PRIMEIRO PRIMARIA
OL I MP I A VAL E NCI A L ÓP E Z Olimpia Valencia L ópez naceu en Ourense hai 120 anos. Foi a primeira muller galega licenciada en Medicina, cun expediente académico dificilmente superable ( 19 matrículas de honor). Por presións externas, decidiu doutorarse en Xinecoloxía, aínda que ela prefería Neumoloxía, non estaba ben visto para unha muller. Ao principio a xente custáballe asociar a palabra “ médico” cunha muller, pero axiña foi ganando clientes e prestixio. Naquela época algúns referíanse as mulleres, que destacaban polas súas capacidades intelectuais, utilizando a expresión “ de cer ebr o masculino” Foi unha gran traballadora e loitadora polos dereitos da muller. Participou na vida política, acusárona de pertenza ao Partido Galeguista e sufriu a represión franquista. Todo isto fixo que se centrara máis no seu traballo e na súa familia. Na década dos 40 ingresa na Seguridade Social e segue traballando, mesmo despois da súa xubilación, ata os 82 anos. Seis anos máis tarde, en 1987 falece en Vigo.