A Aula de Medio Ambiente ( AMA) do CPI Monte Caxado de As Pontes creouse durante o curso 1995-1996. Dende o momento da súa aparición tivo como único e fundamental obxectivo a concienciación do alumnado na defensa e coidado da Natureza. Por iso, pretendeuse facer este labor paseniñamente, poñendo curso a curso os chanzos precisos para a consecución deste obxectivo; é dicir, preferimos facer poucas actividades pero que fosen quedando como definitivas para cursos posteriores. De feito, hoxe en día, podemos dicir que as actividades medioambientais forman parte da educación habitual do alumnado deste centro escolar, moi por riba do nivel que poda ter calquera outra área transversal do currículo educativo. Por iso mesmo é que as actividades da AMA están espalladas ao longo do curso e nos diferentes niveis educativos. Non hai, pois, un grupo específico de rapaces e rapazas adicados a esta tarefa, senón que é todo o colexio o que forma parte deste proxecto. Quizais o máis salientable deste
programa de
actividades sexa a súa
multidisciplinariedade, xa que non están reducidas a unha soa asignatura, ou a actividades extraescolares, senón que se realizan en distintas asignaturas ( Naturais, Tecnoloxía, Plástica e Visual, Educación Física, Linguas...), enfocadas a esta Aula de Medio Ambiente. En canto ao profesorado, hai un grupo de persoas, maiormente de E. Infantil e E. Primaria que son as encargadas de organizar as actividades. Non sería xusto esquecer ao grupo de profesores/as de Secundaria, que puntualmente, colaboran neste proxecto. Así mesmo, invitamos a tódolos que aínda non se decidiron a que para o vindeiro ano se embarquen con nós nesta fermosa experiencia. 2
ACTIVIDADES Horto escolar e plantacións no viveiro do colexio. Invernadoiro. Concurso de debuxo para o calendario 2012. Obradoiros: murais, obradoiro ou brigada de limpieza do patio, fungos e cogumelos, decoración de Nadal, obradoiros de cociña, obradoiro de xabrón, entroido, obradoiros dende a clase de inglés, obradoiros dende a Sección Bilingüe de plástica.
Actividades do Calendario Ecoambiental. 13º Concurso do Reciclado. Actuacións na Área da Natureza do Bañal. Saídas de carácter medioambiental. Premio Provincial Voz Natura. Saídas no Xornal Concienciación.
3
HORTO ESCOLAR Dende o curso 1999-2000 temos montado un horto no interior do patio de E. Infantil coa idea que os/as nenos/as desa etapa e do 1º Ciclo de E. Primaria poñan en práctica as súas labouras agrícolas. Deste xeito fíxose un peche con estacas, mallas e unhas cancelas para separar este espacio da zona propia de xogo. Tamén seguimos tendo
un
composteiro, onde elaboramos o noso compost. Este curso estivemos preparando o horto para aproveitalo ao máximo. Para elo contamos coa colaboración da ANPA que nos axudaron a poñer terra nova e a delimitar mellor as zonas onde se vai plantar.
Así estaba o horto a principios de setembro.
Fíxose unha limpeza e añadiuse terra.
4
Dividiuse o espazo e agora podemos comezar a plantar.
Mentres esto tiña lugar os nenos/as estiveron plantando no viveiro. Así, os nenos/as de 1º fixeron una plantación de sementes de outono, aproveitando as que tiñan de exposición na clase. Plantaron landras e noces.
5
Seguindo coas actividades do outono os nenos/as de 2ยบ baixaron ao viveiro para plantar acivros, carballos, loureiros e algunhas landras.
6
Os nenos/as de 3Âş foron plantar castaĂąas.
Os nenos/as de 4Âş de primaria foron plantar cameleiros ao viveiro. 7
Os nenos/as de 5º de primaria foron plantar tamén cameleiros no viveiro co seu profesor José María.
8
Os nenos/as de Infantil tamĂŠn foron plantar ao viveiro. Os nenos/as de tres anos plantaron landras, noces e castaĂąas.
9
No viveiro os nenos/as de 4 anos foron plantar castaĂąas e noces.
Xa a finais de marzo os nenos/as de 2Âş aproveitaron a facer unha actividade no viveiro. Como as plantas da sĂşa clase, logo de pasar o inverno, estaban un pouco murchas decidiron botarlles mĂĄis terra e cambialas para outros testos.
10
INVERNADOIRO Este ano temos como novidade a incorporación dun invernadoiro no noso colexio. Estamos moi ledos porque os nenos/as van poder ver o proceso de plantación e crecemento das plantas dunha forma máis segura posto que no viveiro os ratos e os paxaros nos comían as sementes e moitas veces, como este ano, non acababan de ver o resultado da súa plantación. No mes de decembro remataron de facer o invernadoiro dentro do viveiro do centro. Foi grazas ao traballo da xente dos obradoiros de carpintería, albanilería e xardinería dependentes do Concello. A todos eles moitas grazas, en especial a Abel que se preocupou especialmente en que todo saira ben e colaborou en varias actividades levadas a cabo pola nosa AMA. Podemos ver un seguimento de cómo estaba ao principio no mes de setembro e como rematou en decembro. A día de hoxe xa fixemos varias actuacións no seu interior. Xa plantaron alí os nenos/as de infantil, de 1º, 2º e 3º ciclo de primaria. No caso de 3º de primaria plantaron bulbos e flores en testos e plantiñas de vinca (enredadeira que servirá para tapizar parte do viveiro) nunha primeira data, e a segunda vez plantaron amorodos xunto cos nenos/as de 4º de primaria.
