Ciencia que conta

Page 1

Biblioteca C.P.I. Monte Caxado 2013-14 Ciencia que conta

Pรกgina 1


ÍNDICE:

A bombilla……………………………………………………...3 A ciencia……………………………………..………………....5 A electricidade………………………………………………....7 A visita de Einstein…………………………………………....9 As estrelas do ceo……………………………………………11 As fadas Aurora e Boreal…………………………………...13 Albert Einstein e a fusión nuclear…………………………..15 O pingüín Xoel…………………………………………….….16 Os avances da ciencia segundo miña avoa……………....18 Pancho o poliño……………………………………………....21 Plinio e o seu volcán…………………………………………22 Sol e Lúa……………………………………………………...23

Ciencia que conta

Página 2


A BOMBILLA A bombilla inventouna Sir Joseph Swan, Thomas Alva Edison. Para que serve? Serve para alumear, e consiste nun globo de cristal no que se fixo ó baleiro e dentro do cal vai colocado un fío de platino-carbón tumgsteno e máis cousas, que ca corrente eléctrica ponse incandescente. O descubrimento no fondo, o químico Sir Joseph Wilson Swan, un británico, é o inventor da bombilla. O norteamericano Tomas Alva Edison non inventou a bombilla, senón que o fixo Joseph Swan, que non pasará á historia porque non fixo máis ca unha decena de inventos. O que fixo Edison foi coller a bombilla de Swan (que non había patentado o seu invento), no cal entraba osíxeno e os filamentos queimábanlle, e traballou con entrega ata conseguiu un tipo de material co cal o filamento non se queimara. Este último foi a labor de Edison, pero o invento da bombilla corresponde a Swan.

Jesús Fernández Rivas 4º E.P

Ciencia que conta

Página 3


.

Ciencia que conta

Pรกgina 4


A CIENCIA

Ola. Son unha alumna de 3º de primaria. Cheguei de Etiopía a España hai case dous anos.

Cando cheguei, chamoume moito a atención a luz que había aquí, tanto de día como de noite. Non me podía imaxinar de onde viña. Agora no colexio teño que estudar a ciencia, así que mirei no ordenador quen inventou a luz. Resultou ser Thomas Edison, un científico americano que inventou máis de mil cousas.

A el lle debemos moitos adiantos que temos hoxe, como as pilas alcalinas.

Aos sete anos foi expulsado da escola, porque o mestre dicía que era parvo. Tiña que pórlle escola a súa nai na casa. Empezou a traballar aos 12 anos, vendendo periódicos no tren.

Tamén era bastante xordo.

E aínda así, foi un dos mellores científicos do mundo.

Guzeguz Pellón López 3º E.P.

Ciencia que conta

Página 5


Ciencia que conta

Pรกgina 6


A ELECTRICIDADE

Todos os días me levanto axiña para ir ao colexio, acendo a luz, quento o leite no microondas, fago as torradas. Logo lavo os dentes có cepillo eléctrico e escoito as noticias na televisión. Non me decato do importante que é na miña vida o feito de premer un botón e que todo funcione. Quen inventou a electricidade? Un día pregunteille a miña bisavoa: -Como quentabas o leite cando eras moza? -Como pasabas o ferro á roupa? A súa resposta foi a seguinte. -A man, miña nena!, que no meu tempo non tiñamos aparellos eléctricos e para ter un pouco de luz na casa ás veces tiñamos que utilizar quinqués de aceite. Por iso creo que teño moita sorte, pois un pequeno invento, como é a electricidade, fai funcionar todos os aparellos tan necesarios na miña vida e que ma fan máis sinxela con só premer un botón.

María Franco Pernas 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 7


Ciencia que conta

Pรกgina 8


A VISITA DE EINSTEIN

Un día, mentres estaba traballando con as Matemáticas – e o problema era moi difícil – miña nai díxome que un amigo seu chegaría para tomar o café. Ao pouco, petaron na porta. Fun apurado para abrir a porta e descubrín que o amigo da miña nai era o famoso científico ALBERT EINSTEIN. A Albert lle preguntei si me axudaba cun problema matemático e respondeu que si. Estaba moi ledo por ter a oportunidade de coñecer ao científico Albert Einstein. Á súa presenza ao meu lado fixo que pensara na sorte que eu tiña por ter un home tan especial ao meu lado e desexaba que a súa intelixencia pasara á miña cabeza. Nestas estaba cando miña nai chamou para tomarnos a merenda. -Pero… que fixeches có teu cabelo, fillo? Todo tiña sido un soño!!

