Buxaina nº27 2013/2014

Page 1

+

Correo-e: - ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.es Web: - http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmeanhoascovas/ Blogues: - Infantil: http://meninhosdascovas.blogspot.com.es/ - 1º Ciclo: http://cousasdosnenos.blogspot.com.es/ - 2º Ciclo: http://facendouncaminhodepedras.blogspot.com.es/ - 3º Ciclo: http://euestudonascovas.blogspot.com.es/ - E.D.L.: http://ascovasengalego.blogspot.com.es/ - Música: http://musicanascovas.blogspot.com.es/ - Biblioteca: http://acovinha.blogspot.com.es/

Nº 27



LIMIAR

Xa chegaron os últimos días deste curso, a calor abafante que anuncia a chegada do verán, tamén os nervios dalgúns por esas notas finais... e, como non, xa está aquí a nosa revista Buxaina. “Buxaina” é unha publicación que parte dende o Equipo de dinamización da lingua galega, que busca ser unha pequena ollada a este curso 2013/14 que a piques está de rematar. Foron moitas as actividades que se fixeron; unhas foron todo un éxito e outras haberá que revisalas para o vindeiro ano. Pero en todas elas tivemos unha idea fundamental: facer da nosa escola un referente do ensino público de calidade, e este é o motivo polo que vos queremos dar as grazas; pola vosa colaboración, polo voso apoio que nos tedes dado e por traballar conxuntamente para acadar a mellor educación dos vosos fillos. Rematamos xa, desexándovos un magnífico verán, con moito tempo de lecer e grandes momentos de xogo; seguro que sempre se atopará algún tempo para ler e para contar as moitas aventuras vividas. Vémonos á volta de vacacións! Un saúdo,

O Equipo de dinamización da lingua galega.


































Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.