Como facer unha presentacion oral

Page 1

Presentacións orais, páx 1

COMO FACER UNHA PRESENTACIÓN ORAL Unha presentación oral é a explicación dun tema a un grupo de oíntes, a fin de transmitir coñecemento ou para fomentar unha discusión. 1. COMO ELABORAR UNHA BOA PRESENTACIÓN. 1.1. Elementos dunha presentación: 

Portada: a primeira diapositiva debe ter o título do traballo e o nome do autor/a.

Introdución: Resumo global do tema que se vai a expoñer, cal é a súa importancia e como se vai organizar a exposición.

Desenvolvemento: Exposición da totalidade do tema de maneira resumida, clara e concisa.

Conclusión: Resumo das ideas máis importantes que se queren transmitir na exposición. Podemos rematar cunha invitación á reflexión ou á acción.

Fontes consultadas, bibliografía ou webgrafía: É necesario citar as fontes de información que consultamos para elaborar o traballo. As fontes deben ser fiables e verificables.

Peche: Un bo peche é importante. Pódese empregar unha cita ou unha imaxe que resuma toda a presentación. Finalizamos agradecendo a atención da audiencia e pasando á quenda de preguntas.

1.2 Consellos para elaborar unha presentación con diapositivas. En xeral, unha presentación debe ser simple, sen información superflua, e sen recargar con demasiada información as diapositivas. 

Inclúe unha idea central por diapositiva. Se isto no é posible distribúe a información en varias diapositivas de forma lóxica.

As diapositivas non debe ter moito texto: introduce o mínimo de información pero ben organizada.

O texto debe ser dun tamaño aceptable, fácil de ler. É recomendable usar a mesma fonte e non empregar moitas cores nos textos ou nos fondos.

Non abuses das animacións ou efectos especiais nas transicións das diapositivas, se non melloran a exposición, non as utilices.

Emprega imaxes, gráficos, esquemas e fotografías que sirvan para clarificar e complementar a información que se da oralmente.

2. REALIZAR A EXPOSICIÓN. 2.1 Preparación previa A preparación é a clave para dar unha presentación eficaz e evitar o nerviosismo no momento de expoñer • Coñece ben o teu tema. Busca información e aprende o que podas sobre o tema. Non tes que ler todos os libros ou páxinas web que existan, pero tes que ser capaz de responder ás preguntas do o profesor ou compañeiros. Tes que ser o experto sobre o tema en clase. • Ten preparado o que vas dicir. Podes escribir un guión coas ideas principais, pero non os detalles. Escribe algunhas curiosidades, preguntas e outras actividades interactivas para compartir coa clase. • Non esquezas comprobar a ortografía . 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.