Vive malpica web

Page 1

revista malpica.qxp_Maquetaci贸n 1 24/3/15 0:44 P谩gina 1

VIVE MALPICA Revista informativa 2011-2015

1


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 2

“NESTES CATRO ANOS CONSEGUIMOS QUE O NOSO CONCELLO TIVESE A ESTABILIDADE FINANCEIRA E SOCIAL QUE PRECISABA” O mandato que está a piques de rematar pasará á historia do Concello de Malpica pola consecución de importantes infraestruturas que levaban anos aparcadas. A depuradora de augas residuais, o centro de saúde de Buño e a escola infantil son algunhas das grandes obras que estamos a acometer e que mellorarán de forma substancial os servizos que prestamos aos cidadáns. O alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo José Parga Veiga, fai balance destes catro anos. Cales foron as prioridades do goberno municipal durante este mandato? Cando tomamos posesión encontrámonos con que a situación real do Concello de Malpica non era a que se contaba, porque existía unha débeda bastante considerable que nos obrigou a reformular o noso programa de goberno e a xestionar moi ben os recursos para poder pagar e, ao mesmo tempo, dar continuidade aos servizos, que era o fundamental. Nos primeiros meses tivemos que concentrarnos na resolución deses problemas, porque por non ter nin sequera houbo traspaso de poderes.

Que medidas se adoptaron para conseguir manter os servizos e pagar a débeda? Tivemos que tomar decisións importantes de cara ao pobo como foi axustar os servizos e todos os prezos, porque estaban moi desfasados. Por poñer un exemplo, o prezo da auga aínda estaba en pesetas. Houbo que facer un plan de saneamento porque tiñamos déficits moi grandes nos servizos: en Augas, máis de 50.000 euros, na ludoteca era case o 100%... Son cuestións que houbo que axustar para facer viables os servizos. A situación que había obrigounos, ademais, a recorrer ao plan de pago a provedores. Era unha necesidade para poder pagar e poñernos ao día cos provedores, porque, por poñer un exemplo, tiñamos facturas da luz sen pagar dende o ano 2008. Creo que solicitar ese préstamo foi unha boa xestión, e ademais firmamos un convenio a dez anos e pagámolo en dous e medio. Hoxe Malpica é un dos concellos máis saneados da comarca e o menos endebedado, segundo os datos a 31 de decembro do 2013. Creo que a xestión que se vén facendo dende o goberno municipal foi determinante, e os datos acreditan que se fixo ben. Hoxe podemos dicir que o Concello de Malpica practicamente ten débeda cero, porque só nos queda un préstamo duns 60.000 euros que non queremos amortizar porque estamos pagando o 0,45% de xuro. Ese é o único préstamo que ten o Concello a día de hoxe. Houbo que axustar un pouco os custes dos servizos públicos, pero mantemos e incrementamos as subvencións a entidades, destináronse grandes partidas a gasto corrente e fomos o concello dos da volta que máis obras fixo.

Eduardo José Parga Veiga Alcalde de Malpica de Bergantiños


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 3

Un dos logros deste mandato sería, logo, a estabilidade financeira. Nestes catro anos conseguimos que o noso concello tivese a estabilidade financeira e social que precisaba, pero tamén a institucional. Isto é moi importante, porque garante a toma de decisións e tamén nos permite presentarnos ante outras Administracións con solvencia. Nese sentido, outro dos logros deste mandato foi conseguir tres obras demandadas dende hai moitísimos anos, como son a escola infantil, o centro de saúde de Buño e a depuradora, que quizais sexa unha das máis importantes pola necesidade que ten o casco urbano de Malpica de depuración, xa que vivimos do turismo e estabamos vertendo á zona da praia.

e o agrogandeiro, que tamén estamos apoiando dende o Concello de Malpica dentro das nosas posibilidades e das nosas competencias, e a olería, que precisa dun esforzo especial pola nosa parte.

O turismo é sen dúbida un dos motores da economía local, pero hai outros. De que maneira pensa que se poden dinamizar? O goberno municipal fixo un importante esforzo durante estes catro anos na promoción turística do noso concello. Non só estivemos presentes en feiras e publicacións especializadas, senón que traballamos na recuperación e na dinamizacións dos nosos recursos naturais e patrimoniais. A restauración do Forno da Costa de Buño ou a posta en valor da Croa do Castro, na parroquia de Cerqueda, son algúns exemplos. Pero se falamos de sectores produtivos non podemos esquecer o pesqueiro

E agora cales son os principais retos? En Malpica, como en calquera outro concello, hai moitos retos, pero o fundamental é a recuperación económica para que a xente teña traballo. Despois, atender o dia a día, as necesidades que van xurdindo, e nese sentido pretendemos seguir estando ao pé da rúa para seguir atendendo a todos os veciños e veciñas. En canto a infraestruturas, unha das grandes obras sería o saneamento das parroquias, que é moi necesario, pero son investimentos moi grandes e, como é sabido, estamos a vivir nun momento de fortes restricións económicas.

No balance global do mandato que destacaría? En primeiro lugar, a estabilidade financeira do Concello, e despois as infraestruturas que se conseguiron. Na campaña prometemos que estariamos preto do cidadán, a pé de rúa, e creo que iso tamén se conseguiu, aínda que hai que perfeccionalo porque nunca chegas a contentar a todo o mundo, pero si que escoitamos á xente e fixéronse aquelas cousas, moitas veces obriñas pequenas, que reclamaban os cidadáns.

3


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 4

GRANDES OBRAS PARA O FUTURO Este mandato pasará á historia do municipio como o da execución das grandes obras pendentes. En só catro anos o Concello de Malpica foi quen de desbloquear proxectos tan antigos coma o do centro de saúde de Buño, tan demandados coma o cambio do pavimento do paseo marítimo, tan importantes para as familias coma a escola infantil e tan necesarios para o futuro coma a EDAR.

mellorando un servizo fundamental para o posicionamento do municipio como referente turístico. A EDAR, que terá capacidade para dar servizo a unha poboación de máis de 7.000 habitantes, é unha das grandes obras que foi posible acometer neste mandato grazas ao bo entendemento entre a Xunta de Galicia e o Concello de Malpica. A depuradora está valorada en 5,5 millóns de euros. Actuacións para ir pechando o ciclo da auga Ao longo destes catro anos o Concello de Malpica abordou numerosas actuacións de menor envergadura pero igualmente necesarias para ir pechando o ciclo da auga no territorio municipal.

• Rede de abastecemento de auga potable aos núcleos de A Lagoa, Algadán e Loroxo 35.065,08 € • Rede de abastecemento de auga potable en Barizo 7.992,60 € • Saneamento das parroquias de Leiloio e Buño 167.233,15 € • Rede de sumidoiros no lugar de Pontella 25.260,54 € • Renovación de redes de saneamento, pluviais e abastecemento de rúa Altamira e dos Agros 68.596,64 € • Rede saneamento e pavimentación en rúa dos Agros 35.522,50 € • Rede saneamento rúa nº 3 travesía das Neves e Escorial 50.356,73 € • Ampliación de saneamento en Seaia e recuperación ambiental en Orxeira 22.345,36 €

A EDAR de Malpica entrará en servizo este ano A estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Malpica entrará en servizo antes de fin de ano. A peza clave do sistema de saneamento da vila permitirá acabar cos vertidos á praia, poñendo fin así a un importante problema medioambiental e

4

Entre as últimas actuacións realizadas polo Concello de Malpica figura a terceira fase da rede separativa de augas pluviais e residuais da piscina. A actuación, incluída no Plan DTC93, supuxo un investimento de 43.339,99 euros dentro do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015, o Concello de Malpica acometerá unha actuación similar no lugar de Piñeiros, que quedará saneado por completo cun último investimento de 98.339,27 euros.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 5

PORTO Máis aparcamento no porto tras o derrubamento da lonxa vella Despois das obras de reparación e reforzo do dique, Portos de Galicia acometeu unha nova actuación no porto de Malpica. Grazas ás xestións realizadas polo alcalde, Eduardo Parga, foi posible a demolición da lonxa vella para mellorar a accesibilidade, ampliar o aparcamento e crear un novo espazo de lecer. As obras arrincaron a primeiros de ano cun orzamento de 150.000 euros.

