Aprender a investigar

Page 1

APRENDER A INVESTIGAR

GUÍA DE ANÁLISE DA CALIDADE E FIABILIDADE DAS FONTES


APRENDER A INVESTIGAR

• Cando temos que facer un traballo ou buscar información, na rede ou en libros, sobre algún tema, temos certas dúbidas. • Para facelo o mellor posible, imos ter en conta as seguintes recomendacións. • Seguindo estes pasos non teredes problemas nin dúbidas ante a gran cantidade de información que vos ofrece internet ou os libros de consulta. Ánimo e a investigar.


APRENDER A INVESTIGAR

1. Se buscas nun libro, enciclopedia ou dicionario, estas son «fontes bibliográficas». Se buscas na rede, «fonte audiovisual». 2. Non te fixes só nos primeiros resultados que aparecen. Ás veces, nas seguintes páxinas ou noutros libros, revistas ou dicionarios, podes atopar algo máis exacto. 3. Procura que estas fontes sexan actuais, é dicir, que non teñan máis de catro ou cinco anos, pois a información sempre está variando.


APRENDER A INVESTIGAR

4. Ten en conta que sexa unha linguaxe que ti entendas, clara e precisa. 5. Facer unha busca moi concreta, que necesitas exactamente: un vídeo, unha imaxe, datos, un artigo periodístico, etc. 6. Compara as distintas fontes: información dun libro e/ou dunha páxina de internet. Complementa e saca conclusións.


APRENDER A INVESTIGAR

7. A túa opinión tamén é importante. Pode que non estes dacordo co que che di o artigo, así que, segue comparando. Unha boa información organizada será sempre un bo traballo de investigación.


APRENDER A INVESTIGAR

Vemos un exemplo? Xa que estamos a traballar cos arbustos, e a n贸s g煤stanos moito o acivro, imos buscar informaci贸n sobre esta planta. Primeiro pensamos onde podemos atopar informaci贸n sobre o acivro. Logo, na biblioteca comezamos a buscar e elixir os libros que precisamos e nos interesan.


APRENDER A INVESTIGAR

Despois de ver e ler a información que teñen…seleccionamos o que entendemos e nos interesa.

Pasamos tamén a buscar información en internet. Aquí podemos atopar información interesante e tamén imaxes que nos gusten. Coidado coas páxinas con moita publicidade!!


APRENDER A INVESTIGAR

Unha vez que temos localizadas unha ou dúas páxinas interesantes: fala do acivro, ten imaxes, é fácil de entender, podo sacar ideas claras, entón comezamos a elaborar o noso traballo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.