MEMORIA A.M.A.
Curso 2015-2016 Se da natureza queres disfrutar tela que coidar. Con pequenos xestos como reciclar, este mundo pode cambiar.
AS PONTES
AULA DE MEDIO AMBIENTE C.P.I. MONTE CAXADO AS PONTES
1
* Horto escolar e plantacións no viveiro do colexio.
* Invernadoiro.
* Concurso de debuxo para o calendario 2016.
* Obradoiros: murais, fungos e cogumelos, decoración de Nadal, entroido, obradoiros propostos dende a biblioteca e obradoiros dende as Seccións Bilingües de plás ca.
* Ac vidades do calendario Ecoambiental.
* 17º Concurso do Reciclado.
* Actuacións na Área da Natureza do Bañal.
* Saídas de carácter medioambiental.
* Saídas no xornal.
* Concienciación.
2
En outubro fixemos unha das ac vidades anuais co ás no noso colexio. Trátase de plantar sementes autóctonas que coidaremos para que nazan novas árbores. A ver si este curso temos máis sorte que o pasado , no que non todas se lograron. O alumnado de 2º e 3º de primaria plantaron noces e abelás. Metéronnas en testo e coidarannas nas aulas para que prendan.
O alumnado de 1º plantou castañas e o de 3º tamén. Mirade as fotos e veredes que ben o fixeron!
3
En abril, polo Día da Terra, os nenos e nenas de 2º e 3º sementaron cenorias, leitugas, porros, pementos e tomates de dous xeitos diferentes: con sementes para coidar na aula e coa plan ña que puxeron no horto e no invernadoiro. Temos as fotos no apartado do Día da Terra na páxina 28. 4
No mes de xuño vemos unha visita moi especial, os nenos/as das Somozas achegáronse ata o noso Centro para compar r unha xornada co alumnado de 3º de primaria. Prantaron cenorias, pementos e tomates e visitaron o invernadoiropara ver o que alí ñamos prantado. Todos os nenos/as es veron encantados e pasáronno xenial. Esperamos que volvan pronto.
5
A finais de maio do curso 2015/16, os nenose nenas de 2º de primaria foron a recoller leitugas e espinacas do invernadoiro. Coas leitugas fixeron unha riquísima ensalada.
O alumnado de 3º achegouse ata o invernadoiro no mes de setembro deste curso 2016/17, para recoller os productos que alí había. Puideron ver que as fabas xa estaban case secas para poder facer un posible caldo ou facer que sirvan de semente para a vindeira plantación. Tamén recolleron pemento e coles que servirán para a seguinte plantación que terá lugar na primavera.
6
7
Levamos facendo un calendario nestes dez úl mos anos onde, aparte dos meses do ano, redactamos uns consellos medioambientais para toda a poboación en xeral e en par cular para a xete da nosa vila. no ano 2003 elaborouno o grupo de AMA coa idea de repar lo en tódalas casas, sen nengún ánimo de lucro e subvencionado polo Concello. Vendo que a idea podía resultar aínda máis fruc fera optamos por convocar un concurso de debuxo entre o alumnado de 2º Ciclo de ESO onde os mo vos a reflexar es veran relacionados co medio ambiente nos seus aspectos tanto nega vos como posi vos. Dese concurso saíron uns gañador@s aos que se lles faría un agasallo e ó mesmo tempo eses debuxos elexidos servirían de soporte para elaborar o calendario 2004. Este calendario imprimiriase e o alumnado dese ciclo adicaríase a vendelos coa idea de recaudar fondos para esa excursión que fan tódolos anos o alumnado de 4º de ESO indo unha semana a facer ac vidades nunha paisaxe de neve (habitualmente os Pireneos). Dende o curso 2010-11 xa non son os alumnos quenes venden os calendarios para recaudar fondos para a súa excursión, senón que esa venda faise dende o propio centro e o recaudado adicase a viaxes previstos pola Aula de Medio Ambiente. Neste curso convocamos o 13º concurso de debuxo para o calendario 2016 par cipando todo o alumnado do centro, como xa se fixo o curso pasado. O tema para os debuxos deste ano foi “Manuel María, A Natureza e a Poesía”. Este tema foi elexido xa que este ano o Día das Letras Galegas está adicado a este autor e pareceunos que ña moitos e moi bos poemas relacionados coa natureza. Houbo moita par cipación e a verdade é que non foi doado decidir cales serían os debuxos elexidos para formar parte deste novo calendario. De seguido vai unha mostra dese traballo.