11
AsĂ comezaban as obras para facer o invernadoiro.
AquĂ temos o remate da obra.
Os nenos/as de Infantil foron plantar leitugas. 12
Os nenos/as de 1º tamén plantaron leitugas. Os nenos/as de 2º foron plantar cebolas.
Os nenos/as de 3º e 4º plantaron amorodos.
13
Os nenos/as de 5ยบ e 6ยบ plantaron tomates, pementos e coles.
14
CONCURSO DEBUXO Levamos facendo un calendario nestes sete últimos anos onde, aparte dos meses do ano, redactamos uns consellos medioambientais para toda a poboación en xeral e en particular para a xente da nosa vila. No ano 2.003 elaborouno o grupo da A.M.A. coa idea de repartilo en tódalas casas, sen nengún ánimo de lucro e subvencionado polo Concello. Vendo que a idea podía resultar aínda máis fructífera optamos convocar un concurso de debuxo entre o alumnado de 2º Ciclo de E.S.O. onde os motivos a refrexar estiveran relacionados co medio ambiente nos seus aspectos tanto negativos como positivos. Dese concurso saíron uns gañador@s que se lles faría un agasallo e ó mesmo tempo eses debuxos elexidos servirían de soporte para elaborar o calendario 2.004. Este calendario imprimiriase e o alumnado dese ciclo adicaríase a vendelos coa idea de recaudar fondos para esa excursión que fan tódolos anos o alumnado de 4º de E.S.O. indo unha semana a facer actividades nunha paisaxe de neve ( habitualmente ós Pireneos). Neste curso convocamos o 9º concurso de debuxo para o calendario 2012 participando todo o alumnado do Centro, como xa se fixo o curso pasado. O resultado foi moi positivo e desta maneira foron elexidos doce debuxos gañadores. Así foi elaborado un calendario con seis páxinas e en todas elas podemos ver as árbores do ano. De seguido vai unha mostra dese traballo.
15
...
16
17
OBRADOIROS Outra actividade que goza da preferencia do noso alumnado é a realización dos distintos obradoiros ao longo do curso, como son : os murais, o Concurso de fungos e cogomelos, a decoración de Nadal, o Entroido, obradoiros de cociña, etc.
MURAIS Ao longo do curso imos facendo distintos murais nos que se procura utilizar materiais de refugallo e así concienciar aos nenos/as da importancia do coidado e respeto ao medio ambiente.
18
BRIGADAS DE LIMPEZA Durante o curso pasado propúxose facer uns equipos ou brigadas de limpeza do patio, para que este, sobre todo despois dos recreos, quede limpo. Como a actuación da brigadas foi tan boa, este ano seguimos a contar con elas. Os compoñentes da brigada vixían e informan de onde hai que botar o lixo. Desta maneira todo o alumnado se implica no coidado do noso entorno máis próximo como é o noso colexio. Nestas brigadas participa todo alumnado dende infantil ata 4º da E.S.O.
19
OBRADOIROS EDUCACIÓN INFANTIL O OUTONO Traballando o tema do outono os nenos/as de tres anos fixeron un mural coas cores típicas desta estación do ano.
20
Tamén traballaron clasificando as follas pola súa forma, triangular ou circular, despois de recolleitalas.
Os nenos/as de cinco anos fixeron un mural no outono dun bosque e os seus animaliños. Máis adiante farían un cos bichiños do mar.
21
FUNGOS E COGUMELOS Para participar no concurso que se celebra todos os anos e que prop贸n o concello, os nenos/as de tres anos presentaron un cogumelo xigante feito
铆ntegramente con
material de refugallo.
Os nenos/as de catro anos fixeron unha bonita mandala de outono:
22
Os nenos/as de cinco anos fixeron uns cogumelos moi simpáticos coas súas fotos:
DECORACIÓN DO NADAL Os nenos/as de Educación Infantil, en concreto os de tres anos, fixeron dous murais que lles serviron como felicitación e para a súa actuación no festival de Nadal..
23
Os nenos/as de cinco anos fixeron unha árbore de Nadal coas súas mans.
ENTROIDO Os nenos/as de tres, catro e cinco anos traballaron o Mercado Persa, o tema deste ano para o entroido. Fixeron o seu gorro e algún adobío para o seu traxe. Así de guapos ían ese día:
24
OBRADOIRO DE COCIÑA Para celebrar os cumpreanos trimestrais os nenos/as de tres anos contan coa axuda das nais e pais para facer un biscoito no forno e unhas palmeiriñas. Os nenos/as de catro tamén realizan na clase biscoito, galletas e ás veces madalenas coa axuda das nais e pais.
