1 minute read

3. DEREITOS DAS FAMILIAS EN RELACIÓN AO COLEXIO

1. Acceso

Permite aos titulares dos datos coñecer información sobre se os seus datos están a ser obxecto de tratamento, con que finalidade, que tipo de datos ten o responsable do tratamento, a súa orixe (se non proceden dos interesados), e para quen están destinados.

Advertisement

Está excluído da documentación accesible o expediente académico, que se rexe normativa independente, salvo se este comprende datos especialmente protexidos, como información clínica. Se se dá esta situación, o colexio haberá de facer unha copia deste apartado para a súa entrega.

Poderá exercerse o dereito de acceso unha vez cada doce meses, a non ser que se acredite un interese lexítimo, só entón poderá solicitarse o acceso con anterioridade.

Rectificación

Permite corrixir erros, modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos e garantir a certeza da información obxecto de tratamento. En canto á rectificación de cualificacións de exames ou traballos ou expediente académico, tamén está regulada por outra normativa.

Cancelación

Permite que se supriman os datos que resulten ser inadecuados ou excesivos. A revogación do consentimento dá lugar á cancelación dos datos cando o seu tratamento estea baseado nel. Sobre os datos do expediente académico, serán cancelados unicamente cando este xa non estea en prazo de ser solicitado polos estudantes, mentres que os de saúde pasarán a cancelarse unha vez finalizada a escolarización do alumno.

Oposición

É o dereito do interesado a que, por motivos relacionados coa súa situación persoal, non leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese no mesmo.

Dereito ao esquecemento

Permite á persoa que o solicita desapareza dos sistemas. Este dereito está recoñecido para casos graves como o falecemento dunha persoa.

This article is from: