Memoria art 2012 13 final

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2012/13 na sección bilingüe de plástica impartida en terceiro curso de primaria. No presente curso, a partir do mes de outubro, contamos, como no ano anterior, coa inestimable axuda da auxiliar de conversa Marian Williams.

REUNION DE COORDINACIÓN

14/9/2012

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material para o primeiro trimestre. Na primeira sesión os nenos/as farán un exercicio de debuxar con números. Partindo dun número fan o debuxo do que eles queiran (DRAWING WITH NUMBERS). Os nenos/as repasan os números en inglés e cantan unha canción sobre os números do blog de inglés.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao curso e ir dando a benvida a Marian que xa está próxima a incorporarse no colexio.


REUNION DE COORDINACIÓN

21/9/2012

Como a actividade de “drawing with numbers” lles gustou moito seguiron con ela na seguinte sesión.

Tamén repasan as cores primarias (PRIMARY COLOURS) por medio de fichas para colorear. Escoitan e cantan cancións do blog de inglés sobre as cores .



REUNION DE COORDINACIÓN

28/9/2012

Nesta sesión os nenos/as traballan coas cores secundarias (SECONDARY COLOURS) facendo un círculo cromático e utilizándoas libremente nos seus debuxos. Ven un video do blog da sección bilingüe sobre as cores.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

5/10/2012

Este día fomos a Santiago, onde o Presidente da Xunta , o conselleiro e distintas personalidades deron a benvida a tod@s os auxiliares de conversa.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/10/2012

Os nenos/as fan unha actividade con puntillismo (pointillism) tratando de imitar as pinturas aborígenes australianas. Tamén fixeron neste tempo outra actividade con follas sobre o outono. Consistía a actividade en decoraron distintas tramas as siluetas dunhas follas ( puntos, raias, espirais, estrelas,…).



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/10/2012

Con motivo da celebración do magosto ( Chesnut Day) no colexio, os nenos/as realizan unha castaña en cartolina marrón que decoran e cosen. Tamén fan algún debuxo relativo a este día.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

8/11/2012

Nesta sesión os nen@s traballan partindo de follas de outono. Con elas fan distintas composicións de maneira libre. Ademais de gustarlles moito fan verdadeiras obras de arte.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

16/11/2012

Na sesión deste día os nen@s traballan tramas utilizando distintos cores e debuxos nuha folla cuadriculada.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

23/11/2012

Os nen@s traballan a técnica do collage con cartulinas de distintos cores . Con Marian aproveitan a ver o vacabulario das cousas que están a facer. Mostran moito interés en saber o nome das cousas que non coñecen. Marian pregúntalles polas que si coñecen.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

30/11/2011

Nesta sesión acaban o collage, fan un debuxo de Thanks giving e comezan a portada dos seus traballos. Tamén comezan a facer unas estrelas de Nadal para a árbore. Nesta ocasión as estrelas se fan con depresores que os nenos colorean e despois pegan e adornan.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/12/2012

Os nen@s preparan unha guirlandas moi especiales para a árbore de Nadal. Coas anillas das latas de refrescos confeccionan unas guirlandas moi decorativas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/12/2011

Os nen@s rematan as estrelas, guirlandas e debuxos de Nadal. Tamén fan unha postal con estrelas e árbores de Nadal utilizando a silueta destos e estendendo a pintura e a brillantina.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/12/2011

Nesta sesión reflexionamos sobre as actividades realizadas, o que estivo ben e os aspectos a mellorar. A portada dos traballos para este trimestre é a seguinte:


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/01/2013

Buscamos actividades a realizar durante este trimestre. Neste trimestre ps nen@s van traballar con pintores moi coñecidos dos que van a prender máis cousas. O primeiro pintor será Picasso e o seu cadro, relacionándoo co Día da Paz, vai ser “Niña con paloma”. Ao introducir o cadro os nen@s falán con Marian de cómo está a nena (contenta, triste,…), donde está,… para despois facer a súa propia interpretación do cadro.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

18/01/2013

Nesta sesión os nen@s van traballar como o faría Picasso. Así van facer un cadro dunha cara (unha cara picassiana). A partir dun óvalo trazan nel o sue perfil para intentar facer un cadro cubista da súa faciana. O vacabulario utilizado en inglés é todo o da cara ademais de profile (perfil) e tamén as cores.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

25/01/2013

Co motivo do Día da Paz os nen@s de 3º e 4º fan un puzle cooperativo do Guernica de Picasso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/02/2013