25
PROXECTOS A clase de tres anos ten por nome a clase das tartarugas. Este foi o primeiro proxecto no que traballaron. Aprenderon como son, como viven, que comen,… Así fixeron o seu propio caparazón e teñen a súa propia tartaruga, a súa mascota, que se chama Braulio.
Outro dos proxectos que realizaron foi o do Mercado Persa. Durante este proxecto fixeron papiro (papel reciclado) que logo empregaron nos cadros de Antoni Tàpies, xa que este artista empregaba fundamentalmente materiais de refugallo. Noutro dos cadros deste autor empregaron sal, terra e pintura. O nome deste cadro é A Mirada.
26
Tamén durante os xoves, a xornada máis científica, os nenos/as de 3 anos están a traballar o Aire: a forza do aire, o aire en movemento, o aire pesa, o aire que respiramos,…
Os nenos de catro realizaron un proxecto sobre a música e fixeron os seus propios tambores para facer percusión a partires de caixas. Noutro dos seus proxectos traballaron as mimosas e tamén como científicos traballaron o tema do vento.
27
Os nenos/as de cinco anos traballaron os cotidiĂĄfonos. Neste proxecto prepararon distintos instrumentos musicais a partir de materiais cotidianos (legumes, tuberĂas, botellas, herba, algodĂłn, ‌).
28
Para o concurso do reciclado organizado dende A.M.A. os nenos/as de catro anos fixeron un elefante, Elmer, reciclando un dos seus tambores (dun proxecto anterior) e con mรกis materiais de refugallo.
29
Os nenos de cinco anos prepararon os planetas feitos con bolas de porispĂĄn para formar o sistema solar.
30
OBRADOIROS EDUCACION PRIMARIA
COGUMELOS NO 1º CICLO Con materiais de refugallo elaboraron diversidade de traballos para participar no Concurso de Fungos e Cogumelos proposto polo Concello no que os dous cursos foron gañadores e levaron premio. Os nenos/as de 1º fixeron un gran fungo-calendario, posto que amosa o día, o mes e o ano no que nos atopamos. Fixérona con cartón e taquiños de madeira.
31
Os nenos/as de 2º fixeron un reloxo a partir dun vello tapacubos. Con plastilina modelaron uns funguiños e os números. Logo pintaron o tapacubos, pegaron os fungos no reloxo e finalmente puxéronlle a maquinaria doutro reloxo. A verdade é que quedou ben bonito!
O MAGOSTO O día que celebramos o Magosto, baixamos ao recreo onde nos esperaban ricas castañas asadas e batidos de chocolate. Todo grazas aos membros da ANPA que sempre se preocupan de que esta festa saia tan apetitosa. Para rematar a xornada non podían faltar os xogos. Fixéronse no pavillón e estiveron organizados polo profe Pedro e coa colaboración de todo o equipo de mestres de infantil e primaria. Tamén en Secundaria tiveron unha xornada con actividades preparadas para eles no patio. Foi unha xornada moi divertida!
32
DECORACIÓN DE NADAL Para adobiar o cole de cara ao Nadal , este ano fixemos unha árbore con tres paraugas vellos. Por suposto, moitos profes axudaron a pintar de verde os paraugas. Para facer os adornos, os nenos de 1º e 2º pintaron uns taquiños que lles regalaron nunha empresa que traballa con madeira. Primeiro pintamos o fondo con pintura prateada e dourada. Despois , coa técnica do estarcido decoramos as tabliñas. Os nenos e nenas pasárono moi ben con esta actividade. Para rematar , os alumnos de 5º e 6º fixeron unhas guirlandas con cartolinas douradas e prateadas.
33
34
OBRADOIRO DE XABRÓN Neste obradoiro tomaron parte distintos cursos: os nenos/as de Infantil de tres e catro anos e os de primaria de primeiro, segundo, terceiro e cuarto. Fíxose xabrón sólido e tamén líquido. Os nenos/as levaron para as súas casas a proba dos dous xabróns. A receita para facer o xabrón sólido é a seguinte: -
1 kg . de sosa
-
7 l. de auga.
-
7 l. de aceite usado.
-
Un pouco de deterxente.
Nun balde bótase a auga e de seguido a sosa. Unha vez diluida a sosa bótase o aceite e o deterxente. Pódense botar unas gotiñas de esencia. Temos que remexer sempre para o mesmo lado durante uns 45 minutos cun pao. Logo de remexer volcase en pequenos cacharros para que vaia callando e collendo a forma que nós queiramos.
35
A receita para facer o xabrón líquido é a seguinte:
- 1 l. de deterxente para lavar a man. - 1 l. de aceite. - 8 l. de auga. - 220 g. de sosa. - 2 vasos de lexivia. - 1 bote suavizante concentrado.
Primeiro botamos os 8 l. de auga (pode ser templada).Logo engadimos a sosa. Despois engadimos o resto dos ingredientes. Remexemos e deixamos enfriar. Durante nove días temos que remexelo, sempre ao mesmo sentido. Cada día engadiremos 1 l. de auga. Se queda moi duro, pódese engadir auga aínda despois dos nove días.
