![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/60e7e6b267525556a68ab233add4ecd9.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
6 minute read
VISITA E ENTREVISTA POLO 11 F – MARILUZ RODRÍGUEZ
from Pallares 22/23
by anxogb
(BIÓLOGA)
Alumnado de 4º de Educación primaria Mariluz Rodríguez é unha científica que traballa investigando temas relacionados coa auga e os solos. Parécenos destacable o seu traballo porque cremos importante saber como está a auga que bebemos e que a está ao noso arredor, nas fontes ou nos regueiros. Por iso, veu visitarnos ao cole o Día da Nena e a Muller na Ciencia, que é o 11 de febreiro. Realmente veu dous días porque no primeiro nos explicou como era o seu traballo. No segundo analizamos augas que trouxeramos da casa, e tamén observamos con microscopio terra do río Miño. Aproveitamos que estaba aquí para facerlle unha entrevista e coñecer máis cousas do seu traballo.
Advertisement
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/bdf98f873546d561b6a210dcbb1c36b6.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/1e5011f5e3e48688beb7c2555faa22b3.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Por que quixeches facerte científica?
Os meus profesores de universidade foron os que me introduciron neste mundo. En bioloxía tocamos varias ramas (a microbioloxía, os animais, a xenética, o medio ambiente). Un dos profesores deunos os temas de medio ambiente, de xeoloxía, de solos, de augas. Iso foi o que me levou a encamiñar a miña liña de investigación por aí.
Cando comezaches no mundo da ciencia?
Unha vez que terminei a carreira. Primeiro fixen licenciatura en bioloxía, e unha cousa levou á outra, porque cando rematei pedín unha bolsa para ir ao estranxeiro e funme a Bos Aires (Arxentina), a unha facultade de edafoloxía, é dicir, onde se estudan os solos. A partir de aí foi cando comecei a miña investigación con solos e augas. Rematei a carreira no 2001, ata agora, levo case 21 anos.
Que investigas concretamente? Cal é o teu ámbito científico? Que fas na universidade?
Por un lado fago investigación e por outro lado fago docencia. Ensino xeografía, edafoloxía (a ciencia que estuda os solos), xeoloxía. Ensinei unha disciplina que se chama Sistemas de representación xeográfica, que serve para aprender a facer mapas, para facer medicións con mapas.
E despois fago investigación, en augas, en solos e tamén en patrimonio natural. É dicir, poñer en valor as rochas, os bosques, os solos para que a xente saiba o valor que ten. Sabemos o que é a muralla de Lugo e sabemos que hai que protexela. Pois temos moitísimas cousas naturais que non foron construídas polo ser humano e que temos que protexer: os bosques, a calidade das augas e o ríos, as fervenzas...
E tamén outras das cousas que fago é divulgar o que facemos na universidade para que a xente coñeza que existen determinados sitios que son importantes porque se as persoas non sabemos o que hai alí, non o temos en conta. Seguro que na vosa contorna hai cousas moi interesantes e non sabemos que as tedes.
Como investigas? Traballas con outras persoas?
Facemos traballo de campo e logo o laboratorio. É moi importante traballar en equipo porque unha persoa sabe dunha cousa e outra sabe de outra, do que se trata é de achegar todos. Saber traballar en equipo é moi importante, saber escoitar, saber valorar os que non pensan coma nós, tan importante como valorar os que si pensan coma nós
Como é o teu laboratorio?
Como traballo en dúas universidades, teño dous laboratorios. O laboratorio na Universidade da Coruña é como unha cociña. Utilizamos moitísimos instrumentos. Temos para facer análises, para coller as mostras, para pesalas, como balanzas. Necesitamos estufas, peneiras, vasos de precipitados, funís...
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/401ed736f6ea62f2b99982a5261ce436.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Nunca pode traballar unha persoa soa no laboratorio, sempre hai que estar acompañado porque pode pasar calquera cousa e se non tes a ninguén preto, non che poden axudar pronto.
Na universidade en Ourense temos menos aparellos de laboratorio porque traballamos máis con mapas e empregamos Internet. Pero, aínda que pensamos que todo está na Rede, non todo o que alí aparece é certo. Temos que valorar se é certo ou non.
Tes que traballar con uniforme?
Non, pero no laboratorio si que poñemos bata. Hai veces que temos que poñer guantes e gafas, depende de con que esteamos traballando, porque para facer algunhas análises empregamos produtos que son un pouco tóxicos.
Cantas horas traballas?
Penso que ao traballar en investigación nunca desconectas, porque moitas veces saes do teu lugar de traballo pero segues levando as cousas na cabeza. E, como ademais, tamén se traballa con xente que está ao outro lado do mundo, ao mellor pedimos ou nos piden cousas a deshora. Ademais, ao traballar en cousas de auga, hai que facelo sobre todo cando o ríos están escuros, que é cando chove. Pois hai que recoller mostras cando chove, e o chover non entende de horarios.
Algunha vez fiches a outros sitios para investigar?
Fixen a carreira na Universidade da Coruña, estiven con esa bolsa da que vos falei en Bos Aires. Tamén estiven en Zaragoza. Despois estiven case tres anos en Portugal co Postgrao. Tamén estiven unhas cantas veces en México. Logo estiven moitos anos como profesora na universidade da Coruña. E, agora mesmo estou na Universidade de Vigo pero no campus de Ourense.
Descubriches algo importante nas túas investigacións? Que descubriches?
Principalmente as nosas achegas á ciencia é saber como se transportan os sedimentos, a pedra e os nutrientes que hai, nas augas. Concretamente cando chegan ás augas, como se transportan deses solos ás augas: Que, cando e onde. E tamén cando se forman as fendas que a veces se forman nos solos. Temos determinado cando se forman, é dicir, canta auga fai falta para que se forme e en que condicións se forman.
