1 revista buxaina

Page 1

+

Correo-e: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.es Web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/ Blogues: - http://meninhosdascovas.blogspot.com.es/ - http://cousasdosnenos.blogspot.com.es/ - http://facendouncaminhodepedras.blogspot.com.es/ - http://euestudonascovas.blogspot.com.es/ - E.D.LG.: http://ascovasengalego.blogspot.com.es/ - Biblioteca: http://acovinha.blogspot.com.es/

Nยบ 29


Un ano mais aquí está a nosa revista escolar, Buxaina! Unha publicación que sempre chega co bo tempo e que acaba sendo unha ollada a estes meses de tanta actividade. Este curso decidimos facer un número especial para Manuel María, o poeta ao que se lle dedicaron a celebración das Letras Galegas. Certamente, tamén temos unha débeda con Neira Vilas, o padriño da nosa escola, pero o seu pasamento truncou un gran proxecto que estábamos a comezar alá polo mes de outubro. Confiamos en que non haberá que esperar moito tempo para ter un 17 de maio co seu nome e aí estaremos nós, traballando coas súas obras. Así que aquí vos deixamos unha pequena revisión da importancia que tivo, tanto no xénero literario, como na defensa do galego: atoparedes cómics, encrucillados, contos e incluso algunha carta. Todas elas son actividades que mostran un traballo en conxunto, que buscan espertar a curiosidade por aprender e que mostran a necesidade de facer do noso ensino unha educación inclusiva onde todos e todas sumamos. Como ben sabedes, este curso 2015/16 tamén será o derradeiro para os nenos e nenas de sexto, polo que na nosa ͞Buxaina͟ terán unha especial presenza coa súa carta de despedida para todos nós. E non moito mais, aquí, o que firma, quixera darvos as grazas pola vosa colaboración en todas as actividades que se fixeron dende o Equipo de dinamización da lingua galega e desexarvos un magnífico verán, con moito ocio, do bo; dos que deixan grandes recordos e mellores historias que contar á volta de verán. Un saúdo, esperamos que vos guste a nosa revista e feliz verán!

O coordinador do Equipo de dinamización da lingua galega.


SEÑOR GATO: SEÑOR GATO: ATENCIÓN; NO RINCÓN HAI UN BURATO; NO BURATO ESTÁ O RATO CALADIÑO, ACOCHADIÑO, SEN FALAR NIN RESPIRAR. - SEÑOR GATO, PON SENTIDO QUE METIDO NO BURATO ESTÁ O RATO. - SEÑOR GATO: ESTÁ O RATO NO BURATO

DO RINCÓN: ¡TEN NUN PUÑO O CORAZÓN! - EU NON DUDO, SEÑOR GATO BIGOTUDO QUE ESTÁ O RATO NO BURATO. TEN AS UNLLAS AFIADAS, CRAVUÑADAS, PREPARADAS: BULE AXIÑA QUE SENÓN SEÑOR GATO BIGOTÓN, ¡DO BURATO FUXE O RATO!




CARACOL, COL, COL CARACOL,CARACOLEIRO PON OS TEUS CORNOS Ó SOL XA QUE ES TAN FRIOLEIRO ! Ó LOMBO LÉVA-LA CASA, CARACOL, CARACOLEIRO: E DEIXAS CINTAS DE SEDA ENGALANANDO O CARREIRO! CARACOL,COL,COL CARACOL, CARACOLÓN PON OS TEUS CORNOS Ó SOL Ó SOL OS TEUS CORNOS PON. MANUEL MARÍA


MANUEL MARÍA SÓ ESCRIBIU POESÍAS? NON, QUE VA! OS NENOS E NENAS DE 1º LEMOS UN CONTO ESCRITO POR EL TITULADO “O BIGOTE DE MIMÍ”. AQUÍ VOS PRESENTAMOS UN PEQUENO RESUMO:

ÉRASE UNHA VEZ UN GATO CHAMADO MIMÍ. OS SEUS OLLOS ERAN DE COR MARRÓN, VERDE E AZUL, AO IGUAL QUE OS SEUS BIGOTES. ERA PRESUMIDO E BO CAZADOR. O SEU MELLOR AMIGO ERA FIZ, O SEU DONO.

