Memoria de plástica 2014 15

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2014/15 na sección bilingüe de plástica impartida en primeiro curso de primaria. No presente curso contamos coa axuda da nosa auxiliar de conversa, Gabrielle Mendieta.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/09/2014

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van realizar durante o curso. Na primeira sesión os nenos/as realizan un tapete que lles vai servir ao longo do curso para non manchar as mesas. Empregamos o marco que temos na portada dos seus traballos. Antes da súa realización repasan as cores en inglés e cantan unha canción do blog da sección bilingüe. Tamén poñen o seu nome na portada que fixemos para que garden os seus traballos.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao novo curso escolar.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/09/2014

Nesta ocasión fixeron un mural cooperativo do outono entre todas as clases de primaria. Utilizaron as ceras brandas de Manley e as cores propias desta estación para colorear unhas follas de outono. Repasaron o vocabulario propio do outono e cantaron algunha canción desta estación.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/09/2014

Nesta sesión os nenos/as seguen co mural cooperativo do outono aqueles que non remataran. Escoitan unha canción e ven un conto “ The leaf that wouldn´t leave” no blog da Sección Bilingüe. Tamén comezan un debuxo sobre a estación do outono.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

01/10/2014

Nesta sesión fan unha árbore moi especial de outono utilizando pintura. Estampan as folliñas de outono na árbore por medio de rolos de papel hixiénico.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/10/2014

Con motivo do concurso que cada ano convoca o Concello das Pontes para a Feira de fungos e Cogomelos, os nenos/as fan un traballo conxunto para presentar en dito concurso. Realizan unha paisaxe con cogomelos feitos de origame. Como teñen que facer o traballo por quendas,mentres uns realizan o traballo, outros colorean un debuxo de outono. O resultado final foi merecedor dun dos premios no concurso.



REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/10/2014

Pensando xa en Halloween e no Magosto, que este ano nos coinciden, os nenos/as fan unha cestiña para as castañas con debuxos de Halloween. Repasamos o vocabulario sobre este tema con Gabrielle, que nos axuda.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/10/2014

Nesta sesión os nenos/as rematan as súas cestas cos debuxos de Halloween e as castañas. No blog de inglés escoitan algunhas cancións de Halloween.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/10/2014

Comezan nesta sesión o traballo para o calendario de A.M.A. (Aula de medio ambiente). O tema do calendario é o noso Museo Etnográfico e concretamente os utensilios de aseo persoal.


REUNIĂ“N DE COORDINACIĂ“N

05/11/2014

Os nenos/as traballan as cores primarias e utilizan o pincel para facer unha ficha sobre o tema.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/11/2014

Como o próximo día 20 é o Día Mundial da infancia, os nenos e nenas preparan, xunto cos nenos e nenas de 2º de primaria, un mural cooperativo sobre os dereitos dos nenos. Tamén realizan coas ceras espirais para logo pasarlle auga cunha brocha. O resultado é espectacular. Gustoulles moito facer esta actividade!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/11/2014

Comezan os traballos para adornar o colexio de cara ao Nadal. Os nenos/as de 1º fan unhas bolas de porispán con telas para a árbore de Nadal. Outros cursos tamén se animan e así a árbore queda ben bonita.


REUNIĂ“N DE COORDINACIĂ“N

03/12/2014

Entre todos os cursos se realiza un mural para un dos taboleiros da entrada. Cada curso fai unha bola ben grande e o resultado final queda espectacular.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/12/2014

Este día os nenos/as realizan a portada do 1º trimestre para os seus traballos.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/12/2014

Durante estes días de Nadal os nenos/as fan diversos debuxos de Nadal. No blog da sección bilingüe fomos poñendo as distintas actividades que se fixeron ao longo do trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/01/2015

Buscamos actividades para este trimestre. Comezan este trimestre coloreando unha tartaruga con ceras brandas. Utilizan cores moi vivas e o resultado é sensacional.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

21/01/2015

Para conmemorar o Día da Paz os nenos/as realizan unhas mensaxes de paz para poñer na biblioteca. Realizan distintos debuxos que fan referencia a este tema e unha nota musical que porán no mural cooperativo que está nun dos corredores do colexio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

28/01/2015

Nesta sesión os nen@s realizan o símbolo da paz para poñer no mural cooperativo que está no taboleiro da entrada do colexio. Ademais como o disfrace deste ano vai ser moi laborioso comezan a colorear os cartóns. Este ano van ser piñas, os demais cursos tamén serán froitas. O día do Entroido imos facer unha “fruit salad” (macedonia) do máis saudable.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

04/02/2015

Seguen coa ardua tarefa de facer os disfraces de piña. Van quedar ben “chulos”.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/02/2015

Rematan, por fin os disfraces de Entroido. Resultou unha tarefa ben laboriosa pero mereceu a pena. Mirade que guapos ían o día do desfile.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

25/02/2015

Comezan un proxecto novo: A auga. Van facer experimentos e cousas moi entretidas para coñecer o líquido elemento. Nas clases de art tamén van a traballar coa auga. Así, na primeira lámina, traballan con pingas de auga coloreada e con palliñas. Sopran as pingas e a ver que sucede...


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

04/03/2015

Nesta sesión traballan coa auga, pero feita cubiños de xeo. Os cubiños están coloreados con colorantes. Poderán pintar con eles?


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

11/03/2015

Como cada ano a Aula de Medio Ambiente (A.M.A.) do noso cole nos propón o Concurso de Reciclado. Os nenos/as poden presentar traballos individuais ou por parellas pero na clase deciden facer un traballo colectivo. Para facelo van a utilizar materiais de refugallo, neste caso unha prancha de porispán e teas.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

18/03/2015

Seguen a facer o traballo para o Concurso de Reciclado, ata que queda así de bonito. Noraboa!


REUNIĂ“N DE COORDINACIĂ“N Preparamos a portada deste segundo trimestre para levar os seus traballos.

25/03/2015


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

08/04/2015

Nesta sesión avaliamos o traballo realizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

15/04/2015

Nesta sesión fan uns debuxos utilizando xornais. Colorean no xornal e despois fan composicións nun folio.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

22/04/2015

Rematan os seus traballos utilizando xornais. A verdade é que lles quedan unhas composicións moi “chulas”.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/04/2015

Como a primavera chegou xa, os nenos/as fan uns tulipáns moi especiais feitos con garfos de plástico.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Seguindo co tema da primavera colorean unhas bolboretas de moitas cores.

06/05/2015


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

13/05/2015

Nesta sesión fan de cociñeiros e preparan “CHOCOLATE TRUFFLES”. A verdade é que se lles da moi ben a cociña. Noraboa! Estaban boísimas!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

20/05/2015

Empezan un novo proxecto. Trátase de facer un floreiro cunhas flores moi especiais feitas co rolo de papel hixiénico. Para rematar porán un pompón no centro da flor.

REUNIÓN DE COORDINACIÓN

27/05/2015

Seguen co proxecto da semana pasada. Os floreiros e as flores van collendo forma.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN Rematan os seus floreiros coas súas flores. Mirade que ben quedaron!

03/06/2015


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/06/2015

Nesta última sesión cada neno/a colorea a portada para os traballos deste trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

17/06/2015

Nesta última sesión avaliamos as tarefas realizadas e revisamos a memoria. Tamén a modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que traballaron durante este ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.