8
9
10
Outra ac vidade que goza da preferencia do noso alumnado é a realización dos dis ntos obradoiros ao longo do curso, como son: os murais, o Concurso de fungos e cogumelos, a decoración de Nadal, o Entroido, etc. Ao longo do curso imos facendo dis ntos murais nos que se procura u lizar materiais de refugallo e concienciar aos nenos/as da importancia do coidado e respecto ao medio ambiente. Así, o noso primeiro mural foi o de benvida, que a nosa tartaruga Amiña lles deu a todos os nenos e nenas do colexio.
Despois fixemos moitos outros murais: do outono, de inverno, da primavera,... pero todos eles con algo en común, materiais de refugallo como o papel de xornal, de revistas, bandexas de porexpán, etc.
11
12
Para par cipar no concurso que se celebra todos os anos e que propĂłn o Concello, o alumnado de infan l e primaria presenta dis ntos traballos feitos con material de refugallo. AquĂ temos as fotos dalgĂşns deses traballos. Os nenos e nenas de tres, catro e cinco anos traballaron moito. Mirade o resultado!
13
Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha maleta chea de cogumelos, e os de 2º de primaria un libro que tularon “Se eu fose un fungo...” Teñen moita imaxinación todos eles, está claro.
O alumnado de 4º de primaria realizarou un xogo des nado a nenos e nenas con dificultades na súa visión, por eso ía escrito en galego e tamén en braille.
14
Este ano temos unha árbore de Nadal moi especial, feita de madeira. Nela fomos poñendo adobíos moi diferentes que os dis ntos cursos foron elaborando: bonecos de neve feitos de calce ns, campás feitas de vasiños de iogur, estreliñas de papel, árbores feitas de rolos de papel hixiénico, ... O resultado foi do máis orixinal e fes vo.
15
Este ano o tema elexido para o noso disfraz de entroido foi o dos pintores e os seus cadros. Así, o alumnado de infan l ían de pintores e o alumnado de primaria de cadros. Para o alumnado de secundaria o tema foi libre. Polo noso pavillón desfilaron cadros de Calder, Mondrian, Romero Bri o, Luis Seoane, Miró e tamén Gaudí. Fumos quen de reu lizar camisetas vellas que os nenos e nenas ñan polas súas casas. Nalgún caso démoslles a volta, noutros, pintámolas polas costas, etc.
16
17
OBRADOIROS PROPOSTOS DENDE A BIBLIOTECA Este ano, dende a biblioteca do centro, foron moitas as ac vidades que se propuxeron e que ñan moita relación con A.M.A. Unha delas foi o tema do calendario deste ano no que o escritor Manuel María e os seus poemas sobre a natureza foron o eixe central. As fotos aparecen no capítulo referente ao calendario. Tamén, a finais de outubro e co “medo” como tema, elexiuse o poema “O lobo” do mesmo escritor, Manuel María, e ambientouse a biblioteca cun mural moi grande co lobo de protagonista. Varios foron os cursos que par ciparon na súa elaboración, que non foi doada ao facerse con anaquiños de papeis de revistas e xornais.
En febreiro, no día de Rosalía, fixéronse uns pousavasos moi especiais por conta dos nenos e nenas de 2º e 3º de primaria. Nesta ocasión reu lizábanse CDs.
18
Para o Día do Libro, ambientouse a biblioteca con dis ntos murais feitos de caixas de cartón. O resultado non podía ser máis vistoso. Aos nenos encantoulles!
Pensando no Día das Letras Galegas e co gallo de par cipar nun concurso, todos os cursos de primaria e secundaria colaboraron para facer uns carteis sobre o autor homenaxeado. Os carteis quedaron moi chulos e u lizámolos moito para falar sobre este grande escritor.
19
Dende as seccións biblingües de 2º e 4º de primaria tamén se realizaron dis ntas ac vidades con materiais de refugallo e relacionadas co Medio Ambiente. Así, o alumnado de 2º de primaria pintou en follas de árbore, u lizando estas como lenzo e tamén reproduciron un cadro de Mondrian u lizando retallos de cartolina.
O alumnado de 4º de primaria tamén realizaron dis ntas ac vidades con materiais de refugallo, como por exemplo follas de xornais, para realizar as súas composicións.
20
Tanto o alumnado de 2º coma o de 4º de primaria realizaron varias ac vidades conxuntas. Por exemplo, un chupa-fantasma, unha castaña-pin na que reu lizaron un broche da biblioteca, o barco Mayflower cun prato de papel para Thanksgiving,...
21
O 23 de novembro conmemoramos a importancia que teñen os nosos bosques e como debemos coidalos. Este ano vemos unha visita moi especial, os nenos e nenas de ASPANAES viñeron pasar unha xornada cos nenos e nenas de 3º de primaria. Así, unha das ac vidades que fixeron xuntos foi a de sementar noces e castañas en tetrabricks reciclados e decorados por eles mesmos. Tamén aproveitaron a explicarnos como aprendían eles por medio de pictogramas e entre todos fixeron un mural con recortes de revistas e catálogos dos supermercados para facer a roda dos alimentos. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos!
