4 minute read
Antón Mascato DE COMPOSTELA AO EXILIO INTERIOR FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Esta obra publícase baixo unha coedición entre o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. Forma parte da Biblioteca de Divulgación do Consorcio de Santiago e da Colección Ilustrada de Alvarellos Editora.
© Alvarellos Editora, 2023
Advertisement
Rúa de Sempre en Galiza, 4 15706 Santiago de Compostela www.alvarelloseditora.gal
© Consorcio de Santiago, 2023
Rúa do Vilar, 59 15705 Santiago de Compostela www.consorciodesantiago.org
© Texto: Xosé Antón Mascato García
© Imaxes: Arquivo-Biblioteca Francisco Fernández del Riego; Fundación Penzol; Editorial Galaxia; Fundación Xaime Illa; La Voz de Galicia; Faro de Vigo e autorías asinantes das fotografías e debuxos.
Deseño de capa: Xacobe Neto e Paula Cantero
Ilustración de capa: © Irene Fra Gálvez
Deseño e maquetación: Paula Cantero
Impresión: Sgraf
ISBN [Alvarellos Editora] 978-84-18567-41-4
ISBN [Consorcio de Santiago] 978-84-16753-83-3
Depósito legal C 523-2023
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
Na memoria, aínda emocianada, dos meus Irmáns Moncho Meis e Luís Rei, que marcharon moi cedo para durmiren nun leito de estrelas vermellas. Por tantas horas roubadas, tamén para Noa, Cruz e Xiana.
Agradecementos
Á familia de Francisco Fernández del Riego, polas autorizacións.
Á Fundación Penzol, polo acceso aos fondos e as cesións de imaxes.
Ao Concello de Vigo, pola xentileza nas súas autorizacións.
Ao Arquivo Fernández del Riego pola documentación bibliográfica e fotográfica.
Á Fundación Xaime Illa Couto polas autorizacións de reprodución dos seus fondos.
Aos fotógrafos mencionados, Xurxo Lobato, Benito, Anxo Iglesias, Cameselle, José Luiz Oubiña, Lalo Vilar, e aos que non puidemos identificar.
A Antón Pulido, Xosé Vizoso, Gogue, Siro, Pepe Carreiro, Irene Fra, Evaristo Pereira, Iván R., Zeus, Bofill, Electra Menéndez, Saavedra Pita, Xaime Asensi polas autorizacións para reproducir as súas obras.
Á editorial Galaxia, polo acceso á información e as cesións de permisos para reproducir cubertas.
Aos propietarios dos xornais La Noche, El Ideal Gallego, A Nosa Terra, Faro de Vigo, e La Voz de Galicia, pola xentileza das cesións e o acceso aos seus arquivos.
Ás revistas Industrias Pesqueras e Industria Conservera, polo acceso aos seus fondos e os permisos de reprodución.
Á Real Academia Galega, e ao seu presidente Víctor F. Freixanes, polo acceso ao seu arquivo.
A Carlos Méixome polo seu documentado cadro histórico.
Ao Instituto de Estudos Miñoráns, polo referido á Homenaxe do nomeamento de Fillo Adoptivo de Nigrán.
Ao Concello de Nigrán, e ao seu alcalde Juan González, pola solidaria participación no proxecto.
A Patricia Arias, polos seus artigos.
A Emilio Xosé Ínsua, polo acceso ao seu arquivo.
A María Cruz López Martínez, pola revisión ortográfica.
Ao editor Henrique Alvarellos, pola súa confianza.
Ao Consorcio da cidade de Santiago, pola implicación.
No Adro Da Memoria
Ninguén entre nós é tan mozo de esprito como il é; ninguén tan xeneroso, tan abnegado, tan disposto ao sacrificio calado e continuo pola Terra; ninguén tan entusiasta e tan incansable na defensa do noso pobo e do seu patrimonio espiritual e material; ninguén tan exemplar na súa lealdade integral –case relixiosa– á nobre causa de Galicia.
Ramón Piñeiro
Nos moitos anos que tratamos de preto a Francisco Fernández del Riego, tivemos a oportunidade de achegármonos a un ser humano excepcional. Cando xa é máis curto o tempo de futuro que o pasado, estamos en condicións de afirmar que ningunha outra personalidade de cantas naceron na Galicia do século xx nos merece un maior recoñecemento, sexa no ámbito da difusión cultural como no que se refire á restauración da política galeguista que se vira truncada en xullo de 1936. Non foi Paco del Riego un grande autor de obra literaria propia, apenas unha magnífica novela, nin foi un excelso ensaísta marcado pola súa vontade divulgadora, si moi intensivo e prolífico, o que non significa minusvaloración das súas achegas neste campo do saber. Tamén non foi un tradutor de obra varia, nin sequera un profesor universitario ou conferenciante de gran prestixio alén de nós, e con todo iso… temos o inxente valor das moitas cousas que nos deu a un país, o seu, tronzado pola violencia: esperanza no futuro; vontade de transformar a realidade e recuperar o pasado das crebas; exemplo de constancia na fe do militante político e cultural; miles de iniciativas de divulgación dos valores da lingua, a literatura, a cultura propia e o patrimonio, ora a xeito de artigos de prensa, conferencias e congresos, ora no medio cento de obras da súa autoría editadas; na eficiencia no labor editorial da Editorial Galaxia; na perseverancia no arquivo da Fundación Penzol, no compromiso fiel na codirección da revista Grial, no seu labor intenso na Real Academia Galega, da que foi o gran presidente da renovación; nas importantes doazóns de libros e cadros da súa propiedade aos concellos de Vilanova de Lourenzá e Vigo, na rede de afectos e amizades que foi tecendo vertebradoras dunha Galicia diversa máis cohesionada na irmandade nacionalista, galeguista, darredor del «capaz de organizar empresas e de maxinar proxectos para o futuro da nosa comunidade» en palabras de Luís Seoane.
Tivo Paco del Riego unha especial relación coa cidade de Santiago. En 1930, unha vez que xa coñecera Madrid e a súa Universidade, decide seguir os seus estudos universitarios en Compostela. Aquí, por vontade propia, vai vivir tres etapas diferentes, a de estudante universitario e líder político na mocidade (1931-1934); a de profesor axudante na Facultade de Dereito, coas participacións no Seminario de Estudos Galegos, no Partido Galeguista e no desenvolvemento do Estatuto de Autonomía (1934-1936); e a derradeira que ten que ver coa sublevación militar de 1936, a guerra, a persecución e a saída da cidade ao seu exilio interior, noutros lugares de Galicia como Vigo e Nigrán (1936-1939). É a esta cidade, que estaba chamada a ser a terra na que desenvolvese a súa carreira profesional e a súa biografía política e cultural, a onde se traslada toda a súa familia de once irmás e irmáns, pai e nai incluídos. A urbe do campo estrelado deixará nel unha pegada imborrable, de iniciación e entusiasmmo, soños frustrados e dolor, mais tamén da dozura de amores e amizades. Santiago estivo presente, malia a dor das lembranzas dos Irmáns e Irmás que non sobreviven, nun lugar privilexiado do seu corazón, como veremos.
Dende o ano 1940, Del Riego establécese en Vigo, procurando non ser outra vítima da persecución aniquiladora, con posteriores estadías semestrais na limítrofe vila de Nigrán, no portiño mariñeiro de Panxón, lugares onde tivo as dúas vivendas da súa