A iniciativa forma parte dun plan de reordenación do tráfico. A demolición da lonxa vella é unha das medidas incluídas no plan de reordenación de usos no porto no que están a traballar conxuntamente Portos de Galicia e o Concello de Malpica. O ente autónomo pretende facilitar a circulación rodada para os vehículos profesionais e ten previsto o control de accesos mediante barreiras para dar resposta ás necesidades trasladadas polos usuarios, entre outras melloras.

A eliminación da lonxa vella, e sobre todo o seu gran beiril, supón unha mellora importante na accesibilidade dos camións e tráilers ao porto. O espazo que quedou baleiro ten capacidade para unha vintena de vehículos, o que contribúe a paliar a escaseza de zonas de aparcamento na vila, e ademais será utilizada como zona de lecer en sintonía coa importante renovación da fachada marítima que se levou a cabo nos últimos anos.

Novos departamentos para os usuarios. Como consecuencia das obras de construción da EDAR na zona sur do porto foi preciso demoler 13 departamentos. Pero os seus usuarios xa teñen alternativa, porque Portos de Galicia construíu un novo edificio fronte á explanada no que non só se habilitaron eses 13 espazos, senón tamén oficinas, aseos e un local para o Club Náutico. Todos contan con subministro de auga, electricidade e conexión ao saneamento municipal. Con esta actuación contribúese a mellora das condicións de traballo dos profesionais do mar. Investidos máis de 700.000 euros no dique para reparar os danos causados polos temporais do inverno pasado

Visita do presidente de Portos, José Juan Durán, para presentar o proxecto

Os temporais do 2014 deixaron un regueiro de danos ao seu paso por Malpica. O dique do porto foi unha das infraestruturas máis afectadas, e a súa recuperación custou máis de 700.000 euros. As obras consistiron no reforzo da estrutura mediante bloques de formigón de 150 e 30 toneladas para o exterior e o interior, respectivamente, do espigón; así como a reconstrución do parapeto, a escollera e o martelo, e a recolocación das placas de formigón e as varandas.

O espazo que ocupaba a antiga lonxa albergará aparcamentos e unha nova área de lecer 5


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 6

INVESTIMOS NA MOBILIDADE PEONIL O Concello de Malpica está a dar importantes pasos para mellorar a mobilidade ao largo e ancho do seu territorio. A apertura de sendas peonís ao longo de estradas moi transitadas e a construción de ramplas e escaleiras para salvar os desniveis que existen no casco urbano, sobre todo, centraron un bo número de proxectos desenvolvidos ao longo dos últimos catro anos. As actuacións executadas suman preto de 300.000 euros.

ao edificio administrativo da Camposa, e que agora poden facer ese traxecto de 230 metros moito máis seguros. A senda de Buño foi executada cos fondos do ano 2014, un total de 100.000 euros que tamén permitiron realizar a reconstrución de beirarrúas en Seaia tras a mellora do saneamento e a construción dunha escaleira de 12 metros na Orxeira, entre outras pequenas actuacións medioambientais.

OBRAS DE MELLORA DA MOBILIDADE

Co pintado da vía déronse por finalizadas a principios deste ano as obras de adecentamento da 2ª Travesía da Camuza. O investimento non superou os 16.000 euros, pero este pequeno proxecto, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, contribúe de maneira importante a mellorar a circulación. Precisamente na Camuza levouse a cabo un proxecto de seguridade viaria no tramo que abrangue dende o cruce de Seaia ata o tanatorio. Os traballos afectaron a máis de 600 metros a ámbolos marxes da vía que une Malpica con Ponteceso, moi transitada pola existencia de vivendas e negocios.

• Actuación ambiental da senda que vai de Asalo a Mens 7.149,62 € • Mellora da rúa-zona comercial Rúa Praia 84.618,66 € • Senda peonil e servizos na estrada AC-418 km. 15 Tramo 1 110.824,18 € • Senda peonil e servizos na estrada AC-418 km. 15 Tramo 2 37.770,13 € • Mellora de accesos rúa Brigadier Manuel Varela 21.705,31 € • Senda peonil en AC-414 – Buño 31.675,68 € Nestes catro anos o Concello de Malpica de Bergantiños recibiu 600.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental. Aínda que non supuxo un investimento elevado, a senda peonil que une a vila de Buño co Centro Comarcal dá resposta a unha insistente demanda dos veciños que acoden ao centro de saúde ou

Xa está en perfecto uso a senda de San Adrián tras as obras realizadas para reparar os danos provocados polos temporais do último inverno. Unha achega da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, permitiu resolver o problema cunha partida de 8.032 euros. A senda de San Adrián, de varios quilómetros de lonxitude, é moi utilizada coma circuíto de paseo polos malpicáns, pero sobre todo

Senda de Buño

Senda de Piñeiros a Pedra Queimada

6


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 7

é un camiño imprescindible para os romeiros que soben á capela coincidindo coa festa do santo no mes de xuño.

OBRAS DE CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓN AMBIENTAL DE ESPAZOS PÚBLICOS

Os veciños e veciñas de Seaia e Beo xa poden camiñar con moita máis seguridade pola estrada de Malpica a Ponteceso grazas á senda peonil que une ámbolos núcleos. A actuación foi posible grazas ás xestións realizadas polo alcalde, Eduardo Parga Veiga, na Deputación da Coruña, titular da vía. O proxecto non só mellora a seguridade viaria e facilita a mobilidade peonil, senón que ademais soluciona o problema de inundacións que existía nese tramo grazas á canalización das augas pluviais.

• Acondicionamento da zona do lavadoiro de Mens 7.149,62€ • Actuación ambiental na fonte de Pontella 1.604,88€ • Recuperación ambiental no Paseo da Praia e no Escorial 13.751,55€ • Adecuación da parcela municipal para a creación de área recreativa en Cerqueda 200.000,00€ • Recuperación ambiental do camiño que vai do lugar das Cortes a Leduzo 41.422,72€ • Recuperación das zonas degradadas dos lavadoiros de Pontella, Santiso e Camarada 4.243,23€ • Mellora de servizos recreativos e culturais no parque Luciano García Alén (Buño). Mellora de mobiliario recreativo e de accesos. Divulgación da olería 80.344,00€ • Mellora de servizos recreativos e de lecer no centro sociocultural de As Pozacas - Cerqueda. Implantación de parque infantil homologado 18.570,66€ • Recuperación ambiental do Camiño da Borralleira Barizo 8.172,34€ • Creación de parque infantil público no entorno do Centro Sociocultural de Cambre 42.000€ • Adecuación de accesibilidade á praza Villar Amigo 42.358,64€ • Reforma e adaptación do parque infantil de Malpica 99.792,78€ • Rehabilitación do Forno da Costa 79.200,01€

Para os veciños do lugar de Piñeiros tamén é moito máis doado desprazarse a pé ata o casco urbano de Malpica. A senda peonil construída ao longo da estrada de Carballo comunica co acceso a Pedra Queimada e supón unha importante mellora da mobilidade peonil.

