Memoria A.M.A 2010/11

Page 1

A Aula de Medio Ambiente ( AMA) do CPI Monte Caxado de As Pontes creouse durante o curso 1995-1996. Dende o momento da súa aparición tivo como único e fundamental obxectivo a concienciación do alumnado na defensa e coidado da Natureza. Por iso, pretendeuse facer este labor paseniñamente, poñendo curso a curso os chanzos precisos para a consecución deste obxectivo; é dicir, preferimos facer poucas actividades pero que fosen quedando como definitivas para cursos posteriores. De feito, hoxe en día, podemos dicir que as actividades medioambientais forman parte da educación habitual do alumnado deste centro escolar, moi por riba do nivel que poda ter calquera outra área transversal do currículo educativo. Por iso mesmo é que as actividades da AMA están espalladas ao longo do curso e nos diferentes niveis educativos. Non hai, pois, un grupo específico de rapaces e rapazas adicados a esta tarefa, senón que é todo o colexio o que forma parte deste proxecto. Quizais o máis salientable deste programa de actividades sexa a súa multidisciplinariedade, xa que non están reducidas a unha soa asignatura, ou a actividades extraescolares, senón que se realizan en distintas asignaturas ( Naturais, Tecnoloxía, Plástica e Visual, Educación Física, Linguas...), enfocadas a esta Aula de Medio Ambiente. En canto ao profesorado, hai un grupo de persoas, maiormente de E. Infantil e E. Primaria que son as encargadas de organizar as actividades. Non sería xusto esquecer ao grupo de profesores/as de Secundaria, que puntualmente, colaboran neste proxecto. Así mesmo, invitamos a tódolos que aínda non se decidiron a que para o vindeiro ano se embarquen con nós nesta fermosa experiencia.


ACTIVIDADES 

Horto escolar e plantacións no colexio.

Concurso de debuxo para o calendario 2011.

Obradoiros: murais,obradoiro ou brigada de limpieza do patio, degustación de productos de outono e de comida saudable, fungos e cogumelos, decoración de Nadal, obradoiros de cociña, obradoiros dende a clase de inglés.

Actividades do Calendario Ecoambiental.

12º Concurso do Reciclado.

Actuacións na Área da Natureza do Bañal.

Saídas de carácter medioambiental.

Concienciación.

2


HORTO ESCOLAR Dende o curso 1999-2000 temos montado un horto no interior do patio de E. Infantil coa idea que os/as nenos/as desa etapa e do 1º Ciclo de E. Primaria poñan en práctica as súas labouras agrícolas. Deste xeito fíxose un peche con estacas, mallas e unhas cancelas para separar este espacio da zona propia de xogo. Tamén seguimos tendo

un

composteiro, onde elaboramos o noso compost.

Este curso no horto leváronse a cabo varias actuacións a cargo dos/das nenos/as de E. Infantil, os/as nenos/as de 1º ciclo de E. Primaria e os nenos/as de 2º ciclo de E. Primaria, entre estas actuacións cabe destacar: plantacións de landras, camelios, nabos e castañas, tamén de perexil e sementes de cabaza, recollida de follas para a posta en marcha.

Os nenos/as de 1º fixeron una plantación de sementes de outono, aproveitando as que tiñan de exposición na clase. Así plantaron landras e noces.

3


Traballaron moito para poder ver o resultado.

Os nenos/as de 2ยบ de primaria sementaron nabos logo de preparar o terreo no horto. Tiveron que regalo moito xa que a terra estaba moi seca. Toca esperar a que medren para poder preparar un delicioso caldo.

4


Seguro que o seu esforzo merece a pena.

Seguindo coas actividades do outono os nenos/as de 2º baixaron ao viveiro para sementar as castañas que tiñan apartadas para tal fin. Ese día coincidiron cos nenos/as de 4º e o seu mestre Jose Mª. Logo de encher os testos con terra e ter a castaña dentro decidiron subilas para a aula para coidalas ata que agromen e que poidan levalas para o viveiro. Seguro que conseguen fermosos castiñeiros.

5


En xaneiro os castiĂąeiros tiĂąan este aspecto despois de coidalos e regalos.

En abril xa estĂĄn a punto de transplantalos aos seus correspondentes testos mais grandes e levalos para o viveiro do centro.

6


O luns, 21 de marzo, os nenos/as de 2º baixaron ao viveiro e horto. Quixeron ver como estaban os nabos e así comprobaron que estaban todos floreados e súa imaxe tan alta e amarela case impresionaba.

