18º CONCURSO DO RECICLADO “MONTE CAXADO” A aula de Medio Ambiente “Monte Caxado” convoca o 18º Concurso do Reciclado, coa finalidade de ir fornecendo ao colexio dos materiais mínimos para ir conformando un pequeno Museo do Reciclado. Tendo iso en conta, as bases deste concurso serán as seguintes: -
Pode participar todo o alumnado do centro.
-
Os traballos poden presentarse de forma individual, por parellas ou conxunto de clase feito no Centro.
-
A lingua usada será o Galego.
-
Calquera traballo que se entregue para este concurso terá como condición imprescindible ser realizado con materiais xa utilizados ou de refugallo. O tamaño máximo para os traballos será o seguinte: base de 60 por 30 cm, e altura de 30 cm.
-
O deseño e tipo de traballo (cadros, esculturas, máquinas...) serán establecidos polos propios concursantes, evitando repetir os modelos gañadores en anos anteriores.
-
Haberá unha comisión avaliadora dos traballos, formada por persoas da Comunidade Educativa do Centro, que se encargará de dictaminar os premios, procurando no posible, e á vista dos traballos gañadores, agrupar os premios por idades, tipos de traballos ou outros criterios que se establezan nese momento. Esta comisión tamén poderá declarar os premios desertos. O seu dictame será inapelable.
-
Os premios estableceranse a posteriori e dependerán das obras gañadoras, tendo en conta que sempre gardarán relación coa Natureza e que pretendemos que teñan a categoría de “grandes premios”.
-
Os traballos deberán presentarse no colexio entregándoo aos diferentes titores, cun sobre pechado que conteña os datos do autor ou autores, antes do día 18 de abril do 2017.
-
Os traballos gañadores pasarán a ser propiedade do C.P.I. “Monte Caxado” e os non gañadores poderán retirarse do Centro nos quince días posteriores á resolución do concurso. As Pontes, a 6 de marzo de 2017