36
ENTROIDO En febreiro entramos de cheo nos preparativos para o entroido. Ese ano o tema foi “O mercado persa”. Cada ciclo elexiu unha personaxe do conto. Os nenos/as de infantil eran califas e princesas e fixeron os seus gorros (como xa vimos nas fotos), os do 1º ciclo eran encantadores de serpes e cada un elaborou a súa serpe, os do 2º ciclo eran mercaderes e mendigos e, por suposto, prepararon os seus camelos e os do 3º ciclo eran os saltimbanquis.
As 11 e media comezaron a repartir orellas e freixós xunto con batidos e augas. Desto encargouse a AMPA á que lle damos as grazas pola súa colaboración. Despois do recreo todos os cursos foron ao pavillón
para facer o desfile e distintos bailes que
prepararan coa profesora de música Marita. Pasáronno moi ben! 37
PROXECTOS Na clase de 2º de primaria un dos seus proxectos foi o dos animais. Mentres o estaban a facer recibiron a visita de dúas tartaruga: Susi, a tartaruga de Estela, e Chispi, a tartaruga de Inés. Aproveitaron así para aprender moitas cousas sobre elas.
OBRADOIROS FEITOS DENDE A CLASE DE INGLÉS Dende a clase de Inglés tamén se procura traballar a concienciación sobre o medio ambiente
e o respeto e coidado de plantas e animais. Así durante este ano
escolar fixéronse distintas actividades. Falando do aire e enlazando o tema cos xoguetes os nenos/as de primeiro de primaria fixeron un papaventos con materiais de refugallo. O resultado final foi o esperado, xa que o papaventos voou sen problemas.
38
En 2º de primaria aprenderon o proceso que segue o trigo dende a súa plantación ao momento en que chega ás nosas casas como pan. Amasaron pan e fixeron uns boliños aos que lles introduciron chourizo. Estaban deliciosos!
39
En Halloween os nenos/as de terceiro de primaria fixeron unhas pantasmas con panos de papel e con un chupa-chups para agasallar aos nenos/as de infantil. Ese día foronlles a cantar unha canción “terrorífica”. Os nenos/as de sexto de primaria fixeron unhas arañas e unhas pantasmas para que os nenos/as de primeiro e segundo as comeran. Estaban deliciosas!
40
Os nenos/as de todos os cursos realizaron distintos experimentos na clase de inglĂŠs para celebrar o DĂa Mundial da Auga, o dĂa 22 de Marzo. Foi una experiencia moi motivadora e divertida. Os experimentos estaban feitos con auga, por suposto.
41
Para facer todas estas actividades, tanto as de inglés como as da sección bilingüe de plástica, este ano contamos coa axuda da nosa auxiliar de conversa Marian Williams.
OBRADOIROS FEITOS DENDE A SECCIÓN BILINGÜE DE PLÁSTICA Dende a sección bilingüe de plástica que imparte Loli, a titora dos nenos/as de 2º de primaria, fixéronse durante o curso moitas actividades nas que o reciclado é una das cousas máis importantes xunto co aprendizaxe do inglés. Así, no outono fixeron unha entretida actividade con pinzas que os nenos/as trouxeron das súas casas. Pintáronas con témperas e puxéronlles, pegados con silicona, debuxos de froitos do outono: mazorcas de millo, castañas, landras,…
Tamén no outono os nenos/as pintaron unha árbore. O tronco fixérono coas siluetas dos seus brazos (despois de recortalas e pintalas con témperas). As folliñas fixéronas coas pegadas dos seus dedos mollados en diferentes cores.
42
Outra actividade moi entretida foi a que realizaron con papeis de lixa. Aproveitando que lles deixaron un montón de lixas usadas, sacadas dunha máquina de pulir madeira, decidiron aproveitalas para pintar sobre elas. É un traballo moi bonito, xa que as cores quedan moi vistosas e é completamente diferente a pintar sobre o papel.
Outra actividade que fixeron foi preparar plastilina ecolóxica. A receita: 2 vasos de fariña, 1 de auga, 1 vaso de sal e 3 culleradas de aceite. Amásase todo ben, ata que a pasta se despega das mans. Se ademais se bota colorante na auga conseguiremos plastilina de diferentes cores.
43
Xa na primavera os nenos/as fixeron unhas bolboretas utilizando unha cucharilla medidora das papillas de bebĂŠs e unha cartolina. PintĂĄronlle a cara e cuns limpapipas puxĂŠronlles as antenas.
44
OBRADOIROS EDUCACIÓN SECUNDARIA En secundaria este ano tamén fixeron varias actividades que reflexamos aquí na memoria. Unha das actividades que fixeron o curso pasado, e que volveron repetir este, é a exposición de cogumelos nos corredores do colexio. Nun primeiro momento foron de excursión na procura dos cogumelos ( temos as fotos no apartado de saídas). Como no ano anterior membros da asociación micolóxica “Poupariña” de As Pontes
acompañóunos e
axudounos a distinguir e recoller acertadamente os cogumelos. Dende aquí agradecerlles un ano máis a súa colaboración.