No viveiro rechearon con terra dous testos grandes e alí deixaron a semente das lentellas e dos pementos. Aproveitaron tamén para facer unha pequena limpeza do entorno.

7


En abril os nenos/as de 2Âş foron retirar a planta floreada dos nabos e tamĂŠn parte do compost do composteiro, que xa estĂĄ cheo, para aboar o noso horto.

8


Os nenos e nenas de 3º tamén colaboraron no horto xa que recolleron follas para que a terra sexa mais fértil.

Ademais prantaron pementos e tomates en testos que se ocuparon de coidar e regar para ver si crecen moito e así os poden poñer no horto.

9


No viveiro os nenos/as de 5 anos prantaron perexil (parsley) en testos coa mestra de InglĂŠs para completar o tema da primavera e para saber os pasos que hai que seguir para prantar calquera semente.

10


Tamén os nenos/as de 4º colaboraron plantando no viveiro cabazas (pumpkins) en testos coa idea de transplantalas mais tarde á terra e así ter cabazas para o Samaín (Halloween) do ano que ben.

11


Xa a finais de abril, os nenos/as de 1Âş de primaria fixeron unha actividade no horto. Aproveitando que o dĂ­a estaba soleado foron plantar frambuesas e tomates.

12


CONCURSO DEBUXO Levamos facendo un calendario nestes sete últimos anos onde, aparte dos meses do ano, redactamos uns consellos medioambientais para toda a poboación en xeral e en particular para a xente da nosa vila. No ano 2.003 elaborouno o grupo da A.M.A. coa idea de repartilo en tódalas casas, sen nengún ánimo de lucro e subvencionado polo Concello. Vendo que a idea podía resultar aínda máis fructífera optamos convocar un concurso de debuxo entre o alumnado de 2º Ciclo de E.S.O. onde os motivos a refrexar estiveran relacionados co medio ambiente nos seus aspectos tanto negativos como positivos. Dese concurso saíron uns gañador@s que se lles faría un agasallo e ó mesmo tempo eses debuxos elexidos servirían de soporte para elaborar o calendario 2.004. Este calendario imprimiriase e o alumnado dese ciclo adicaríase a vendelos coa idea de recaudar fondos para esa excursión que fan tódolos anos o alumnado de 4º de E.S.O. indo unha semana a facer actividades nunha paisaxe de neve ( habitualmente ós Pireneos). Neste curso convocamos o 8º concurso de debuxo para o calendario 2011 participando todo o alumnado do Centro, como xa se fixo o curso pasado. O resultado foi moi positivo e desta maneira foron elexidos doce debuxos gañadores. Así foi elaborado un calendario con seis páxinas e en todas elas distintos refráns do ano. De seguido vai unha mostra dese traballo.

13


...

14


15


OBRADOIROS Outra actividade que goza da preferencia do noso alumnado é a realización dos distintos obradoiros ao longo do curso, como son : os murais, o Concurso de fungos e cogomelos, a decoración de Nadal, o Entroido, obradoiros de cociña, etc.

MURAIS Ao longo do curso imos facendo distintos murais nos que se procura utilizar materiais de refugallo e así concienciar aos nenos/as da importancia do coidado e respeto ao medio ambiente.

16


Polo Día da Paz todas as clases dende Infantil a 6º de Primaria colaboraron na elaboración dun crebacabezas coa Pomba da Paz de Picasso feito con materiais de refugallo (plástico de botellas, palliñas, papel de xornal, papel de aluminio das merendas que ian traendo da casa,…) . Foi un traballo que nos gustou a todos moito facelo e despois ver o resultado, xa que quedou moi bonito.

17


BRIGADAS DE LIMPEZA Durante este curso propúxose facer uns equipos ou brigadas de limpeza do patio, para que este, sobre todo despois dos recreos, quede limpo. Os compoñentes da brigada limpan, vixían e informan de onde hai que botar o lixo. Desta maneira todo o alumnado se implica no coidado do noso entorno máis próximo como é o noso colexio. Nestas brigadas participa todo alumnado dende infantil ata 4º da E.S.O.

18


OBRADOIROS EDUCACIÓN INFANTIL O OUTONO Traballando o tema do outono os nenos/as de tres anos fixeron un mural coas cores típicas desta estación do ano.

19


Tamén fixeron degustación de productos do outono e traballaron con eles os sentidos diferenciando olores, texturas, sabores,... Entre outras moitas actividades tamén fixeron composicións artísticas (cadros efímeros) con porductos do outono.

