MEMORIA DE PLÁSTICA

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2015/16 na sección bilingüe de plástica impartida en cuarto curso de primaria. No presente curso contamos coa axuda do noso auxiliar de conversa, William David Nagelhout.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/09/2015

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van a realizar durante o curso. Na primeira sesión recordamos as liñas e as formas que aprenderamos o curso pasado. Vemos dous vídeos no blog da sección bilingüe: Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com.es). Despois utilizamos os nosos coñecementos para decorar a palabra ART.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you para dar comezo ao curso.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/09/2015

Nesta sesión presentámoslles a portada que imos utilizar neste curso para os seus traballos. Rematan o traballo que comezaramos na sesión anterior: decorar a palabra ART con liñas e formas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/09/2015

Nesta sesión decoran a primeira letra do seu nome. Esta vai ser o seu corpo, pegan a foto da súa cabeza na parte de arriba e despois debuxan brazos e pernas. O resultado final resulta moi divertido.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/10/2015

Nesta sesión imos usar o xornal para facer distintos proxectos. Partindo de varias ideas cada neno/a utiliza a súa creatividade partindo deste material: o xornal. O resultado é do máis variopinto.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/10/2015


Nesta sesión colorean un debuxo desta estación do ano: Autumn. Como xa temos a Will con nós, explícalles que en USA din Fall en lugar de Autumn. Os nenos/as que non remataran o seu proxecto co xornal , fano nesta sesión.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/10/2015


Con motivo do concurso que cada ano convoca o Concello das Pontes para a Feira de fungos e Cogomelos, os nenos/as fan un traballo conxunto para presentar en dito concurso. Como un dos nosos alumnos está aprendendo Braille debido ás súas deficiencias en canto a visión, decidimos facer un xogo que logo doaremos á ONCE utilizando distintas texturas. Ademais aproveitaremos a ver o difícil que é escribir en Braille e o esforzo que supón facer certas actividades cando o sentido da vista nos falla.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/10/2015


Nesta sesión os nenos/as rematan este proxecto tan interesante sobre a escritura Braille. Todos fixeron un cogomelo de distintas texturas e todos utilizaron a máquina Perkins para escribir. O xogo resultante unha vez exposto na Feira de Fungos e Cogomelos será doado á fundación ONCE para que lles poida servir aos nenos con problemas de visión. Todos os nenos/as do curso fixeron un grande esforzo e agora valoran máis o traballo do seu compañeiro e de todas as persoas cegas.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/10/2015


Nesta sesión os nenos/as realizan distintas actividades de Halloween. Ademais de repasar o vocabulario con Will, os nenos e nenas fan unha pantasma de Halloween a partir dun chupa-chups, e como o Magosto nos coincide nestas datas, fan unha castaña –pin de goma eva para poñer ese día.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/11/2015


Na sesión deste día os nenos/as rematan uns debuxos de Halloween que algúns comezaran o día anterior.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/11/2015


Nesta sesión fomentamos a creatividade. A partir do cogomelo que tiveramos de modelo para o proxecto de fungos e cogomelos, teñen que facer unha composición. Mirade o resultado!

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/11/2015


Nesta sesión e na seguinte facemos dúas actividades sobre Thanksgiving. Will cóntanos a historia e a partir de aí comezan a facer: primeiramente un pavo (turkey) que queda moi simpático e despois o barco (boat) chamado Mayflower.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/11/2015


Segunda actividade de Thanksgiving: coa metade dun prato de papel e con palliñas realizan o barco Mayflower.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/12/2015


Entre todos os cursos realízanse os adobíos para a árbore de Nadal deste ano. Os nenos e nenas de cuarto fan unha campá a partir dun vasiño de iogur. Ao final a árbore quedou moi chula cargadiña con todos os adobíos. Son uns artistas estes rapaces!

