Arte Románica

Page 1


ARTE ROMÁNICA I ARQUITECTURA Curso 07/08 1.- Abadía de Clunny, XI-XII 2.- Igrexa da Madeleine. Vezelay. 1120-1140 3.- Catedral de Angulema. 1110 4.- Catedral de Autun. 1120-1130 5.- Saint-Sernin de Toulouse. 1080-1120 6.- Ig. de Peregrinación de Saínte Foy de Conques. FXI-prXII 7.- Catedral de Durham. Inglaterra 1093-1137 8.- San Miguel de Hildescheim Alemaña consagrada en 1033 9.- Catedral, Campanile e Baptisterio de Pisa. Italia 1063- XII. Da 2ª mtd XII son o campanario e o baptisterio 10.- San Miniato al Monte. Florencia. Italia Iniciada en 1013 1.- Muralla e porta de san Vicente. Ávila 2.- Salas baixas do pazo de Xelmirez. Santiago 3.- Mosteiro de Sta. María. Ripoll. Xirona XI 4.- Igrexa de san Vicente. Cardona (Barcelona) 1019-1040 5.- Mosteiro de san Pedro de Rodes. Xirona XI 6.- San Climent de Tahull. Lleida Consagrada en 1123 7.- San Millán. Segovia fXI-XII 8.- San Esteban. Segovia XII 9.- San Xoán da Pena. Aragón, XII 10.- Santa María de Eunate. Navarra 11.- Claustro da colexiata de Santillana del Mar. Cantabria fs XII- pr XIII

ARTE ROMÁNICA II ARQUITECTURA O CAMIÑO DE SANTIAGO 1.- Mapa do Camiño 2.- Catedral de Jaca. Huesca fXI-pr XII 3.- San Martiño de Frómista. Palencia Finais XI 4.- San Isidoro de León XII 5.- San Xoán de Portomarín. Lugo XII-XIII transición ó gótico

ARTE ROMÁNICA III ARQUITECTURA A CATEDRAL DE SANTIAGO 02/03 Integración harmónica de elementos arquitectónicos. Direccionalidade cara ó altar, o centro focal é o presbiterio. Significado simbólico de “percorrido e meta”. Igrexa do camiño. Verticalidade do Románico Pleno. Solidez: simboloxía da igrexa como lugar de protección. 90m da nave maior, 65 na menor, nave central de 8 m de ancho o dobre cas laterais, 22 de alto. A máis perfecta das cinco de peregrinación: san Martiño de Tours, Santa Fe de Conques, san Marcial de Limoges e San Sernin de Tolouse. ETAPAS CONSTRUCTIVAS: 1077-1078 Afonso VI e o bispo Diego Peláez 1100-1124: bispado de Diego Xelmírez 1168-1211: Mestre Mateo 1.- Planta actual 2.- Planta medieval


3.- Reconstrucción hipotética do testeiro (Connant) 4.- Reconstrucción hipotética da fachada (Connant) 5.- Nave central 6.- Nave do cruceiro desde acibachería 7.- Perspectiva da nave central desde o cruceiro 8.- O presbiterio desde o transepto 9.- Nave lateral 10.- Vista parcial da xirola 11.- Alzado e cuberta da xirola 12.- Efectos lumínicos desde o presbiterio 13.- Cúpula do transepto As portadas da catedral no programa iconográfico proxectado no 1100: Un programa único para as tres entradas, o da porta norte ou Paraíso desapareceu, o da sur ou Praterías está moi alterado e o da oeste nunca se chegou a construír. Porta Norte ou do Paraíso: Cristo no centro no trono bendicindo e cun libro; ó seu redor están os catro evanxelistas.; á dereita está o Paraíso con cristo, Adán e Eva; á esquerda Cristo votando do paraíso a Adán e Eva; tamén había moitas figuras de santos, bestas, homes, anxos, mulleres, flores. Dualismo redención-pecado. Moitas destas figuras foron levadas no XVIII á porta das Praterías: así algunhas figuras alusivas ó pecado como a: - serea e o centauro; -o David que alude ó Señor como vencedor do mal; sentado no trono e ten aos pés un león, mentres toca a viola, o qye fusiona as calidades artísticas de David co seu dominio sobre as feras, isto é, sobre o mal. A súa presenza na fachada estaba en función de ser unha “prefiguración de Cristo como vencedor do mal, do seu aspecto trunfante, en contrate co sacrifio de Isaac, que anunciaba a personalidade sufridora do Salvador, desenvolvida nos relevos da paixón de Praterías” (S. Moralejo) -unha muller que leva no colo a un cachorro de león, alusión ó león de Judá e tamén alude a Cristo trunfante; -figura humana cun galo e serpe que significa a Cristo como vencedor do mal, xa que estes dous animais xuntos son a a imaxe do basilisco. -Pantocrátor, situado nun lateral. -Expulsión do Paraíso, a creación de Adán, a creación de Eva