Outra actividade moi divertida para os nenos/as de tres anos foi a de valeirar as cabazas. Unha vez feito esto decidiron pintalas e o resultado foi espectacular.

20


Os nenos/as de 4 anos degustaron tamén produtos do outono como son os froitos secos. Así inténtase inculcar nos nenos/as a importancia da comida saudable.

Que rico está todo!

21


FUNGOS E COGUMELOS Para participar no concurso que se celebra todos os anos e que prop贸n o concello, os nenos/as de tres anos presentaron un mural feito con follas e con outos materiais de refugallo sobre os fungos e os cogumelos donde os protagonistas principais eran uns gnomos moi especiais.

22


Os nenos/as de catro anos fixeron un enorme cogumelo.

DECORACIÓN DO NADAL Os nenos/as de Educación Infantil fixeron os adobíos (bolas, estrellas, personaxes típicos feitos con paliños de xeados,...) para a nosa arbore de Nadal que despois foi trasplantada na nosa parcela do Bañal.

23


ENTROIDO Os nenos/as de tres anos traballaron o proxecto dos indios xa que este ia ser o disfraz deles este ano. Fixeron multitude de actividades, entre elas: os seus disfraces para o dĂ­a do entroido, os disfraces para as suas figuras a tamaĂąo natural, un tippie feito con teas, e un mural no que non faltaba de nada.

24


OBRADOIRO DE COCIĂ‘A Para celebrar os cumpreanos os nenos/as de tres anos fixeron tartas e biscoitos.

25


A clase de tres anos ten por nome a clase dos peixes porque ese foi o primeiro proxecto que fixeron. Na súa clase teñen un acuario con varios peixes e durante este proxecto fixeron moitísimas actividades, por exemplo unhas cortinas para esta clase tan especial, uns polbos feitos cos rolos de papel hixiénico, un mural feito cos seus peixes,...

26


OBRADOIROS EDUCACION PRIMARIA

DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DE OUTONO Os nenos/as de 1º e 2º trouxeron produtos do outono cos que fixeron unha exposición na clase con produtos típicos desta época do ano: cabazas, mel, peras, uvas, noces, abelás,... Posteriormente fixeron dúas degustacións: unha de froitos secos e outra de froitos carnosos.

27


COGUMELOS NO 1º CICLO Con materiais de refugallo elaboraron diversidade de fungos para participar no concurso proposto polo Concello no que os dous cursos foron gañadores e levaron premio. Os nenos/as de 1º fixeron unha gran seta cunha botella de plástico e un anaco de cartón recheo de pelotas de papel de xornal. Logo con paus de xeado e pasta fixeron outras setas mais pequenas que pegaron todo ao redor.

28


Tamén fixeron unha paisaxe de outono sobre unha base de “porespán” e utilizando diferentes materiais (follas secas, paus, papel).

Os nenos/as de 2º elaboraron uns cogumelos feitos con masa modelada a que lle deron cor e que puxeron noutra mais grande formando un carrusel de pequenos cogumelos.

29


O MAGOSTO Para celebrar a festa da castaña fixeronse distintas actividades. Os nenos/as de 2º comezaron cocendo algunhas, xa que non chegaran as que viñeran cocidas das casas, para poder elaborar un colar de “zonchos”. Esta é unha tradición dos noso antergos. Estaban todos/as ben guapos/as!

Logo de rematar os colares tocou baixar ao recreo onde nos esperaban ricas castañas asadas e batidos de chocolate. Todo grazas aos membros da ANPA que sempre se preocupan de que esta festa saia tan apetitosa. Para rematar a xornada non podían faltar os xogos tradicionais. Fixeronse no patio e estiveron organizados polo profe Pablo e coa colaboración de todo o equipo de mestres de infantil e primaria. Tamén en Secundaria tiveron unha xornada con actividades preparadas para eles. Foi unha xornada moi divertida!

30


31


DECORACIÓN DE NADAL Os nenos/as de 1º e 2º aproveitaron para reciclar, e así cuns paquetiños de regalo de propaganda, fixeron adobíos para os corredores do cole. Ademáis , recortaron en forma de estrelas un mural que tiñan feito con cores secundarias. Cada un dos nenos e nenas de 1º e 2º, transformaron cada estrela nunha fermosa estreliña de Nadal.