Área recreativa de Cerqueda

PARQUES INFANTÍS MÁIS MODERNOS E SEGUROS

Dentro do POS 2014 o Concello de Malpica incluíu a reforma do parque infantil de Malpica. As obras consistiron na adaptación á normativa actual, a eliminación de elementos construtivos que podían supoñer certo risco para os usuarios, a reposición de pavimentos, a substitución da fonte, a reforma dos aseos e a organización das zonas de xogos por idades. Ademais, o parque conta con mobiliario novo.

usuarios a accesibilidade e a iluminación, renovamos o mobiliario urbano, melloramos o axardinamento e colocamos elementos de divulgación sobre a olería. Agora temos dúas zonas de xogos totalmente seguras para os nosos nenos e un parque biosaudable para os nosos maiores. A actuación foi financiada con fondos Agader.

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) sufragou o ano pasado a construción dun parque infantil no entorno do centro sociocultural de Cambre e a mellora da accesibilidade á praza Villar Amigo substituíndo dous tramos de escaleiras por ramplas. A intervención realizada no parque Luciano García Alén de Buño, permitiu garantir a seguridade de todos os 7


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 8

GRANDES OBRAS PARA O FUTURO O novo centro de saúde de Buño será unha realidade a fin de ano

O 15 de xaneiro asinouse o contrato entre a Administración autonómica e a empresa construtora do centro de saúde de Buño, e xusto un mes despois a empresa Construcións Orega SL iniciou as obras. O proxecto, cofinanciado nun 50% por fondos do Estado dentro do Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable, ten un custo de 624.810 euros e un prazo de execución de sete meses, polo que o centro de saúde poderá estar operativo antes de fin de ano. O novo edificio sanitario terá unha superficie construída de 524 metros cadrados, nos que albergará un área médica con tres consultas de medicina xeral, unha consulta de enfermería, unha sala polivalente e unha área de administración con arquivo, almacéns e outros servizos comúns. O centro de saúde poderá atender a unha poboación de 1.800 persoas.

O Concello de Malpica terá que facer fronte aos gastos de mantemento, que suporán arredor de 35.000 euros ao ano. O goberno municipal está a traballar na elaboración dun plan de contidos para reabrir o centro, ao que pretende que regrese a importante e valiosa colección de pezas de olería de Luciano García Alén. Ademais, o edificio continuará sendo a sede do GAC e do GDR e o goberno municipal estuda a apertura dunha oficina de turismo e un museo dedicado ao mar. OUTRAS OBRAS EXECUTADAS Mellora de alumeados públicos en diversos lugares do Concello 27.381,90 € Proxecto ILE (Instalación de Iluminación Exterior) 2011 53.525,86 € Proxecto ILE 2013 56.370,65€

Arranxo da cuberta do ximnasio do pavillón municipal 17.346,00 €

Visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aos terreos do centro de saúde acompañado por membros do goberno municipal

O Concello de Malpica xa é o titular do antigo Centro Comarcal de Bergantiños O Concello de Malpica de Bergantiños xa é titular do edificio que albergou o Centro Comarcal de Bergantiños dende 1997 ata a extinción da entidade pública Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, o 1 de xaneiro do 2012. As xestións realizadas polo goberno municipal frutificaron en marzo do 2014 coa sinatura do traspaso oficial das instalacións, de forma indefinida e sen custe algún para as arcas municipais, por parte da Xunta de Galicia. Ao acto, celebrado no propio Centro Comarcal, en Buño, asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández, Alfredo Cañizo e Marisol Blanco. 8

Visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao antigo Centro Comarcal Bergantiños


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 9

NOVOS INVESTIMENTOS EN EDUCACIÓN

A escola infantil de Malpica abrirá as súas portas o vindeiro curso A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha ao longo do próximo curso 2015-2016 a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará un total de 41 prazas de 03 anos ás familias. O Concello de Malpica está a tramitar as preinscricións dos papás e mamás interesados no servizo. A escola infantil ocupa o espazo da antiga escola unitaria de Aldeola, na parroquia de Cerqueda, que foi derrubada para deixar paso a unha infraestrutura que viña sendo reclamada polos veciños e veciñas de Malpica dende hai anos. A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), é froito do convenio asinado o ano pasado polo alcalde, Eduardo Parga, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou os traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S. L. por un importe de 354.175 euros. A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, polo que dará cabida a 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade. Diálogo permanente coa Consellería de Educación O goberno municipal de Malpica mantén unha relación fluída e continuada coa Consellería de Educación para traballar conxuntamente na mellora das condicións dos centros educativos radicados no noso concello. De feito, neste mandato a Xunta leva investidos 100.000 euros no municipio.

Xornadas de convivencia escolar En Malpica xa é tradición que os nenos e nenas despidan o curso cunha Xornada de Convivencia Escolar que reúne aos alumnos de infantil e primaria. Nesta actividade, o Concello colabora coas asociacións de nais e pais na organización de obradoiros, actuacións e xogos para unha completa xornada de festa.

EDUCACIÓN Marquesiña do Colexio Milladoiro DONACIÓN 41.194,45 €

Acondicionamento das escolas unitarias de Mens e Barizo 21.582,20 € Escola Infantil Aldeola 389.931,74 €

Demolición escola existente 3.378,49 € 9


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 10

OBRAS VIARIAS Investidos máis de medio millón de euros na conservación da rede viaria municipal Neste mandato o Concello de Malpica de Bergantiños leva investidos máis de medio millón de euros no mantemento da rede viaria municipal. Ao igual que a mobilidade peonil, o goberno municipal tamén pretende mellorar as condicións de circulación para os vehículos.

Sorrio

Asalo

Buño 10

Unha parte das actuacións foron incluídas en plans provinciais anuais. Así, por exemplo, con cargo ao POS 2014 financiáronse os traballos de pavimentación das rúas As Neves (tramo 2) e Esqueiro Os Petóns (tramo 1), en Seaia. Pero a parte máis importante foi froito das xestións realizadas polo goberno municipal diante da Deputación da Coruña. O plan de mantemento municipal permitiu mellorar máis de 20.000 metros de pistas O Concello de Malpica de Bergantiños levou a cabo o ano pasado un plan de acondicionamento e mantemento que permitiu mellorar un total de 20.489 metros de vías municipais. O programa de actuación deseñouse en función das necesidades, de maneira que nalgúns casos só foi preciso acometer a limpeza das cunetas, pero na maioría leváronse a cabo tarefas de adecuación dos firmes, bacheos, repavimentacións ou novas pavimentacións. O goberno municipal de Malpica xestionou unha achega da Deputación por importe de 226.578,80 euros para poder levar a cabo o plan de mantemento, que afectou a un total de 21 tramos de vías repartidos polos lugares de Barizo, Asalo, Mens, Beo, Seia, Taraio, Aldeola, Buño, Cambre, Pedrosa, Piñeiros, Santiso, Vilarnovo e Seixas. A Xunta destinou en dous anos máis de 143.000 euros a camiños rurais A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, presentou o mes pasado o proxecto de acondicionamento de varios camiños rurais do municipio, ao abeiro dos fondos do Plan marco de mellora de camiños correspondente ao exercicio 2014-2015, que este ano estará cofinanciado pola Consellería do Medio Rural e a Deputación da Coruña. Así, o Concello de Malpica disporá dunha achega de 90.223 euros para levar a cabo estas actuacións nos vindeiros meses, o que supón un incremento de ata o 70% respecto á convocatoria anterior.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 11

