1 minute read
2. Principios da protección de datos
O tratamento dos datos persoais no ámbito educativo presentan as seguintes peculiaridades:
2.1 Principio de licitude, lealdade e transparencia
Advertisement
Os datos persoais serán tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coaspersoas interesadas.
Unicamente poderá realizarse o tratamento de datos persoais ao abeiro dalgunha das bases lexitimadoras ás que se refire o artigo 6 do RXPD. (Regulamento Xeral de Protección de datos)
A obriga de transparencia e información implica que no momento da recollida dos datos persoais se debe facilitar ás persoas interesadas, aínda que non sexa necesario o seu consentimento para o tratamento dos seus datos, información sobre puntos como os seguintes:
» identidade da persoa responsable do tratamento:
» datos de contacto do/a DPD. (Delegado de Protección de Datos)
» finalidade para a que se solicitan os datos persoais (por exemplo, para o exercicio da función educativa ou para difundir e dar a coñecer as actividades do centro).
» base lexitimadora para o tratamento dos datos.
» persoas destinatarias dos datos persoais.
» dereitos das persoas interesadas e onde exercitalos.
» prazos de conservación dos datos.
» dereito a presentar unha reclamación diante da autoridade de control (Axencia Españolade Protección de Datos).
Todos os documentos a través dos que se recollan datos persoais deberán incluír a correspondente cláusula informativa.
2.2 Principio de limitación da finalidade
Os datos persoais deben ser recollidos con fins determinados, explícitos e lexítimos, e non poden ser tratados ulteriormente de maneira incompatible cos devanditos fins. Isto supón que os datos deben recollerse para unha finalidade concreta que debe coñecer a persoaafectada.
2.3 Principio de minimización de datos
Só deben recadarse os datos persoais que sexan adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados. Non poden recollerse datos máis alá do estritamente necesario para a finalidade que se pretende conseguir en cada caso.
2.4 Principio de exactitude
Os datos deben ser exactos e, se fose necesario, actualizados. Adoptaranse todas as medidas razoables para que se supriman ou rectifiquen sen dilaciónos datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se tratan.
2.5 Principio de limitación do prazo de conservación
Os datos deben ser mantidos de forma que se permita a identificación das persoasinteresadas durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento.
2.6 Principio de integridade e confidencialidade
Os datos persoais deben ser tratados mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas, de tal maneira que se garanta unha seguridade adecuada, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental.