Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2013/14 na sección bilingüe de plástica impartida en segundo curso de primaria. No presente curso non contamos coa inestimable axuda dun auxiliar de conversa.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
16/09/2013
Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van a realizar durante o curso. Na primeira sesión os nenos/as fan unha ficha para colorear. Titúlase “back to school” (regreso á escola). Antes da súa realización repasan as cores en inglés e cantan unha canción do blog da sección bilingüe. Tamén poñen o seu nome na portada que fixemos para que garden os seus traballos.
Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao curso.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
23/09/2013
Nesta sesión fan un mural do outono colaborativo entre todas as clases de primaria. Utilizan as ceras brandas Manley e as cores propias do outono.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
30/09/2013
Nesta sesión seguen co mural colaborativo do outono. Aqueles que van rematando comezan a facer unha tarxeta de outono.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
07/10/2013
Nesta sesión repasan as cores primarias e secundarias cun video e un xogo do blog da sección bilingüe. Despois realizan unha ficha na que teñen que continuar un patrón (pattern) cas cores primarias.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
21/10/2013
Os nenos/as fan unha ilustración libre a partir dunha historia. Nesta ocasión a historia é “O encantamento de Vilamirón”
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
28/10/2013
O derradeiro día do mes os nenos/as van adicar a clase a facer unha creación propia cós materiais que eles elixan. Nesta primeira ocasión moitos deles elixiron a plastilina para facer as súas obras.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
04/11/2013
Nesta sesión os nenos/as traballan os sentimentos (feelings). Repasan os sentimentos en inglés: happy, sad, angry, surprised,… e fan unha ficha titulada “Feelings on autumn leaves” na que as follas cobran vida e teñen sentimentos. Cantan dúas cancións sobre o tema, do blog da sección bilingüe, para reforzar o vocabulario.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
18/11/2013
Na sesión deste día os nenos/as traballan sobre Eduardo Chillida. Xa buscaran información e fotos sobre este artista posto que aparecía no libro de Lingua. Viron tamén un video no blog da Sección bilingüe con algunhas das obras deste artista. Aproveitando esta circunstancia traballaron un puzzle coa obra “El peine del viento” que foi unha das que mais lles gustou.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
25/11/2013
Como é último día de mes os nenos/as fan unha creación libre cós materiais que eles elixen. A partir deste día van comezar co tema de Nadal que xa se aproxima.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
02/12/2013
Nesta sesión comezan co tema de Nadal. Participan nunha árbore colectiva feita a partir de triángulos e na que participaron todos os cursos de primaria. Na foto vemos o resultado desta colaboración.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
09/12/2013
Os nenos/as realizan distintos debuxos de Nadal e a portada que para este trimestre levarán diante dos seus traballos.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
16/12/2013
Os nenos/as fan as súas composicións libres por ser éste o ultimo día do mes. No blog da sección bilingüe fomos poñendo as distintas actividades que se realizaron ao longo do trimestre.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
13/01/2014
Buscamos actividades a realizar durante este trimestre. En secundaria, o profesor Yago, pediu colaboración para facer un diccionario en galego, castelán , inglés e francés. Os nenos/as de 2º elexiron o mobiliario entre os múltiples temas que había para elexir. Así nesta primeira sesión deste segundo trimestre debuxan mobles con esta finalidade.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
20/01/2014
Para conmemorar o Día da Paz os nenos/as realizan un mural colaborativo e preparan os seus rolos de papel hixiénico onde van colocadas unhas pombas cos seus desexos para utilizar o propio día da paz no pavillón do colexio. Tamén colorearon un debuxo sobre este tema coa palabra en inglés “peace” que lles quedou xenial cun marco en cartolina.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
27/01/2014
Comezan un proxecto sobre pintores. Nesta ocasión traballan con Van Gogh. Na primeira sesión ven varios videos sobre o pintor e algún dos seus cadros que temos no blog da Sección Bilingüe. Cantan o rock de Van Gogh e comezan pintando “Starry Night” con ceras e témpera aguada.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN Continuan traballando o cadro de Van Gogh “Starry night”.
03/02/2014
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
10/02/2014
Para diferenciar as cores cálidas das cores frías realizan un debuxo do día, utilizando as primeiras cores e da noite, utilizando as segundas. Este foi algún dos resultados.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN O seguinte cadro de Van Gogh é “A habitación de Arles”. Repasan o vocabulario do mobiliario en inglés.
17/02/2014
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
24/02/2014
Con motivo do Entroido os nenos/as preparan os seus disfraces. Nesta ocasión o tema elexido é o espazo. O primeiro e o terceiro ciclo serán alieníxenas. Así confeccionan os seus traxes con bolsas de plástico de cor verde. Tamén fan unhas ombreiras e un cinto de cor prateada. Finalmente realizan a súa máscara de alieníxena con detalles prateados nos ollos e estrelas na cara
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
03/03/2014
Rematan o cadro “A habitación de Arlés” e comenzan un novo proxecto. Nesta ocasión trátase dunha paisaxe en relieve. Con varias cartolinas superpostas consiguen este bonito efecto dun pobo.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan a paisaxe do pobo en relieve que estaban a facer.
10/03/2014
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
17/03/2014
Nesta sesión avaliamos o traballo ralizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
24/03/2014
Día de creación libre. Os nenos/as traen os materiais que queren utilizar para facer os seus traballos. Aquí están algúns deles.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
31/03/2014
Neste último día preparamos a portada que van levar para os traballos do segundo trimestre.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
07/04/2014
A actividade desta semana é unha mandala que despois recortan e pegan en cartolina.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
28/04/2014
Este é o último día do mes e por tanto é un día de creación libre. Deciden facer un obradoiro de pulseiras de gomas. Esta é unha actividade que está moi de moda entre os nenos/as e resulta moi boa para a motricidade e para a concentración e atención.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
05/05/2014
Traballan sobre outro pintor. Nesta ocasión trátase de Claude Monet . Ven uns videos sobre él para coñecer algún dos seus cadros.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
12/05/2014
Comezan os seus cadros sobre o pintor Claude Monet.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
19/05/2014
Nesta sesión rematan os cadros sobre o pintor Claude Monet.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
26/05/2014
De novo sesión de creación libre. A petición de todos os nenos/as volven facer un obradoiro de pulseras de gomas.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
02/06/2014
Os nenos/as colorean un debuxo feito con círculos concéntricos utilizando as ceras brandas. Repasan así as cores cálidas e frías.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
09/06/2014
Nesta sesión cada neno/a colorea a portada para os traballos deste trimestre.
REUNIÓN DE COORDINACIÓN
16/06/2014
Avaliamos o traballo realizado durante o presente curso e revisamos a memoria. A modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que traballaron durante este ano.