En breve comezarán as obras para mellorar seis pistas municipais nos lugares de Ardeleiro, Mens, San Antonio, Seixas, Raxeira e Aviño. As actuacións consistirán na mellora da capa de rodadura, co arranxo de fochas, tratamento asfáltico superficial e limpeza e perfilado de noiros e cunetas. En total, traballarase sobre 2,7 quilómetros de vías. A máxima representante do Goberno galego na provincia aproveitou a súa estancia no municipio para supervisar tamén o resultado dos traballos levados a cabo a través deste plan no período 2013-2014, cando o Concello recibiu outra achega de 52.815 euros. Nese caso, realizáronse labores de mantemento sobre 1,5 quilómetros de pistas, localizadas nos núcleos de Vigo e Filgueira, nas parroquias de Vilanova e de Cerqueda, respectivamente.

Seaia

INFRAESTRUTURA VIARIA · Acondicionamento de vías en Taraio e Santiso 25.342,98 € · Acondicionamento de camiños municipais en Piñeiros, Leiloio 15.849,66 € · Acondicionamento de aparcadoiro da Casa do Oleiro e mantemento de pistas varias 36.249,54 € · Pavimentación do núcleo de Brión e rúa A Costa tramo1 30.097,04 € · Mellora de camiños públicos nos núcleos de Vigo e Filgueira 52.815,29 € · Pavimentación e infraestruturas Rúa As Neves – tramo1 73.492,87 € · Acondicionamento e mantemento de vías municipais: Cerqueda, Buño, Beo, Mens, Barizo, Cambre e outras 226.578,80 € · Pavimentación e infraestruturas Rúa As Neves tramo II e rúa Esqueiro Os Petóns-tramo1 66.010,23 €

Ardeleiro

Leiloio

Beo

Barizo 11


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 12

GUÍA DE SERVIZOS


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 13

PROMOCIÓN ECONÓMICA O alcalde de Malpica negocia novas bonificacións para o polígono industrial O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto cos de Cee e A Laracha, desprazouse o pasado mes de febreiro a Madrid para reunirse coa directora xeral da Entidade Pública Empresarial de Solo (Sepes). O obxectivo: solicitarlle unha nova bonificación nos prezos do solo no polígono industrial coa finalidade de incentivar a instalación de empresas. Os rexedores saíron satisfeitos da xuntanza, e agardan que a petición sexa aceptada polo consello de administración de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), a entidade que urbanizou e xestiona os tres parques. O ano pasado, froito tamén das xestións realizadas polos alcaldes, SEA lanzou unha oferta con descontos do 20 ao 25 % do solo industrial. A maiores, as empresas poden beneficiarse de bonificacións no ICIO.

Un proxecto de formación e emprego a tres bandas Outra colaboración entre concellos, neste caso entre Carballo, A Laracha e Malpica, permitirá formar a un total de 60 persoas nos sectores do comercio e a hostalería. A solicitude, con cargo aos novos Programas Integrados de Emprego (PIE) da Xunta de Galicia, está tramitada. O proxecto terá 12 meses de duración, dende o 1 de setembro deste ano ata o 31 de agosto do 2016, e as accións formativas repartiranse entre instalacións dos tres municipios. No caso de Malpica a sede será a Casa do Oleiro. As accións de formación específica previstas son as seguintes: Caixeiro/a / atención ao cliente (420 h.) Mozo/a de almacén / repoñedor/a supermercado / manexo carreta elevadora (390 h.) Dependente de carnizaría (310 h.) Dependente de peixaría (310 h.) Elaboración de repostería (230 h.) Elaboración e presentación de tapas, pinchos e canapés (300 h.)

A Regata Rías Altas de vela recalará na vila Xa hai datas para a Regata Rías Altas de vela, que este ano desenvolverase entre o 9 e o 12 de xullo. O comité organizador da 42ª edición estableceu as catro etapas da competición: A Coruña-Sada, Sada-Muxía, Muxía-Malpica, Malpica-A Coruña. A casa consistorial de Malpica acolleu unha reunión na que se avanzaron os detalles desta nova edición da regata, na que colaboran a Universidade da Coruña -a través da Escola de Turismo e da Escola Superior de Náuticae a Academia de Gastronomía Galega. O Concello de Malpica estivo representado polo tenente de alcalde, Miguel Fernández; a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, e o técnico de Deportes, Pablo Lista. Nesta 42ª edición complementarase a competición deportiva coa publicación de diverso material con contido turístico, e tamén se tratará de implicar ao sector da hostalería mediante a elaboración de menús específicos para a regata. “Malpica. O mar de Sisargas”, un proxecto para o sector turístico “Malpica. O mar de Sisargas” é un proxecto de turismo experiencial promovido polo Concello de Malpica e financiado con fondos europeos GAC (Grupo de Acción Costeira). A través desta iniciativa recupéranse e póñense en valor os recursos marítimos existentes na vila, dun xeito sostible coa axuda das novas tecnoloxías e causando unha mínima intervención no medio. A iniciativa “Malpica. O mar de Sisargas”, que incluíu numerosas actividades orientadas ao sector hostaleiro, ten unha importante presenza nas redes sociais Facebook, Flirck e YouTube.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 14

Agora dá gusto pasear pola beira do mar Malpica foi un dos municipios máis afectados polos temporais do duro e longo inverno de finais do 2013 e principios do 2014, que provocaron importantes danos en infraestruturas públicas e privadas. O paseo marítimo resultou moi afectado. Pero xa di o refrán que non hai mal que por ben non veña, e neste caso, grazas ás xestións realizadas polo goberno municipal, conseguiuse incluír dentro do proxecto de reparación unha vella demanda da cidadanía: despois de moitos anos de protestas e peticións, por fin foi substituído o incómodo pavimento de adoquín por novas lousas de pedra na parte central e formigón impreso nas beiras. Agora si que dá gusto pasear pola beira do mar ao longo da nosa praia de Area Maior.


revista malpica.qxp_Maquetaci贸n 1 24/3/15 0:44 P谩gina 15


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 16

DENDE MALPICA PARA O MUNDO

A promoción turística do noso concello é un dos eixos da xestión municipal Un dos obxectivos do goberno municipal ao longo deste mandato foi situar o noso concello no lugar que lle corresponde a nivel turístico. A promoción de Malpica é un dos eixos da xestión municipal, unha área transversal que abrangue dende a participación en feiras dentro e fóra de Galicia ata a posta en valor do noso patrimonio, a organización de eventos de referencia, a prestación de servizos de calidade ao visitante ou a mellora das infraestruturas e os servizos urbanos para facer as nosas vilas cada vez máis atractivas.

Xuño do 2014 foi un mes de moitísima actividade turística. O Concello de Malpica non só estivo presente en Silleda, senón que tamén promocionou a olería no 5º Congreso Europeo de Turismo Industrial, no que participaron expertos de todo o continente.