UN DÍA, O NENO ACOMPAÑOU AO SEU PAI AO BARBEIRO. AO VOLVER Á CASA, A FIZ OCORRÉUSELLE AFEITAR OS BIGOTES DO SEU GATO, PERO MIMÍ DEIXOU DE SER BO CAZADOR E OS RATOS BURLÁBANSE DEL.


ENTÓN, FIZ RECORDOU QUE O BARBEIRO ERA ALGO BRUXO E QUE SEGURAMENTE LLE PODÍA AXUDAR. COLLEU OS RESTOS DE BIGOTE QUE HABÍA NO CHAN E LEVOU A MIMÍ A XUNTO DEL. MANUEL, O BARBEIRO, AXUDÁNDOSE DUNHAS PALABRAS MÁXICAS, CONSEGUIU QUE O GATO VOLVERA TER BIGOTES.

FOI ASÍ COMO MIMÍ VOLVEU SER O MELLOR CAZADOR DE RATOS DA VILA.

“GUSTOUNOS CANDO MIMÍ FACÍA DE GUÍA PARA OS OUTROS GATOS” (JAIRO E MANEL). “A MIN CANDO CAZABA RATOS” (DAVID). “A PARTE QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI CANDO OS RATOS O QUERÍAN COMER EN EMPANADA” (EVA, BRAIS, ALBA D., ISAAC, NEREA E HÉCTOR). “RIMOS MOITO CANDO FIZ LLE CORTOU OS BIGOTES A MIMÍ PORQUE QUEDABA MOI GRACIOSO” (IRIA, CARLOS, UXÍA E ALBA P.). “RECOMÉNDOO. É UN CONTO MOI DIVERTIDO” (LOPE).


CLUB DE LECTURA: “Os soños na gaiola”. MANUEL MARÍA. Durante as sesións do noso club de lectura lemos poemas do libro de Manuel María “Os soños na gaiola”, falamos sobre eles, emocionámosnos con eles, copiámolos, pintámolos, cantámolos… Pero unha das lecturas que máis nos permitiu coñecer a Manuel María foi esta carta del dirixida aos nenos e nenas: CARTA AOS NENOS Queridos nenos: Un servidor, que xa ten canas e un gran bigote* que lle comeza a pesar, vai para vello. Nas súas horas de soedade lembra a súa lonxana infancia campesiña. Desas lembranzas foron nacendo os versos que seguen. Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan precisos son. Eu quixera encher, en parte, ese oco. Perdoádeme si non acertei. E moitas grazas a vós, nenos, a todos os nenos, cando escribín estes poemas volvín de novo á miña infancia. E coa lonxana música da miña infancia, que ía durmida dentro de min que despertou de novo, compuxen estes versos. Que sexan do voso agrado. Voso amigo sempre, MANUEL MARÍA * Agora non levo bigote somentes. Levo bigote e barba entrecana.

Unha vez lida, queriamos contestala. Entre toda a clase, fixemos esta carta que esperemos dalgunha maneira lle poida chegar. Grazas, Manuel María. Querémoste.


Querido Manuel María: Nós, nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP As Covas – Meaño, queremos escribirte esta carta para que saibas que nos encantaron os poemas do teu libro “Os soños na gaiola”. Por suposto que acertaches! Gustáronnos un montón os teus versos! Grazas por facer poesías en galego, por facelas tan bonitas, por acordarte de nós, por poñer o corazón nos nenos e nenas, por querernos. Nestes tempos xa hai moitos libros para nenos/as en galego. Tí foches dos primeiros en acordarte de nós. Ogallá estiveras vivo para poder lerte esta carta, para que poideras seguir escribindo, para que poideras seguir escoitando aos teus amigos Mini e Mero, para poder visitar á nosa escola para poder cantar e falar contigo, para encherte de bicos e abrazos... Ti xa non estás aquí, pero os teus versos si e sempre estarán no corazón de todos os nenos e nenas galegos. Os poemas que máis nos gustaron foron: “O cuco”, “O vento”, “Galiza”, “Arco da vella”, “O meu burriño” e “O carro”. Toda a clase te envía, alá onde esteas, moitos bicos.

Os nenos e nenas de 2º de Primaria CEIP As Covas-Meaño.






Este ano os nenos e nenas de 4º de E.P. propoñen un encrucillado. Seguide as pistas e atoparedes o título dalgunhas das poesías de Manuel María.