Coñeces algún científico importante?
Bueno, no campo no que me movo si que hai xente importante que coñezo porque ao final, unha vez que fas investigacións, é o que te leva a viaxar: vas a diferentes universidades e sitios e isto permíteche coñecer a xente dentro do teu campo.
É a primeira vez que explicas o teu traballo a nenos e nenas?
Non, tamén o fixen no colexio do meu fillo. E logo, dende a universidade levamos a cabo un día que se chama “Ciencia na Rúa”, na que nos poñemos na rúa para explicarlle a quen queira distintos experimentos e así que coñezan o noso traballo.
E, finalmente, se non foses científica, a que te dedicarías?
Pois posiblemente sería e mestra, porque me gusta o contacto coa xente. Creo que é importante transmitir, formar á xente, que saiba e que, ademais, saiba valorar e que sexa boa persoa, porque na educación está todo.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/436e535514f1ee82f8f9deff1155a287.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO EN 5º EP
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/843105eb8945b299fceb8b4243a7dbff.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/5c9be91da952b99c66d285a2d0dd56ff.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Alumnado de 5º de Educación primaria
O día do libro celébrase o día 23 de abril porque ese día faleceron algúns dos escritores máis coñecidos como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nós comezamos a celebralo o día 24 de abril e fixemos distintas actividades durante a semana.
Estivemos escollendo os nosos libros favoritos e presentámolos na biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras de clase.
Tamén debuxamos unha expansión da portada dese libro que máis nos gustaba e xunto ao resto de grupos de primaria expuxémola na entrada do colexio.
Ademais, en grupos cooperativos buscamos argumentos a favor da lectura para despois poder confeccionar un cartel que estará en distintos lugares do centro.
Aquí podedes ler o cartel coas nosas RAZÓNS PARA LER :
Por todo isto animámoste a que escollas a túa razón ou razóns para ler e todos os días do ano goces da maxia dos libros!!!
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/cafa428b37466dec12bf9d06f67f3961.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Elaboraron este artigo: Alba, Carla, Édgar, Iago, Ían, Lara, Marcos, María, Mauro, Noelia, Santiago Arboleda, Santiago Quintá e Uxía, de 5º de Educación primaria.
6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA CO DEPORTE
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/057eb725dafa0388869272adc7224caa.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Alumnado de 6º de Educación primaria
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/ae995612fc3f754ec77c814d8603547f.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/966bad82313d6f6d518fb62edc9c7203.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/eb84bcecdb95740c8f14c76209db1108.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/b344380dc921f5dfde507728fb22b103.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/087ec4452e0014d22d60de7722d2539e.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/236f74671cb65ea7fee3a2350f244923.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/941a4e564b3913204eb8e969613882f1.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Lembranzas
O alumnado de 1º de ESO quixemos participar no festival de Nadal e decidimos escoller a peza de teatro: Lembranzas, que ten tres actos; dada a escaseza de tempo para ensaios, só representamos o primeiro acto que comeza así:
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/589f6a791d4bd415d54599ffe68bb386.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Presentadora: Unha vez máis os rapaces amantes das obras teatrais ímosvos presentar una realidade histórica. Amósanos unha xuntanza e vivencias internacionais nun illado e pobre curruncho que loita pola súa subsistencia á beira dunha das grandes cidades galegas.
Neste acto entrevese unha mensaxe de paz e solidariedade na que están mergullados todos os personaxes: Mohamé, Xosé, Xaquín, Susiño, Manuela, Maruxa e a Lúa.
Cómpre destacar outras intervencións e ante todo o remate do acto:
Mohamé: ─Eu son Mohamé e vendo de todo.
Xaquín: ─Eu son Xaquín e non che merco de nada.
Xosé: ─Mohamé achegouse hoxe por aquí porque as vendas non lle foron do mellor e os cartiños non dan para pagala fonda. Xa lle dixen que no pendello do curruncho poderá soñar que viaxa enriba das súas alfombras desde Galicia a Nixeria.
Xaquín: ─Decátate de que Nixeria está lonxe e pódese quedar a alfombra sen gasolina.
Xosé: ─Déixate de bromas. Mohamé é hoxe o noso hóspede e debemos darlle do mellor.
Xaquín: ─Pois dime galeguiño, ¿qué lle imos dar se nada temos?
Xosé: ─Mira compañeiro. Nunha casa sempre hai algo que compartir. Por outra banda cando se acaban os obxectos, aínda quedan: a ilusión, a esperanza, a bondade…
Mohamé: ─Boas noites e grazas pola vosa hospitalidade.
Susiño: ─Mohamé, só levas dous anos aquí e falas moi ben o galego.
Mohamé: Fáloo porque é unha lingua moi doce.
Como quedamos satisfeitos da nosa representación, en xaneiro repasamos os nosos respectivos papeis e desprazámonos á ResidenciaSanSalvadorde Guntín para compartila coas persoas que viven e traballan nela.
A pesar da máscara que nos limitaba a nosa vocalización, os asistentes mostráronse ben atentos e agradecidos pola nosa visita.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/91895b320330c6f287361aee9ef7f151.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
V Deo De Presentaci N Do Centro
O alumnado de Proxecto competencial de 1º de ESO fixemos un vídeo
Alumnado de Proxecto competencial de 1º de ESO
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230526182453-a86f403db6ecfa2d69ee80a3b52f6777/v1/3e89f09b017b0215abbceb443dfd4da4.jpeg?width=720&quality=85%2C50)