Antón De La Fuente Vivero 2º E.P.

Ciencia que conta

Página 9


Ciencia que conta

Pรกgina 10


AS ESTRELAS DO CEO Un día, no espazo, estaban reunidas unhas 50 ou 55 estrelas. Unha delas era a máis vella, que tiña uns 14.500 millóns de anos. Estaba coa súa familia. Estaban reunidos porque os seus netos non se paraban de pelexar polo seu sitio no espazo. E a estrela máis vella quería colocalos. Un día estrela máis vella pensou que podían facer unhas formas no espazo, que se chamaran constelacións. Foillo dicir aos seus netos … Pero os seus netos dixéronlle que cantas constelacións habería, e como se ían chamar. A estrela díxolles: -Haberá catro, e vanse chamar: Osa Maior, para os máis maiores; Osa Menor, para os máis pequenos; Cisne, para os de idade media; e Virgo, para os bebés. Os netos, estaban de acordo. Pero … Tiñan unha dúbida. Cantas estrelas habería en cada constelación?? A estrela díxolles: -A Osa Maior vai ter dezanove estrelas, pero as máis visibles van ser sete; Cisne vai ter nove; a Osa Menor vai ter sete estrelas; e Virgo, vai ter nove estrelas. E así, todas as estrelas viviron felices nos seus sitios, e cando foran maiores, se algún día os seus netos se pelexasen, contaríanlles esta historia.

Estela Calvo Pérez 4º E.P. Ciencia que conta

Página 11


Ciencia que conta

Pรกgina 12


AS FADAS AURORA E BOREAL Hai moitos anos, en Abisko, un científico chamado Augusto dedicábase a estudar os fenómenos da natureza. Unha noite escura e despexada do mes de febreiro, mentres observaba as estrelas, divisou ao lonxe unha luz moi luminosa, de cores verdes e amarelas. Quedou moi abraiado e dixo en voz alta: -Que será iso? As luces fóronse achegando a el pouco a pouco, ata que puido ver dúas fadas bailarinas facendo piruetas coas súas ás e as súas faldras. Augusto dixo: -Quen sodes? As fadas contestaron: -Somos dúas fadas bailarinas. Ela chámase Boreal e eu Aurora. Por favor, garda o noso segredo. -Que segredo?- dixo Augusto. As fadas contestaron: -A humanidade non debe saber que existimos, porque senón poderemos correr moito perigo. Augusto preguntoulles: -Por que mo contades a min? -Sabemos que ti es de confianza. Observámoste dende hai moito tempo e sabemos o que che gusta a natureza- contestaron as fadas. E continuaron dicindo: -Somos fadas que axudamos a protexer a natureza, pero a humanidade non debe saber de nós nin das nosas curmáns, chamadas Aurora e Austral. Ciencia que conta

Página 13


Entre os tres inventaron unha escusa e foi a seguinte. Augusto falaría dun fenómeno físico que acontece cando as partículas con carga eléctrica do Sol se precipitan sobre a Terra. As partículas fanse visibles cando chocan con gases da atmosfera da Terra. Este fenómeno só pode verse cerca dos Polos. A luz polar do hemisferio Norte, chámase Aurora Boreal; a do hemisferio Sur, denomínase Aurora Austral. Pódense presentar de distintos formas e cores. So Augusto sabe que estas cores son debidas a os traxes e bailes das fadas. Dende entón a xente vai ver ese fenómeno da natureza tan marabilloso, mentres as fadas se divirten sen temor a ser descubertas.