Os nenos/as comezan con outro pintor. Neste caso Miró. Buscan información no ordenador. Con axuda de Marian aprenden a decir donde naceu, en que ano,… e vocabulario relacionado co tema. Fan unha poesía de Miró colorean e ven uns videos sobre este pintor que están no blog da sección bilingüe: Learning with you.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/02/2013

Interrumpimos o proxecto de Miró para acudir á biblioteca para facer máscaras do entroido e rematar os disfraces.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/02/2013

Seguen co proxecto de Miró. Primeiro comentan distintos cadros deste pintor. Despois reproducen algún dos seus cadros traballando así as líneas, símbolos,…


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/02/2013

Nesta actividade os nen@s pintan como Miró ( Drawing like Miro) utilizando as cores típicas de Miró, as líneas e as formas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/03/2013

Traballando o tema do reciclado fixeron distintos puzzles utilizando xornais. Pensaban primeiro cal iba ser o tema da súa composición e despois plásmana nunha cartolina. O puzles quedaronlles xenial! Aprenderon así moito vocabulario relativo ás composicións que fixeron.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/03/2013

Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, e dentro do proxecto sobre os pintores que están a facer, estudan a pintura de dúas mulleres importantes dentro deste arte: a galega Maruja Mallo e a mexicana Frida Khalo. O primeiro día analizaron e reproduciron pinturas de Maruja Mallo.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/03/2013

Neste día traballaron sobre a pintora Frida Khalo, recortando e vestindo as súas “mariquitas” (paper dolls).


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/03/2013

Neste último día antes das vacacións de Pascua (Easter) fixeron a portada e repasaron vocabulario relativo a esta festividade.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/05/2013

A actividade desta semana é a estampación de flores. A partires dunha rama que os nenos/as debuxan nunha folla de papel, estampan as flores. As flores fánse co fondo de distintas botellas de plástico.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/04/2012

Para participar no concurso de reciclado convocado pola Aula de Medio Ambiente do noso colexio (A.M.A.) os nenos/as fixeron tres traballos colectivos. Un deles consistía nun espello con cucharillas de plástico das tarrinas de xeado, e o outro uns monstros feitos con madeira e co nariz de pinza. O terceiro traballo fixeronno cos nenos/as de 4º de primaria. Consistía na tartaruga Amiña, imaxe da nosa A.M.A.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/04/2013

Como lles gustou tanto facer os monstros de madeira, os nenos/as fixeron un monstro para cada un cunha tabliña de madeira e unha pinza máis pequeñas. Quedaron moi simpáticos estes monstros!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/04/2013

Para conmemorar dúas datas sinaladas como son o Día da Terra e o Día do Libro, os nenos/as realizaron un debuxo do planeta Terra e un marcapáxinas. Ademais fixeron un bonito mural para o Día do Libro e así adornar o corredor do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/04/2013

Os nenos/as comezan unha nova actividade. Aproveitando que na clase de inglés van comezar o tema da casa, realizan por grupos unha parte dunha casa co seu mobiliario e todo. Para elo empregan unha caixa de cartón, revistas, etc…


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/05/2013

A sesión deste día quedou aplazada porque tivemos a entrega de premios do Reciclado convocada pola Aula de Medioambiente do colexio (A.M.A.) e os premios polo Día das Letras Galegas convocado polo equipo de Normalización Lingüística e a ANPA do colexio.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/05/2013

Os nenos/as realizan unha actividade utilizando rolos de celo, carretes e obxectos con forma circular. Móllannos en témpera negra e estampannos nunha folla facendo unha composición libre. Despois colorean con témperas de distintas cores.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/05/2013

Como Marian trouxera un libro precioso para colorear como regalo para a clase, nesta sesión dedicáronse a colorear esos debuxos. O libro ten os cactus típicos de Arizona, onde viven agora os pais de Marian. Aos nenos encantoulles o regalo e gustoulles moito colorear uns cactus tan diferentes. Ademais mentres o facían Marian contáballes cousas acerca de Arizona.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

31/05/2013

Neste día os nenos/as despiden a Marian. Despois de dous anos moi intensos con ela toca despedirse, e non é doado. Cántanlle unha canción e regálanlle un libriño feito por eles cos seus debuxos para Marian. Botarémola de menos!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/06/2013

Aproveitando o bo tempo os nenos/as saen ao patio para realizar un debuxo do noso colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/06/2013

Nesta última sesión cada neno colorea a portada para os seus traballos deste trimestre. Tamén a modo de despedida entréganselle uns diplomas polo ben que traballaron durante este ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.