7 minute read
SANTIAGO DE COMPOSTELA
1931-1939
Compostela veu ser, en adiante, o fogar amado. As súas pedras vencedoras da eternidade, convertéranse en referencia ilusionada. Non moi lonxe, no horizonte, oPico Sacro, sempre vixiante, aparecíaseme como compás guiador dun novo sol. Dentro do escenario urbano, a fachada do Obradoiro amosábame a xeito de paisaxe acesa, a donda e dourada arquitectura chea de meiguice.
Advertisement
Oseu pai adiantarase naquel verán de 1931 viaxando a Santiago para alugar unha vivenda na Virxe da Cerca, case na Porta do Camiño, que logo duns anos mudan por outra en propiedade radicada no número 12 da Rúa de Curros Enríquez, case empatando co Castrón Douro, unha nova construción habitacional á que a xente da cidade chamaba «casas baratas» cando en realidade eran promocións xestionadas polos seus propietarios en réxime de mancomunidade. A chegada a Santiago vai ser determinante no seu futuro. Nestes anos Paco del Riego defínese «como un rebelde, propio dun tempo de mocidade, de alguén que quere cambios e abraza principios éticos». En chegando ao seu novo «fogar amado», o seu primeiro contacto amical vai ser Lois Tobío Fernández, daquela mozo profesor auxiliar na Cátedra de Historia do Dereito, na Facultade que ambos compartían e activo militante no Seminario de Estudos Galegos, un centro de traballo e investigación dos alumnos e profesores universitarios que decidiran traballar dende a perspectiva da lingua e da cultura do país, inédita na universidade compostelá. Con Tobío, que iría ser peza fundamental no proxecto do Estatuto de Autonomía e o gran valedor da recuperación da figura do Conde de Gondomar, Del Riego tece unha fonda amizade sustentada na admiración polo intelectual e na firmeza das crenzas galeguistas que irradiaba. En outubro do ano 1931, Tobío faino membro do Seminario, que tiña na vella sede universitaria de Fonseca o seu espazo de estudo e traballo, onde fora fundado en 1923, no que se interesa polos problemas culturais e económicos do país, ao que sempre lle será fiel.
Coñece alí á mellor xeración de intelectuais da Compostela do seu tempo. No Seminario de Estudos Galegos empata cos universitarios galeguistas activos da súa xeración, figuras principais da restauración cultural e política da Galicia do século xx Así Ricardo Carvalho Calero, Antón Fraguas, Xaquín Lourenzo, Xosé Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey, Rof Carballo, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Daniel
Castelao, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Lousada Diéguez, Ramón Martínez López...
Todos eles obrigados ao rigor intelectual e a ingresar presentando dous traballos –sobre calquera área do saber relacionado con Galicia– no primeiro ano e un, polo menos, en cada ano a seguir. Deste xeito foise facendo en moi pouco tempo un importantísimo fondo documental de Galicia con traballos individuais e colectivos das diversas áreas do coñecemento o que era absolutamente novidoso. Completaban a actividade mostras, saídas culturais, conferencias, encontros, cursos, organización de arquivos, hemeroteca, museo, biblioteca...
A sublevación militar de 1936 arrasaría tamén aquel importantísimo corpus de saberes que tiñan en Fonseca a súa sede matricial.
Fernández del Riego é daquela un mozo cunha fonda crenza na necesidade de galeguizar o país, rebelde e idealista, impulsivo e teimudo, pero sobre todo é moi traballador. Abre o seu abano de vitalidade para influír nos medios de comunicación, de algúns será simple colaborador (El Pueblo Gallego); doutros tamén director (A que terán o seu espazo na Casa da Cultura
Galega, o antigo Concello entre as prazas da Constitución e da Princesa. Recibe a Medalla Castelao. Por estes anos comeza unha lenta e serodia reivindicación da súa figura, recollendo premios, nomeamentos, mencións e homenaxes diversas. Placa de Homenaxe do concello de Vilanova de Lourenzá, na fachada da súa casa natal; membro do Consello da Cultura Galega; Premio Trasalba, da Fundación Otero Pedrayo; Pedrón de Ouro; Medalla Castelao; Doutor honoris causa da Universidade de Vigo; Premio de Creación
Cultural da Xunta de Galicia; Galego Egrexio, da Fundación dos Premios da Crítica; Insignia de Ouro da Asociación de empresarios de Artes Gráficas de Galicia; Premio Fernández
Latorre de xornalismo; homenaxe, no seu oitenta aniversario, organizado polos amigos Xulián Maure, Camiño Noia, Valentín Arias, Franco Grande, ou Pepe González; Premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia...
Son anos nos que dará a coñecer varias das súas obras, unhas veces vai ser nas Ediciós do Castro (en 1990 publica o Dicionario de escritores en lingua galega, cunhas tres mil fichas bibliográficas e O río do tempo. Unha historia vivida; obra fundamental das da súa autoría por tratarse dun libro de memorias no que deixa testemuño do seu ciclo de vida e da súa experiencia nos eidos político, cultural e no labor editorial). Outras na editorial Ir Indo (Álvaro Cunqueiro e o seu mundo, en 1991; Blanco Amor. Emigrante e autodidacta. A súa vida literaria, en 1992; Mondoñedo, en 1992) e outras en Xerais (Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía, en 1991; e Galicia, en 1994).