Anxo Pita Rodríguez 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 14


ALBERT EINSTEIN E A FUSIÓN NUCLEAR

Albert Einstein naceu en Alemania (1879-1955), educouse en Munich e doctorouse na Universidade de Zurich. A vida sobre Albert Einstein Había unha vez un neno que se chamaba Albert Einstein. Un día escapouse da casa e foi en 1891. Despois foi buscar o valle da norte. E tardou 5 anos e xa estaba no valle. Cando tiñan 18 anos. Xa era científico e inventou a lámpada pero xa habían inventado a bombilla. Un día quixo facer a fusión nuclear e él sabia que iba precisar moitas cousas. A FUSIÓN NUCLEAR A principios do século descubreuse a Enerxía nuclear, pero non proviña da rótula de átomos, se non a unión deles.

Alex Pazos e Diego López 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 15


O PINGÜÍN XOEL

Ola amiguiños! Voume presentar. Son Xoel e vivo na Antártida. Non vos estrañedes. É que eu son … Un pingüín emperador!!

Aínda que moitos me chaman “Paxaro bobo”, son moi intelixente. Encántame nadar e mergullarme, e paso moito tempo comendo peixiños e crustáceos. Cada vez está a cousa máis difícil! A pesca industrial e o quentamento global están poñendo en perigo a nosa especie.

Cada ano fago moitos kilómetros para buscar a miña parella e poder er as nosas crías. Nunha destas viaxes atopei un humano amigo. Chámase Carlos Caraglia e é galego. Chegou aquí nun crebaxeos ruso, chamado “Kapitan Klevnikov”.

Como é fotógrafo, fíxome moitas fotos, e, tamén , ás gretas polares.

Gustoulle a Antártida e prometeume que faría todo o posible para loitar contra o cambio climático. Creo que agora anda facendo exposicións sobre min, para que nenos e maiores se dean conta de que teñen que coidar a natureza. Seguro que o consegue.

Xa me tarda moito verte. Ata pronto.

Daniel Deza Prieto 3º E.P.

Ciencia que conta

Página 16


Ciencia que conta

Pรกgina 17


OS AVANCES DA CIENCIA SEGUNDO MIÑA AVOA

Son unha nena de nove anos, que vive nunha aldea de Galicia, cós meus país e miña avoa. Nas tardes de inverno miña avoa cóntame a ciencia da súa infancia. Non había nin luz eléctrica, estradas, nin teléfono. Estudaban de noite, cun candil ou unha candea, porque de día tiñan que traballar no campo. Ían andando a tódolos sitios, xa que non había coches. Poñían sinais ós veciños que vivían noutro lugar, que eran uns paus cun saco vermello ou branco encima, dependendo do traballo que quixeran facer. Un día xuntáronse todos os veciños da aldea para facer unha central hidráulica, nun río que pasaba pola aldea, para poder ter luz nas casas, facer estradas e poñer un teléfono público. Cando acabaron de facer todo isto, a avoa acórdase cando trouxeron a primeira radio para a aldea: estiveron unha noite enteira escoitando e mirando aquel aparello. Tamén trouxeron unha televisión, que falaba e se vía a xente dentro. Nunca tal virán! Ninguén falou en toda a noite, pensaban que os do aparello tamén os escoitaban. Pasado un tempo, un veciño trouxo o primeiro coche e xa se podía ir á feira por víveres, sobre todo aceite e azucre, sen ter que ir andando. Cando se trouxo o primeiro teléfono tamén podíamos falar coa familia que estaba emigrada en Alemania, Venezuela e outros países, que levábamos anos sen oílos. E todos estes avances da ciencia, que lles demos tanta importancia, remata dicindo a miña avoa, para ver agora á maioría da xente escoitando unha radio cuns cables e tapóns nas orellas, mentres usan un teléfono móbil cunha man e coa outra manexan o mando da televisión. Pensa a miña avoa que a ciencia xa non dá para máis! E eu penso: Que lles contarei aos meus netos??? Inés Pena Franco 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 18


PANCHO O O POLIÑ0

Pancho é un poliño, pero non é un poliño calquera. Todo o mundo di que as aves teñen un cerebro moi pequeno, os poliños os que máis. Pero Pancho non. Era listo, áxil e moi amigo meu. Ensineille a xogar, a bailar e tamén a voar. Conseguín que fixera de loro pirata. Axiña aprendeu a manterse quieto no meu ombreiro, a vixiar se viña alguén, a vir navegar comigo. Se estaba animado tamén xogabamos ás agochadas e el sempre me atopaba. Algúns nenos ríanse de min e dicían que non era verdade que o meu poliño fixera o que eu dicía, que era moi lelo. Entón eu pregunteilles: -O home é o animal que ten o cerebro máis grande? Eles contestáronme: -Pois claro que si, e o teu poliño teno coma o dunha mosca. Díxenlles: -Para que queren os homes o cerebro tan grande, se ás veces non fan máis que mal? Fan guerras, armas, deixan morrer de fame aos seus iguais. Nunca o meu poliño deixou morrer de fame aos seus iguais, pica e pica para os seus poliños.