22
No Día da Educación Medioambiental fixéronse varias ac vidades. Como o día da paz estaba próximo, quixemos xuntar estos dous importantes días colgando da árbore pombas da paz que levaban escritos consellos medioambientais para que todos e todas os sigamos.
23
Ademáis o alumnado de 3º transplantou uns loureiros coa idea de que os poidan levar para o noso Bañal ou para o an go vertedoiro de Marraxón.
24
Para conmemorar estas dúas datas tan importantes, e dado que coinciden co Día da Poesía, este ano quixemos facer un mural que aunase as tres celebracións. Coma sempre u lizando materiais de refugallo. Este foi o resultado:
As dis ntas clases traballaron nas súas macetas de flores, nas que elexiron un consello medioambiental. Nestas fotos podemos ver algún dos cursos traballando na elaboración.
25
Neste día da árbore o alumnado de 2º de primaria tamén fixeron unha pequena plantación de arboriñas, sementes de cabaza, esquexes, bulbos,... aproveitando que estaban a traballar o tema das plantas.
26
Tamén o alumnado de 3 anos transplantaron cas ñeiros e nogueiras axudados polos nenos e nenas de 2º e 3º de primaria. Mirade que atarefados estaban!
27
Outra das ac vidades levadas a cabo para conmemorar estos dous días tan sinalados foi a plantación por parte dos nenos e nenas de tres anos de leitugas. Ademais transplantaron, con axuda do alumnado de 2º e 3º, varios cas ñeiros e nogueiras.
28
Unha data tan importante a conmemorar non pasa desapercibida no noso centro. Varias foron as ac vidades que fixemos ao longo da semana. Entre outras están a de plantar no noso horto e invernadoiro productos de tempada como patacas, millo, cenorias, pementos, leitugas e tomates. Comentar que as plan ñas de cenoria que plantamos son un agasallo que nos fixeron os nenos e nenas do cole veciño das Somozas, xunto coa súa profe Olalla. Esta ac vidade foi realizada polos nenos e nenas de 2º e 3º.
29
Outras plan ñas de cenoria e millo foron sementadas polos nenos e nenas da clase de 6º.
Tamén os nenos e nenas de 5 anos plantaron unhas sementes, neste caso de xirasois ananos, nuns vasiños de plás co transparentes coa idea de poder ver as raíces. A ver se teñen sorte e enseguida medran estes xirasois.
30
Logo dunha semana, os xirasois comezaron a agromar e así de fermosos estaban! E os nenos e nenas, así de contentos!
Neste día, os nenos e nenas de tres anos levaron unha sorpresa cando os compañeiros de 3º lles levaron á súa clase as leitugas que plantaran uns meses atrás. Puideron probar o saborosas que estaban.
31
Outra das ac vidades que fixemos foi a elaboración duns colgantes para adornar a nosa árbore de madeira. Tratábase de corear debuxos en forma de Terra con diferentes mensaxes alusivas ao coidado do noso Planeta e que logo de recortar, pegamos nun soporte dun CD xa fóra de uso, reu lizando de novo este obxecto. Tamén nesta semana es vemos traballando a reciclaxe nas aulas e nas casas elaborando composicións ben fermosas que van formar parte do concurso de Reciclado que convocamos todos os anos e que tan boa aceptación segue a ter.
32
Como colofón a todo un ano de ac vidades en prol da conservación e coidado do noso medio, e logo de traballar tanto na aula como no entorno do cole, ó igual que noutras áreas da vida diaria, tocaba ir a celebrar unha xornada de diversión con ac vidades programadas dende o programa de VOZ NATURA como levamos facendo todos estes anos. E sabido é que se fai coincidir co Día Mundial do Medio Ambiente que se conmemora o día 5 de xuño. Foi un día completo e diver do para os peques e as familias que ata alí nos achegamos. Dende aquí dar as grazas aos que nos acpmpañaron e a todo o equipo que fixo posible que a festa fora un éxito.
33
Como en anos anteriores seguimos a convocar un concurso que está a ter moito éxito entre a nosa comunidade educa va: O certame de reciclado, que este ano vai xa pola súa 16ª edición. Os alumnos/as elaboraron xoguetes, maquetas e todo po de ar luxios con material de desfeito. Os obxectos seleccionados polo xurado pasan a formar parte do Museo do Reciclado que estamos a crear no colexio. Houbo variedade de mo vos en canto á temá ca aínda que sempre se fai mención especial a todo o relacionado coa natureza e o coidado do noso medio.
