Ola nenos e nenas! Son Rosendo. Xa estou aquí outra vez para darvos a benvida a un novo curso. Mirade que poemas mais outonais atopei nos libros da biblioteca! Que vos parece se para comezar adicades un tempo a recitar e a ilustralos? Ademais, como sei que no noso colexio temos moi bos escritores, achégovos este froito do outono para que poñades nel cousas relativas a esta estación do ano (fotos, adiviñas, debuxos, poesías, refráns,…). A ver que se vos ocorre… Cando os teñades preparados levádeos
á
biblioteca. Teño
alí
preparada para recibir as vosas creacións. Un biquiño de babas de caracol para todos!
unha
cestiña