Cantar os Reis 2014
Unitaria de Vide EDITORIAL Unitariadevide. Vide, As Neves. Novembro 2014
INDICE
As Xaneiras….………. ….... 3 Os tres camelos……… ....….4 Reis de Rinlo…………...…. ..5 O Quiquiriquí………..…..….6 Os tres Reises Magos………..7 Nadal de Luíntra………...….8 Tan, tan……………………...9 Panxoliña de Cadrón… …10 Por debaixo da manta… .. 11 Eu ollei para o ceo……….. 12
2
AS XANEIRAS Tradicional portuguesa, versión de Malvela.
ESTA NOITE NON SE DORME IMOS CANTAR AS XANEIRAS BIS CHEIRA A CRAVOS CHEIRA A ROSAS CHEIRA A FLOR DAS LARANXEIRAS BIS AQUÍ MORA XENTE HONRADA EN CASA DUN LABRADORE BIS QUE TEN A MULLER BONITA E A FILLA COMO UNHA FRORE BIS O QUE LINDA ESTRELA BRILA ALÉN DOS LAGOS DO NORTE BIS A ESTA MOI NOBRE CASA DEUS LLE DEA UNHA BOA SORTE BIS ALEGRAIVOS COMPAÑEIRAS XA VEXO A LUZ DAS CANDEAS BIS A FILLA DO LABRADORE VAIVOS CONVIDAR Á CEA. BIS
3
OS TRES CAMELOS Letra recollida por Carlos Gómez e adaptada por Unitaria de Vide.Música: Dous pasos de Toutón. OS TRES CAMELOS DOS REIS AO CHEGAREN A GALICIA COMO NON VIRON DESERTO MORRÍAN OS TRES DE RISA.
E O VEREN TANTA AUGA NOS REGATOS E NAS RÍAS, - QUE CATARRO IMOS COLLER COMO VEÑA UNHA CHOVISCA!
OS CAMELOS COA RISA MONTARON TAL FOLIADA QUE SAÍU A XENTE FORA PARA VER O QUE PASABA. ENTÓN DIXÉRONLLE OS REIS Á XENTIÑA DO LUGAR - DEANNOS O AGUINALDO 4
PORQUE LLES VIMOS CANTAR.
REIS DE RINLO Tradicional. Adaptación da versión de Sondeseu.
A VIRXE MARÍA E MÁIS SAN XOSÉ CHEGARON A BELÉN MONTADOS NUNHA BURRA AI E
CHEGARON, PETARON, POUSADA NON LLES DERON, VOLVERON A PERTAR NOS OUTROS PORTALES AI E
E DIXO MELCHORE, A BALTASARE QUE TAN REI ERES TI COMA MIN E EU COMA TI, E SOMOS OS DOUSES.
E DIXO MELCHORE, A BALTASARE, A ESTRELA QUE MARCA O CAMIÑO ESTANOS DICINDO QUE HAI QUE APURARE. 5
O QUIQUIRIQUÍ Tradicional CANTÁMOSCHE OS REISES QUEDELLOS DE CABRA CANTÁMOSCHE OS REISES NON NOS DECHES NADA BIS
SOMOS OS REISES DO QUIRIQUIQUÍ VAMOS A VER QUE NOS BOTAN AQUÍ.
SOMOS OS REISES DO CARACACÁ VAMOS A VER QUE NOS BOTAN ALÁ
SOMOS OS REISES DA CABRA FANADA VIÑEMOS AQUÍ NON OS DERON NADA !
SOMOS OS REISES DO QUIQUIRIQUÍ NON NOS DECHES NADA, MEXÁMOSCHE AQUÍ! 6
OS TRES REISES MAGOS Tradicional. Versión Os Cempés
OS TRES REISES MAGOS VAN PARA BELÉN,
DEÁNOLO AGUINALDO
QUITARON OS ZOCOS
ANQUE SEXA POUCO
PARA CORRER BEN,
UN BO BACALLAU
LUPE DE CAVEIRA
E A METADE DOUTRO.
FAILLES O CAFÉ
DE POSTRE CASTAÑAS
ESPERANZA DE MACARIO
BOAS E BEN GRANDES,
PENEIRA DE PÉ
UN MOLETE ENTEIRO E UN QUEIXO DE FLANDES.