32


OBRADOIRO DE COCIÑA No magosto os nenos/as de 1º acordaron facer unha tarta de castañas. Botaron as castañas moídas (250 gr.), a mesma cantidade de azucre, cinco ovos e un sobre de fermento. Remexeron ben. Botaron a masa nun molde engrasado con manteiga e ao forno. Estaba boísima!

33


Como xa decidiran ao principio de curso, os nenos/as de 1º celebran conxuntamente os cumpreanos do 1º trimestre. Así decidiron facer dúas pizas. Todos os nenos/as colaboraron para facelas e a verdade é que resultaron moi sabedoras.

34


Na clase de 2º tamén cociñaron e así logo de traer cada neno un ingredinte e xuntalos todos: os 4 ovos, 200 gr de nata, 200 gr de azucre, un sobre de lavadura, 200 gr de fariña e unhas poucas uvas pasas, acabaron comendo un rico biscoito feito por eles. Estaba boísimo! Outro día os nenos/as de 2º fixeron o caldo. Vendo que as nabizas que prantaran xa medraran o suficiente, recolleron un bo montonciño e decidiron facer un caldo ao día seguinte. Trouxeron os ingredientes de casa (non da tenda) e mans á obra. Esta actividade ten que ver co proxecto que estaban a traballar na aula, cos distintos alimentos e con recuperar costumes dos nosos devanceiros.

35


ENTROIDO En febreiro entramos de cheo nos preparativos para o entroido. Os nenos/as traballaron nas teas do seu disfraz de chinos. Podedes ver nas fotos que ben coseron os seus disfraces e pintaron os seus gorros.

36


Aproveitando que se ian disfrazar de chinos falaron moito deste pa铆s e fixeron moitas actividades relacionadas co tema: uns pai-pais, a bandeira china, escritura con caracteres chinos, uns farolillos,un drag贸n e con todo fixeron unha exposici贸n para po帽er no corredor do colexio.

37


Así de guapos/as iban tod@s o día do entroido: os nenos/as de infantil de indios, os nenos/as do 1º ciclo de chinos, os do 2º ciclo de brasileiros e os do 3º ciclo de mexicanos. Os nenos/as de secundaria elixen os seus difraces ese día. As 11 e media comezaron a repartir orellas e freixós xunto con batidos e augas. Desto encargouse a ANPA a que lle damos as gracias pola súa colaboración. Despois do recreo todos os cursos foron ao pavillón para facer o desfile e distintos bailes que prepararan coa profesora de música Marita. Pasaronno moi ben!

38


Obradoiros da primavera:

PRIMAVERA Os nenos/as de primeiro dende a súa sección bilingüe de plástica fixeron, con motivo da primavera, uns vermiños feitos con caixas de ovos moi graciosos e unhas flores feitas con botellas de plástico e pintadas cuns rotuladores especiais. Son moi traballadores estes nenos/as!

39


OBRADOIROS FEITOS DENDE A CLASE DE INGLÉS Dende a clase de Inglés tamén se procura traballar a concienciación sobre o medio ambiente e o respeto e coidado de plantas e animais. Así fixeronse distintas actividades. Falando do tema da saúde traballaron unhas actividades de explicación da pirámide dos alimentos. En grupos fixeron varios libros explicando os diferentes grupos de alimentos que hai. Tamén comentaron a importancia que ten comer equilibradamente. Esto fixéronno con 5º de primaria. Viron distintas actividades no blog de inglés como presentacións e xogos co tema da alimentación.

40


En 2º de primaria centráronse máis na importancia dun almorzo saudable. Así fixeron un libriño sobre o tema e para rematar tiveron un almorzo saudable na clase no que non faltaron as torradas, a manteiga, a marmelada, o zume de laranxa, o iogur natural e un doce feito na casa.

En Halloween valeiraron algunhas cabazas e algunhas outras trouxeronnas da casa. Traballaron moito e quedaron xenial. As pébidas de dentro da cabaza plantaronnas no horto no mes de marzo.Así terán o vindeiro Halloween cabaciñas novas no colexio.

41


No Nadal, entre todos os nenos/as do colexio, fixeron unha árbore de Nadal con papel que xa fora utilizado. Pola outra cara do papel fixeron cada un a súa man para logo pintalas de verde e recortalas. O final montaron unha fermosa árbore de Nadal. Como adobíos para a árbore reciclaron vellos disquetes.

42


No Día Mundial da Educación medioambiental os nenos/as fixeron un poster na clase de inglés sobre aspectos que eles poden levar a cabo para axudar no coidado do medioambiente.

