Microrrelatos en sete palabras e unha coma

Page 1

R

elatos en sete palabras e unha coma


R

elatos en sete palabras e unha coma

De súpeto, aquelas 43 letras, distribuídas en 7 palabras e divididas por unha coma convertíronse, supostamente, no conto máis curto do mundo en lingua española.

“Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí” , este era o microrrelato que se convertiu en best seller. Aquelas palabras de Augusto Monterroso (1921-2003) pasaron a ocupar un lugar nas preguntas dos xogos de mesa e, incluso, se introduciron nos programas de televisión en forma de cuestións para os concursantes. (Adaptación do artigo de Pedro Zuazua, El País 20-03-13)

Esta actividade foilles plantexada aos alumnos de 2ºESO e velaquí o resultado da súa inspiración...


Microrrelatos 2º A As neves están felizmente caendo, do ceo. (Jinlei) Cando chegou, a muller xa fora comer. (Jenny) Dicía que estaba só, pero era mentira. (Andrea A.) Cando marchou, a casa quedou baleira. (Pablo) Cando quixo darse conta, el desaparecera voando. (Javier)


Vive así, eu nunca o puiden facer. (Noelia C.) Xireime, e alí estaba aquel vello baúl. (Begoña) Cando eu falaba, a profesora mirábame mal. (Toni). Confía en ti, e chegaremos moi lonxe. (Fátima) Un día, o paxaro escapou pola ventá. (Adriana) O paxaro come insectos, bolboretas e lombrices. (Gonzalo)


Atrévete a ser persoa, vive en confianza. (Eloy) Ao marcharen, o ladrón entrou na casa. (Alberto) Cando eu cheguei, el xa se fora. (César) Cando volvín da viaxe, el estábame esperando. (Noelia G.) Vive e disfruta o momento, mentres poidas.(Sandra). A súa noiva non estaba na voda. (Ismael)


Cando foi ao cine, viu un dinosaurio. (Francisco Javier) Hoxe está chovendo, mañá pode que tamén. (Adrián) Quixo axudala, pero non chegou a tempo. (Diego) Encontreino tirado, pero xa non había remedio. (Andrea S.) Cando entrei pola porta, estaba aí agardando. (Tiago)


Microrrelatos 2ºB Mentres eu esperaba fóra, ti estabas chorando. (Valeria) Mentres escribía, estaba chovendo moito na rúa. (Antía) Eu, ti e máis el fuximos a Valladolid. (Justin) Ao día seguinte, o can estaba morto. (Ángel) Quen o matou, iso ninguén o sabe. (Mª Luján)


Uns días despois, atoparon o seu cadáver. (David Paz) Despois do furacán, todo quedou totalmente tranquilo. (Begoña) Cando o inspector chegou, non había ninguén. (Miriam) O rapaz caeu da moto, por cantar. (Isaac) Cando saíu, o veciño chegaba da festa. (Jorge) Non vos riades, que quedades castigados despois. (Marcos)


Cando acabou, todos estaban fóra da clase. (David Prado) Mentres comía, caeume o prato ao chan.(Mar) Había unha vez un ovo, de ouro. (Álvaro) El comeu, comeu e comeu ata fartar. (Óscar) Cando entrei, Eustaquio estaba correndo pola pista. (Nicolás) Como sospeitara, o home fora asasinado. (Juan José) Cando cheguei onte, vinte alí sentado só. (Sandra)


Cando rompeu o coche, botaba fume negro. (Cristian) Cando cheguei, a nai de Pedro morrera. (Daniel) Alí estaba el, só ante o perigo. (Diego) De súpeto, viu un ladrón na ventá. (Tamara)


Todos os microrrelatos están plasmados nas versións orixinais dos seus autores, aínda que isto supoña que non son gramaticalmente correctos. Considerei que debía primar a orixinalidade e a improvisación sobre a corrección gramatical. Colexio A Mercé, Castrelo, Cambados. Curso 2013-2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.