45
ACTIVIDADES DO CALENDARIO MEDIOAMBIENTAL Día Mundial dos bosques autóctonos O día 23 de novembro conmemoramos a importancia que teñen os nosos bosques e como debemos coidalos. É fundamental que saibamos que sen natureza, sen árbores, sen ríos, a nosa vida non sería a que é. Debémoslle moito e temos que pensar que o coidado e respeto polo Medio Ambiente é una garantía para o presente, pero sobre todo para o futuro. Dende AMA e como data incluida no noso calendario medioambiental, invitamos a Antonio Teijeiro, que é garda forestal de toda a zona do Eume, a que viñera polo centro a falarnos da importancia dos bosques e de todos os seres vivos que alí habitan. Fixemos dúas quendas entre as 10:00 e as 12:10. Nun primeiro grupo foron a alumnado de Infantil e primaria ata 4º en un segundo grupo foron o alumnado de 5º e do 1º ciclo de secundaria. O relator amosou fotos que gustaron moito e os nenos/as fixéronlle moitas preguntas que Antonio respostou encantado.
46
Tamén, falando dos bosques, asistiron na biblioteca o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a unha video-conferencia que se emitiu para escolas de primaria dende o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. A relatora foi a directora deste museo, Dª Mª Isabel Fraga Vila e versou sobre os bosques e a súa importancia para que lembráramos que ó 2011 é o Ano Internacional dos Bosques.
47
Día Mundial da Educación Medioambiental O día 26 de Xaneiro, adicámolo a actividades e obradoiros relacionados coa Educación Ambiental. Monitoras de ADEGA impartiron obradoiros baseados nas enerxías renovables. Comezamos polo 2º ciclo de primaria no que o tema foi “o ruído é contaminación: mapa do ruído”, de seguido foron os nenos/as de infantil de 5 anos que elaboraron a seu propio papaventos no obradoiro “O aire móvese: papaventos”. Os dous últimos obradoiros facían referencia á “Construcción dun forno solar” e fíxose co alumnado de 1º de ESO e despois con 5º de primaria. Simultáneamente fíxose un obradoiro en infantil e primaria convertendo aceite doméstico usado en xabrón no que tivemos como guía á profe Blanca. Tamén nos cursos de Infantil de 3 e 4 anos están a traballar como pequenos científicos no proxecto do “aire”. Igualmente traballouse nalgúns cursos de secundaria e primaria cuestión relacionadas co coidado do Medio Ambiente.
Traballando sobre o ruído.
Os nenos/as de Infantil de 5 anos fixeron o seu propio papaventos.
48
Infantil de 3 e 4 anos, 1º, 2º ,3º e 4º aprenderon a facer xabrón sólido.
5º de primaria e 1º de secundaria fixeron un forno solar.
49
Día Mundial da Auga O día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga. No noso cole , e seguindo coa celebración de datas do calendario medioambiental, adicamos ese día a actividades relacionadas con este tema. Uns días antes, dende a clase de inglés realizáronse distintos experimentos con todos os nenos/as dende infantil a 6º de Primaria. E no mismo día da celebración e no seguinte, no propio laboratorio de Secundaria fixéronse outros experimentos moi interesantes. A profesora de Secundaria de Bioloxía, Carmen, axudada por varios alumnos de 4º de ESO: Edgar, Pablo, Pilar e Claudia, foron quen de explicarlles aos nenos/as dos distintos cursos, dende infantil a 6º de Primaria varios experimentos do máis interesante. O alumnado de secundaria puideron escoitar unha charla moi interesante e didáctica exposta polo biólogo Roberto Hermida. O título era: “A auga e a paisaxe no entorno das Pontes: os humidais”. Aprendemos moito e quedamos moi agradecidos. Coa nosa humilde contribución, coidamos que o alumnado que pasou polos obradoiros que se realizaron no laboratorio durante dous días, quedouse cunha aprendizaxe útil para a súa vida, ao mesmo tempo que divertida.
Charla sobre os humedais impartida por Roberto Hermida para o alumnado de Secundaria.
50
Alumnado de todos os ciclos foron pasando polo laboratorio para facer distintos experimentos coa auga.
51
Na clase de Inglés, e durante toda esa semana, fixeron experimentos coa auga, todos os cursos dende infantil a 6º de primaria.
Tamén para o Dia Mundial da Auga os nenos/as de distintos cursos fixeron uns libriños sobre como aforrar no consumo de auga nas nosas casas. Con todos eles, e coas fotos dos experimentos fixemos un mural.
