20180727_ANUNCIO EXPOSICION AO PUBLICO ARTIGO 133 LEI 39 Nova residencia de maiores de Ribadeo

Page 1

Este Concello ten previsto a posta en marcha do Centro de atención a maiores de Ribadeo e a tal fin prestar aprobación aos seguintes regulamentos e/ou ordenanzas que na actualidade se atopan en fase de borrador: a)Ordenanza para o acceso ao servizo de atención residencial no Centro de atención a maiores de Ribadeo. b)Regulamento de réxime interno do Centro de atención a maiores de Ribadeo. c)Ordenanza reguladora do prezo público pola estancia no Centro de atención a maiores de Ribadeo. De acordo coas previsións do artigo 133 da vixente Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP. e co fín de dar participación aos cidadáns no procedemento de elaboración dos textos dos documentos mencionados, os borradores dos documentos de referencia estarán expostos ao público por prazo de QUINCE DIAS . Durante este prazo e sen prexuízo da consulta previa á redacción dos textos e aprobación en xeito regulamentario conforme á Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases de Réxime Local, o texto dos documentos estará no portal web municipal: www.ribadeo.gal.Sede electrónica/portal transparecencia/participacion cidada, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por calquera persoa ou entidade interesada. Coa consulta, audiencia e información públicas reguladas neste artigo os potenciais destinatarios da norma e quen realice achegas sobre ela teñen a posibilidade de emitir a súa opinión, para o que se poñen á súa disposición os documentos mencionados que reúnen toda a información precisa para poder pronunciarse sobre esta materia. Segundo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, os aspectos obre os que poderán emitir opinión serán os seguintes: a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación. c) Os Obxectivos da norma. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias Ribadeo, 27 de xullo de 2018 O ALCALDE, FERNANDO SUAREZ BARCIA

DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE

Cod. Validación: 95D6T5DHZ3ZREWEWT4KLYY57Z | Corrección: http://ribadeo.sedelectronica.gal/ Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 1

FERNANDO SUAREZ BARCIA (1 para 1) ALCALDE Data de Sinatura: 27/07/2018 HASH: 8752ad2ef69d35b5d32a8e86ecc0ea1a

ANUNCIO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.