MEMORIA DE PLÁSTICA (2º P)

Page 1


Esta é a memoria das actividades que se levaron a cabo ao longo do curso 2014/15 na sección bilingüe de plástica impartida en segundo curso de primaria. No presente curso contamos coa axuda do noso auxiliar de conversa, William David Nagelhout.

REUNIÓNDE COORDINACIÓN

10/09/2015

Comezamos a primeira reunión de coordinación elaborando material e planificando actividades para o primeiro trimestre. Elaboramos así unha portada para os traballos que van a realizar durante o curso. Na primeira sesión decoran a primeira letra do seu nome. Esta vai ser o seu corpo, pegan a foto da súa cabeza na parte de arriba e despois debuxan brazos e pernas. O resultado final resulta moi divertido.


Tamén poñemos un cartel de benvida no blog da sección bilingüe Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com) para dar comezo ao novo curso escolar.

REUNIÓNDE COORDINACIÓN

17/09/2015

Nesta ocasión rematan coa decoración da letra inicial do seu nome e fan un debuxo sobre o outono. Presentámoslles, ademais, a portada que imos utilizar neste curso para os seus traballos


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

24/09/2015

Nesta sesión recordamos as cores primarias que aprenderamos o curso pasado. Vemos dous vídeos no blog da sección bilingüe: Learning with you (www.fromlisteningtospeaking.blogspot.com.es).


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

01/10/2015

Nesta sesión os nenos/as crean arte coa natureza, nas follas das árbores, “art in leaves”. Mirade que ben o fan!


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

08/10/2015

Os nenos/as aprenden con axuda de Will as distintas formas en inglés (shapes). Realizan una ficha de recortar e pegar as formas no seu lugar correspondente. Tamén ven uns videos no blog da sección bilingüe para memorizar todas estas formas.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

15/10/2015

Con motivo do concurso que cada ano convoca o Concello das Pontes para a Feira de fungos e Cogomelos, os nenos/as fan un traballo conxunto para presentar en dito concurso. Realizan un libro que titulan: Se eu fose un fungo… O resultado final foi merecedor dun dos premios no concurso.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

22/10/2015

Nesta sesión rematan o traballo sobre os fungos e realizan una simpática castaña, que é un pin para poñer o día que celebramos o magosto no colexio. Mirade que ben lles quedaron!


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

29/10/2015

Halloween está moi preto e por esa razón os nenos/as fan una pantasma a partir dun chupachups. Ademais realizan distintos debuxos sobre esta festa e escoitan canción do blog de inglés para ambientarse.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

05/11/2015

Os nenos/as aprenden a debuxar un raposo “fox” con axuda de Will e nuns poucos pasos. A verdade é que lles quedaron moi ben tódolos raposos.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

12/11/2015

Os nenos/as aprenden sobre una nova festividade que se celebra nos estados unidos, “Thanksgiving”, Acción de gracias. Así coñecen o vocabulario propio desta festa e realizan un pavo “turkey”.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

19/11/2015

Seguindo co tema de Thanksgiving, os nenos/as escoitan a historia para saber as orixes desta festa. Despois realizan un barco, o Mayflower, en el colocan aos indios e aos peregrinos. O resultado é xenial!


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

26/11/2015

Estamos no inverno, e aínda que non hai neve, como nos gustaría facer un boneco de neve. Pois dito e feito! Aquí tedes os bonecos de neve que fixeron os nenos/as de segundo.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

01/12/2015

Nesta sesión rematan os bonecos de neve. Quedaron moi simpáticos. Que diría que están feitos dun calcetín! Ademais como o Nadal está xa cerca, fan un libriño con vocabulario propio desta festa.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

15/12/2015

Nesta sesión realizan a portada do primeiro trimestre. A partir de varios modelos, eles elixen a que mais lles gusta. Recortan e pegan cartolinas con purpurina e utilizan gomets prateados e dourados.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

12/01/2016

Buscamos actividades e a portada para realizar durante este trimestre. Comezan facendo un debuxo libre sobre o que queren que pase neste ano que estreamos. Tamén, por grupos, participan na elaboración dun cartel colaborativo sobre Manuel María, a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

19/01/2016

Este trimestre decidimos traballar sobre distintos pintores. Así comezamos con Mondrian, pintor francés. Para coñecer a este pintor facemos unha ficha para saber que formas e que cores utiliza nas súas obras. Ademais comezan un a un a plasmar o cadro de Mondrian nas súas camisetas de Entroido, posto que este ano disfrazarémonos de cadros famosos.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

26/01/2016

Seguen a pintar as súas camisetas . Ademais colorean a palabra paz en inglés “peace” posto que se acerca o día desta celebración.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

02/02/2016

Rematan as camisetas co cadro de Mondrian e tamén fan outro cadro utilizando retallos de cartolinas. Mirade que guapos ían o día do desfile!