Os nenos/as

de 3º fixeron uns instrumentos musicais con material de

refugallo, aproveitando que no seu libro de texto aparecían os instrumentos que compoñen unha orquestra. O resultado foi moi bo. Traballaron moito e moi ben.

43


Dende a sección bilingüe de plástica que imparte Loli, a titora dos nenos/as de 1º de primaria, decidiron facer unhas bolsas con motivos de Halloween reciclando bolsas de papel. Aquí pódese apreciar o ben que lles quedaron.

44


OBRADOIROS EDUCACIÓN SECUNDARIA En secundaria este ano tamén fixeron varias actividades que reflexamos aquí na memoria. Unha delas foi a creación dun hábitat acuático que se puxo este ano dentro do museo de ciencias naturais que está ubicado nos corredores do pavillón de secundaria.

Outra das actividades levada a cabo polo alumnado deste ciclo foi unha exposición de cogumelos recollidos coa axuda de expertos ponteses.

45


O alumnado de secundaria ademais participou activamente nunha das actuaci贸ns no Ba帽al que reflexamos nesta memoria no apartado correspondente.

46


ACTIVIDADES DO CALENDARIO MEDIOAMBIENTAL Día Mundial dos bosques autóctonos Durante a semana adicáronse dous días a escoitar as charlas de Roberto Hermida, membro da asociación medioambiental DROSERA. As charlas tuveron lugar na biblioteca. Falounos Roberto dos bosques autóctonos, da súa importancia, da súa diversidade tanto vexetal como animal. Sabe moitísimo das nosas Fragas do Eume e tamén do entorno do río Eume. A primeira charla tivo lugar o martes e a ela acudiron o alumnado de secundaria. O venres foron os nenos/as de primaria, nesa segunda charla puideron ver unhas fotos preciosas e todos/as escoitaron con moita atención. Dende aquí agradecerlle a Roberto Hermida pola súa disposición para colaborar con nós.

47


Día Mundial da Educación Medioambiental O día 26 de Xaneiro, día da Educación Medioambiental fixéronse obradoiros nalgunhas clases. A educadora era Marga que pertence a ADEGA. Tratrábase de varios xogos cooperativos nos que a temática era a concienciación na correcta separación dos refugallos nos seus contadores correspondentes. Os nenos/as aprenderon moito, ainda que durante o xogo fallaron algunha vez que outra. Foi divertido e didáctico ao mesmo tempo.

48


49


Día Mundial da Auga O día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga. No noso cole , e seguindo coa celebración de datas do calendario medioambiental, adicamos ese día a actividades relacionadas con este tema. Coa nosa humilde contribución, coidamos que o alumnado que pasou polos obradoiros que se realizaron na biblioteca durante toda a mañá, quedouse cunha aprendizaxe útil para a súa vida, ao mesmo tempo que divertida. As actividades desenroladas foron: un vídeo duns 3 minutos con animacións sobre a importancia da auga, un xogo con música para formar a molécula de auga ( 2 H e 1 O), Catro experimentos que eran: Condensación, pompas de xabrón, densidade e flotación, brúxula e pozo de barrena. Na propia biblioteca había unha exposición de fotos onde se apreciaba a secuencia completa da formación do Lago das Pontes e un mural sobre o ciclo da auga feito pola clase de 5º. Toda a mañá foron pasando, por grupos, o alumnado de infantil e primaria. A responsable de que todo isto saíra tan ben foi a mestra de infantil, Oliva, que estivo secundada polos nenos de 3 anos que fixeron un papel de científicos moi logrado. Todos os titores foron colaborando a medida que iban pasando os cursos correspondentes.

50


51


CONCURSO DO RECICLADO Como en anos anteriores seguimos a convocar un concurso que está a ter moito éxito entre a nosa comunidade educativa: O certame de reciclado, que este ano vai na súa 12ª edición, na que os/as alumnos/as elaboran xoguetes, maquetas, e todo tipo de artiluxios con material de desfeito. Os obxectos seleccionados polo xurado pasan a formar parte do Museo do Reciclado que estamos a crear no colexio. Houbo variedade de motivos en canto a temática aínda que sempre se fai mención especial a todo o relacionado coa natureza e o coidado do noso medio. Os traballos colectivos de infantil foron estes:

Infantil 3 anos

Infantil 4 anos

Infantil 5 anos

52


Os traballos de primaria foron estes. Entre eles estรกn os colectivos de primeiro e de segundo:

