Recomendo

Page 1

1º CICLO

BAIXA GATA de Sonya Hartnett. Ed Lata de sal. É hora de deitarse e a gata de Nicolao non baixa do tellado. Nicolao preocúpase, non quere que durma aló arriba. A noite agocha sorpresas, e na súa inmensa escuridade, Nicolao e a súa gata esquecerán os seus medos para ser máis valentes ca nunca.

NON FAI FALTA A VOZ de Armando Quintero. OQO Todos os animais comunícanse coa súa voz. Menos as xirafas, que non teñen voz, pero teñen un método moi efectivo. Queres saber cal?

SOPA VERDE de Ángela Madeira. OQO. O protagonista desta historia é un cabezón, sempre quere comer o mesmo. Un grupo de animais intentarán convecelo. Queres saber se o conseguirán?

ESTEGOSAURIO de Anna Obiols. Colección Dinos. Edebé. Este libro pertence a unha serie, onde o protagonista é un neno. En cada libro fala dun dinosauro, pero ao final descubriremos quen é realmente ese dinosauro.

CRÍCTOR de Tomi Ungerer. Kalandraka. O mellor amigo do home non ten patas, nin pelo, nin ladra. É alongada, viscosa e de orixe africana. Esta boa chámase Críctor e todos a admiran.

LOS VOLCANES. MUNDO MARAVILLOSO de SM. ¿SABES SI UNA JIRAFA…?(ruleta de adivinanzas) de Teyssedre Fabienne. SM. EL RETORNO DE ELMER de David Mckee. Ed. Beascoa. Faltan dous días para o día de Elmer. Todas as pinturas están preparadas, os elefantes pensan en como decorar o seu corpo. Elmer disfrazarase de gris, non ten que organizar nada e abúrrese. Ata que...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.