IES Salvaterra de Miño
Programación 2019-20
Departamento Clásicas
DEPARTAMENTO DE LINGUAS CLÁSICAS
Curso 2019-20
1/4
IES Salvaterra de Miño
Programación 2019-20
Departamento Clásicas
2/4
IES Salvaterra de Miño
Programación 2019-20
Departamento Clásicas
4.4. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes Nunha reunión ao principio de curso co alumnado afectado, explicarase o seguinte: - Alumnado de 4º ESO con Cultura Clásica de 3º ESO pendente: no caso de existir alumnado con esta materia pendente (probabilidade escasa xa que se trata dunha materia específica de opción) e dependendo dos motivos polos que ista situación chegárase a dar, diseñaríase un plan de traballo/s axeitado/s para recuperala. A xefa de departamento indicaría ao alumnado a temática de ditos traballos, segundo os estándares deficitarios, así como os prazos de entrega que estarían en torno aos meses de xaneiro (o primeiro) e abril (o segundo) de 2020. - Latín I: a maiores das probas ordinaria e extraordinaria para materias pendentes, consistentes nun exame tipo sobre todos os bloques de contidos da materia e ao que todo o alumnado ten dereito de xeito oficial, haberá un procedemento para recuperar a materia pendente consistente en dous exames, dúas probas orais e entrega de dous textos en latín de elaboración propia. Isto organizarase do seguinte xeito: Latín I pendente Xaneiro de 2020 1º exame e 1ª proba oral (á vez) Xaneiro de 2020 Entrega do 1º texto de elaboración propia Abril de 2020 2º exame e 2ª proba oral (á vez) Entrega do 2º texto de elaboración propia
Abril de 2020
3/4
IES Salvaterra de Miño
Programación 2019-20
Departamento Clásicas
4.5. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos previos No caso do alumnado de 2º de Bacharelato que teña cambiado de modalidade, é dicir, para aqueles alumnos/as que se matriculen en Latín II sen ter cursado Latín I, está previsto que fagan unha proba ao comezo do curso na que acrediten os coñecementos necesarios para incorporarse á dita materia de 2º de Bacharelato. Dita proba consistirá na realización dunha proba correspondente á ordinaria ou extraordinaria da materia de Latín I do curso académico 2018-2019. No caso de non superar a proba (a nota debe superar o 5), considerarase que teñen a materia de 1º de Bacharelato pendente e, para recuperala, terán que cumprir as condicións expostas no apartado anterior desta programación referente á organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.
4/4