1ยบ de primaria

2ยบ de primaria

53


54


55


56


ACTUACIÓNS NA ÁREA DA NATUREZA DO BAÑAL

O Proxecto que máis envergadura segue a ter é a creación dun gran espacio natural denominado Parque Natural Didáctico e Ocio, situado na Casilla do Bañal, preto da estrada As Pontes- Ortigueira. Este terreo é unha cesión do Concello de As Pontes, feita no curso 1997-1998, cunha idea prefixada de crear unha fraga autóctona. Isto foise facendo os primeiros anos plantando árbores, que foron o resultado das labores de sementeira de landras e castañas realizadas en tódalas aulas do noso Centro. Chegou un momento, no curso 2002-2003, no que decidimos darlle un xiro a este proxecto. O motivo principal foi que os resultados acadados non eran os que se pretendían nun principio, xa que a maleza (toxos, herba...) apoderábanse das prantacións. A partires do devandito curso pensouse a idea de crear unha aula de Natureza seguindo unhas pautas lóxicas. Contamos para elo coa colaboración dun profesor de Tecnoloxía do Centro naquel momento que, logo de ver a finca, medila e debatir alternativas, fixo un proxecto que nos está a servir de guía. Para non extendernos moito aí vai unha reseña das actuacións dende marzo de 2003 ata abril de 2005: -

Os pais foron facer buratos arredor da finca para que os/as nenos/as prantaran tullas para facer o peche. Foron varios días cunha máquina cedida por ENDESA.

-

Todos/as os/as alumnos/as do colexio acompañados dos seus mestres foron en varios días a prantar as tullas do peche.

-

Fíxose un pozo de barrena, atopándose a auga a 48 m. de profundidade. Púxoselle unha bomba de extracción manual e fíxose unha base de cemento.

-

Unha máquina do Concello de As Pontes desbrozou toda a finca, e a continuación xente que está a facer a recuperación dos terreos da escombreira de ENDESA levaron a cabo a roturación do terreo.

-

Xa no curso 2003-2004 levouse a cabo a canalización da auga dende o pozo ás distintas tomas de auga previstas na finca. Estes traballos realizáronse gracias á axuda dun pequeno grupo de pais colaboradores e algúns mestres ó longo de

57


varias tardes. Suliñar que para esta labor contouse tamén coa colaboración da pala do Concello. Complementariamente a este traballo realizado polos pais, estes tamén cortaron a herba que medrara por entre as tullas. No mes de xaneiro de 2004 presentouse solicitude diante da Consellería de

-

Familia da realización dun proxecto de instalación de placas solares para producir enerxía eléctrica para o funcionamento da bomba do pozo, este proxecto estaría encamiñado coa realización dun proxecto de obradoiro de emprego na localidade. Este proxecto non foi finalmente aprobado. Nomes mesdedemarzo abril de de 2004 2004 abríronse leváronseosa sendeiros cabo as tarefas de (según caleado, fresado, - - No de paseo plano de abonado e semente de herba parte de xente e máquinas de ENDESA e a orixe) por parte das máquinas do por Concello. colaboración de operarios do Concello. -

Xa no curso 04-05 e no mes de outubro límpase de herba arredor das tullas de todo o peche. Botamos man, para elo, dalgúns pais.

- - Na última deaabril outro grupo de e alumnas, neste caso foi Unha vezsemana visto que herba sementada o alumnos curso pasado non deu os resultados todo infantil decidimos e 1º nivel non de primaria ( en total nenos/as) acompañados de 6en esperados, facer plantación no 63 interior da finca . Isto tradúcese mestras/es, fixemosdeoutra plantar 120axeitada. plantiñas en maceta de xestas ter que sementar novosaída toda para a finca na época cores nunha das zonas - híbridas No mesdedevarias marzo foi para o 4º facer nivel un depeche Primaria a plantar 30 deste tullas parque. plicatas Ese para día taménasseque aproveitou para levar xogos e hai quedous os nenos repoñer secaran do peche que se fixo anos. pasaran un rato alí de experimentar no as pozo como se poder lavarse as - xogando A últimalogo semana de marzo foron máquinas demanipulaba Endesa cunseoperarios a roturar mans. Desta maneira facerabonar carreiras de sacos, xogar con pelotas, ás e calear o terreo parapuideron dalí a 15 días e sementar a herba. pasear por de todo recinto.Resultou un día omoi completo e unha - pilladas, Na última semana abrilo tamén fixemos realidade de cubrir as pistas con experiencia positiva. do Concello. gravilla coamoi colaboración - - No comezouse facendo o mantemento de cortar a herba en toda a Nocurso curso06-07 05-06 comezouse en setembro cortando a herba de toda a finca finca e preparalo para logo plantación incluindo o espazo que haifacer entrea as tullas. forte no mes de abril e a cal foron o de 4º de E.S.O. de 5ºás depistas E.P. xunto con cinco mestres. O traballo - alumnado Fíxose o mantemento enecanto canalizando as augas da choiva parativo que lugar nas zonas doa zahorra Bosque para Mixto e do Souto-Nogueiral. Nesta ocasión non arrastrara toda a zona da herba. 78asárbores. - plantáronse Colocáronse cancelas que dan entrada á finca no mes de xaneiro. Nese mes -

