Grecia-4

Page 1

GRECIA


CRONOLOXÍA: Período Arcaico Mediados do sec. VII a.C. ata as Guerras Persas (490-479 a.C.) Período Clásico por excelencia do 479 a.C. (remate das Guerras Persas ou Médicas) ata o 431 principio da Guerra do Peloponeso, rematando o clásico no 404 a.C. coa derrota de Atenas polos espartanos, ou coa chegada de Alexandre Magno no 336 a. C. Ou coa súa morte en 323 a.C. Período Helenístico: do 336 a.C. á conquista de Grecia por Roma. ARQUITECTURA: “O templo grego caracterízase por un defecto moi importante e por unha supremacía indiscutible a través de toda a historia. O defecto consiste na ignorancia do espacio interno; a gloria na escala humana (…) Quen investigue arquitectonicamente o templo grego, buscando en primeiro lugar unha concepción espacial terá fuxir horrorizado sinalándoo ameazadoramente como típico exemplar de non-arquitectura. Pero quen se achegue ó Partenón e o contemple como unha gran escultura, ficará impresionado (…) O espacio interno do templo grego non foi nunca pensado creadoramente porque non respondía a funcións e intereses sociais: mais ben era un espacio sinxela e literalmente pechado, o espacio interior así pechado é, xustamente, característico da escultura. O templo grego non estaba concibido coma casa dos fieis, senón como a morada impenetrable dos deuses. Os ritos desenvolvíanse no exterior, no contorno dos templos e toda a atención e o amor dos escultores-arquitectos foron dedicados ó embelecemento do exterior. (…) A historia da arquitectura das acrópoles é esencialemente unha historia urbanística, onde trunfa pola humanidade das súas dimensións e proporcións.. (…) no templo grego as persoas camiñan tan só no peristilo. (…). Bruno ZEVI. Saber ver la arquitectura.

TEMPLOS: Non foron feitos para acoller a fieles senón para gardar as estatuas dos deuses. Estructura moi semellante: naos, pronaos e opistodomus

A ESCULTURA Fonte informativas: desapareceron a maioría. Grande parte das conservadas son copias romanas. Relatos de escritores e inscicións complementarias. Temas: carácter relixioso nos primeiros tempos. A maioría das conservadas son de carácter arquitectónico. Houbo escultura conmemorativa (victoria bélica, deportiva…) Grande demanda de monumentos funerarios. Retrato a partir do sec. V a.C. Homes espidos, mulleres vestidas. Mulleres unicamente en pedra. Escaso traballo da roupa, desde md.VI a.C. melloran moito os plegues. Materiais: pedra caliza, mármore, bronce (coa técnica da cera perdida), terracota, madeira, combinación de ouro e marfil. Policromía. Desde o VII a.C. esculpen en mármore seguindo tipo e técnicas exipcias, método de traballo e tamén as proporcións. Diferencias con Exipto: de escultura naturalista a unha grega máis abstracta, non debería parecer a un home concreto senón ser un obxecto fermoso en si mesmo (polo tanto repetirán os modelos dun xeito reiterado) o que conseguían con:


-a simetría: doada de conseguir sobre un eixe vertical pero tamén hai eixes horizontais (ombligo, entre a clavícula e músculos pectorais) -a repetición exacta das formas: liña da cella segue a do párpado superior, as contas do pelo repetidas -o emprego das mesmas formas en distintas escalas: W dos pectorais repítese sobre as rótulas, a V da división torso-perna repítese nos codos. Son obras máis satisfactorias desde o punto de vista estético que as naturalistas uniformes dos exipcios; buscaban o equilibrio entre a naturalidade e o deseño. Os gregos facían koroi con tres finalidades: servir como un obxecto fermoso dedicado a un deus; representación dun deus; ser o memorial dun home, ás veces sobre unha tumba. Kouros (sing)- koroi (pl): xove de pe en actitude frontal, co pe dereito lixeiramente avanzado, os brazos xeralmente moi pegados ós costados, ás veces pregados polos cóbados, e as mans pechadas, coa pedra sobrante no seu interior sen tallar, ou apretadas contra o corpo. Mesma posición ca Exipto pero sen o piar de soporte. O éxito do escultor estaba garantido se repetía as formas xa coñecidas pero comezaron a facer pequenas innovación producindio uns koroi dun naturalismo cada vez maior: Kourós atopado en Anavyssos ca.530 (530cm.) escultura sepulcral: ventaxas é máis tridimensional pero cun pelo moi semellante ó anterior, polo que as hinchadas formas naturais do corpo chocan coa artificial rixidez do pelo composto a base de contas Kouros Aristodikos, 500 a.C., de 195 cm., sepulcral, é máis naturalista, resolveuse o problema do pelo ó ser cortado pero ten unha forma-pose pouco natural De Kritios, 480 a.C., 86 cm. Resólvese o problema da falta de naturalidade cambiando a forma: cabeza con leve xiro, peso na perna traseira e levantando un pouco a cadeira dese lado. A estatua ten vida (o escultor tivo que facer catro debuxos no mármore e non dous como ata entón)

CARACTERÍSTICAS NA ÉPOCA ARCAICA: -Técnica: golpe de punteiro aplicado ó bloque en ángulo recto o que produce na escultura catro caras ben diferenciadas. -Tema: Predominio da figura humana (o home coma o eixe central da arte) -Esculturas de tamaño natural con tendencia ó colosal en mármore con policromía en ollos e cabelos -Nu masculino como exaltación da beleza física con sonriso arcaico e ollos amendoados. Koúroi-koúros e menos korai -Mesmos convencionalismos que na esculutra oriental (frontalidade, hieratismo, estatismo, formas pechadas, tendencia á xeometría) mais cun lento camiñar cara ó naturalismo.

