Irene Gonzรกlez
A primeira muller futbolista da historia
Só nos quedou o seu nome e o seu primeiro apelido. Era simplemente Irene, unha auténtica pioneira no mundo do fútbol. Non existe constancia en todo o mundo doutra muller que fose futbolista, nunha época tan temperá como a década de 1920. Ocupaba o posto de gardameta nun equipo federado da Coruña que levaba o seu nome: o “Irene Club de Fútbol”.
Balón de fútbol de 1920
Era alta, de boa complexión, con boa colocación baixo os paus. Atrapaba con seguridade os balóns altos e sempre se mostraba decidida nas saídas aos pés. Puña un boneco futbolista no fondo da portería para que lle dese sorte e, durante todo o partido, non paraba de berrar e de moverse dando instrucións aos seus defensas, que a obedecían como boa capitá que era.
Primeiro xogou no Orillamar, sempre entre homes. Chegou a ser moi popular e todos a respectaban; os rivais e compañeiros tratábana de igual a igual. Os campos enchíanse de xente para vela xogar. Adoitaba ir uniformada cunha viseira, xersei branco de colo volto, saia-pantalón de cor negra e protectores nos xeonllos.
A popularidade de Irene pódese medir pola atención que naquel tempo lle dedicaron os autores dos clásicos “apropósitos coruñeses”. Nun deles unha rapaza cantaba, sobre unha melodía do momento, a seguinte copla: Mamá, futbolista quero ser, para xogar como Irene, que xoga moi ben.
Mamá, cando eu sexa maior, gañarei moito diñeiro xogando ao fútbol.
GRAZAS, IRENE!