52
53
CONCURSO DO RECICLADO Como en anos anteriores seguimos a convocar un concurso que está a ter moito éxito entre a nosa comunidade educativa: O certame de reciclado, que este ano vai na súa 13ª edición, na que os/as alumnos/as elaboran xoguetes, maquetas, e todo tipo de artiluxios con material de desfeito. Os obxectos seleccionados polo xurado pasan a formar parte do Museo do Reciclado que estamos a crear no colexio. Houbo variedade de motivos en canto a temática aínda que sempre se fai mención especial a todo o relacionado coa natureza e o coidado do noso medio. Os traballos colectivos de infantil foron estes:
Infantil 4 anos Infantil 3 anos
Infantil 5 anos
54
Os traballos de primaria foron estes. Entre eles estรกn os colectivos de primeiro, de segundo e de terceiro:
1ยบ de primaria
2ยบ de primaria
3ยบ de primaria
55
56
57
ACTUACIÓNS NA ÁREA DA NATUREZA DO BAÑAL
O Proxecto que máis envergadura segue a ter é a creación dun gran espacio natural denominado Parque Natural Didáctico e Ocio, situado na Casilla do Bañal, preto da estrada As Pontes- Ortigueira. Este terreo é unha cesión do Concello de As Pontes, feita no curso 1997-1998, cunha idea prefixada de crear unha fraga autóctona. Isto foise facendo os primeiros anos plantando árbores, que foron o resultado das labores de sementeira de landras e castañas realizadas en tódalas aulas do noso Centro. Chegou un momento, no curso 2002-2003, no que decidimos darlle un xiro a este proxecto. O motivo principal foi que os resultados acadados non eran os que se pretendían nun principio, xa que a maleza (toxos, herba...) apoderábanse das prantacións. A partires do devandito curso pensouse a idea de crear unha aula de Natureza seguindo unhas pautas lóxicas. Contamos para elo coa colaboración dun profesor de Tecnoloxía do Centro naquel momento que, logo de ver a finca, medila e debatir alternativas, fixo un proxecto que nos está a servir de guía. Para non extendernos moito aí vai unha reseña das actuacións dende marzo de 2003 ata abril de 2005: -
Os pais foron facer buratos arredor da finca para que os/as nenos/as prantaran tullas para facer o peche. Foron varios días cunha máquina cedida por ENDESA.
-
Todos/as os/as alumnos/as do colexio acompañados dos seus mestres foron en varios días a prantar as tullas do peche.
-
Fíxose un pozo de barrena, atopándose a auga a 48 m. de profundidade. Púxoselle unha bomba de extracción manual e fíxose unha base de cemento.
-
Unha máquina do Concello de As Pontes desbrozou toda a finca, e a continuación xente que está a facer a recuperación dos terreos da escombreira de ENDESA levaron a cabo a roturación do terreo.
-
Xa no curso 2003-2004 levouse a cabo a canalización da auga dende o pozo ás distintas tomas de auga previstas na finca. Estes traballos realizáronse gracias á axuda dun pequeno grupo de pais colaboradores e algúns mestres ó longo de varias tardes. Suliñar que para esta labor contouse tamén coa colaboración da
58
pala do Concello. Complementariamente a este traballo realizado polos pais, estes tamén cortaron a herba que medrara por entre as tullas. No mes de xaneiro de 2004 presentouse solicitude diante da Consellería de
-
Familia da realización dun proxecto de instalación de placas solares para producir enerxía eléctrica para o funcionamento da bomba do pozo, este proxecto estaría encamiñado coa realización dun proxecto de obradoiro de emprego na localidade. Este proxecto non foi finalmente aprobado. mesdedemarzo abril de de 2004 2004 abríronse leváronse os a cabo as tarefas de (según caleado,plano fresado, - - NoNomes sendeiros de paseo de abonado e semente de herba parte de xente e máquinas de ENDESA e a orixe) por parte das máquinas do por Concello. colaboración de operarios do Concello. -
Xa no curso 04-05 e no mes de outubro límpase de herba arredor das tullas de todo o peche. Botamos man, para elo, dalgúns pais.
- - NaUnha última deaabril outro grupo de alumnos e alumnas, caso foi vezsemana visto que herba sementada o curso pasado non deuneste os resultados todo infantil decidimos e 1º nivelnon de facer primaria ( en total 63 nenos/as) de en 6 esperados, plantación no interior da fincaacompañados . Isto tradúcese mestras/es, fixemosdeoutra 120axeitada. plantiñas en maceta de xestas ter que sementar novo saída toda apara fincaplantar na época cores nunha das zonas deste plicatas parque. Ese - híbridas No mesdedevarias marzo foi para o 4º facer nivel un de peche Primaria a plantar 30 tullas para día taménasseque aproveitou para levar quedous os anos. nenos pasaran un rato alí repoñer secaran do peche quexogos se fixoehai de experimentar no as pozo como sedemanipulaba poder lavarse as - xogando A últimalogo semana de marzo foron máquinas Endesa cunseoperarios a roturar mans. Desta maneira facerabonar carreiras de sacos, xogar con pelotas, ás e calear o terreo para puideron dalí a 15 días e sementar a herba. pasear por detodo recinto.Resultou un día omoi completo e unha - pilladas, Na última semana abrilo tamén fixemos realidade de cubrir as pistas con experiencia positiva. do Concello. gravilla coamoi colaboración - - No 06-07 comezouse facendo o mantemento de cortar a herba en toda a Nocurso curso 05-06 comezouse en setembro cortando a herba de toda a finca finca e preparalo para incluindo o espazo quelogo haifacer entreaasplantación tullas. forte no mes de abril e a cal foron o de 4º de E.S.O. de 5ºásdepistas E.P. xunto con cinco mestres. traballo - alumnado Fíxose o mantemento en ecanto canalizando as augas da O choiva parativo que lugar nas zonas doa zahorra Bosque para Mixto e do Souto-Nogueiral. Nesta ocasión non arrastrara toda a zona da herba. - plantáronse Colocáronse78asárbores. cancelas que dan entrada á finca no mes de xaneiro. Nese mes -
Nese mesmo curso e no mesosdebidueiros xuño foron cursos deno2º fondal ciclo depara primaria a tamén se trasplantaron queos tiñamos o terreo replantar e a facerdúas un pequeno de loureiros. contiguo.algunhas Con estoárbores conseguiamos cousas: seto que serviran de protección para o
-
No curso do 07-08 fíxose unha polo plantación parte aderepoboar 3º e 4º esa de metade E.S.O. Foron 41 parque vento que entra oeste epor comezar da finca alumnos acompañados 6 profesores. 32 árbores entrepropias acivros,dofroiteiras, de especies autóctonasdefacendo dela unEran bosque de especies país.
