Memoria A.M.A. 2015

Page 1

MEMORIA A.M.A.

Curso 2014 - 2015 Se da natureza queres disfrutar tela que coidar. Con pequenos xestos como reciclar, este mundo pode cambiar.

AS PONTES

AULA DE MEDIO AMBIENTE C.P.I. MONTE CAXADO AS PONTES


1


* Horto escolar e plantacións no viveiro do colexio.

* Invernadoiro.

* Concurso de debuxo para o calendario 2015.

* Obradoiros: murais, brigada de limpeza de pa o, fungos e cogumelos, decoración de Nadal, entroido, obradoiros de cociña,obradoiros dende a clase de inglés, obradoiros dende as Seccións Bilingües de plás ca.

* Ac vidades do calendario Ecoambiental.

* 16º Concurso do Reciclado.

* Actuacións na Área da Natureza do Bañal.

* Saídas de carácter medioambiental.

* Saídas no xornal.

* Concienciación.

2


En setembro poidemos recoller as patacas que sembráramos e decidimos plantar nabos no noso horto. Cunha pouca de sorte poderemos recollelos e facer un riquísimo caldo. De feito, así foi e podedes ver as fotos no apartado de obradoiros de cociña (páx. 21).

No mes de abril, os nenos e nenas de 2º de primaria puideron achegarse ao noso horto para plantar cenoria, espinaca, calabacín, ceboliño, millo e patacas.

3


Os nenos e nenas de 1º de primaria tamén plantaron patacas e cebolas dentro do seu proxecto sobre as plantas. Como facía tan mal día, Abel fixo o traballo máis duro explicándolles en todo momento o que se ña que facer.

A finais de abril xa empezaban a agromar as plan ñas das espinacas. Mirade!

4


A finais do curso pasado plantáramos no noso invernadoiro dis ntos productos e agora en setembro chegou o momento da recolleita. Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria foron alí e atoparon berenxenas, pementos de dúas clases, tomates, patacas, algún repolo e unha cabaciña... que ben se deran durante o verán! Tivemos a sorte de contar coa axuda de Abel e Jose para recoller todo. Con esta boa colleita decidiron facer unha pizza vexetariana do mais saborosa. No apartado de obradoiros de cociña podedes ver as fotos desta pizza (páx. 21).

5


No mes de abril, os nenos e nenas de 1º de primaria achegáronse ao invernadoiro para plantar coles de bruselas, repolo, tomate, pemento do couto e pemento italiano, leituga, brecol, acelgas e xudías.

Logo dun mes de plantar xa podedes ver como temos o noso invernadoiro. Da gusto velo!

A finais de maio os nenos/as de 2º de primaria foron a recoller leitugas e espinacas do invernadoiro. Coas leitugas fixeron unha riquísima ensalada que podedes ver no apartado de obradoiros de cociña (pax. 21).

6


Levamos facendo un calendario nestes dez úl mos anos onde, aparte dos meses do ano, redactamos uns consellos medioambientais para toda a poboación en xeral e en par cular para a xete da nosa vila. no ano 2003 elaborouno o grupo de AMA coa idea de repar lo en tódalas casas, sen nengún ánimo de lucro e subvencionado polo Concello. Vendo que a idea podía resultar aínda máis fruc fera optamos por convocar un concurso de debuxo entre o alumnado de 2º Ciclo de ESO onde os mo vos a reflexar es veran relacionados co medio ambiente nos seus aspectos tanto nega vos como posi vos. Dese concurso saíron uns gañador@s aos que se lles faría un agasallo e ó mesmo tempo eses debuxos elexidos servirían de soporte para elaborar o calendario 2004. Este calendario imprimiriase e o alumnado dese ciclo adicaríase a vendelos coa idea de recaudar fondos para esa excursión que fan tódolos anos o alumnado de 4º de ESO indo unha semana a facer ac vidades nunha paisaxe de neve (habitualmente os Pireneos). Dende o curso 2010-11 xa non son os alumnos quenes venden os calendarios para recaudar fondos para a súa excursión, senón que esa venda faise dende o propio centro e o recaudado adicase a viaxes previstos pola Aula de Medio Ambiente. Neste curso convocamos o 12º concurso de debuxo para o calendario 2015 par cipando todo o alumnado do centro, como xa se fixo o curso pasado. O tema para os debuxos deste ano foi “O noso museo etnográfico”. Este tema foi elexido xa que hai unha decisión tomada sobre a nova reubicación que terá o noso museo. Houbo moita par cipación e a verdade é que non foi doado decidir cales serían os debuxos elexidos para formar parte deste novo calendario. De seguido vai unha mostra dese traballo.