/

/


Definicións. Horizontal 1Substantivo común individual fem. sing. escrito da vida. (segue 1 vertical) . 2Determinante artigo determinado masc. sing./ Substantivo común individual masc. sing. construcción normalmente feita de pedra, situada cerca de ríos ou regatos. Usa a forza da auga para mover a pedra coa que se moe o millo para facer o pan. 3 Substantivo común individual masc. sing. ser vivo invertebrado terrestre do grupo dos moluscos que posúe unha cuncha. Ao arrastrase deixa un camiño de babas. 4Determinante artigo determinado fem. sing./ Substantivo común individual fem. sing. entorno natural. 5 Determinante artigo determinado masc. sing./ Determinante posesivo 1 só posuídor masc. sing. /Substantivo diminutivo común individual masc. sing. animal vertebrado mamífero terrestre herbívoro doméstico en perigo de extinción que se caracteriza polas súas longas orellas. 6 Substantivo común individual masc. sing. planta herbácea da que se obtén a fariña para facer o pan. 7 Substantivo común individual fem. sing. fenómeno atmosférico que se produce na troposfera de cor branca e que cae en forma de folerpas. 8Substantivo común individual fem. sing. acción de sementar. 9Determinante artigo determinado masc. sing./ Substantivo común individual masc. sing. animal invertebrado ovíparo terrestre do grupo dos insectos, caracterízase polo seu canto

nocturno. Vertical

1 Contracción prep. de+ determinante artigo determinado fem. sing. / Substantivo común individual fem. sing. baile tradicional galego. 2 Determinante artigo determinado masc. sing./ Substantivo común individual masc. sing. estrela mediana de tipo G situada no sistema solar. 3 Substantivo común individual fem. sing. estación do ano do 21 de marzo ao 21 de xuño. 4 (cara arriba) Determinante artigo determinado masc. sing./ Substantivo común individual masc. sing. obxecto pirotécnico que prende con mecha. 5 (cara arriba) Determinante artigo determinado fem. sing./Substantivo común individual fem. sing. vertebrado mamífero terrestre salvaxe da familia dos roedores coas patas traseiras e as orellas moi longas. 6 Determinante artigo determinado fem. sing./Substantivo común individual fem. sing. ferramenta afiada de ferro de forma semicircular, con mango curto, serve para cortar herba. 7Substantivo común individual masc. sing. estación do ano do 21 de decembro ao 21 de marzo. 8Substantivo común individual masc. sing. ar en movemento. 9Determinante artigo determinado fem. sing./Substantivo común individual fem. sing. vertebrado mamífero terrestre vivíparo herbívoro doméstico que nos proporciona leite e carne.






Durante este curso na clase de 6º traballamos moito coas imaxes e os mapas mentais. Sabías que unha imaxe pode chegar a equivaler a 1000 palabras? Presentámosvos unha seleccións dos mapas mentais que elaboramos a partir da poesía de Manuel María.



DESPEDIDA DA CLASE DE SEXTO. Adeus ríos, adeus fontes adeus miña escola querida dígoche este adeus chorando nesta miña despedida. De tres anos ata sexto moitas cousas aprendimos ca axuda dos profesores moita xente coñecimos.

Aquí pasamos a infancia moi bos momentos vivimos sorrisos nas nosas caras e recordos cos amigos.

Xamais esqueceremos todo o aquí vivido e agora si toca dicir ata sempre, meus amigos.

Do colexio lembraremos os profesores que nos tocaron Patricia,Pili,Mª Carmen, Karina e Paulo que foron os que máis aguantaron.

Nunca olvidaremos os compañeiros que estiveron desde os tres anos ainda que tivemos os nosos rocecillos sempre os solucionamos.

Dicimos adeus á escola, agora que xa nos imos para non quedarnos tristes a despedida escribimos.


A escola de Meaño de menos a imos botar a eses profes divertidos non volveremos a encontrar.

En primaria mola moito os profes fanche caso na secundaria danche caña e non fales por se acaso.

Dende as risas e as bágoas amizades e problemas sempre estivemos xuntos a pesar das diferenzas.

É hora de rematar a Primaria peculiar moitas cousas aprendimos toca Secundaria empezar.

Grazas por esa paciencia con nós porque non é sinxelo aguantarnos nas peleas nos problemas do recreo.

Un ano máis neste colexio non viña pero que nada mal todos xuntos outra vez iso sería xenial.

Non queremos despedirnos sen dicir unhas palabras o máis importante é moitas, moitas, moitas grazas.


Ata sempre!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.