-
59
-
No curso 07-08 fíxose unha plantación por parte de 3º e 4º de E.S.O. Foron 41 alumnos/as acompañados de 6 profesores. Eran 32 árbores entre acivros, froiteiras,cerdeiras e coníferas. Subimos a finais de xaneiro e plantamos en dous espazos:” Paseo das cerdeiras” e “ Horta das ameixeiras”.
-
O 25 de abril fomos o alumnado de 1º ciclo de primaria a plantar toda a beira dunha pista con xestas de cores. Foron catro mestres e aproveitamos para merendar alí e facer xogos con pelotas, cometas....
-
No curso 08-09 e debido ao mal tempo en todo o inverno e outono só puidemos facer unha plantación no mes de maio. Nesa ocasión subiron o alumnado de 3º de ESO xunto con 4 mestres. Repuxéronse algunhas árbores e outras novas na zona do souto nogueiral.
-
No curso 09-10 houbo dúas plantacións. A 1ª foi o 23 de novembro coincidindo co Día dos Bosques Autóctonos. Foi o alumnado de 3º e 4º de ESO e catro mestres. Plantáronse diversas especies: Fagus sylvatica: Faia, Tilia cordata: Tilo Chitalpa x tashkentesis , Liriodendron tulipifera: Tulipaneiro ou árbore dos tulipáns, Magnolia grandiflora, Magnolia soulangianna , Prunus avium, Cerdeira xaponesa pendula , Prunus padus: "Colorata" , Cornus spp , Aesculus hippocastaneum-Castiñeiro de india.
-
A 2ª vez
e seguindo na línea de facer coincidir no calendario as datas
conmemorativas do Medio Ambiente (celebrábase o día mundial da Terra), os cursos de 3º e 4º de ESO xunto con seis mestres, subimos ata o Bañal a facer unha plantación na zona do Parque das Delicias e repoñer algunhas árbores que xa estaban plantadas con anterioridade. Desta maneira plantaronse: 3 árbores do amor, 2 cornus, 1 loureiro romano, 1 nogueira, 1 castiñeiro, 1 carballo, 3 teixos, 1 mazaira e 20 xestas híbridas de cores. O día, en canto á climatoloxía, non puido estar millor. Coido que pasamos unha hora disfrutando dun traballo ben feito. -
No curso 10-11 calculouse a posición en plano Autocad de novas árbores tomando como referencia dous puntos xa presentes no plano (neste caso dúas árbores) facendo un horizonte imaxinario desde o que se proxectan dous ángulos. A intersección dos mesmos danos a posición da árbore.
60
-
Na última semana de marzo, o alumnado de 3º e 4º de E.S.O., fixeron un traballo no Bañal que, por primeira vez, non era de plantar. Comezaron facendo na clase de tecnoloxía, co seu profesor Daniel, un esquema da nosa tartaruga nun programa de autocad. A idea é facer un laberinto coa forma da nosa mascota.
-
Xa no Bañal fixeron o trazado correspondente para que, nunha vindeira saída que será no mes de maio, sexa plantada por toda a contorna, con buxo ou loureiro romano. Esta plantación queremos que a faiga o alumnado máis pequeño do Centro. Tiveron un día de sol, aínda que con algo de vento. A xornada resultou do máis aproveitada tanto para o alumnado como para os tres mestres que foron con eles.
-
O 26 de maio do 2011 fomos ata o Bañal para continuar conformando a área recreativa que queremos conseguir. Eran 75 alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria acompañados de 9 mestres. A actividade consistiu en plantar sobre 200 buxos facendo o contorno da nosa tartaruga coa idea de facer un labirinto. Logo de plantar houbo que regar e ir ata o pozo a encher as regadeiras. Co traballo ben feito xa puidemos merendar e xogar a diferentes xogos, incluso pasear.
-
No curso 2011 / 2012, no mes de maio fixemos unha actividade que xa estaba pendente para uns días atrás pero o tempo non deixou que puidéramos facela. Fomos repoñer unhas árbores que non conseguiron sair adiante. Tratábase dunhas nogueiras, un castiñeiro, uns buxos que forman o noso labirinto, unha pereira, un carballo blanco e un viburno. Para este traballo contamos co alumnado de 4º de ESO cos mestres Iago e José Manuel. Acompañounos, coma sempre, a TV local e a coordinadora de AMA. Excepcionalmente tivemos a presenza de José Antonio, membro do Comité de Voz Natura, a quen agradecemos moito a súa visita.