7


8


9


Outra ac vidade que goza da preferencia do noso alumnado é a realización dos dis ntos obradoiros ao longo do curso, como son: os murais, o Concurso de fungos e cogumelos, a decoración de Nadal, o Entroido, etc. Ao longo do curso imos facendo dis ntos murais nos que se procura u lizar materiais de refugallo e concienciar aos nenos/as da importancia do coidado e respecto ao medio ambiente. Así, no outono fixemos entre todos os cursos de primaria un mural colabora vo sobre esta estación.

Polo Nadal a nosa tartaruga, Amiña, deunos uns moi bos consellos para un nadal máis ecolóxico.

10


Na primavera, os nenos e nenas de tres anos fixeron un mural moi bonito sobre esta estación. Mirade as fotos e veredes que chulo lles quedou.

Nos corredores de primaria tamén fixeron un mural de primavera con materiais de refugallo.

11


Durante o curso 2010/11 propúxose facer uns equipos ou brigadas de limpeza de pa o, para que este, sobre todo despois dos recreos, quedase limpo. Como a actuación das brigadas foi tan boa, seguimos a contar con elas. Os compoñentes da brigada vixían e informan de onde hai que botar o lixo. Desta maneira todo o alumnado se implica no coidado do noso entorno máis próximo como é o do noso colexio. Nestas brigadas par cipa todo o alumnado dende 1º de primaria ata 4º da E.S.O. Aquí vemos ao alumnado de 2º de primaria en plena tarefa de limpeza.

12


Para par cipar no concurso que se celebra todos os anos e que propón o Concello, o alumnado de infan l e primaria presenta dis ntos traballos feitos con material de refugallo. Aquí temos as fotos dalgún deses traballos. Os nenos e nenas de tres anos fixeron un gran cogumelo u lizando tapóns de cor za e de plás co e cartón.

Os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron unha paisaxe con follas de verdade no que os protagonistas eran os fungos.

13


Este ano fixemos unhas bolas moi ar s cas para a nosa árbore de Nadal. A profe Loli, dende a sección bilingüe de plás ca de 1º de primaria, propúxonos facer unhas bolas u lizando retais que veran os nenos/as nas súas casas. Varios cursos animáronse a facelas. O resultado podédelo ver nas fotos.

Ademais cada curso de primaria fixo unha bola con material de refugallo para poñer nun mural colec vo.

14


Este ano o tema elexido para o noso disfraz de entroido foi do máis saudable: “as froitas”. Os nenos e nenas de infan l de tres anos eran mazás, os de catro, amorodos e os de cinco, laranxas. Os nenos e nenas do primeiro ciclo eran ananás, os do segundo ciclo, sandías e os do terceiro, peras. Foron uns disfraces moi laborioso feitos en cartón, pero o resultado final mereceu a pena. Tivemos un desfile do máis vistoso...e apetecible, non si?.

15


Durante o curso vanse facendo dis ntos proxectos nas aulas de infan l e primaria e moitos deles teñen moito que ver co Medio Ambiente polo tema que tratan ou polos materiais que se empregan, Así, os nenos e nenas de 3 anos fixeron dis ntas ac vidades con materiais de refugallo para os seus proxectos. Mirade!

O alumnado do 1º Ciclo ( 1º e 2º) embarcouse nun proxecto moi interesante e do que aprenderon moito: o “Proxecto da Auga”. Para coñecer máis deste líquido elemento fixeron dis ntos experimentos e visitaron, incluso, a piscina municipal para coñecer o funcionamento dos filtros e de todo o que alí hai. As fotos desta excursión están no apartado de saídas (páx. 49). Un dos experimentos foi facer unha depuradora. Para iso, cortaron a base dunha garrafa de auga e colocárona en posición inver da. Enchérona con algodón, grava gorda, grava máis fina, area e por úl mo puxemos un filtro de metal. Botaron nuha botella auga con terra, paus,... Botaron a auga sucia na depuradora e puideron comprobar que ao ir pasando polos diferentes filtros a auga ía baixando cada vez máis limpa, ata quedar casi limpiña de todo.

16


Outro dos experimentos foi a comparación de densidades. Nun vaso de tubo, foron botando diferentes pos de sustancias, con diferentes densidades: mel, auga con colorante azul, aceite de xirasol e aceite de oliva. Puideron así comprobar como os menos densos flotaban por riba dos outros.

