boletín decembro 2014.qxp_Maquetación 1 3/12/14 9:36 Página 1
Bloque Ordes
Impreso postal sen enderezo
Número 14. Época 1ª / decembro 2014
“
Os camións lixo
”
que van ao vertedoiro
da Areosa (Cerceda)
agora fano polo centro
da Vila de Ordes
U N A L C A L D E Q U E N O N R E S O LV E PROBLEMAS SENON QUE OS XENERA O BNG de Ordes, urxe unha solución aos problemas de conservación da estrada de Mercurín e ao tránsito de camións de lixo polo centro da Vila de Ordes.
Transcorría o Nadal de 2013 cando nas redes sociais comezaron a circular vídeos que se mofaban do noso Alcalde pola súa incapacidade para arranxar a estrada de Mercurín. Estes vídeos provocaron que no Pleno celebrado en xaneiro, Regos mais o Psoe, acordaran solicitar da Xunta de Galiza que asumira a titularidade da vía municipal Ordes-Cerceda, por Mercurín. Anunciando despois da votación que se prohibiría a circulación de vehículos pesados por esa mesma estrada
Lonxe de solucionar o problema, Regos endosounos outro. Os camións lixo que van ao vertedoiro da Areosa (Cerceda) agora fano polo centro da Vila de Ordes, concretamente pola Avda. Alfonso Senra, Rúa dos Lagartos e Rúa do Recreo, para saír en dirección ao
www.bng-galiza.org Edita: BNG Ordes
vertedoiro pola estrada de Carballo. Dez meses despois, os usuarios da estrada de Mercurín seguen sufrindo o deterioro da mesma e os veciños do casco urbano teñen que aturar a contaminación acústica, a contaminación ambiental e sobre todo os pestilentes cheiros que moitos deses camións deixan tras de si.”
Regos de cruzouse de brazos ante estes dous problemas incapaz de resolvelos, esperando que esa solución lle veña caída do ceo. Ao parecer a reparación da estrada Ordes-Cerceda xa non é “unha cuestión de máxima prioridade para nós, debido ao seu estado e agravamento tras últimas chuvias” como manifestou no mes de febreiro pasado. É evidente que tampouco é de máxima prioridade evitar que todo o tráfico pesado cargado de lixo, de restos de animais mortos e de outras mercado-
rías fedorentas circulen polo casco urbano de Ordes.”
Para o BNG de Ordes compre artellar medidas que procuren a solución destes problemas e presentamos unha iniciativa para solicitar a cesión da titularidade das estradas AC524, que vai de Ordes a Lanzá e da AC413 que vai de Ordes a Carballo, ao seu paso polo casco urbano da Vila de Ordes, para poder regular o tráfico que circula polas mesmas e así desviar o tránsito deste camións pola Rolda Leste. Desde o BNG tamén propomos convocar á Xunta, á Deputación Provincial da Coruña e a SOGAMA, a manter unha reunión no Concello de Ordes, para acadar un acordo de financiamento para a reparación e mantemento da estrada Ordes-Cerceda, ao seu paso por Mecurín.