A: Dna. Milagros María Otero Parga, Valedora do Pobo de Galicia O pasado 24 de Setembro remitimoslle un escrito con novas información sobre o Proxecto de Hotel de duas suites no Faro da Illa Pancha de Ribadeo. Agora imoslle transmitir as nosas alegacións aos escritos do Concello de Ribadeo e da Consellería de Medio Ambiente. Sin embargo temos algunas dúbidas que lle comunicamos por se considerasen oportuno telas en conta. En primeiro lugar dado que non recibimos o texto íntegro das respostas das devanditas institucións, senón un extracto das mesmas, podería darse o caso de que as nosas alegacions tivesen erros sustanciais por un coñecemento insuficiente dos prantexamentos de ditos organismos. En segundo lugar non sabemos se vostedes lles remitiron o texto íntegro da nosa denuncia ou somentes un resumen da mesma. No primeiro caso estaríamos diante dun tratamento desigoal das partes e no segundo podería darse o caso de que as respostas das devanditas institucións non atendesen ás nosas denuncias por falla de información. En consecuencia solicitamos de novo, como xa fixemos por vía telefónica, que nos remitan os textos íntegros das respostas dos organismos aludidos, incluidas as datas de entrada e saída e as sinaturas das persoas responsabeis. Ainda ben, por se non considerasen que temos dereito a ter esta información imos respostar aos escritos devanditos. Alegacións á resposta do Concello de Ribadeo: 1º.- En primeiro lugar o Concello de Ribadeo non resposta a nengunha das catro preguntas da nosa denuncia incluidas no primeiro párrafo: data de publicación da convocatoria da concesión, data de presentación da solicitude da empresa adxudicataria, onde se realizou a exposición pública e certificacións deste trámite. O concello de Ribadeo pode alegar que algún destes trámites non son da sua competencia pero enténdese que debe ter información sobre a cumplimetación correcta do expediente polas implicacións na licencia e que a información debe facilitarla aos vecinos o mesmo que xestiona os intereses particulares do solicitante, son funcions propias do concello, non favores personais como parece pensar o alcalde. En calquer caso a data de entrada da solicitude no concello e se houbo exposición pública en Ribadeo son datos sinxelos que non poden vulnerar nengún dereito de terceiros e non hai xustificación alguna para que o Sr. Alcalde se negue a facilitalos non so ao noso grupo senón a unha institución democrática como é a o Valedor do Pobo Galego. Obviamente a falla de resposta amosa claramente o favoritismo do concello de Ribadeo ao denegar a mais mínima información. Maiormente tendo en conta que o alcalde de Ribadeo declaraba ao diario El Pais (25/4/2015) que o proxecto era “una buena noticia y un premio” para Ribadeo. Ou sexa, antes de ter nengún documento ou informe técnico ou económico en relación co medio ambiente, ou viabilidade e mesmo sen considerar a posibilidad de exixir unha convocatoria pública que dese opción a outras alternativas menos agresivas e mais sustentabeis o alcalde xa tiña tomada a decisión política de apoiar este proxecto concreto. Resulta obvio que a credibilidade do concello de Ribadeo queda moi debilitada no resto da sua argumentación. 2º Respecto da información facilitada polo Concello debemos suliñar os seguintes párrafos: “… Dende os primeiros momentos en que foi de dominio público tales solicitudes ….” “…Esta alcaldía atendeu todas e cada unha das peticións formuladas polos mesmos… facilitándose información e documentación… e tanto por parte da Alcaldía nalgunha reunión que mantivo cos representantes da Plataforma…” “acheganse….copia dalguns dos escritos…” Resulta obvio que se non se nos facilitan esas “copias dalguns dos escritos” difícilmente poderemos respostar. Polo demais a propia redacción do concello cando di “foi de dominio público” está recoñecendo que non facilitou a información axeitada xa que a sociedade ribadense so tivo coñecemento pola prensa grazas ao artigo de “El Pais” xa mencionado e polo acordo do Consello de Ministros do dia 22/5/2015, pero en ningún intre dende a entrada do expediente no Concello de Ribadeo, en data que descoñecemos porque nos foi denegada, houbo a mais mínima iniciativa por parte do Concello para informar aos vecinos, ben fose en forma de declaracións verbais, nota informativa aos medios ou na páxina web municipal. Cando os veciños solicitamos información foi