FACHADA SUR DE PRATERÍAS Dedicada a Cristo e a súa dobre natureza. Lese de dereita a esquerda. Tímpano dereito: na parte superior unha representación da epifanía e na inferior varias escenas da Paixón (coroazón, flaxelación, traizón de Xudas) e a Cristo curando a un cego. Con este tímpano exprésase a dobre natureza de Xesús. A Paixón alude a súa condición humana. Pola Epifanía quérese significar a súa divindade. A escena do cego sinal que é o fillo de Deus Tímpano esquerdo representa as tentacións de Xesús e unha imaxe de Eva cunha caveira no regazo. Significa a victoria de Cristo sobre o pecado (pola representación da superación das tentacións) e a morte (imaxe de Eva que leva a morte no seu colo) Os dous tímpanos están unidos polo friso que hai sobre as portas no que figuraban Cristo acompañado polos apóstolos e santos dispostos baixo arquearías. Parteluz: columnas en mármore do país. Fuste figurados con apóstolos, anxos e outros personaxes. Chapiteis de granito. -Sobre o cimacio central (e nos contrafortes que flanquean as portas) están ameazantes leóns, como custodios das portas do templo. -Posible Moisés polas táboas que sostén contra o seu peito.


-Abraham. -Beau Dieu, do século XIII -Seis nenos do coro pétreo (á dereita do Bon Deus), colocadas no XIX por López Ferreiro -Santiago entre cipreses (á esquerda do Bon Deus) -Apóstolos -Sobre a enxuta central: Virxe da Anunciación do románico serodio. A fachada sufrirá fortes remodelacións a raíz do incendio da catedral en 1117. Os autores: O Mestre Estevo é o probable creador do programa iconográfico. Traballa na fábrica ata 1101. Ten as obras de maior calidade. Fai a acrótera e canzorros da capela de santa Fe, algúns fustes da porta norte e varios relevos: a creación de Adán, David, Eva co cranio, san Andrés. Figuras caracterizadas pola carga vital, estudios das anatomías, sempre caracteriza ós rostros cos beizos grosos, ollos avultados e fazulas inchadas; o cabelo sempre con guedellas ou guedellas soltas. Os dobrados están dispostos buscando unha forma paralela e debuxando un “U” no seu conxunto. O mestre do Año e o mestre da Traizón son relacionables coa escola que enlaza Jaca con León, non son discípulos de Estevo pero a súa poderosa personalidade vai influír neles. O Mestre do Año, así recoñecible por ser o autor da porta do Año en san Isidoro de León. Pantocrátor da porta norte, anxo que fai de Mateo, representación de Eva. Volumes moi xeometrizados e puídos; monótono tratamento das anatomías e na forma de dispor os panos, rostros inexpresivos. O Mestre da Traizón, que traballara na Porta do Perdón de san Isidoro de León. Traballa no tímpano dereito das Praterías, na expulsión do Paraíso. Estilo narrativo e clara tendencia ó vulto redondo; deixa as pupilas escavadas e as guías dos bigotes cara arriba; dobrados grosos e de sección cilíndrica. O traballo destes dous mestres será anterior en Santiago que en León onde teñen unha obra máis evolucionada e amosan unha profunda asimilación das fórmulas de Estevo 14.- Portada das Praterías 15.- Piar central de Praterías 16.- Tímpanos e frisos de Praterías 17.- Friso de Praterías 18.- Contraforte occidental de Praterías 19.- Tímpano da porta dereita de Praterías 20.- Tímpano da porta esquerda de Praterías 21.- Detalle do tímpano esquerdo 22.- Detalle do contraforte occ. David salmista 23.- Detalle do contraforte occ.: a creación de Adán