Nese mesmo curso e no mes xuño foron cursos de ciclo de primaria a tamén se trasplantaron os de bidueiros queostiñamos no 2ºfondal para o terreo replantar e a facerdúas un pequeno setoserviran de loureiros. contiguo.algunhas Con estoárbores conseguiamos cousas: que de protección para o

-

No cursodo 07-08 fíxose unha plantación parte de 3º e 4º de Foron 41 parque vento que entra polo oeste epor comezar a repoboar esaE.S.O. metade da finca alumnos acompañados 6 profesores. 32 árbores entrepropias acivros,do froiteiras, de especies autóctonasdefacendo dela unEran bosque de especies país.

-

58


-

No curso 07-08 fíxose unha plantación por parte de 3º e 4º de E.S.O. Foron 41 alumnos/as acompañados de 6 profesores. Eran 32 árbores entre acivros, froiteiras,cerdeiras e coníferas. Subimos a finais de xaneiro e plantamos en dous espazos:” Paseo das cerdeiras” e “ Horta das ameixeiras”.

-

O 25 de abril fomos o alumnado de 1º ciclo de primaria a plantar toda a beira dunha pista con xestas de cores. Foron catro mestres e aproveitamos para merendar alí e facer xogos con pelotas, cometas....

-

No curso 08-09 e debido ao mal tempo en todo o inverno e outono só puidemos facer unha plantación no mes de maio. Nesa ocasión subiron o alumnado de 3º de ESO xunto con 4 mestres. Repuxéronse algunhas árbores e outras novas na zona do souto nogueiral.

-

No curso 09-10 houbo dúas plantacións. A 1ª foi o 23 de novembro coincidindo co Día dos Bosques Autóctonos. Foi o alumnado de 3º e 4º de ESO e catro mestres. Plantáronse diversas especies: Fagus sylvatica: Faia, Tilia cordata: Tilo Chitalpa x tashkentesis , Liriodendron tulipifera: Tulipaneiro ou árbore dos tulipáns, Magnolia grandiflora, Magnolia soulangianna , Prunus avium, Cerdeira xaponesa pendula , Prunus padus: "Colorata" , Cornus spp , Aesculus hippocastaneum-Castiñeiro de india.

-

A 2ª vez

e seguindo na línea de facer coincidir no calendario as datas

conmemorativas do Medio Ambiente (celebrábase o día mundial da Terra), os cursos de 3º e 4º de ESO xunto con seis mestres, subimos ata o Bañal a facer unha plantación na zona do Parque das Delicias e repoñer algunhas árbores que xa estaban plantadas con anterioridade. Desta maneira plantaronse: 3 árbores do amor, 2 cornus, 1 loureiro romano, 1 nogueira, 1 castiñeiro, 1 carballo, 3 teixos, 1 mazaira e 20 xestas híbridas de cores. O día, en canto á climatoloxía, non puido estar millor. Coido que pasamos unha hora disfrutando dun traballo ben feito. -

No curso 10-11 calculouse a posición en plano Autocad de novas árbores tomando como referencia dous puntos xa presentes no plano (neste caso dúas árbores) facendo un horizonte imaxinario desde o que se proxectan dous ángulos. A intersección dos mesmos danos a posición da árbore.

59


-

Na última semana de marzo, o alumnado de 3º e 4º de E.S.O., fixeron un traballo no Bañal que, por primeira vez, non era de plantar. Comezaron facendo na clase de tecnoloxía, co seu profesor Daniel, un esquema da nosa tartaruga nun programa de autocad. A idea é facer un laberinto coa forma da nosa mascota.