34
O alumnado de 1º de primaria fixo un traballo colec vo. Trátase dunha maleta feita dunha caixa de cartón, á que lle engadironmoitos cogumelos de cores. Quedoulles así de ben:
O alumnado de 2º de primaria fixo un curioso verme feito con CDs reciclados. Quedou moi simpá este vermiño!
O alumnado de 3º de primaria traballou nun floreiro moi chulo. Cada un fixo a súa flor para compoñer este estupendo floreiro.
35
O alumnado de 4º de primaria presentou dous proxectos colec vos, un xogo para nenos e nenas con dificultades na súa visión e un xarrón feito con pezas de bandexas de porexpán e con flores feitas de papel de revista. Son moi traballadores estos nenos e nenas!!!
Os demais traballos que se presentaron a este concurso podédelos ver a con nuación:
36
37
- A úl ma semana de marzo foron as máquinas de Endesa cuns operarios a roturar e calear o terreo para dalí a 15 días abonar e sementar a herba. - Na úl ma semana de abril tamén fixemos realidade o de cubrir as pistas con gravilla coa colaboración do Concello.
38
39
No
- No mes de xuño, coincidindo co Día do Medio Ambiente, o alumnado de 1º de ESO foron a repoñer árbores que nese úl mo ano non se lograron. Tratábase de 5 cas ñeiros, unha cerdeira, uns 20 buxos e 6 arandos que sus tuiron aos teixos que non parece que teñan moitas ganas de quedarse como parte do Bañal. Aboamos e regamos as novas plantas e esperamos que desta vez xa se asenten neste espazo. Hai que engadir que contamos coa colaboración importante de Abel e Ramiro. Como mestres acompañantes foron Jose Antonio Soto e Fina Blanco.
40
- No curso 2014-15, vemos a previsión de facer unha plantación, por parte do alumnado de secundaria, no Día da Terra (22 de abril) pero debido ao mal tempo vemos que pospoñer tal ac vidade. Foi en maio cando puideron achegarse ata o “noso Bañal” o alumnado de 1º e 2º ESO xunto co de 2º de primaria. Os maiores foron repoñer árbores que non se lograran: carballo, cas ñeiro, buxos, hérbedo e aronia.
.
Un pequeno grupo, logo de xuntar pedras que había pola finca, puxéronse a facer a forma da nosa mascota, a tartaruga “Amiña”. En canto aos pequenos limitáronse a ir de observadores, axudar na reposición de buxos no labirinto, regar árbores e xogar disfrutando do fermoso que está quedando o noso proxecto. - Neste ano, non foi posible facer visitas con nenos/as ao Bañal. só fixemos o mantemento tres veces ao longo do curso quedando preparado para facer unha úl ma prantación cos nenos/as no primeiro trimestre deste vindeiro curso.
41
Durante este curso varias foron as saídas ao noso entorno: a carreira da Fraga, que se celebra cada ano, e tamén varios cursos visitaron o museo etnográfico da Capela e disfrutaron dos xogos populares que alí teñen recollidos.
42
Xa no mes de xuño, o alumnado de 1º a 4º de primaria visitou Pobo Aventura en Teixeiro, un espazo á beira do río Carregal, afluente do Mandeo, onde uns monitores agardaban por nós para facer varias ac vidades no entorno da natureza.
Outra das saídas foi a excursión por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria a Ponferrada. Logo de ver a fábrica da luz ou museo da enerxía, visitaron as Médulas onde fixeron un percorrido por este paisaxe natural.
43
Dende os departamentos de E.F. de primaria e A.M.A, propuxemos facer a segunda parte do Camimiño dos Arrieiros ao colec vo de toda primaria. Esta camiñata vense a realizar dende hai sete anos facéndoa coincidir coas datas intermedias do Día do Medio ambiente e o remate de curso. Es vemos moi ben acompañados por Xose e Lois que nos explicaron todo o referente á historia e á arqueoloxía relacionado con este camiño ancestral. Camiñamos durante dúas horas e despois achegámonos ata Estaca de Vares (ou Bares), o inicio deste camiño dos Arrieiros.
44
45
46
SAÍDAS NOS MEDIOS Na primeira semana do mes de marzo deste curso 2015-16, saimos no programa de radio en directo que ten Voz Natura en Radio Voz. Alí puidemos explicar o proxecto que estamos levando a cabo este curso, facendo fincapé en que segue a ser unha con nuación do que ven sendo todos estes cursos pasados.
No mes de xuño saíu no xornal “El Progreso” outra nova sobre o noso Centro e a nosa labor en prol do medio ambiente.
47
As Pontes a 30 de xuĂąo de 2016
48