Irmandamento con Malpica de Tajo As xestións iniciadas en xaneiro do 2014 por Alfredo Cañizo están a dar os seus froitos tamén co próximo irmandamento entre Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo, os únicos concellos homónimos de España. Na visita realizada este ano á vila toledana polo alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Turismo acordouse celebrar o mesmo día nas dúas localidades o pleno extraordinario no que se formalizará o irmandamento. Un dos obxectivos é aproveitar os recursos dos dous municipios para iniciar unha serie de intercambios en áreas coma a cultura, a empresa e o turismo.

Fitur, o mellor escaparate Malpica de Bergantiños xa non pasa inadvertida en Fitur. O importante labor de promoción realizado nos últimos anos polo goberno municipal en xeral, e polo concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, en particular, está a dar os seus froitos. A Feira Internacional de Turismo que se celebra a principios de cada ano en Madrid é o mellor escaparate para o noso municipio, onde Malpica se dá a coñecer ao mundo e onde se teñen realizado interesantes e frutíferos contactos. Sen dúbida o que máis deu que falar foi a reunión de Alfredo Cañizo co actual rei Felipe VI na última edición á que acudiu como Príncipe de Asturias, no 2014. De Silleda a Ferrol. O Concello de Malpica tamén estivo presente na I Feira de Festas de Interese Turístico, incluída no programa da Semana Verde de Galicia, cun stand no que se amosou material turístico e promocional de todo tipo, así coma unha ampla exposición de pezas artesanais de Buño. A presenza do oleiro José Antonio Corral no torno foi un dos grandes atractivos da feira. 16

Novo material promocional Fitur foi, precisamente, o escenario elixido pola Concellería de Turismo para presentar no 2014 o novo material promocional do municipio, que inclúe folletos despregables, rueiros, revistas e planos-guía. Miles de exemplares foron distribuídos tamén entre os 84 establecementos de hostalería do municipio para a campaña de Semana Santa.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 17

AGOSTO É O MES DE MALPICA

Non cabe dúbida de que agosto é o mes de Malpica. Multiplicamos a poboación, e o turismo convértese na principal actividade económica. Consciente da importancia de protexer un recurso tan importante, o goberno municipal organiza e apoia unha serie de actividades que contribúen a reforzar o atractivo do noso municipio e a consolidar a nosa marca turística.

O mes da Mostra da Olería

Organizada directamente dende o Concello de Malpica ou dende a Asociación Oleira de Buño, como na pasada edición, o apoio á Mostra da Olería é indiscutible. Unha das preocupacións e das ocupacións do goberno municipal é a protección dos recursos económicos e patrimoniais do noso municipio, e sen dúbida a artesanía do barro é un deles. Nesa liña enmárcanse a posta en valor dos fornos tradicionais ou a organización de actividades coma a Cocedura Tradicional, que cada mes de agosto converte o Forno do Forte no punto de encontro de centos de persoas. Agora, tras a recuperación do Forno da Costa, ábrese un novo campo de posibilidades de cara á promoción da nosa olería e dos nosos oleiros. O mes do Mercado Medieval e a Festa Galega A mediados de agosto Malpica é un fervedoiro. A Concellería de Turismo quere aproveitar o tirón do municipio, e da vila en particular, para convertela nun referente dentro e fóra da comarca. E estao conseguindo. Proba dilo é que o Mercado Medieval e a Festa Galega, que coinciden neses días centrais do mes vacacional por excelencia, atraen cada ano a máis e máis visitantes. A rúa principal da localidade énchese de animación durante o día grazas ás decenas de vendedores que acoden cos seus produtos e á ambientación de inspiración medieval e mariñeira, e polas noites esa vitalidade trasládase ao porto para gozar dun dos festivais de música tradicional de máis calidade da contorna. No 2014, por iniciativa do concelleiro Alfredo Cañizo, o Mercado Medieval e a Festa Galega foron os protagonistas do programa da TVG “Aquí Galicia”, que acadou un enorme éxito. O mes das Festas do Mar O Concello de Malpica colabora activamente coa comisión de festas na organización dun dos eventos de referencia non só a nivel local ou comarcal, senón tamén autonómico. As Festas do Mar, que marcan a fin do verán e das vacacións, son cada ano máis multitudinarias. Os distintos departamentos municipais participan dos preparativos coordinando os dispositivos de seguridade, aportando recursos humanos e materiais e complementando o programa con actividades tan exitosas coma o concurso de castelos de area. 17


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 18

PATRIMONIO

Iniciativas que poñen en valor o noso patrimonio O Concello de Malpica está a desenvolver un importante traballo de recuperación e posta en valor do noso patrimonio. Nestes catro anos coidamos os pequenos detalles pero tamén abordamos importantes proxectos que nos sitúan á cabeza da comarca neste tipo de iniciativas. O Forno da Costa de Buño, xa rematado, e a Croa do Castro de Cerqueda, na que se está a desenvolver un interesante proxecto comunitario, son dos dous principais exemplos. Nova vida para o Forno da Costa O Forno da Costa, un dos máis emblemáticos de Buño, xa é visitable despois das obras de recuperación que levou a cabo o Concello de Malpica o ano pasado en colaboración coa Deputación da Coruña. Trátase dun dos catro catalogados no concello e forma parte do grupo de fornos comunais que durante séculos foron utilizados polos oleiros do barrio da Costa. Dende o Concello considerouse que este patrimonio, único en Galicia, debía ser conservado e posto en valor tanto polo seu interese turístico como polo significado que ten na olería de Buño.

18

Por ese motivo, dende a Alcaldía fixéronse as xestións correspondentes para conseguir o financiamento necesario. Coa rehabilitación deste forno, os tradicionais barrios oleiros de Forno Novo, Mouróns e Costa xa teñen as súas edificacións recuperadas. O Forno da Costa consta do forno de cocer a cerámica e de dous alpendres para gardar materiais e almacenar toxo. Son estruturas características e propias da olería de Buño que non se podían perder. Por iso procedeuse ao saneamento do muro dianteiro, a reconstrución da boca, a retirada dun engadido no muro superior, a recuperación dun dos alpendres, a urbanización do conxunto e a sinalización. O custe da obra foi de 79.200 euros.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 19

O Forno do Forte, un emblema de Buño O Concello de Malpica tamén impulsou durante estes catro anos o ecomuseo do Forno do Forte, un emblema de Buño, que foi levantado ao longo do século XIX e era dos máis apreciados pola calidade das súas coceduras, que volven a recrearse cada ano coincidindo coa Mostra da Olería. O conxunto consta de 11 estruturas distribuídas arredor do forno, que é a peza central, como o alpendre, o hórreo, a administración, a taberna, a tenda, a exposición agrícola e as vivendas dos oleiros. O Forno do Forte está aberto ao público todo o ano. Ademais de realizar visitas guiadas, o público pode ver a un oleiro traballando en vivo.