Somos auga, foi outro dos experimentos que fixeron. Nesta ocasión puxéronse a inves gar e descubriron que o noso corpo ten unhas tres cuartas parte de auga. Fixeron a Go ña, unhagarrafa-boneca que representaba o noso corpo. Calcularon a metada da garrafa e logo a metade da metade. Encheron de auga ata esa marca e así decatáronse de que realmente somos auga!!!

17


Cun sinxelo experimento comprobaron o principio dos vasos comunicantes. Colocaron 5 vasos en fila. No vaso do extremo esquerdo botaron auga con colorante azul, no do medio con vermello, e no da dereita, amarelo. Dous vasos quedaron sen auga. Puxeron entón un papel unindo todos os vasos.

En pouco tempo, os vasos foron “comunicándose” e a auga foi pasando duns aos outros ata quedar anivelados. Por suposto tamén se mezclaron as cores.

Tamén contaron co experimento de Óscar, un dos nenos de 2º de primaria, que cuns mondadentes nun recipiente e cunha gota de auga conseguía sorprender a todos/as facendo unha estrela. Bravo Óscar!

18


O úl mo dos experimentos foi o submarino. Para facelo, pasaron tres globos por unha torca pequena, deixando floxas as boquillas. Metéronos nunha botella chea de auga e tapárona. Se apretaban a botella, a presión facía que polas boquillas entrase auga e os globos afundíanse cono se se tratase dun submarino. se deixaban de apretar, o “submarino” ascendía.

No Día Mundial da Auga, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria convertéronse nos mellores mestres porque explicaron ás dis ntas clases de infan l e primaria todos estos experimentos que fixeron as delicias de todos. As imaxes aparecen no apartado de Calendario Medioambiental dese día (páx.31). O seguinte proxecto que levou a cabo o alumnado de 1º e 2º levaba por tulo “as plantas”. Fixeron varias ac vidades para aprender o máximo posible sobre elas. En primerio lugar, para ver como o talo conduce a savia a toda a planta, puxeron en dous vasos auga con colorante amarelo e azul, e dentro deles uns caraveis. Ao pouco tempo as flores puxéronse da cor da auga.

19


Para ver os dis ntos pos de reproducción das plantas (tubérculos, sementes e esquexes), foron ao horto a plantar patacas e cebolas (tubérculos), as fotos témolas no apartado do horto. Para ver as sementes, puxeron un “mastuerzo” (planta exó ca) nun vasiño con algodón para despois transplantala. E, por úl mo, dunha planta que ñan na súa aula, quitáronlle unha poliña (esquexe) para ver como dela nacía unha nova planta.

Por outra banda, para explicar a fotosíntese e a respiración, taparon unha folla con film transparente (para ver as go ñas) e outra folla con papel albal , para que non lle dera o sol, e así ver o que sucedía.

Para rematar o proxecto sobre as plantas e reflexar todo o aprendido, os nenos e nenas realizaron un mural e fixeron unha exposición diante dos seus pais e nais.

20


OBRADOIROS DE COCIÑA Este ano fixéronse varios obradoiros de cociña. En ocasións aproveitando a nosa propia colleita e outras veces polo gusto de ver aos nenos e nenas disfrutar preparando dis ntas comidas. En primeiro lugar, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria fixeron unha pizza vexetariana aproveitando as verduras e hortalizas do noso invernadoiro.

21


Cos nabos recollidos do noso horto os nenos de 2º de primaria fixeron un caldo do máis rico.

No tempo do entroido o alumnado de 1º e 2º de primaria cociñou un montón. Entre todos puxéronse a facer orellas e freixós, e cunha receita da profe Blanca de relixión fixeron uns roscos riquísimos. A verdade é que estaba todo delicioso!!!

Aquí temos os roscos.

22


Nestas fotos p贸dense apreciar os freix贸s, na parte superior, e a realizaci贸n das orellas, na parte inferior.

23


Logo de recoller leitugas do noso invernadoiro, os nenos/as de 2º de primaria decidiron facer unha rica ensalada. A súa profe, Fina, trouxo tomates e pan. Logo de lavar moi ben a leituga, probaron o bocata de leituga e tamén a ensalada. Algúns ata repe ron varias veces.

24


Como todos os anos, en Halloween, os nenos e nenas de dis ntos cursos valeiraron as cabazas e adornáronnas como quixeron.