porque a noticia xa estaba na rua polas vías devanditas pero non por iniciativa do Concello. En calquer caso se vosteden dispoñen das copias devanditas poden contrastar as datas que figuras mais arriba cas datas dos informes do concello e verán os meses trascurridos. Expoñemos deseguido un resumen dos documentos dispoñibeis: O día 3/6/15 o Colectivo Espazo Ecosocialista de Ribadeo presentou un escrito no Rexistro do Concello solicitando información. A persoa asinante aportou DNI e teléfono. Temos fotocopia. Non se recibiu resposta. Os días 7/6/15 e 13/7/15 a AAVV “O Tesón” presentou sendos escritos solicitando información e concretamente copia do informe do Concello favorable á concesión según nota de prensa do Ministerio de Fomento. Existen copias. O día 29/7/15 o Colectivo Por Nuestro faro remitiu un escrito con mais de 1000 (mil) sinaturas ao Concello por correo electrónico rexeitando o proxecto e pedindo información. A persoa que o remitiu teno rexistrado no seu ordenador. Nunca se recibiu resposta. Neste punto compre suliñar que todos estes escritos foron total ou parcialmente publicados en varios medios e que o Sr. Alcalde de Ribadeo ten unha secretaria particular para estes mesteres e mais unha empresa de publicidade contratada coin cargo ao concello. O día 23/10/15 o Sr. Alcalde emite o primeiro comunicado que podería conmsiderarse algo semellante a unha resposta. Supoñemos que Vds. disporán deste documento e poderán comprobar que se limita a relatar unha serie de trámites, polo demais coñecidos, pero non aporta nengunha información concreta sobre o proxecto, non se interesa por coñecer as opinións dos veciños, non ofrece unha entrevista persoal e non informa sobre o informe emitido anteriormente polo concello dacordo ca devandita nota de prensa do Mº de Fomento. Este escrito comeza decindo: “ Con data 09/09/2015 presentouse no Concello solicitude…”. Ou sexa ven a decir disimuladamente que antes desa data no Concello non se sabía nada do expediente o cal é rotundamente falso, porque nas declaración do Sr. Alcalde ao diario El Pais citadas demostra coñecer o expediente ou ter alguna referencia del, posto que o considera “un premio para Ribadeo”. Asemade, como xa temos comentado mais arriba, na nota de prensa do Ministerio de Fomento posterior ao Consello de Ministros do 22/5/15 dise textualmente que no expediente figura un informe favorable do Concello de Ribadeo. Requerido o Sr. Alcalde de Ribadeo por escrito e verbalmente para que facilitase dito informe negou repetidamente a sua existencia. Asi pois, tralos escritos anteriormente citados remitidos e rexistrados pola AAVV O Tesón ante a falla de resposta este colectivop volve a rexistrar unha nova petición sobre o mesmo tema o día 28/12/15, respostando o Sr. Alcalde o día 8/3/16 sen facilitar o documento solicitado, do cal so aporta catro líneas, engadindo unha serie de consideracions colaterais e intrascendentes, debendo suliñarse que deu esta resposta despois de que o colectivo “Por Nuestro Faro” anunciase que a iba solicitar o devandito informe municipal ao Ministerio de Fomento. Este exemplo ilustra perfectamente a calidade da información do Concello de Ribadeo no asunto que tratamos. Unha resposta mínima, non unha copia do documento, despois de nove meses negando a sua existencia. Respecto da entrevista persoal entre o Sr. Alcalde, varios funcionarios e os representantes do colectivo “Por Nuestro Faro” debemos informar que tivo lugar o día xxx, que durou escasamente 20 minutos, que so se nos permitiu botar unha ollada a algúns documentos que había enriba da mesa, que moitas preguntas foron respostadas con evasivas e que foi a única entrevista con responsabeis políticos ao longo de todos este meses. Polo demais as entrevistas verbais con algún funcionario estiveron dentro da cordialidade habitual facilitando algún documento público sen nada especial que suliñar. Sostibilidade: No noso escrito adicamos un amplo párrafo a esta custión. Somente suliñar que o artigo 84, apartado d) do R.D. Legislativo 2/2011 de 5 de Setiembre, Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante exixe unha “Memoria económico financiera de la actividad a desarrollar en la concesión”, que esa memoria non figura no expediente, agás unha referencia de duas líneas e media a unas estimacións de esacasa fiabilidade presentadas pola empresa promotora, que as condicións meteorolóxicas perfectamente documentadas da Illa Pancha tampouco foron avaliadas e que o Concello de Ribadeo non ten en conta esta falla no expediente