Lucía Vila Ferreiro 3º E.P.

Ciencia que conta

Página 19


Ciencia que conta

Pรกgina 20


PLINIO E O SEU VOLCÁN

Vou contar unha historia que me aconteceu un verán, nas vacacións a Italia. Alí coñecín a un rapaz chamado Plinio que me contou que soñaba con ser vulcanólogo, porque lle encantaban os volcáns.Díxenlle que si lle poñía empeño podería conseguilo. Entón comezou a contarme cousas sobre o seu volcán favorito, chamado Vesubio.Díxome que estaba preto da cidade de Nápoles, onde estabamos nós. Plinio levoume ver o volcán. Encantoume! Pero non sabía moi ben en que consistía. Dixo que por ese motivo ía ser vulcanólogo e investigalo.Diante de nós tiñamos un volcán xigante. Eu quedei impresionada!! A pena foi que as miñas vacacións remataban e tiña que volver á miña casa. Despedinme de Plinio e marchei chea de recordos dos volcáns. Pasaron anos e volvín visitar o meu amigo, que xa era un famosos vulcanólogo. Foi entón cando me ensinou parte do que descubrira sobre os volcáns. Os volcáns poden vivir 300.000 anos. Como xa sabedes, expulsan magma e outros gases, que saen da terra, poñendo en perigo a poboación humana. Plinio tamén me contou que se podían obter beneficios dos volcáns. Porque os materiais expulsados poden ter usos medicinais e proporcionar incluso enerxía eléctrica… Ao final, emocionada ao despedirme do meu amigo Plinio , volvín para a miña casa e el seguiu coa súa carreira. Hoxe esta considerado o mellor vulcanólogo da historia.

Carla Prieto Teijeiro 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 21


Ciencia que conta

Pรกgina 22


SOL E LÚA

O Sol era unha estrela moi grande e forte. Vivía nun templo chamado Sdanu. Un día Sol estaba camiñando polo seu templo e estaba tan aburrido que decidiu ir explorar a galaxia fora do seu reino, nos mundos escuros e tenebrosos. Nestes mundos había unha única luz, á cal chamaban Lúa, unha estrela pequena e moi amable, que quería a todos os habitantes do universo. Pero Lúa sentíase esgotada de tanto brillar tódolos días e a todas horas, ela soa. Sol veu iso e gustoulle moito a coraxe e a valentía que tiña Lúa. Sol, como era máis grande e forte, falou con Lúa e ofreceulle a súa axuda. Decidiron unir os seus reinos e facer quendas. Ao novo reino chamárono Sistema Solar. Sol daba luz e calor polo día , e Lúa, que era máis pequena, pola noite. Grazas á luz do Sol e da Lúa, medraron no seu reino nove planetas moi grandes. Sol e Lúa estaban moi contentos cós seus nove planetas no seu reino. Bautizáronos cós nomes de Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e Plutón. Coa luz do Sol e da Lúa, o planeta Terra, que era azul xa que a maior parte do seu corpo estaba cuberto de auga, comezou a encherse de vexetación e seres vivos. A Lúa encantáballe o planeta Terra, polo seu color e por todos os seres vivos que alí vivían.

Ciencia que conta

Página 23


Por iso falou con Sol e pediulle que lle deixara xirar arredor do planeta Terra, para darlle luz e coidar a todos os seres vivos que nel habitaban. Sol aceptou e así foi. Sol deu luz e calor a todo o sistema solar e Lúa xirou para sempre arredor da Terra, vendo como nacían e medraban os seus habitantes.

Iker Bernardo e Manuel Román 4º E.P.

Ciencia que conta

Página 24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.