Outra ac vidade que fixeron dende a clase de inglés foi unha macedonia, para lembrar a importancia da froita na nosa alimentación. Os nenos e nenas de 5º de primaria foron os “cociñeiros”.

25


Tamén, na clase de inglés, os nenos e nenas de 1º de primaria plantaron cenorias, nun proxecto que tenta amosarlles como medran estes vexetais, xa que a plantación realizouse nun recipiente transparente para poder ver as raíces, e cunha pouca sorte, as propias cenorias.

Logo dun mes as cenorias ñan este aspecto e podiamos apreciar as raíces.

26


A mediados de xuĂąo recollimos as cenorias. Non eran moi grandes pero si ben saborosas. Todos os nenos/as probaron as cenorias e alĂşns repe ron.

27


Dende as seccións biblingües de primeiro e terceiro de primaria tamén se realizaron dis ntas ac vidades con materiais de refugallo e relacionadas co Medio Ambiente. Así, para o Magosto relizaron unhas cestas feitas de caixas de cartón que resultaron do máis ú l para levar as castañas.

No Nadal realizaron unhas bolas para adornar a árbore feitas con retais e con bolas de porispán. Outros cursos tamén se animaron a facelas vendo o “chulas” que quedaban.

28


Os nenos e nenas de primeiro u lizaron xornais para facer unhas composicións ben chulas. Mirade!

E os nenos e nenas de terceiro fixeron para o día do libro os muiños de D. Quixote u lizando rolos de papel hixiénico e cartón.

29


O 23 de novembro conmemoramos a importancia que teñen os nosos bosques e como debemos coidalos. Este ano fixemos unha ac vidade que vimos facendo estos úl mos anos. Trátase de sementar e plantar diferentes especies autóctonas que logo se coidan nas aulas ou no invernadoiro para lograr arboriñas cun certo porte. Estas árbores lévanse a espazos como o Bañal, Marraxón e desa maneira seguir creando espazos naturais no entorno do noso colexio. Varias clases de infan l e primaria plantaron castañas, landras e noces. Tamén abelás, pradíos, acivros e loureiro bendito. Esperamos ter moita sorte e que nazan moitas arboriñas. Temos que agradecer ao noso conserxe a súa axuda nesta ac vidade.

30


31


No Día da Educación Medioambiental varios cursos de infan l e primaria transplantaron as nogueiras, cas ñeiros e abeleiras dos tetrabriks onde nun principio se plantaran a testos máis grandes para seguir co seu crecemento. Ademais fixeron dis ntos consellos de como coidar o medioambiente que expuxeron no mural de Amiña, a nosa mascota.

32


Para conmemorar estas dúas datas tan importantes, e dado que este ano caían en fin de semana, decidimos facer dis ntas ac vidades durante a semana seguinte. Así, para celebrar o Día da árbore, varios cursos de infan l e primaria replantaron no pa o do noso centro, espacios nos que se talaran árbores de gran porte (pola perigosidade da súa cercanía á edificación). Fixeron pois, unha plantación de ornamentais de porte máis baixo.

33


Para conmemorar o Día da auga, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria que es veran traballando nun proxecto sobre a auga, convertéronse en mestres doutros cursos. Así íbanlles explicando o que eles aprenderan antes por medio de experimentos.

34


35


Na semana do Día da Terra fixemos dis ntas plantacións de productos hor colas, tanto de plantas coma de sementes. Estas plantacións aparecen reflexadas nos apartados do horto e do invernadoiro. Ao mesmo tempo, o alumnado de 2º de primaria transplantou a testos máis grandes arboriñas que foran prendendo nas aulas.

36


Como colofón a todo un ano de ac vidades en prol da conservación e coidado do noso medio e logo de traballar tanto na aula como no entorno do cole como noutras áreas da vida diaria, tocaba ir a celebrar unha xornada de diversión con ac vidades programadas dende a organización de VOZ NATURA como levamos facendo todos estes anos. E sabido é que se fai coincidir co Dí Mundial do Medio Ambiente que se conmemora o día 5 de xuño. Foi un día completo e diver do para os peques e as familias que aa lí nos achegamos. Dende aquí dar as grazas aos que nos acpmpañaron e a todo o equipo que fixo posible que a festa fora un éxito.

