Memoria de plástica 2014 15

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2014/15 na sección bilingüe de plástica impartida en terceiro curso de primaria. No presente curso contamos coa axuda da nosa auxiliar de conversa, Gabrielle Mendieta.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/09/2014

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van a realizar durante o curso. Na primeira sesión os nenos/as fan un mantel que despois plastificaremos e usarán para facer os seus traballo sen manchar as mesas. Antes da súa realización repasan as cores en inglés e cantan unha canción do blog da sección bilingüe. Tamén poñen o seu nome na portada que fixemos para que garden os seus traballos.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao curso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/09/2014

Nesta sesión comezan a facer un mural do outono cooperativo entre todas as clases de primaria. Utilizan as ceras brandas Manley e as cores propias do outono para colorear unhas follas de outono.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/09/2014

Nesta sesión seguen co mural cooperativo do outono aqueles que non remataran. Escoitan unha canción e ven un conto “ The leaf that wouldn´t leave” no blog da Sección Bilingüe. Tamén comezan un debuxo sobre a estación do outono.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/10/2014

Nesta sesión fan unha árbore moi especial de outono utilizando pintura. Estampan as folliñas de outono na árbore por medio de tapóns de cortiza. Os que rematan fan outro debuxo sobre o outono.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/10/2014

Con motivo do concurso que cada ano convoca o Concello das Pontes para a Feira de fungos e Cogomelos, os nenos/as fan un traballo conxunto para presentar en dito concurso. Inspirándose en Andy Warhol fan un cogomelo aplicando distintas cores pero sempre cores cálidas que buscan unha cor oposta. O resultado final foi merecedor dun dos premios no concurso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/10/2014

Pensando xa en Halloween e no Magosto, que este ano nos coinciden, os nenos/as fan unha cestiña para as castañas con debuxos de Halloween. Repasamos o vocabulario sobre este tema con Gabrielle que nos axuda.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/10/2014

Nesta sesión os nenos/as rematan as súas cestas cos debuxos de Halloween e as castañas. No blog de inglés escoitan algunhas cancións de Halloween.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/10/2014

Nesta sesión os nenos/as realizan unha folla de outono utilizando distintos “patterns”.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/11/2014

Na sesión deste día os nenos/as comezan o seu debuxo para o Calendario de A.M.A , a Aula de Medio Ambiente do colexio, que un ano máis convoca o seu concurso para o calendario deste ano 2015. O tema é o noso museo etnográfico e os nenos/as van facer debuxos relativos as ferramentas e todo o que teña que ver co campo.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/11/2014

Traballamos coas cores primarias. Facemos unha composición abstracta utilizando estas cores e o pincel. Esta actividade gústalles moito aos nenos/as e lévalles dúas sesións.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan a composición abstracta sobre as cores primarias.

19/11/2014


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/11/2014

Comezan os traballos para adornar o colexio de cara ao Nadal. Os nenos/as de 3º fan unhas bolas de porispán con telas para a árbore de Nadal. Outros cursos tamén se animan e así a árbore queda ben bonita.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/12/2014

Entre todos os cursos realizase un mural para unha das cortizas da entrada. Os nenos/as pintan en parellas o modelo de bola que lles correspondeu. Cada curso fai unha bola ben grande e o resultado final queda espectacular. No curso de 3º eliximos unha, entre todas as que fixeran, que será a que figure no taboleiro. As demais bolas adornan tamén un dos corredores.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/12/2014

Os nenos/as fan distintos adobíos para os corredores: estrelas, bonecos de neve, árbores,…

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/12/2014

Os nenos/as realizan a portada que para este trimestre levarán diante dos seus traballos. No blog da sección bilingüe fomos poñendo as distintas actividades que se realizaron ao longo do trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/01/2015

Buscamos actividades e a portada para realizar durante este trimestre.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/01/2015

Comezamos este trimestre traballando as cores secundarias. Fan unha lámina onde mesturan as cores primarias para conseguir as cores secundarias. Despois farán unha composición libre utilizando estas cores.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