nen resposta ás nosas alegacións, maiormente sendo membro da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Borón e tendo asinado as suas recomendacións claramente exixentes en materia de sostibilidade. Informes sectoriais: Na resposta do Concello de Ribadeo citanse catro informes sectorias para a concesión da licencia, pero non existe o informe que exixe o artigo 26 apartados a) e b) do Decreto 27/2014 de 27 de Marzo que aproba o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia que reproducimos e que xa citamos nun escrito anterior: a) Usos y actividades que no se corresponden con planes, programas o proyectos y que, de acuerdo a los contenidos de este decreto, tienen la condición de autorizables con el fin evaluar con carácter previo la compatibilidad de su ejecución con el mantenimiento en un estado de conservación favorable de los hábitats y de las especies de interés comunitario, dando así cumplimiento a lo dispuesto en los artículos 6.2 de la Directiva 92/43/CEE y 45.2 de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre. El órgano autonómico competente en materia de conservación de la naturaleza evaluará en un informe si es previsible que el uso o la actividad produzcan el deterioro directo o indirecto de los hábitats naturales y/o de los hábitats de las especies, o alteraciones que repercutan en las especies que motivaron la designación del espacio protegido Red Natura 2000, pudiendo establecer en la autorización condiciones de ejecución o medidas correctoras. b) Los planes, programas y proyectos que, sin tener una relación directa con la gestión del espacio natural o sin ser necesarios para esta, puedan afectar de forma apreciable al citado lugar, ya sea individualmente o en combinación con otros planes y proyectos, de acuerdo con los artículos 6.3 de la Directiva 92/43/CEE y 45.4 de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, se someterán a una adecuada evaluación de sus repercusiones en el lugar, habida cuenta de los objetivos de conservación de dicho lugar. La evaluación de las repercusiones se sustanciará mediante la emisión de un informe ambiental que evaluará la incidencia previsible del plan, programa o proyecto sobre la integridad del lugar y sobre el estado de conservación de los hábitats y de las especies que motivaron su declaración como espacio protegido Red Natura 2000. A la vista de las conclusiones de la evaluación de las repercusiones en el lugar y supeditado a lo dispuesto en el apartado 6.4 de la mencionada directiva, el organismo competente sólo se declarará de acuerdo con dicho plan o proyecto tras asegurarse de que no causará perjuicio a la integridad del lugar en cuestión y, si procede, tras someterlo a información pública. Debemos suliñar que os informes emitidos pola Consellería de Medio Ambiente aos que alude o Concello de Ribadeo para a concesión da licencia fan referencia á normativa urbanística e de paisaxes e so se cita de pasada a “normativa do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galica”, pero non existen os informes que exixen os artigos devanditos, ou sexa unha avaliación integral do proxecto e dos seus impactos potenciais tendo en conta tódolos elementos implicados non so na fase de construcción ou reforma senón no uso poterior do servizos. Polo que atinxe á resposta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza remítímonos a os párrafos anteriores a partir do epígrafe “Informes sectoriais”, asi como ao noso escrito de 24 de Setembro de 2016, apartado 2. Sin embargo vémonos na obriga de suliñar un párrafo do seu informe, páxina 5, onde di textualmente: “Por conseguinte, a Directora Xeral de Conservación da Natureza sinala que ainda que non dispoñen do proxecto ao que se refire a queixa (o suliñado é noso) a rehabilitación do faro, en base á normativa exposta, non sería unha actividade prohibida pola Rede Natura 2000, senón sometida a autorización. Ou sexa exactamente o mesmo que nos argumentamos co matiz de que non se seguiron os trámites preceptivos para conquerir a devandita autorización. Ao que debemos engadir para mais confirmación dos nosos prantexamentos que aquí o que se discute non é unha obra concreta, que en si mesma sería motivo de queixa, senon un proxecto de obras, elementos engadidos e uso posterior e reiteramos que este proxecto non foi evaluado no seu conxunto, cousa polo demais imposible se a autoridade medioambiental non dispuxo da correspondente documentación. Con esto damos por rematadas as nosas alegacións polo momento, agradecendo a sua atención e pregando desculpas polo retraso, so imputable aos escasos recursos da noso coletivo e á falla de
apoios do Concello de Ribadeo.