37


Como en anos anteriores seguimos a convocar un concurso que está a ter moito éxito entre a nosa comunidade educa va: O certame de reciclado, que este ano vai xa pola súa 16ª edición. Os alumnos/as elaboraron xoguetes, maquetas e todo po de ar luxios con material de desfeito. Os obxectos seleccionados polo xurado pasan a formar parte do Museo do Reciclado que estamos a crear no colexio. Houbo variedade de mo vos en canto á temá ca aínda que sempre se fai mención especial a todo o relacionado coa natureza e o coidado do noso medio. Os nenos e nenas de 3 anos disfrutaron moito facendo o seu proxecto colec vo. U lizaron unha caixa de cartón como base da súa peceira na que colocaron dis ntos peixes e ata cabaliños de mar. Nestas fotos vemos como traballaban e o resultado final.

38


O alumnado de 1º de primaria fixeron un traballo colec vo. Trátase dunha paisaxe feita con teas nunha base de porispán. Quedoulles así de ben:

39


O alumnado de 2Âş de primaria traballou en dous proxectos colec vos, un mobil primaveral e un maceteiro pero tamĂŠn entregaron outros proxectos por parellas. Son moi traballadores estos nenose nenas!!!

40


Os nenos e nenas de 3º de primaria tamén presentaron un traballo colec vo. Tratábase dun espello do máis primaveral. Fixéronno con oveiras de cartón e con pezas brancas e negras das cápsulas de café.

41


42


43


- A úl ma semana de marzo foron as máquinas de Endesa cuns operarios a roturar e calear o terreo para dalí a 15 días abonar e sementar a herba. - Na úl ma semana de abril tamén fixemos realidade o de cubrir as pistas con gravilla coa colaboración do Concello.

44


45


No

- No mes de xuño, coincidindo co Día do Medio Ambiente, o alumnado de 1º de ESO foron a repoñer árbores que nese úl mo ano non se lograron. Tratábase de 5 cas ñeiros, unha cerdeira, uns 20 buxos e 6 arandos que sus tuiron aos teixos que non parece que teñan moitas ganas de quedarse como parte do Bañal. Aboamos e regamos as novas plantas e esperamos que desta vez xa se asenten neste espazo. Hai que engadir que contamos coa colaboración importante de Abel e Ramiro. Como mestres acompañantes foron Jose Antonio Soto e Fina Blanco.

46


- Neste curso 2014-15, vemos a previsión de facer unha plantación, por parte do alumnado de secundaria,no Día da Terra (22 de abril) pero debído ao mal tempo vemos que pospoñer tal ac vidade. Foi en maio cando puideron achegarse ata o “noso Bañal” o alumnado de 1º e 2º ESO xunto co de 2º de primaria. Os maiores foron repoñer árbores que non se lograran: carballo, cas ñeiro, buxos, hérbedo e aronia. Un pequeno grupo, logo de xuntar pedras que había pola finca, puxéronse a facer a forma da nosa mascota, a tartarga “Amiña”. En canto aos peunos limitáronse a ir de observadores, axudar na reposición de buxos no labirinto , regar árbores e xogar disfrutando do fermoso que está quedando o noso proxecto.

47


Durante o curso 2014-15 fixéronse varias saídas, entre elas a visita á piscina municipal. O alumnado de 1º ciclo de primaria achegouse a estas instalacións como parte do seu proxecto sobre a auga.

Outras saídas veron lugar nos meses de maio e xuño. Así, os nenos e nenas de infan l foron visitar o parque zoolóxico Marcelle natureza, sito en Outeiro de Rei (Lugo).

48


O alumnado de 1º a 6º de primaria visitou a Casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón e fixo un percorrido en tren dende Padrón a San ago para visitar a cidade.

Dende os departamentos de E.F. de primaria e A.M.A propuxemos facer este ano un tramo do Camiño dos Arrieirosao colec vo de toda a primaria. Esta camiñata vense a facer dende hai seis anos facéndoa coincidir coas datas intermedias do Día do Medio ambiente e o remate de curso. Es vemos moi ben acompañados por Xose e Lois que nos explicaron todo o referente a historia e a arqueoloxía relacionado con este camiño ancestral e tamén por Gustavo, técnico medioambiental, e gran coñecedor da flora e a fauna que puidemos apreciar nesta excursión. Non esquecemos ao noso compañeiro José María, bo coñecedor deste camiño e a un pequeno grupo de persoas pertencentes ao Club de montaña O Caxado que sempre teñen o detalle de acompañarnos nestas saídas. a todos eles grazas!

49


50


51


SAテ好AS NO XORNAL Durante este curso 2014-15 saimos unha vez no xornal para contar o que estabamos a facer.

52


As Pontes a 30 de xu単o de 2015

53


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.