovos co azúcre ata que quede esponxoso. 2º Engadir logo a manteiga ao punto e a nata. Volver a mesturar todo ben e engadir a fariña e o Royal. 3º. Empapelar o molde co papel de forno e engadir a masa nel. Importante, deixar repousar a masa dentro de molde empapelado. 4º Prequentar o forno arriba e abaixo ao máximo durante 20 minutos. 5º Antes de meter o pastel engadir dúas ou tres culleradas de azúcre por enriba. 6º Unha vez que o forno estea quente metemos o molde na parte media inferior e baixar a temperatura a 180ºC. Máis ou menos deixalo 50 minutos. Non abrir o forno mentres tanto.


7º Vixiar que non se queime ata que estea ao punto. 8º Con todo isto xa estaría. Tempo estimado para facer a receita con limpeza de utensilios e mesas: 50 minutos.

Elora Eiriz Pérez 2ºA ESO


Bavaroise de Chocolate Ingredientes: 300 ml de nata 1 tableta chocolate negro 1/4 litro de leite 5 culleradas de azúcre 4 follas de xelatina 3 ovos Tempo de preparación: 40 minutos (máis ou menos) Pasos da preparación: 1º Fundimos o chocolate co leite e engadimos as 4 follas de xelatina. Remexemos ben e de seguido pasámolo polo coador. 2º Batemos as xemas co azúcre ata estar cremosa e a continuación imos engadindo o anterior pouco a pouco e deixámolo. 3º Batemos as claras ata o punto de neve e engadímoslles a nata. 4º Collemos un molde, logo untámolo de caramelo. 5º Vertemos no molde acaramelado as dúas mesturas anteriores e deixámolo arrefriar na neveira ata que cuartee.

Yago Barros Fernández 2º ESO


Milfollas de berenxena INGREDIENTES – para 6 unidades - 2 berenxenas - 4 tomates - 2 pementos vermellos - 1 cebola - 18 liscos de queixo mozzarella - romeu - albahaca - pementa negra - aceite - sal gordo e fino

PREPARACIÓN (1h) Primeiro, cortamos 18 liscos de berenxena e botámoslle sal gordo a cada un para sacarlle a auga e reservamos. A continuación, poñemos unha pota de auga a ferver e en canto escache escáldanse os tomates para retirarlles a pel facilmente, reservar. Picamos a cebola e o pemento e nunha tixola con aceite poñemos a cebola a dourar. En canto doure engadimos o pemento. Deixamos fritir uns minutos e logo botamos os tomates picados e sen pel. Engadímoslles o sal fino, a pementa, albahaca e un pouco de romeu e deixamos que se faga uns minutos. Retiramos o sal das berenxenas e botamos por unha cara albahaca en un pouquiño de romeu, despois pasámolo pola prancha. Finalmente, para montar o prato, nunha fonte algo fonda, poñemos un lisco de berenxena, un pouco da mestura e un lisco de queixo. Repetimos a operación ata conseguir tres capas. Unha vez montadas as seis unidades, metemos ao forno 20 minutos a 180 ºC.

Lía Rivadulla Pazos 2ºESO B


CPI Plurilingüe Alfonso VII Caldas de Reis

Aportación á revista Falaquente, Nº 19 Curso 2019-2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.