O PÓRTICO DA GLORIA O Mestre Mateo: traballa en Compostela desde 1168. O tímpano do pórtico foi colocado en 1188. A súa obra manifesta unha formación en múltiples fontes que sinalan ao mestre como unha personalidade única no ambiente hispano do seu tempo. O Mestre Mateo coñece a arte que se está a facer na España septentrional, cristiá e románica, e na meridional, islámica. Tamén coñece Mateo outras fórmulas empregadas na Europa Occidental, sobre todo Italia e Francia. A súa formación de artista é,pois, dunha amplitude case incomprensible.


A súa obra pode caracterizarse polo naturalismo das esculturas do Pórtico, a creación dun canon de beleza, a idealización, a expresión clara de ideas, o interese polo vulto redondo, suaviza o modelado das cabezas na busca da serenidade, brandura nos panos, relevo pouco profundo, finura das guedellas, proxección dos pregues cara aos lados, emprego dun característico escote de embude co seu fronte plano. Tratamento individualizados das figuras, expresividade facial, dinamismo, indicios de movemento, perda da frontalidade e da rixidez románica, coherencia grupal. Son características que achegan ao Mestre Mateo ao mundo gótico. O Mestre Mateo dirixirá a fachada e o pórtico occidental da catedral, o coro, o claustro. Fronte á concepción medieval do artista como un artesán, o Mestre Mateo acadou notoria importancia en vida, como revela un documento no que Fernando II comprométese a que “como pensión, concédoche a ti, mestre Mateo, que posúes a primacía e o maxisterio da obra do citado apóstolo (Santiago), cada ano a percepción de dous marcos á semana, sobre a miña metade de moeda de Santiago,... de xeito que esta percepción te represente cen morabetíns anuais. Esta pensión... doucha durante toda a túa vida”. Trátase dunha pensión excepcional para un artista excepcional.

A ESCULTURA ROMÁNICA Carácter docente das representación. A A.R. instaura en Europa a escultura monumental. Escultura incorporada e dependente da arquitectura. Tendencia anicónica afectou principalmente ó vulto redondo, que se identificaba co culto pagán ós ídolos. Ó non ter referentes inmediatos no pasado o escultor románico ten grandes problemas: seleccionar fonte, aprender unha técnica, crear unha iconografía, incorporar as esculturas a un edificio formando un conxunto harmónico no que coexistan a función decorativa e a docente. Orixes: xurde en varios focos simultaneamente a pr. XI Influencia das tallas en marfil (tímpano de Moissac) O escultor románico fai a súa arte en dous lugares: portadas e capiteis. A preocupación educativa actúa en detrimento de todo o que sexa beleza formal, prímase o contido sobre a forma o que conduce, por medio da abstracción, ó emprego de símbolos e alegorías, converténdose unha arte intelectual. Problema da incorporación da escultura ó edificio: a “Lei do marco” así as figuras se alongan ou deforman se é preciso. Horror vaccui