En 1992 publica a que será a súa única obra de creación literaria, O cego de Pumardedón en Ir Indo, novela de carácter autobiográfico, xeracional, na que cunha coidada precisión léxica, vai debuxando a vida dunha personaxe vítima da guerra, que se manifesta aquí co seu trasfondo de violencia múltiple, na crúa realidade das pegadas insuperables. Escolle para a localización deste seu trasunto, o lugar de Pumardedón do seu territorio laurentino tan evocador para Del Riego.
No ano 1993, que a rag lle dedica á figura de Blanco Amor, prepara e edita no selo das Publicacións da Real Academia Galega a obra Eduardo Blanco Amor.
Escolma de textos, unha nova obra de divulgación na que non evita referirse aos diferentes xéneros que cultivou o ourensán: novela, poesía, teatro, xornalismo, ensaio… nin tampouco se abstrae das partes biográficas deste que desagradaban fondamente ao de Vilanova de Lourenzá, que di entre outras cousas
[...] pesie ao fondo egolátrico que o distinguía, Blanco Amor sentíase dono dunha conversa inspirada, embebida en ocasións de ironía, de humor, mesmo de contido polémico. Continúa co seu labor de divulgación e de creación, asistindo coa puntualidade de sempre ao seu traballo eficacísimo na Fundación Penzol. Botando novas creacións de temática tan variada como cómpre a un saber enciclopedista, como é propio en quen asumiu o labor de ser el só a Editora Nacional que aínda nunca tivemos: San Andrés de Teixido, en 1993 na colección dos
Contos do Castromil, de gran difusión entre os viaxeiros daquela empresa de transportes; a tradución feita en colaboración co seu irmán Antonio da interesante obra Uvas e Granito. Unha viaxe por Galicia, de Nina Epton; Luís Seoane desde a memoria, en 1994, no que refire os moitos anos de relación entre ambos, dende a mocidade compostelá e a lembranza das primeiras exposicións do artista nunha tenda da praza do Toural, á mostra no local dos «amigos da arte» ou no Café Español, nos anos de 1929 e 1930; A xeración Galaxia, en 1996; A espera do amigo, en 1995; Antolín Faraldo. O gran soñador, en 1998; A pesca galega de mar a mar, no mesmo ano, froito da súa antiga experiencia nas revistas Industrias Pesqueras e Industria Conservera, inspiradas por Paz Andrade. No ano 1996 recibe a Medalla de Ouro da Universidade de Santiago, da que foi alumno de Dereito e profesor asociado da Cátedra de Dereito Civil; publica un libro que dalgún xeito inicia a recuperación das relacións coa súa editora, e que asemade supoñen unha sentida homenaxe aos seus vellos camaradas de labor cultural: A xeración Galaxia.
No ano 1997 decide doarlle á súa vila natal mil libros da súa biblioteca persoal; obras que irán directamente á Biblioteca Juana de Ibarbourou, para se mesturar cos fondos xa pertencentes á mesma. Non quere que formen colección aparte, e así o expresa na doazón ao concello de Vilanova de Lourenzá. A escritora uruguaia, Juana (Fernández Morales) de Ibarbourou (18921979) era a filla do muiñeiro do Muíño dos Frades, un laurentino emigrado ao Uruguai, por iso leva a Biblioteca local o seu nome. Con ela carteouse Del Riego, cando ambos eran adultos, manifestándolle esta o seu desexo de coñecer a terra do seu pai. Neste tempo é promovida unha homenaxe múltiple do Concello de Vigo pola doazón que lle fai á cidade da súa importantísima biblioteca, hemeroteca e arquivo, depositada na Casa Galega da Cultura co nome Francisco Fernández del Riego, instalada a carón da Penzol, na antiga sede do Concello vigués na praza da Princesa. Trátase dunha doazón de máis de trinta mil libros e cadros dos principais artistas plásticos do noso país, xunto con obxectos diversos e fotografías.
Unha moderna praza da cidade leva o seu nome xunto cun busto en metal que lembrará a súa figura ás vindeiras xeracións. As paredes sen cadros e os estantes sen libros do seu elevado andar sen ascensor da rúa Doutor Cadaval prodúcenlle unha tristura infinita e decide mudarse á praza de Compostela, para favorecer as saídas de paseo da súa compañeira Evelina, que comeza a ter dificultades de saúde.
En 1997 a Real Academia Galega nomea presidente a Francisco Fernández Del Riego. Vimos dunha época de conflito na Academia, pola renuncia forzada do seu predecesor, Domingo García Sabell e o ronsel de desacougo que deixara ao ocupar ao tempo a Delegación do Goberno en Galicia. Moitos non deron explicado a senrazón de ser a máxima autoridade en materia lingüística do país e ser o Delegado dun Goberno que presentou o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Normalización Lingüística que aprobara, de xeito unánime, o Parlamento de Galicia. Aquela bicefalia resultou incomprensible para a meirande parte dos galegos conscientes, chegando a producirse a ocupación simbólica da Academia por unha ducia de escritores que reclamaban a dimisión de García Sabell. Nese ambiente é procurado o máximo consenso na escolla do novo presidente, aínda que tamén para algúns resultaba ser unha especie de xubilación digna para unha vida de entrega e compromiso. Pero don Paco non sabe estar nos postos de responsabilidade e non actuar. Anunciou que a súa ía ser unha presidencia de moi pouco tempo, pero que lle ía dar o pulo necesario para rematar con asuntos como a entrada a algúns académicos que aínda non leran o discurso de ingreso, despois de vinte anos de seren elixidos.