61
-
Dende a nosa AMA e con motivo do día Europeo dos Parques, subimos ao Bañal o alumnado máis pequecho do centro: os cursos de infantil e os tres primeiros cursos de primaria. Puidemos dar un paseo vendo como estaba todo, logo aboamos os buxos que plantamos hai un ano facendo a forma da nosa tartaruga. Lavamos as mans no pozo e refrescámonos xa que fixo un día de moita calor. E aínda nos deu tempo de merendar e xogar. PASÁMOLO XENIAL!!!!!
62
63
SAÍDAS DE CARÁCTER MEDIOAMBIENTAL No mes de maio, fixemos unha andaina o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria xunto con 7 mestres e un grupiño de membros do Clube de Montaña O CAXADO. É o cuarto ano que facemos esta camiñata dende AMA e o departamento de E.F. de primaria. O bo tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha xornada estupenda en medio da natureza. Contemplamos a fermosura da vexetación, dalgúns bichiños que fomos atopando, do río e da súa música, da fervenza, das pequenas pontes… Un grupo de alumnos quedou na área recreativa do Caneiro onde merendaron e xogaron. Hai que criticar o mal estado desta área de recreo en canto ao deterioro de mobiliario como bancos rotos, contedores sen recoller, falta de auga nas billas, aseos inviables,… Esperamos que para a época de verán esté algo mellor. Temos que dar as grazas á xente do grupo O Caxado con Chucho ao frente, que colaboraron con nós desinteresadamente e con moito agarimo cos nenos e nenas.
64
65
66
Como complemento ás actividades que desenvolvemos ó longo do curso no colexio, durante o mesmo realízanse distintas saídas encamiñadas ó coñecemento das distintas realidades da natureza tanto no ámbito galego coma doutras comunidades. Así temos que o alumnado do 3º ciclo de primaria foron no mes de marzo a Sotavento.
67
O alumnado de Secundaria ten feitas varias saídas de carácter medioambiental. Así, no mes de novembro os nenos/as de 1º de ESO foron visitar a zona de Ferrolterra.
68
PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA. SAÍDAS NO XORNAL Este ano estamos de noraboa porque recibimos o premio provincial Voz Natura en forma de diploma das mans do Presidente da Deputación. O alumno Roi Otero, a alumna Cristina Franco e a coordinadora do proxecto Fina Blanco foron os encargados de recibir o premio. O premio consiste nunha estancia de dous días en Manzaneda para un grupo de alumn@s onde farán actividades diversas nese entorno tan fermoso e coa axuda de monitores. No noso caso a viaxe farémola en setembro. Queremos dar as GRAZAS a todos e todas que forman parte deste proxecto que é a nosa Aula de Medio Ambiente (A.M.A.).E cando digo a tod@s son tod@s. Quenes comezaron co proxecto hai 17 anos e a todos e todas que xa non están no cole, aos pais, nais, persoal non docente, mestres, Concello das Pontes, algunha empresa da localidade colaboradora cos nosos traballos, asociacións que nos apoian,…Por suposto ao Comité Científico responsable de valorar os traballos presentados en Voz Natura. Este premio é de todos nós, en conxunto. Sigamos con estas ganas de facer educación dende o respeto e o amor á Natureza. Quédamonos con dúas palabras que decía quen nos presentaba antes de recoller o premio: «..este colexio foi elexido polo seu RIGOR E CONSTANCIA». É así como debemos seguir en todos os ámbitos da vida.
69
70
Durante este ano saímos no xornal en varias ocasións. Unha delas co motivo do premio provincial Voz Natura e outra, que nos fai moita ilusión, pola posta en funcionamento por parte do Concello dos colectores de recollida de aceite de cociña usado. Esta última, parte dunha iniciativa presentada pola AULA DE MEDIO AMBIENTE do noso colexio hai xa dous anos.
71
72
CONCIENCIACIÓN Como colofón a esta memoria queremos facer fincapé no máis importante de todo que é a labor fundamental de conquerir que os/as nosos/as rapaces/as acaden un espíritu de compromiso coa conservación e mantemento do noso patrimonio natural, cultural e histórico.
Coidamos que todo este traballo é unha caixa de resoancia que traspasa os lindes do alumnado, o que se reflexa en feitos como son a colaboración das familias, sobre todo un pequeno grupo de pais, demostrada cada vez que se lles pide a súa axuda e participación, co que pensamos que esta implicación se leva ao ámbito da vida familiar cotiá.
Tamén debemos agradecer a axuda de empresarios e asociacións locais que nos botan unha man cando a precisamos, así como ao Concello de As Pontes que subvenciona unha parte destas actividades, e por último ao Grupo Voz e as empresas locais que sempre están dispostas a colaborar con nós en todo o que lle pedimos.
A todos, moitas grazas e ¡ánimo! para que a cousa siga así moitos anos.
As Pontes a 5 de xuño de 2012 Día Mundial do Medio Ambiente
73