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

16/02/2016

Comezan cun novo pintor, neste caso Romero Britto. Ven numerosos cadros deste pintor e para recordar o Dia de San Valentín, colorean con ceras un dos seus cadros cheo de corazóns.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

23/02/2016

Nesta sesión coñecen a Miró e aos seus cadros. Despois de ver moitos dos seus cadros, cada neno e nena elixe o que quere facer. O resultado é de verdadeiros artistas, non si?


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

01/03/2016

É o turno agora de Gaudí. Os nenos e nenas ,despois de coñecer parte da obra deste pintor e escultor, van a facer a salamandra que Gaudí fixera como mosaico. Eles utilizarán cachiños de cartolina e papel de cores. Que vos parece o resultado?


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

08/03/2016

Rematan o traballo sobre Gaudí. É a quenda agora de Calder. Fan unha ficha para descubrir que formas utilizaba este pintor americano.


REUNIÓNDE COORDINACIÓN

15/03/2016

Nesta sesión realizan a portada para os seus traballos deste trimestre. Ademais fan, para o mural da primavera, uns poliños moi simpáticos. O casca está feita de bandexas porexpan. Como estamos preto da Pascoa, Easter, que mellor que colorear uns ovos desta festividade?


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

29/03/2016

Nesta sesión avaliamos o traballo realizado. Ademais preparamos material para a primavera e para o terceiro trimestre. Os nenos e nenas comezan facendo un debuxo sobre esta estación do ano. Ademais pintan un mural de D. Quixote e Sancho Panza, é un mural feito entre todas as clases de primaria.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

05/04/2016

Nesta sesión comezan o traballo que van a presentar no Concurso de reciclado do noso Centro que convoca A.M.A (Aula de Medio Ambiente). Van a facer un verme feito con lá reutilizando CDs. Mentres uns nenos están con ese traballo outros colorean debuxos sobre a primavera.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

12/04/2016

Rematan o traballo do reciclado e colorean un debuxo c on cores acuarelables.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

19/04/2016

Para o día do libro e para o Día da Terra os nenos/as realizan dúas manualidades, un marcapáxinas e unha mascota cun Cd.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

26/04/2016

Nesta sesión comezan unha mandala sen rematar que teñen que completar como eles queiran.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

03/05/2016

Nesta sesión Will lles conta o conto “The very hungry Caterpillar” e despois os nenos/as fan un debuxo sobre el. Repasan así vocabulario das froitas e dos días da semana. Ademais comezan unha mandala sen rematar que teñen que completar como eles queiran.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

10/05/2016

Nesta sesión os nenos/as utilizan cinta de carrocero para crear un deseño nunha cartolina branca. Unha vez feito o deseño pintan con acuarelas. Terán que deixar secar para sacar a cinta e poder ver o resultado final. Gustoulles moito esta actividade!


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

24/05/2016

Nesta sesión os nenos/as rematan o traballo feito con cinta de carrocero e comezan a facer un collage utlizando catálogos de papeis de empapelar paredes. Fan cousas ben curiosas con moita creatividade.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

31/05/2016

Os nenos/as despiden a Will, posto que este día é o último que vai a estar con eles, e rematan o collage que empezaran na sesión anterior.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

07/06/2016

Nesta sesión os nenos/as traballan sobre o sistema solar. Así recortan o sol e os distintos planetas, despois de colorealos, péganos nunha cartolina tendo en conta a distancia que os separa do sol.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

14/06/2016

Nesta sesión cada neno/a colorea a portada para os traballos deste trimestre.


REUNIÓN DE COORDINACIÓN

21/06/2016

Avaliamos o traballo realizado durante o presente curso e revisamos a memoria. A modo de despedida entréganselles uns diplomas polo ben que o fixeron durante este ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.