Sr. Alcalde de Ribadeo En nome e representación do colectivo “Por Nuestro Faro” poño no seu coñecemento que no día de onte nas obras que se realizan na Illa Pancha estivo actuando unha pala mecánica. Por este motivo desexariamos someter á súa consideración as seguintes preguntas: 1.- Se no proxecto de Reforma Interior do Faro para o cal se concedeu a oportuna licencia municipal se incluía este tipo de equipamento. 2.- Se nalgún dos informes emitidos polos distintos departamentos da administración e particularmente os que fan referencia ás implicacións do proxecto para as condicións que exixe a Rede Natura 2000 se tivo e se avaliou o emprego deste tipo de maquinaria. Quedando ao seu dispor reciba un saúdo