A Croa do Castro, un proxecto comunitario A limpeza da Croa do Castro é o primeiro paso no proceso de recuperación e posta en valor deste importante xacemento situado na parroquia de Cerqueda. Os traballos levaranse a cabo no mes de abril coa colaboración de voluntarios. O interese é enorme; de feito, xa non quedan prazas libres. A Croa do Castro é un xacemento fortificado da Idade do Ferro, polo que pode ter uns 2.000 ou 2.300 anos, moi espectacular e que semella que se conserva en bo estado, aínda que se saberá moito máis despois da limpeza. A partir dese momento comezará o proceso de posta en valor mediante unha campaña de comunicación para dalo a coñecer en toda Galicia e no resto de España, comezar coas visitas guiadas, as actividades para escolares e o labor de recompilación de todo o coñecemento sobre o lugar que existe na comunidade local. Estamos, de feito, ante un proxecto comunitario, promovido polas asociacións da parroquia de Cerqueda e apoiado dende o primeiro momento dende o goberno municipal de Malpica. Pódese seguir toda a actualidade da Croa do Castro a través da páxina web creada especificamente para este proxecto www.croadocastrodecerqueda.net e de Facebook 19


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 20

A NOVA IMAXE DO CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

Descrición heráldica da bandeira O pano amarelo e, ao centro, unha franxa azul de dous terzos con dúas espigas de amarelo dispostas en aspa e acompañadas dunha áncora de branco; no xefe, unha cabeza de lobo de amarelo, linguada de vermello, na punta, e flanqueadas dun "pucheiro de encote" tamén de amarelo, á destra, e dunha torre do mesmo, á sinistra.

Descrición heráldica do escudo De azur (azul), dúas espigas de ouro (amarelo), dispostas en aspa, acompañadas dunha áncora de prata (branco), no xefe, unha cabeza de lobo de ouro, linguada de gules (vermello), na punta, e flanqueadas dun "pucheiro de encote" de ouro, á destra, e dunha torre do mesmo, á sinistra. Ao timbre, a coroa real pechada.

O escudo e a bandeira de Malpica de Bergantiños A heráldica é un sistema emblemático que se utiliza en todo o mundo occidental dende hai máis de oito séculos e que ten unha especial importancia como signo de identidade dunha entidade pública. O Concello de Malpica de Bergantiños iniciou en marzo do ano 2012 o procedemento para a elaboración do seu escudo e a súa bandeira, dos que carecía. Grazas ás xestións realizadas polo goberno municipal conseguiuse axilizar o proxecto e que o Consello da Xunta aprobase os novos emblemas do noso municipio a principios de xaneiro deste ano. Partindo do estudo pormenorizado dos feitos históricos, culturais e significativos do territorio, a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia propuxo a inclusión das seguintes figuras cuxa significación ou simbolismo se consideraron adecuadas para representar a municipalidade; isto é, as dúas espigas de ouro, que son un símbolo comunmente aceptado para representar a importancia da produción agraria, e cuxa disposición cruzada -ou en aspa- permite acoller axeitada e equilibradamente as outras catro figuras de significación máis precisa: unha áncora, para aludir ao tradicional peso que teñen as actividades marítimo-pesqueiras; a cabeza de lobo, para recordar a importancia e influxo da liñaxe medieval dos Moscoso, titulares da Casa de Altamira; o denominado "pucheiro de encote", que alude á olería de Buño, e a torre, que destaca a importancia histórica e monumental das magníficas Torres de Mens.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 21

A OFERTA CULTURAL MARCA TENDENCIA

O Concello de Malpica de Bergantiños é coñecido e recoñecido, entre outras cousas, pola variedade e a calidade da súa oferta cultural. Dende o departamento que dirixe Noelia Freijeiro conseguiuse, por unha banda, facilitar a todos os sectores da poboación o acceso a unha programación cultural de calidade e, por outra, aglutinar arredor dese proxecto ao movemento asociativo, co que mantemos unha estreita e frutífera relación ao longo de todo o ano. Nadal, Entroido, Semana Santa, Letras Galegas, verán... Non hai data de referencia que non leve aparellado o seu propio programa de actividades. Unha década de Mostra de Teatro A Mostra de Teatro de Malpica vén de celebrar a súa décima edición cun cartel á altura das circunstancias. Coa colaboración da Deputación da Coruña, a Asociación Cultural Caldeirón e a Asociación Teatral Os Amigos de Malpica pasaron polo escenario do Centro Cívico un total de dez espectáculos de monicreques, circo, cabaré, monólogos, maxia e moita comedia. O obxectivo de achegar as artes escénicas máis variadas a todo o público, dende os máis pequenos ata os maiores, cumpriuse. A Mostra de Teatro está plenamente consolidada e dende o Concello de Malpica seguiremos a impulsala. Propostas para todas as épocas do ano... Doce entidades colaboraron na programación cultural do último Nadal, o que permitiu estender as actividades a todo o territorio e abranguer todo tipo de propostas. Teatro, música, obradoiros, festivais,

concursos, xogos e, por suposto, as visitas de Papá Noel e as impresionantes cabalgatas encheron de animación os últimos días do 2014 e os primeiros do 2015. Este esquema, que tan bos resultados está a dar, vense repetindo ano tras ano e nas diferentes épocas do ano. O variadísimo e cada vez máis multitudinario Entroido é outro éxito da colaboración entre Concello e entidades.

... e para todas as idades En Malpica hai obradoiros de manualidades para nenos e maiores, campamentos de verán, proxeccións de películas para todos os públicos, rutas, maxia, música ou teatro. Os nenos e nenas reciben un trato especial en todas as épocas vacacionais, pero sobre todo durante a época estival, na que non só poden desfrutar das actuacións semanais ou do cine, senón que ademais teñen ao seu alcance propostas de ocio activo coma as que ofrece a ludoteca infantil de verán, un clásico que estamos a reforzar para facilitar, ao mesmo tempo, a conciliación da vida laboral e familiar.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 22

A CREATIVIDADE SAE Á ESCENA Pintar na Rúa volve a encher de cor a nosa vila

Malpica foi un concello pioneiro na Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados. Pero o proxecto “Pintar na Rúa” estaba durmido dende hai anos. O Concello, a través da Concellería de Cultura, decidiu recupéralo o verán pasado coa primeira finalidade de embelecer o muro exterior do Centro Cívico. E foron os nenos e nenas do municipio os encargados de facelo, supervisados polas pintoras Paula Fraile e Roberta Venanzi. O obradoiro, previsto inicialmente para dúas semanas, estendeuse ao longo de todo un mes debido a boa acollida que tivo entre os rapaces, o que nos anima a darlle continuidade no futuro. O Centro Cívico recobrará o seu esplendor O mural de inspiración mariñeira pintado polos nenos e nenas no exterior do Centro Cívico foi un dos primeiros pasos que se deron dende o Concello de Malpica para devolver o seu esplendor ao edificio. Grazas a un curso da Concellería de Servizos Sociais tamén se procedeu ao acondicionamento. Grazas as xestións realizadas dende o goberno municipal, a Deputación Provincial da Coruña financiará a substitución das ventás, co cal remataremos coa maior parte dos problemas de humidade. O noso obxectivo é que o Centro Cívico, un edificio cheo de actividade, estea á altura desa gran demanda. Un espazo onde caben todas as artes O Concello de Malpica pretende converter o Centro Cívico nun espazo no que teñan cabida todas as artes. E así se está a conseguir. O edificio situado no Ventorrillo é punto de encontro de asociacións, de afeccionados e afeccionadas ao teatro, á música, ás manualidades e mesmo á zumba, unha actividade deportiva de recente implantación que arrasa entre a poboación feminina. Polo seu espazo expositivo teñen pasado nestes catro anos multitude de artistas plásticos: Luis Davila, Nolo Suárez, Mon Lendoiro e Peter Schneider son só algúns deles. A última exposición, aberta ata o 4 de abril, permitiu, ademais, estreitar lazos entre Malpica e a localidade portuguesa de Avintes grazas a “20 poemas en remanso”, unha proposta conxunta do fotógrafo luso Pereira Lopes e da poetisa afincada en Malpica Carmen Muñoz. 22


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 23

O Certame de Poesía Erótica encara a súa décima edición Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado son os gañadores do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas de Malpica polo poemario “O episodio”. O xurado deu a coñecer o fallo na Cea das Letras celebrada o pasado 8 de novembro, na que tamén se presentaron as obras premiadas na pasada edición, xa publicadas. Curiosamente, unha delas é “Ode à Madison Ivy e outras cousas de meter”, pola que Verónica Martínez obtivo un accésit no 2013. Pero as casualidades non rematan aí, xa que o coautor de “O episodio” foi o gañador da segunda edición do premio convocado pola Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica nun novo exemplo de colaboración entre a Administración local e as entidades que permitirá que un novo libro de poesía vexa a luz en novembro deste 2015.