ESCOITEN SEÑORES O AGUINALDO NOVO, QUE NACEU O NENO METIDO NUN OVO. ESCOITEN SEÑORES O AGUINALDO VELLO, QUE NACEU O NENO METIDO NUN CESTO 7
ESCOITEN SEÑORES….
NADAL DE LUÍNTRA Repertorio Berrogüeto. Trad. - SE TRAEN CARTOS QUE CARA A BELÉN CAMIÑA UNHA NENA OCUPADA FERMOSA E CANDA ELA SAN XOSÉ A ACOMPAÑA.
CHEGARON A BELÉN E PEDIRON POUSADA RESPONDERON DE ADENTRO CON VOZ ALBOROTADA.
QUEN CHAMA Á MIÑA PORTA QUEN A PORTA ME CHAMA? - SOMOS XOSÉ E MARÍA QUE PEDIMOS POUSADA.
ENTREN, E SENÓN QUE SE VAIAN- CARTOS NON TRAEREI MÁIS QUE UN REAL DE PRATA.
- ISO SON POUCOS CARTOS PÍDANO NOUTRA PARTE. SAN XOSÉ SE APENABA MARÍA O CONSOLABA.
-NON TE APENES XOSÉ NON TE APENES POR NADA QUE MÁIS CARTOS TI QUERES QUE ISTO QUE ME ACOMPAÑA!.
8
TAN TAN. Música tradicional, Letra: Unitaria de Vide
TAN , TAN, VAN POLO DESERTO TAN, TAN, MELCHOR E GASPAR, TAN, TAN, VAI DIANTE UN REI NEGRO QUE TODOS LLE CHAMAN O REI BALTASAR.
TAN, TAN, VIRON UNHA ESTRELA, TAN, TAN, VÍRONNA BRILAR, TAN, TAN, TAN GRANDE E TAN BELA QUE TODOS A SEGUEN POR VER ONDE IRÁ.
TAN , TAN, CÁNSANSE OS CAMELOS, TAN, TAN, CÁNSANSE DE ANDAR, TAN, TAN, VAN TAN CARGADIÑOS, CON TANTOS REGALOS PARA QUEN SERÁN?. PARA MIIIIIIN!!! 9
PANXOLIÑA DE CADRÓN Recollida de Carmen Pallares, da parroquia de Cadrón, Lalín, polo grupo de pandereteiras “Retrouso de Cela”.
VAN GASPAR, BALTASAR E MELCHOR A ADORAR AO NENO CON LINDO PRIMOR
O queixón de San Simón leva peras e mazás para lle dar ao meniño e o meniño á súa nai. O meniño está nas pallas súa nai esta con el San Xosé está pasmadiño Pasmadiño cara el. Vinde rapaciños vinde vinde todos a mirar o nacemento do neno que está no colo da nai.
10
POR BAIXO DA MANTA Tradicional, cantada por A Quenlla en “Galicia canta ao neno”
SAN XOSÉ E A VIRXE SANTA POR BAIXO DA MANTA A BELÉN CAMIÑo ÍAN E A MANTA POR RIBA. SAN XOSÉ CAMIÑA MOITO DEBAIXO DA MANTA PERO A VIRXE NON PODÍA E A MANTA POR RIBA
ANDEMOS SEÑORA ANDEMOS QUE SE NOS ACABA O DÍA SE ESTE DÍA SE ACABARA OUTRO DIOS NOS MANDARÍA
OS SEÑORES DESTA CASA VANNOS DAR UNHA ALEGHRÍA E SE NON QUEREN DAR NADA CONDANADO SEXA O DÍA 11
EU OLLEI PRA O CEO Tradiconal portuguesa. Letra adptada.
RETROUSO EU OLLEI PRA O CEO, ESTABA ESTRELADO VIN AO DEUS MENIÑO, EN PALLAS DEITADO EN PALLAS DEITADO, EN PALLA ESTENDIDO EU OLLEI PRA O CEO, VIN AO DEUS MENIÑO
A SEÑORA DESTA CASA É UNHA DONA MOI FERMOSA VAINOS DAR UN BO AGHINALDO BEN SE VE QUE É XENEROSA RETROUSO SE POR CANTARLLES NOS PAGARAN NOS CANTARÍAMOS MOI BEN PERO COMO AQUÍ NINGHEN PAGHA CANTAMOS MAL , FACEMOS BEN RETROUSO
12
Editorial Unitariadevide. Biblioteca A2 Vide, As Neves. Novembro 2014
13