CARACTERÍSTICAS NA ÉPOCA CLÁSICA: Técnica: Trabállase con punteiro pero sobre todo con cincel plano, cincel dentado e trépano e con técnica mecánica de traslado do proxecto do modelo ó mármore. -Temas: mitoloxía de deuses e heroes -Busca da beleza: estudio matemático das proporcións dun corpo perfecto.


-Progresión rápida cara ó naturalismo (non realismo) é dicir que a obra pasa antes pola mente do autor onde fai o modelo perfecto. -A beleza tamén é interior e espiritual.

CARACTERÍSTICAS NO SÉCULO IV (II CLASICISMO): -Crecente realismo cun maior cultivo do retrato (interese pola diferenciación) -Maior expresión dos sentimentos humanos. -Tratamento máis cotidián dos asuntos relixiosos -Perdura o idealismo clásico buscando novos prototipos de beleza ideal.

CARACTERÍSTICAS NA ÉPOCA HELENÍSTICA: -Grande variade de temas: cultívase o nu, os matices individuais, o retrato, pérdese o interese polos vellos deuses (só se mantén o de Venus) -A maior parte das obras son de autor descoñecido posto que se traballa en equipos (escolas) -Fanse moitas copias de obras clásicas. -Mestura de tradición clásica, orientalismo e nova concepción da vida.


GRECIA DIAPOSITIVAS

Curso 2007/2008

ARQUITECTURA 1.- A Orde Dórica 2.- As Ordes Xónica e Corintia 3.- Plantas de templos. 4.- Templo do Tesouro dos atenienses en Delfos, 490 a.c. 5.- Templode Hera en Paestum, chamado de Poseidón, 460-450 a.c. 6.- Acrópole ateniense. 7.- Partenón, Ictino e Calícrates, 480, consagarado en 438, rematado en 432 a.c. 8.- Templo de Atenea Niké, Niké Áptera, de Calícrates 429 a.c. 8.- Erecteion de Atenas, 421-408, probablemente de Menesicles 9.- Tribuna das Cariátides de Calímacos 10.- Propileos da Acrópole, Menesicles, 436 a.c. 11.- Templo de Atenea Pronaia no Santuario de Delfos, Teodoto, 350 a.c. 12.- Teatro de Epidauro, Policleto, o mozo, 350 a.C. 12.000 espectadores. 13.- Altar de Zeus de Pérgamo (M. de Berlín), Eumenes II, no 180 a.C. 14.- Templo de Zeus Olímpico de Atenas a.c. 174 a.c. 131dc.

ESCULTURA 1.- Dama de Auxerre (M. Louvre), 650 a.c. 2.- Hera de Samos (M. Louvre) , 550 a.c. 3.- Koré do peplo,(M. da Acrópole), VI a.c. 4.- Koré, 490 (M. da Acrópole) 490 a.c. 5.- Kuros Anavissos, ca. 530 a.C., 196 cm. 6.- Apolo Piombino, ca. 500 a.c. 7.- Apolo arcaico (M. Atenas), 8.- O Moscóforo, 9.- Auriga de Delfos (M. Delfos). Probablemente de Pitágoras de rexio, 474 a.c. 10.- Relevo co Nacemento de Venus do Trono Ludovisi (M. Nápoles), ca.. 460 a.C. 11.- Discóbolo de Mirón (M. das Termas de Roma), ca.450 a.C. 12.- Friso do Partenón, Fideas, V a.c. 13.- Ateneas Parthenos e Atena Lemnia 14.- Friso do Partenón de Fideas: cabalgata, doncellas (M. Británico). 15.- Friso do Partenón de Fideas: procesión das Panateneas, deuses (Hermes, Dionisios, Démeter, Ares) 16.- Frontón Oriental do Partenón de Fideas: As Parcas, deidades fúnebres.; Cabalo de Selene; Dionisios; Démeter e a súa fillas; 17.- Frontón oriental e frontón occidental 18.- Metopa do Partenón: Batalla entre centauros e lapitas; outro exemplo. 19.- Victoria atando a sandalia, escola de Fideas. 20.- O Doríforo de Policleto (M. Nápoles) Segunda metade do sec. V a.C., ca. 440 a.C. 21.- O Diadumeno de Policleto ( M. Arenas). 22.- O Apoxiomeno de Lisipo (M. Vaticano).ca. 330 a.c. orixinal en bronce 23.- Hércules Farnesio de Lisipo (M. Nápoles). Ca. 320, 317 cm. 24.- Apolo sauróctonos, Praxiteles, 350 ac. (M. Louvre) 25.- Hermes co neno Dioniso, Praxiteles, ca. 340 26.- Venus de Arles, Praxiteles, 350-330, (M. Louvre) 27.- Venus de Cnido, Praxitels, ca. 350, (M. Vaticanos)


28.- Ménade de Scopas, principio do sec. IV (M. Dresde) 29.- Laocoonte (M. Vaticano), sec. I a.C. 30.- Relevo do Altar de Pérgamo (M. Berlín). 31.- Galo moribundo (M. Capitolio). da Escola de Pérgamo 32.- Victoria de Samotracia (M. Louvre) da Escola de Rodas, probablemente de Pitócritos 33.- Venus de Milo (M. Louvre). II a.C. 34.- Neno da espiña (M. Capitolio de Roma). , II-I a.C. 35.- O Nilo (M. Vaticano). da Escola de Alexandría

CERÁMICA 1.-Estilo Xeométrico de Dypilón, sec. IX-VII a.C.: xeométric, abstracto, decorativo . 2.Época arcaica de figuras negras, sec. VI a.C Atenas . 3.- Vaso do pintor Exequias, segunda metade do VI a.C., con Ulises e Ayax xogando ós dados. 4.- Época Clásica de figuras vermellasI


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.