Aniversario do afundimento do Priam O ano 2014 comezou con outro emotivo acto, o 125 aniversario do naufraxio do vapor británico Priam. No paseo marítimo de Malpica descubriuse unha placa conmemorativa e rendeuse homenaxe aos mariñeiros locais. A xornada completouse coa presentación do libro “De Liverpool ás Sisargas: a derradeira travesía do Priam”, de Xavir Maceiras e Fernando Patricia, no que tamén colaborou o Concello de Malpica. Recuperamos a figura de Manuel Varela Limia Outra figura recuperada da memoria neste mandato que está a piques de rematar foi a de Manuel Varela Limia, militar, político e escritor da época do reinado de Fernando VII que naceu en Malpica de Bergantiños o 17 de agosto de 1796 e falecido en Madrid aos 57 anos de idade. Na súa honra celebrouse o 10 de decembro do 2011 un solemne acto organizado polo Concello de Malpica e a Forza Loxística Operativa (FLO) do Exército. O Brigadier Manuel Varela Limia ten unha rúa na nosa vila dende aquel día. As lendas de Malpica serán recollidas nun libro

O Concello de Malpica colaborou na reedición de “As aventuras de Pelusa”, de Xelucho Abella O escritor e profesor malpicán Xelucho Abella Chouciño recibiu en abril do 2014 unha sinxela pero emotiva homenaxe. A capela do Santo Hadrián, o punto no que rematan “As aventuras de Pelusa”, foi o escenario escollido para a presentación da reedición do seu libro, un proxecto didáctico no que están implicados o colectivo de profesores Per Loca Marítima, estudantes, a Fundación Eduardo Pondal, os concellos de Costa Bergantiñá (Malpica, Ponteceso, Laxe e Cabana), a Deputación Provincial da Coruña e a Consellería de Educación. O Concello e Malpica non podía faltar nesta merecida homenaxe ao autor, que estivo arroupado por un cento de veciños, compañeiros da docencia, amigos e familiares.

En outubro remataron os obradoiros de lendas organizados polo Concello de Malpica, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, ao longo do 2014. Unha vez recollidas as achegas que realizaron os escolares e os usuarios das aulas de lecer de Buño e Malpica, o seguinte paso consistirá na redacción dun catálogo de lendas. Así mesmo, o filólogo Xosé Manuel Varela, coordinador do proxecto, e o pintor Miguel Anxo Calvo están a traballar xa nun libro ilustrado de lendas malpicás que verá a luz moi pronto.

23


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:44 Página 24

DEPORTE OS 365 DÍAS AO ANO O deporte e o exercicio físico son fundamentais para levar unha vida equilibrada e saudable. Na Concellería de Deportes, que dirixe Manuel Torrado, sabémolo, e nestes catro anos mantivemos o noso compromiso de fomentar a práctica deportiva entre os cidadáns e garantir o acceso de todos á mesma. Grazas á posta en marcha de novas disciplinas, logramos consolidar a oferta pública municipal e complementala coa celebración de iniciativas puntuais ao longo do curso escolar e eventos, máis lúdicos e recreativos, durante o verán. Como consecuencia do labor desenvolvido pasamos de 158 participantes no ano 2011 aos 768 actuais, o que supón un aumento do 386%.

AS ESCOLAS MUNICIPAIS Dende o 2011 contamos cun amplo programa de actividades, dirixido a toda a poboación pero adaptado ás diferentes necesidades, dependendo da idade e do estado físico dos participantes. As Escolas Municipais de Educación Física (EMEF) constitúen o eixo central da nosa actividade diaria, con 768 persoas inscritas nas distintas disciplinas. Aínda que o fútbol, o baloncesto e a clases de psicomotricidade e ritmo contan tradicionalmente cunha enorme aceptación, é moi significativo o éxito acadado por outras de recente implantación coma zumba ou patinaxe, dúas modalidades que están a causar auténtico furor entre os seus participantes. Así o reflicten os datos: CURSO 2014/2015 Actividade BALONCESTO FUTBOL SALA PREBENXAMIN FUTBOL SALA BENXAMIN FUTBOL SALA ALEVIN FUTBOL SALA INFANTIL ESCOLA DE PORTEIROS FUTBOL 8 PREBENXAMIN FUTBOL 8 BENXAMIN FUTBOL 8 ALEVIN FUTBOL 8 INFANTIL AEROBIC INFANTIL XIMNASIA RITMICA PSICOMOTRICIDADE E RITMO PATINAXE EN BUÑO XIMNASIA RITMICA EN BUÑO PREDEPORTE XIMNASIA TERAPEUTICA Malpica XIMNASIA TERAPEUTICA buño ZUMBA TOTAL

Participantes 57 35 72 63 50 8 24 60 60 35 47 51 60 16 7 6 38 27 52 768

Alternativas para o lecer Á marxe das escolas municipais, dende a Concellería de Deportes tamén levamos a cabo outras actividades puntuais ao longo do ano, especialmente durante o curso escolar. Neste sentido, ademais de organizar os campionatos de surf, o Día do Ritmo ou a xornada de clausura das escolas, tamén colaboramos na organización das ligas de fútbol sala e fútbol praia sénior, na carreira pedestre popular Costa da Morte e na campaña autonómica Deporte en Idade Escolar. 24


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 25

A participación do Concello de Malpica de Bergantiños neste tipo de iniciativas pon de manifesto a nosa firme aposta polo deporte como hábito de vida e alternativa para o tempo de lecer, ben sexa de forma activa ou pasiva, como mero espectador.