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/12/2015


Os nenos/as realizan a portada que para este trimestre levarán diante dos seus traballos. Este ano elaboran eles a súa propia portada utilizando distintos materiais moi típicos do Nadal. No blog da sección bilingüe fomos poñendo as distintas actividades que se realizaron ao longo do trimestre.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/01/2016


Buscamos actividades e a portada para realizar durante este trimestre. Comezan facendo un debuxo libre sobre o que queren que pase neste ano que estreamos. Tamén, por grupos, participan na elaboración dun cartel sobre Manuel María, a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/01/2016

Este trimestre decidimos traballar sobre distintos pintores. Así comezamos con Alexander Calder, pintor e escultor americano. Para coñecer a este pintor facemos unha ficha para saber que formas e que cores utiliza nas súas obras. Ademais familiarizámonos co cadro que imos plasmar nas nosas camisetas de Entroido, posto que este ano disfrazarémonos de cadros famosos.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/01/2016


Comezamos co pintado das camisetas para o Entroido. Tamén facemos unha ficha sobre a Paz, posto que o 30 se conmemora este día tan sinalado. Ademais facemos unhas pombas con mensaxes medio ambientais para recordar a importancia da Educación medioambiental.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

02/02/2016


Nesta sesión os nen@s rematan a súa camiseta de entroido. Falamos de outro pintor, Romero Britto e vemos os seus cadros. Os que van rematando comezan un cadro Britto que nos recorda o Día de San Valentín ( Saint Valentine’s day).

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

16/02/2016


Rematamos o cadro de Romero Britto. Repasamos o vocabulario en inglés relativo ao día de San Valentín. Por certo, mirade que guapos ían o día do desfile de entroido.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

23/02/2016


Comezamos cun novo pintor, neste caso Mondrian. Para iso, vemos un vídeo no blog da Sección Bilingüe para ver que formas e cores utiliza este pintor francés. Iniciamos unha ficha na que van usar as liñas paralelas par formar cadros e rectángulos. Primeiro deciden que forma vai ter o cadro. Fan o debuxo a lapis. Despois cubrirán todas esas liñas con cartolina negra e por último pintarán os cadrados ou rectángulos resultantes coas cores que Mondrian utilizaba.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/03/2015

Nesta sesión continúan traballando o cadro de Calder. Aos nenos e nenas resúltalles moi entretido.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/03/2016

Introducimos a outro pintor, neste caso Gaudí. Imos usar anaquiños de papeis e cartolina para facer unha das súas esculturas. Comezan recortando para despois ir pegando as pezas. Outro traballo laborioso!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/03/2016

Rematan o traballo sobre Gaudí. Facemos para o mural da primavera uns poliños moi simpáticos. O casca está feita de bandexas porexpan. Tamén realizan a portada para os traballos do segundo trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/03/2016

Nesta sesión avaliamos o traballo realizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre. Os nenos e nenas comezan facendo un debuxo sobre esta estación do ano. Ademais pintan un mural de D. Quixote e Sancho Panza, é un mural feito entre todas as clases de primaria.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/04/2016

Nesta sesión comezan a facer un traballo de reciclado para presentar , xunto con outro que xa fixeran “O xogo dos cogomelos”, no concurso de reciclado que convoca A.M.A (Aula do Medio Ambiente).


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/04/2016

Nesta sesión rematan o traballo para o concurso de reciclado. Para celebrar o Día da Terra e o Día do libro fan dúas manualidades. Unha reutilizando un Cd para facer unha mascota coa forma da terra e outra, un marcapáxinas. Comezan nesta sesión a primeira delas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan as manualidades do Día da Terra e do Día do libro.

19/04/2016


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/04/2016

Nesta sesión utilizan os lapis acuarelables para colorear un debuxo de paxaros. Teñen tres modelos a escoller e eles deciden cal queren facer.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan o debuxo cos lapis acuarelables. Quedaron así de chulos!

03/05/2016


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/05/2016

Nesta sesión usamos cinta de carrocero para crear un deseño nunha cartolina branca. Unha vez feito o deseño pintan con acuarelas. Terán que deixar secar para sacar a cinta e poder ver o resultado final. Gustoulles moito esta actividade!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/05/2016

Rematan o traballo coa cinta de carrocero. Cada un escolleu o seu deseño e quedaron así de ben!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

31/05/2016

Como resultaron gañadores do 2º premio no Concurso de reciclado, os cartos serven para mercar un material novo, a arxila. Así poden modelar dúas figuras cada un. A idea é facer que unha delas sexa un imán decorativo.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/06/2016

Pintan as figuras feitas con arxila. Unha vez secas póñenlles un imán na parte de atrás. Quedan así de ben!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/06/2016

Nesta sesión cada neno/a colorea a portada para os traballos deste trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

21/06/2016

Avaliamos o traballo realizado durante o presente curso e revisamos a memoria. A modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que o fixeron durante este ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.