21/01/2015

Para conmemorar o Día da Paz os nenos/as realizan un mural cooperativo cunhas mensaxes e unhas pombas de paz para poñer na biblioteca. Realizan distintos debuxos que fan referencia a este tema e unha nota musical que porán no mural cooperativo que está nun dos corredores do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

28/01/2015

Nesta sesión os nen@s realizan o símbolo da paz para poñer no mural cooperativo que está no taboleiro da entrada do colexio. Ademais como o disfrace deste ano vai ser moi laborioso comezan a colorear os cartóns. Este ano van ser sandías, os demais cursos tamén serán froitas. O día do Entroido imos facer unha “fruit salad” (macedonia) do mais saudable.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

04/02/2015

Continúan coa ardua tarefa de facer os disfraces de piña. Van quedar ben “chulos”. Comezan un proxecto sobre pintores. Nesta ocasión traballan con Van Gogh.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/02/2015

Rematan, por fin os disfraces do Entroido. Resultou unha tarefa ben laboriosa pero mereceu a pena. Mirade que guapos ían o día do desfile.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

25/02/2015

Nesta sesión traballan os distintos tipos de liñas (horizontal, diagonal, vertical, spirals, solid,…) . Antes ven un vídeo no blog da Sección bilingüe sobre as liñas e despois con Gabrielle represéntanas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

04/03/2015

Despois de traballar as liñas, a seguinte actividade ten que ver coas formas. Recordan cales son as máis importantes e ven un vídeo no blog da Sección bilingüe.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/03/2015

Nesta sesión comezan o traballo colectivo que van presentar no concurso de reciclado que como ano propón a Aula de Medio Ambiente (AMA) do noso centro. O seu traballo consiste nun espello adornado con flores feitas con oveiras de cartón.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/03/2015

Rematan o traballo para o Concurso do Reciclado. Pegan o botón central nas flores(reciclado das cápsulas de café) e as flores no espello. Nótase a chegada da primavera!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Nesta sesión realizan a portada para os traballos do segundo trimestre.

25/03/2015


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/04/2015

Nesta sesión avaliamos o traballo realizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/04/2015

Aproveitando o que vimos nas últimas sesión do segundo trimestre, as liñas e as formas, os nenos/as fan unha lámina de estilo libre utilizándoas. Ademais colorean unas bandeiras de países de fala inglesa (Jamaica, Usa, England and Wales). Este traballo facémolo porque o van a utilizar para facer distintos equipos na clase de E.F. co profe Pedro.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/04/2015

Nesta semana celébrase o Día do Libro que coincide ademais co 400 aniversario da publicación da segunda parte de D. Quixote. A actividade que imos facer é un lapiseiro con forma de muíño e con D. Quixote ao seu ladiño recordando así a aventura dos muíños de vento. Empregamos cartón reciclado e rolos de papel hixiénico.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan hoxe o traballo do Día do Libro.

29/04/2015


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

06/05/2015

Propuxéronos participar nun proxecto moi bonito e solidario e non o pensamos dúas veces. Trátase de facer unhas tarxetas con mensaxes de ánimo para os nenos/as que padecen cancro. Estas tarxetas acompañan a uns gorros de teas preciosas para estes nenos/as. Gustounos moito poder colaborar . Outros cursos do centro tamén se animaron, por suposto.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

13/05/2015

Como estamos na primavera, os nenos/as colorean unhas bolboretas de moitas cores.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/05/2150

Nesta sesión fan unhas flores utilizando cartolina e feltro, e pegándoas nun marco moi “refrescante”.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

27/05/2015

Imos facer agora un xerro (vase) para unhas flores feitas de papel de seda. Primeiro decoran o recipiente de plástico que vai servir de xerro, con rotuladores permanentes e con pinturas de unllas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/06/2015

Nesta sesión os nenos/as fan a flor con papel de seda e un limpa pipas. Meten no xerro un papel de seda verde.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/06/2015

Nesta sesión cada neno/a colorea a portada para os traballos deste trimestre. Utilizan para facer esta portada cores- acuarela e un pincel.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/06/2015

Avaliamos o traballo realizado durante o presente curso e revisamos a memoria. A modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que o fixeron durante este ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.