· Colaboración en campamentos deportivos e nos campus de fútbol da Costa Bergantiñá · Participación nos campamentos organizados pola Deputación da Coruña

ACTIVIDADES DE VERÁN

· Travesía a nado Illas Sisargas · Día da Bicicleta · Trofeo de Fútbol Mostra da Olería · Trofeo de Fútbol Manolito · Regata Illas Sisargas · Campionato de Tiro ó prato San Miro · Longboard Classic

En Malpica o verán non é sinónimo de inactividade senón todo o contrario. A nosa privilexiada situación xeográfica e a beleza da nosa costa converten o noso municipio nun atractivo destino turístico. Durante a tempada estival, turismo e deporte mestúranse en moitas iniciativas de carácter lúdico e recreativo. Co mar coma pano de fondo, atendemos a demanda dunha poboación que se ve incrementada nunha porcentaxe moi elevada. As actividades máis destacadas nos últimos anos son as seguintes: Escolas deportivas

· Aerobic praia · Xornadas de deporte aventura · Liga de fútbol praia infantil

Colaboración en eventos deportivos

Colaboración cos deportistas e entidades locais

O apoio municipal ao deporte de base e federado, en todas as súas modalidades, foi constante durante estes últimos anos. Dende o consistorio sempre promovemos a colaboración cos clubs, as entidades e os deportistas locais, visible a través da cesión de instalacións, celebración de torneos, asesoramento e apoio na súa xestión e concesión de subvencións, que neste mandato ascenderon a 68.000 euros. 25


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 26

PRIORIZAMOS OS SERVIZOS SOCIAIS A acción social foi outro dos piares da xestión do goberno de Malpica de Bergantiños durante este mandato. A atención ás crecentes necesidades, como consecuencia da crise económica, foi unha das nosas prioridades. Dende a Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Marisol Blanco Gorín, establecéronse os protocolos precisos para dar cobertura ás situacións de emerxencia, pero tamén se desenvolveu un intenso labor de formación, asesoramento e organización do tempo de ocio para dar cabida nos programas de intervención social a colectivos como os maiores e as persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión. Deste xeito, dende a Administración local, a máis próxima ao cidadán, contribúese a mellorar a súa calidade de vida. Talleres para máis de 500 persoas Os cursos organizados dende a Concellería de Servizos Sociais acadaron unha amplísima participación. Máis de cincocentas persoas, fundamentalmente maiores, en risco de exclusión ou con diversidade funcional, adquiriron unha formación que na maioría dos casos enfocouse unicamente á adquisición de destrezas e á organización do tempo libre, pero que noutras ocasións tamén se orientou cara a inserción laboral dos participantes. Entre as iniciativas máis populares, e que de feito se repiten cada ano, figuran os talleres de memoria e de manualidades, que superan en cada edición os cincuenta participantes. Pero ao longo do mandato tamén se teñen celebrado obradoiros de vimbio, novas tecnoloxías, busca activa de emprego, pequenos arranxos domésticos, cociña, coiro e xardinería. Esta última actividade, dirixida a persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión, leva xa tres edicións,

26

nas que o labor desenvolvido permitiu acondicionar as zonas axardinadas da praza do Cruceiro de Buño, do centro médico de Malpica e do Centro Cívico. Nestes momentos está en marcha na parroquia de Cambre o terceiro curso. Novo programa de envellecemento activo O programa de envellecemento activo que se desenvolve ata o 14 de abril será o sexto destes catro anos. Cunha participación media de cincuenta persoas en cada edición, o Concello de Malpica de Bergantiños está decidido a seguir apostando por este tipo de actividades, que contribúen á mellora das habilidades sociais e as destrezas dos maiores, ademais de fomentar a súa autonomía e a súa autoestima. Durante máis dun mes, a empresa Máis Porvir traballa cos participantes nos ámbitos da saúde, a creatividade e as novas tecnoloxías, entre moitos outros. O programa de envellecemento activo inclúe, así mesmo, un taller afectivo sexual e unha sesión grupal de prevención das dores de lombo. Na última xornada, o 14 de abril, celebrarase unha festa de clausura na que haberá xogos populares, diplomas e entrega dun libro-resume das sesións. Os maiores visitarán Madrid na súa excursión anual Despois de Asturias, Cantabria e País Vasco, este ano os maiores de Malpica viaxarán a Madrid. Coma todos os anos, o Concello de Malpica convídaos a participar nunha excursión lúdica e cultural polo territorio español. Nesta ocasión o seu destino será o centro do país, en concreto as provincias de Madrid, Toledo, Ávila e Segovia. A excursión levarase a cabo do 11 ao 14 de abril.


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 27

2015 (ata mediados de marzo)

2011

2012

2013

2014

Usuarios servizo de axuda a domicilio (SAF) de libre concorrencia

48

48

47

47

SAF Dependencia

41

41

26

26

28

Xantar na casa

29

21

16

19

19

Servizo de teleasistencia

19

29

19

19

19

Axudas emerxencia social Xunta (*)

7

15

1

9

3

Emerxencia social municipal (*)

8

25

9

12

2

Risgas (renda de integración social de Galicia) tramitadas

14

29

13

19

6

Cestas de Nadal para familias sen recursos

44

43

55

35

-

Total atencións oficina Servizos Sociais

6.704

8.150

6.364

6.159

1.531

27

*As axudas de emerxencia social da Xunta de Galicia cobren, fundamentalmente, arranxos de infraestruturas nas vivendas. * As axudas de emerxencia social do Concello de Malpica son na súa maior parte para vales de alimentos (300 euros por vale), aínda que tamén sufraga gastos de farmacia, aluguer, pago de recibos, substitución de electrodomésticos, etc.

A XUNTA DE GALICIA AUMENTA NUN 62,59% AS HORAS DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR POR DEPENDENCIA O Concello de Malpica de Bergantiños foi un dos máis beneficiados da comarca polo incremento das horas asignadas para atender casos de dependencia a través da prestación do servizo de axuda no fogar (SAF), un programa xestionado polos servizos sociais municipais que nos casos de dependencia é cofinanciado pola Xunta de Galicia e o beneficiario, cuxa achega varía segundo o seu nivel de recursos económicos. Con esta ampliación de 696 horas, que entrou en vigor neste mes de marzo, o Concello de Malpica pasa de 1.112 a 1.808 horas, o que supón un aumento do 62,59%. Vinte e unha familias utilizan o Banco de Alimentos O 9 de xullo do ano 2014 realizouse o primeiro reparto do Banco de Alimentos de Malpica de Bergantiños, posto en marcha despois da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia. Na actualidade hai 21 familias usuarias deste servizo, que pretende garantir produtos de primeira necesidade ás persoas que os necesiten. Aínda que a maior parte dos alimentos que se distribúen cada mes en Malpica son non perecedoiros, a Fundación Amigos de Galicia sempre completa as achegas con froitas, verduras e outros produtos frescos de tempada. A sinatura deste convenio supuxo un importante aforro para as arcas municipais, o que permitiu incrementar os recursos destinados á organización de actividades formativas.

III Plan de Igualdade do Concello de Malpica O 4 de xullo do 2014 foi presentado o III Plan de Igualdade do Concello de Malpica de Bergantiños. Na súa elaboración participaron os axentes sociais e persoal dos distintos departamentos municipais. A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, que asistiu ao acto, destacou o traballo desenvolvido. O documento está a disposición dos veciños e veciñas nas instalacións municipais. Convenio coa ONG Equus Zebra

O Concello de Malpica asinou un convenio coa oenegué coruñesa Equus Zebra, que traballa pola integración dos inmigrantes e desenvolve proxectos encamiñados a lograr o desenvolvemento de países empobrecidos. O acordo incluíu a instalación dun colector xunto ao Centro Cívico no que os malpicáns poderán depositar roupa usada. Os veciños poden depositar roupa de vestir e do fogar, bolsos, cintos e xoguetes.

27


revista malpica.qxp_Maquetación 1 24/3/15 0:45 Página 28

Malpica de Bergantiños Concello de Malpica de Bergantiños R/ Emilio González López 1 Casa do Concello 15113 A Coruña Teléfono 981 720 001 Fax 981 721 627 www.concellomalpica.com info@concellomalpica.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.