-

Xa no Bañal fixeron o trazado correspondente para que, nunha vindeira saída que será no mes de maio, sexa plantada por toda a contorna, con buxo ou loureiro romano. Esta plantación queremos que a faiga o alumnado máis pequeño do Centro. Tiveron un día de sol, aínda que con algo de vento. A xornada resultou do máis aproveitada tanto para o alumnado como para os tres mestres que foron con eles.

60


61


-

O 26 de maio fomos ata o Bañal para continuar conformando a área recreativa que queremos conseguir. Eran 75 alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria acompañados de 9 mestres. A actividade consistiu en plantar sobre 200 buxos facendo o contorno da nosa tartaruga coa idea de facer un labirinto. Logo de plantar houbo que regar e ir ata o pozo a encher as regadeiras. Co traballo ben feito xa puidemos merendar e xogar a diferentes xogos, incluso pasear.

62


63


SAÍDAS DE CARÁCTER MEDIOAMBIENTAL Como complemento ás actividades que desenvolvemos ó longo do curso no colexio, durante o mesmo realízanse distintas saídas encamiñadas ó coñecemento das distintas realidades da natureza tanto no ámbito galego coma doutras comunidades. Así temos que o alumnado de Infantil foi no mes de maio ao muíño de Pedroso.Alí fixeron actividades en contacto coa natureza, así como todo o proceso de elaboración do pan.

64


Por outra banda o alumnado de Primaria foi de excursión a Viveiro e arredores. Alí o alumnado de 5º e 6º visitaron o Museo de Regal onde fixeron obradoiros co barro. O alumnado de 1º a 4º visitaron o barco-museo en Burela e o Museo do Mar en San Cibrao. Xantaron todos xuntos no parque de Covas e remataron a excursión cunha visitacamiñata ao eucaliptal de Chavín.

65


E seguindo co marcado carácter ecolóxico fixerónse igualmente excursións en Secundaria. No outono fixeron unha saída a recoller cogumelos polos montes da zona. Acompañaronos membros da asociación micolóxica, “Poupariña”, da nosa localidade. Con estes productos fixeron unha exposición da que se fai mención no apartado de Secundaria desta memoria. O día 9 de maio os cursos de 3º e 4º da E.S.O. foron pasar o día á Finca Galea onde estiveron en contacto coa auga en todos os seus ámbitos.

O sábado 4 de xuño celebrouse a Festa de voz Natura, a festa conxunta de tódolos colexios e asociacións que participan no programa medioambiental de Voz Natura. Como tódolos anos celebrouse no parque de Culleredo, e o grupo de pais, nais, alumnos/as e mestras disfrutamos dun estupendo día de bo tempo e de moitas actividades, das que os peques gozaron moito máis.

66


67


Dende os departamentos de AMA, Museo e E.F. organizouse unha camiñata pola nosa vila. Desta maneira o luns 20 de xuño foi o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria xunto con sete mestres e acompañados dunha policía local nos tramos que van dende o cole ata a ponte de Isabel II. A idea era coñecer un pouco do que temos no noso pobo e así puidemos escoitar, por parte de José Mª, información moi interesante sobre hórreos, cruceiros e pontes. Igualmente houbo unha investigación sobre a vexetación, en concreto sobre as árbores que hai no entorno destes monumentos. Andiveron cerca de tres horas en total. Fixeron unha parada na Fraga, preto do Pavillón. Alí merendaron e xogaron un bo anaco. De volta nas aulas comentaban o interesante que resultou esta actividade.

68


69


SAテ好AS NO XORNAL

70


CONCIENCIACIÓN Como colofón a esta memoria queremos facer fincapé no máis importante de todo que é a labor fundamental de conquerir que os/as nosos/as rapaces/as acaden un espíritu de compromiso coa conservación e mantemento do noso patrimonio natural, cultural e histórico.

Coidamos que todo este traballo é unha caixa de resoancia que traspasa os lindes do alumnado, o que se reflexa en feitos como son a colaboración das familias, sobre todo un pequeno grupo de pais, demostrada cada vez que se lles pide a súa axuda e participación, co que pensamos que esta implicación se leva ao ámbito da vida familiar cotiá.

Tamén debemos agradecer a axuda de empresarios locais que nos botan unha man cando a precisamos, así como á Voz de Galicia que subvenciona unha parte destas actividades, e por último ao Concello das Pontes e a empresas locais que sempre están dispostas a colaborar con nós en todo o que lle pedimos.

A todos, moitas grazas e ¡ánimo! para que a cousa siga así moitos anos.

As Pontes a 30 de xuño de 2011

71


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.