Outro condicionamento: as representacións deben identificarse co contido espiritual que conteñen. Desexo de expresar o contido espiritual da figura aínda que vaia en perxuizo da beleza aparente. Así Cristo represéntase ríxido, hierático, cos ollos abertos e unha grande serenidade, dominando coa súa maxestática divindade sobre o home. A Virxe tamén participa desta grandeza, mantén ó neno ríxido sobre o seu colo, como trono da divindade ou ben permanece de pe xunto á cruz. 1.- O soño dos Magos, Catedral de Autun. 2.- Eva na catedral de Autun XII 3.- Portada de saint Pierre de Moissac. 1130 4.- Tímpano de santa Madeleine de Vezelay XII 5.- Tímpano de santa Fe de Conques 6.- Tímpano da porta occidental de catedral de Jaca 7.- Tímpano do año de san Isidoro de León XII 8.- Tímpano do perdón de san Isidoro de León XII


9.- Portada do Mosteiro de Ripoll 9.- Claustro de santo Domingos de Silos

PINTURA ROMÁNICA Orixes: posibles influencias da arte carolinxia, otoniana, bárbara, bizantina. Cronoloxía: límites imprecisos XI-XII Características: Debuxo groso como contorno e separando as superficies cromáticas. Carencia de profundidade e de luz: pintura bidimensional. Disposición frontal e en xustaposición. Cor case pura sen tonalidades e disposición plana. Gama cromática reducida (en España poden distinguirse os tradicionais que empregan só branco, negro e terras e os artistas foráneos que empregan azul, carmín, laranxada e verde ademais dos anteriores –Tahull). Falta de volume. Abundancia de simbolismo. Resaltan as partes máis expresivas do corpo. As forma vexetais son estilizadas e xeométricas.”Respecto ó muro”: non só adaptación ó marco arquitectónico senón adaptación das tintas planas por principio e con enteiro dominio; a pintura non desexa “abrir” o muro con ilusorias perspectivas. É unha arte non naturalista, pouco realista, cunha tendencia a ser unha linguaxe de signos gráficos para explicar máis que describir feitos, libros, milagres, vidas... Pero é unha pintura interesante e significativa. Di o que pretende dicir, sen perder o tempo en engadir outras significacións. O espacio non era real nin pretendía selo, senón que era ideal, atemporal, simbólico. Nas imaxes deben quedar fóra as características temporais e accidentais e permanecer só os carácteres máis sobranceiros e permanentes e, por iso, os máis perfectos. É unha pintura expresiva de función didáctica que pretende transmitir unha mensaxe relixiosa e é, polo tanto, simbólica polo que non intenta representar tanto a vida terreal senón a sobrenatural Localización e técnicas: -Muro: técnica ó fresco húmido (Francia), fresco en seco e mesturas ó temple. Esbózase no muro un debuxo ó trazo para fixar contornos e dirixir a aplicación da cor. En España predomina o temple. -ábsidas: escenas de maxestade (Pantocrátor e Virxe). Idealmente a composición románica tería unha expresión radial centrada na conca absidal. -muros e bóvedas: ciclos narrativos, imaxes illadas. Son un espacio-camiño cara ó altar, onde o narrativo suplanta ó sintético. -enxutas dos arcos: santos, apóstolos e profetas -Táboa: técnica ó temple. Destaca Cataluña no XII -frontal dos altares -Papel: gouache en libros miniados -códices, beatos; escenas de todo tipo, vexetais Temática e iconografía: predominio dos relixiosos. Menos riqueza que no programa iconográfico gótico. Conservadorismo no xeito da representación. Os principais temas son: visións apocalípticas (Cristo na gloria, cos símbolos dos evanxelistas); ciclos da vida de Cristo (Anunciación, Visitación, Natividade, Epifanía,, etc); a Virxe; outros temas (algúns deles profanos). 1.- Ábsida de san Clemente de Tahull. Museo de Arte de Cataluña Pr II 2.- Ábsida de santa María de Tahull M. de Arte de Cataluña FXI-Pr XII 3.- Adoración dos pastores do Panteón de San Isidoro de León XII 4.- Escenas do Xénese de Maderuelo) M. do Prado XII 5.- Cacería de san Baudelio de Berlanga M. do Prado


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.